Anda di halaman 1dari 8

E DESPOIS

FOI...
A FORMA!
Introdución
Unha ollada rápida ao noso arredor faranos advertir
a profusión de formas xeométricas que nos rodean.
Todos os obxectos que existen teñen unha forma;
de feito, ese é precisamente un dos parámetros que
os definen como tales. É sinxelo comprobar que
algunhas desas formas son máis frecuentes que
outras: esferas, ángulos, ondas, parábolas, hélices,
espirais, hexágonos e fractais. Estas oito formas
son as que con máis facilidade podemos atopar, e
non é causalidade: todas elas están relacionadas
con funcións moi concretas, tanto cando aparecen
en obxectos vivos como en obxectos inertes, como
nos deseñados polo home.
Esta exposición é unha reflexión sobre formas e
funcións baseada nun concepto museográfico que
combina maxistralmente modernos experimentos
interactivos con aproximadamente duascentas pe-
zas extraordinarias.

Edita: Obra Social. Fundación “La Caixa”, 2007


Produción: La Máquina de Hacer Nubes
Impresión:
Depósito legal:

3
propiedades do obxecto —sobre todo coa súa
Orixe dos obxectos función— e que, xustamente por iso, nos resultan As sete propiedades de calquera obxecto
sorprendentes ou dignas de coleccionar: un anaco
e bólas de pedra de aragonita laminada que parece touciño de veta, Da mesma maneira que un vector no espazo se determina polos seus tres compoñentes X, Y e Z, podemos
arenita con laminacións que parece unha vista pa- dicir que calquera obxecto do noso universo se pode definir por sete propiedades ou coordenadas: compo-
Tres esferas maxestosas abren a exposición. Cal- norámica, ou unha pebida de cobre que parece un sición e estrutura (no interior do obxecto), forma, tamaño e cor (as máis visibles, no seu límite co exterior
quera diría —sen se equivocar— que son “tres bó- sombreiro. ou fronteira) e función e necesidade (no exterior).
las de pedra de tamaño semellante”. Así e todo, son
obxectos extremadamente diferentes: Dedícase unha longa vitrina completa a desenvolver estes sete conceptos usando un obxecto coñecido
como exemplo: un ovo de galiña.
· Un é un canto (obxecto inerte xurdido esponta-
neamente): representa todos os obxectos que, A composición do ovo son as substancias químicas das que está feito.
sinxelamente, xorden na natureza, determinadas A súa estrutura corresponde á disposición determinada da clara, a xema e o embrión.
as súas características polas leis universais. Unha A súa forma é ovalada, o que dificulta o rodar fóra do niño.
pedra sen forma concreta rodou polo leito dun río O seu tamaño é duns 5 centímetros de altura.
e as forzas de rozamento, ben equilibradas en toda A súa cor adoita ser encarnada, aínda que pode ser branco.
a súa superficie polo movemento imprimido pola A súa función é xerar un novo ser.
corrente da auga, fórona arredondando. A súa necesidade é ser case esférico, para perder a calor mínima.

· Outro é un ovo fosilizado de dinosauro (obxec-


to vivo): a selección natural favoreceu esta forma
como a ideal para conter o xermolo dun novo ser.
Algo debe ter esta forma para ser seleccionada pola Poderiamos xogar a combinar estas sete propie-
vida como a mellor entre as moitas que sen dúbida dades e meditar sobre o resultado. Teriamos cento
xurdiron como posibles. vinte e sete posibles combinacións, pero ímonos
centrar só nalgunhas delas, que ilustraremos en
· O último é un bolaño (obxecto intelixente): bala seis vitrinas:
de catapulta do século XV, construída por un huma-
no empregando a súa intelixencia, que respondía a · Un gazpacho é o resultado de romper e mesturar
unha necesidade militar moi concreta que a forma a forma e estrutura do cogombro, o tomate, o pan
esférica resultou colmar. É unha forma deseñada. e o allo.

A forma dun obxecto e a súa función están intima- · Os perfectos cubos de pirita comparten todas as
mente unidas. Por iso, e como logo veremos, am- propiedades do obxecto, menos o tamaño.
bas son dúas das coordenadas básicas da súa con-
dición de obxecto real. Estas tres pezas de pedra · Todas as patacas dun saco son practicamente
están moi pouco emparentadas entre si, pero foron iguais en cinco das súas propiedades, agás na for- Os cubos de pirita varían de tamaño, pero o resto das propiedades
permanecen constantes.
seleccionadas polo vivo, o espontáneo ou o culto ma e no tamaño.
coa mesma forma: a esférica. A idea básica desta
exposición é precisamente que unha forma concre- · Un fósil e o animal do que xurdiu comparten tama-
ta irá relacionada cunha función concreta. Esta cla- ño, estrutura e forma.
sificación que distribúe os obxectos en tres grupos
(inertes, vivos ou intelixentes) será fundamental · O sol e as burbullas dunha copa de cava teñen a
durante o desenvolvemento desta exposición. mesma forma e difiren en todo o demais.

Non obstante, existen algunhas excepcións a esta · Unha boa xema éo pola súa estrutura, composi-
relación forma-función, reflectidas nunha vitrina ción, tamaño, forma, cor, función e necesidade.
plenamente dedicada a obxectos singulares con Un ovo fósil, un canto e unha bala de catapulta son tres
formas que non se corresponden co resto das esferas de pedra.

4 5
As oito formas máis frecuentes da natureza ourizo de mar, a cochinilla de humidade (tamén cha-
mada “becho de bóla”) ou o ourizo terrestre—, pois
ofrece unha mínima superficie externa ao inimigo e
A natureza ofrécenos formas xeométricas enormemente variadas. Con todo, unha observación atenta per- ademais dificulta que os atrapen ou suxeiten con
mítenos detectar que algunhas delas son máis frecuentes que as demais. Segundo determinamos, son oito dentes ou gadoupas. Do mesmo modo, os colonos
as formas xeométricas que máis abundan e que están relacionadas con outras tantas funcións tamén ben situaban as carretas en círculo ante os ataques dos
diferenciadas: esfera (a máis frecuente na natureza), hexágono, espiral, hélice, ángulo, onda, parábola indios americanos. Pero tamén a forma circular ou
e fractal. Serven para protexer, pavimentar, empaquetar, agarrar, penetrar, desprazar, concentrar e intimar, esférica protexe do frío, pois, ao ser a súa superfi-
respectivamente. cie externa mínima e o volume encerrado máximo,
ofrece á calor interna do obxecto as máximas difi-
O ámbito máis importante da exposición está dedicado a desenvolver estas oito formas/funcións. Cada cultades para escapar. Este é precisamente o moti-
unha delas dispón dun espazo similar en que a estrutura básica sempre se mantén. Deste modo, cada unha vo de que nos aniquemos cando temos frío.
das oito formas ten dedicado un ámbito no que hai:
Mundo intelixente: a roda dun carro ou unha sim-
· Un panel, que suxire un encerado escolar que enuncia a función correspondente. ple noria son algunhas das aplicacións que resul-
taron básicas no desenvolvemento tecnolóxico hu-
· Un experimento interactivo, que permite que poidamos ver como xorde na natureza cada forma. mano. Calquera máquina mecánica que queiramos
estudar ofreceranos unha ampla colección de pezas
· Tres vitrinas iguais unidas, nas que podemos observar pezas reais que ilustran as súas tres posibles de simetría circular, o cal demostra a importancia
manifestacións. Unha das vitrinas representa o mundo espontáneo, outra o vivo e outra o intelixente. desta forma sempre que deba haber movemento.
Por outra parte, a simetría circular aparece en moi-
· Unha peza museográfica emblemática, de especial beleza. tas manifestacións artísticas. As esferas decoradas
de diferentes materiais estiveron sempre presentes
A continuación trataremos en detalle cada unha das oito formas máis frecuentes na natureza, incidindo nas no catálogo artístico da humanidade (desde con-
súas tres posibles manifestacións: no mundo dos obxectos espontáneos inertes, no mundo dos obxectos tas para xoias ata símbolos relixiosos). A esfera no
vivos e no mundo dos obxectos intelixentes ou deseñados polo home. mundo culto roda, xera e mesmo simboliza a per-
fección no mundo da arte.

A esfera protexe
Actividade complementaria
Lenta desconxelación: este experimento demostra-
Mundo inerte: cando sobre un obxecto non actúan a outra idea. A esfera é a forma capaz de encerrar rá a capacidade dunha forma esférica para reter a
forzas ou o fan equilibradamente, é moi probable un maior volume cunha mínima superficie externa, calor. Constrúe unha peza de xeo o máis esférica
que aparezan formas esféricas. Adoita dicirse que polo que, se queremos construír unha garrafa coa posible, metendo no conxelador un globo pequeno
os líquidos toman a forma do recipiente que os máxima capacidade posible e co mínimo material, de goma cheo con 200 cc de auga. Fai outra peza
contén. Isto é certo na superficie da Terra, pero en haberá de ser esférica. de xeo cadrada, metendo no conxelador un molde
condicións de ingravidez, a bordo dunha nave es- de plástico cadrado calquera, tamén con 200 cc de
pacial, cando non hai forzas actuando sobre eles, Mundo vivo: un paseo por calquera mercado con- auga. Unha vez convertidas en xeo, desmoldea as
os líquidos toman sempre unha forma esférica. As venceranos da enorme frecuencia das formas esfé- dúas pezas e déixaas xuntas sobre a mesma super-
burbullas de xabón son outro exemplo. O aire ence- ricas: uvas, pexegos, laranxas, abelás... Neste caso, ficie. Comprobarás como a peza de xeo esférica se
rrado nunha película de xabón tenderá a ocupar o a diferenza do que pasaba no mundo inerte, non é desconxela máis lentamente. A superficie da esfera
máximo espazo e, pola súa parte, a película de xa- a estabilidade a función principal. No dominio do é mínima en relación ao gran volume que encerra,
bón pretende manter a mínima superficie externa. O vivo, a esfera selecciónase por varios factores re- o cal propicia que o intercambio de calor sexa máis
compromiso intermedio: a esfera, forma que carac- lacionados cunha capacidade de protexer. A forma lento.
terizará a pompa de xabón mentres non haxa forzas esférica protexe dos ataques —como ben saben o
actuando sobre ela. Esta última reflexión lévanos Esferas deseñadas polo home con propósitos estéticos.

6 7
O hexágono pavimenta A espiral empaqueta

Mundo inerte: a exposición pon á nosa disposición Actividade complementaria Mundo inerte: emerxen espirais de modos moi di- un compañeiro que o sosteña, de modo que ti poi-
un interesante experimento interactivo. Se aper- Balón quebracabezas: colle un vello balón de fút- versos. Podémolas atopar tanto na inmensa forma das ilo desenrolando a medida que te afastas. Verás
tamos ben xuntos unha serie de discos planos de bol de coiro e retira a cámara de goma interna re- de espiral que ten a nosa galaxia, como nos peque- que poderás cubrir máis de 80 metros de distancia
goma espuma, comprobaremos como se defor- cortando por separado todos os seus hexágonos e nos remuíños de auga que se forman ao paso dos antes de rematar a cinta. A cinta casete é unha es-
man suavemente ata adquirir cada un deles a forma pentágonos planos. Intenta volver montar o balón peixes. piral moi condensada que permite almacenar gran
hexagonal. A función principal desta forma é, polo sobre unha peza esférica de base de diámetro simi- cantidade de soporte magnético.
tanto, pavimentar eficazmente unha superficie. lar, como pode ser outro balón novo de plástico. Mundo vivo: a espiral é unha solución para crecer
aforrando espazo. Con esta función, a espiral apa-
Mundo vivo: as celas dos paneis das abellas son rece en cunchas de miles de especies de invertebra-
hexágonos moi perfectos. A razón é que o hexágo- dos ou na forma de desenvolverse que ten a corna-
no é o compromiso ideal entre os dous propósitos menta dalgúns mamíferos. Un caso moi concreto é
do insecto: aforrar a máxima cantidade de cera e a trompa das bolboretas. Este apéndice permítelle
manter as celas o máis pegadas posible. E, sen ao insecto libar, pero resultaría extraordinariamen-
movernos das abellas: os ollos compostos dos in- te molesto na súa vida normal, xa que pode medir
sectos están formados por infinidade de tubiños, ata vinte veces a lonxitude do seu corpo. Por iso, a
cada un dos cales proxecta unha pequena parte da selección natural resolveu manter esta trompa re-
imaxe na retina do animal. Estes tubiños, no seu collida en espiral xunto á súa boca.
afán por coexistir unidos en feixe no órgano ocu-
lar, adquiren, cada un deles, unha perfecta forma de Mundo intelixente: o home aproveita as virtudes
prisma hexagonal, ben visible cunha boa lupa. As da espiral para infinidade de aplicacións de empa-
placas soldadas que compoñen a cuncha de moitas quetado: a cinta adhesiva, as antigas casetes de
tartarugas teñen unha forma hexagonal, selecciona- son, a cinta métrica, a microscópica pista dun CD
da pola natureza como perfecto modo de recubrir actual ou o papel hixiénico son cousas perfectas e
unha superficie sen deixar espazos e coa máxima moi practicamente enroladas en espiral. Por outra
eficiencia. parte, ao longo da historia do home, moitas foron
as culturas que empregaron a espiral con fins or-
Mundo intelixente: calquera balón de fútbol moder- namentais, case sempre cos mesmos significados:
no, unha vez retirada a pintura exterior, demostrara- eternidade, fecundidade ou símbolo solar. Na expo-
nos que o modo máis eficiente de pavimentar unha sición pódese contemplar, como peza emblemática
superficie esférica con superficies planas é usando do ámbito da espiral, a reprodución dunha destas
pezas pentagonais e rodear cada unha delas con formas trazada no Neolítico e orixinaria do norte de
cinco pezas máis, de forma hexagonal. Moitos azu- África, que aparece xunto á representación dunha
lexados e tamén algúns trenzados de tela metálica vulva feminina.
teñen estruturas hexagonais. O home tamén apro-
veitou plenamente as virtudes de pavimentación do
hexágono. Actividade complementaria
Espiral condensada: consigue unha vella cinta de
casete de sesenta minutos de duración. Rebobínaa
de todo e desmonta a carcasa para obter o roliño
de cinta magnética do interior; desbota o resto da
casete. Pasa un pauciño polo eixe do rolo e deixa a

Celiñas hexagonais nun panal de abellas. A forma da espiral resulta perfecta para empaquetar obxectos
alongados.

8 9
A hélice agarra O ángulo penetra

Mundo inerte: tornados, tifóns, trombas mariñas..., moitas son as estruturas helicoidais que xorden es- Mundo inerte: o ángulo, o cono, a punta..., todas Actividade complementaria
pontaneamente na natureza, comunmente asociadas ao movemento e á fricción. A hélice ten unha gran estas estruturas son capaces de concentrar as for- Concentrando pan: colle un embude pequeno e
capacidade para agarrar. Un peso de vinte e cinco quilos pódese soster facilmente atándoo a unha corda zas nun só punto. Cando introducimos un cravo sosteno cunha man a uns 10 cm da superficie dun-
e dándolle dúas ou tres voltas en torno a un cilindro de madeira duns dez centímetros de diámetro, sen nunha táboa usando un martelo, estamos transfor- ha mesa, coa parte estreita cara a abaixo. Agora
necesidade de nós de ningunha clase (Lei de Euler). mando a presión realizada sobre a ampla superficie esparexe un pouco de pan relado coa outra man
da súa cabeza nunha forza moito maior aplicada na por riba do embude e tamén ao seu redor. Retira o
Mundo vivo: calquera paseo polo bosque convenceranos da abundancia de hélices empregadas para aga- pequenísima área da súa punta, co que o cravo se embude e mira a disposición do pan relado sobre a
rrar. A hedreira ou os gabiáns de moitas plantas usan esta forma para asirse e manter a súa estrutura. Pero abre camiño facilmente na madeira. Esta capacida- mesa. Verás que na zona en que estaba o embude
tamén a cola dun mono é un bo exemplo dunha hélice de agarre de excelente efectividade. As sementes de de aumentar esforzos aplicados en función da o pan se concentrou nunha pequena montaña. A
aladas, como a sámara do pradairo, poden colonizar outros espazos grazas a que a súa traxectoria de caída superficie ofrece unha extraordinaria propiedade a forma angular do embude concentrou o po de pan,
libre helicoidal produce un efecto de agarre no aire que minora a velocidade do descenso e permite que a calquera punta ou ángulo: a facilidade de penetrar dun modo similar a como a punta dun cravo con-
semente se desprace polo vento cara a novos espazos. noutras estruturas. No mundo inerte xorden con fa- centra nun só punto a presión que facemos sobre
cilidade puntas e gumes, pois iso sucede tan pronto a súa cabeza.
Mundo intelixente: sen dúbida son os parafusos os exemplos máis claros. Todo o que nos rodea está como calquera corpo sólido se rompe.
suxeito con parafusos. Un parafuso é unha solución enxeñosísima para suxeitar cousas aproveitando as
virtudes de forma helicoidal e aumentar enormemente as forzas de rozamento, segundo a mencionada Lei Mundo vivo: os exemplos son moi variados: cornos,
de Euler. dentes, uñas, bicos, espiñas de plantas... As plantas
non poden optar por fuxir ante unha agresión, pero
Actividade complementaria poden resultar ameazantes, como os cactos, se ex-
Tornado nunha botella: consigue dúas botellas de plástico de refresco iguais e baleiras (de 2 litros). Desen- hiben afiadas púas dispostas a penetrar e danar os
rosca os seus tapóns e pégaos polas caras externas cunha cola forte. Na peza resultante practica un orificio tecidos dos inimigos á mínima presión.
centrado de 1 cm de diámetro aproximadamente. Enche unha das botellas con auga ata 2/3 da capacidade e
enrosca o tapón dobre que construíches. Enrosca agora a outra botella baleira, que quedará invertida sobre Mundo intelixente: son incontables os casos en que
a anterior. Dá a volta a esta especie de reloxo de area e imprime un movemento de rotación. Verás como a veremos ángulos aplicados a solucións intelixentes.
auga pasa da botella chea á baleira a través do buraco, formando un bonito tornado helicoidal. Desde os tempos máis remotos, o home fabricou
puntas de pedra para as súas armas, sabedor das
súas virtudes de penetración. As formas agudas
das balas, avións ou foguetes tamén foron pensa-
das para penetrar no aire. Ata os tellados das casas
en forma de triángulo son un exemplo de ángulo
—aínda que, desta vez, inverso—, pois se usan
xustamente para dispersar a neve ou a choiva.

A infinidade de parafusos
deseñados polo home
representan unha aplica- A defensa dun elefante é un dos moitos casos de ángulos presentes
ción directa da función de na natureza.
agarre da hélice.

10 11
A onda move A parábola concentra

Mundo inerte: no noso universo a enerxía desprá- Actividade complementaria Mundo inerte: cando un plano corta un cono aparece unha parábola. Isto pode comprobarse frecuente-
zase por ondas. A maioría das perturbacións pro- Facendo ondas: nunha drogaría podemos adquirir mente vendo a forma que debuxa un foco de luz proxectando o seu cono luminoso oblicuamente nunha
páganse segundo as leis de movemento ondula- por poucos cartos un lenzo de plástico fino cadra- parede. Unha mangueira de auga dirixida cara a arriba e un pouco cara a adiante sempre debuxará tamén
torio. Xorden ondas de modo espontáneo en todo do, dos habitualmente usados para protexer mobles un chorro de auga parabólico, aínda que este é só un dos múltiples exemplos de tiro parabólico que
momento: movementos sísmicos, ondas mariñas, en labores domesticas de pintura (miden uns 4 x 4 poderiamos enumerar. A parábola ten a propiedade de concentrar sempre nun mesmo punto (o foco da
sons... As ondas moven enerxía e materia e, polo metros). Entre catro persoas —un en cada esqui- parábola) todo o que lle chegue desde o infinito.
tanto, tamén comunican. na— sostense a lámina un pouco tensa. Agora é
cuestión de sacudir por quendas cada esquina do Mundo vivo: os pavillóns auditivos de varios mamíferos son o exemplo máis claro. Orellas de raposos,
Mundo vivo: peixes e réptiles trasládanse forman- lenzo para ver como se forman fantásticas ondula- morcegos ou ratos son casos de amplas superficies que reciben sons e os orientan cara ao tímpano do
do ondas co seu corpo. Unha boa ou unha dourada cións. O movemento transmítese polo lenzo en for- animal.
describen perfectas sinusoides na súa traxectoria ma de ondas. Canto máis tenso estea, máis rápido
de locomoción. As miñocas de terra tamén xeran viaxarán as ondulacións. Mundo intelixente: as antenas parabólicas permiten recoller os sinais de telecomunicación —extremada-
ondas para moverse, aínda que neste caso son lo- mente pequenos e directivos— emitidos por satélites artificiais que están a máis de trinta mil quilómetros
nxitudinais e propáganse ao longo do seu corpo. de altura. Estes sinais serán concentrados cara a antena propiamente dita (situada xusto no foco do prato
Moitos dos sentidos dos serres vivos están adap- parabólico) e, deste modo, resultarán dunha intensidade apreciable para o receptor. As parábolas metaliza-
tados á percepción de información ondulatoria do das dos faros dos coches teñen o efecto contrario: abren a luz procedente dunha lámpada situada no foco
contorno. O sentido da olfacción precisa de con- para que esta se proxecte cara a adiante como un chorro de luz paralelo.
tacto material coas partículas aromáticas do aire,
pero a vista ou o oído son sistemas especializados Actividade complementaria
en captar información que se propaga ondulatoria- Tixola acústica: busca unha tixola grande ou outro cacharro de cociña con forma parabólica (é perfecto
mente (luz ou son, pequenas variacións da presión un wok dos usados na cociña asiática). Sosténdoo pola asa cunha man, oriéntao cara a unha fonte acús-
do aire). tica (por exemplo, unha radio) e tamén cara ao teu oído, facendo como se a tixola fose un espello no que
quixeses ver reflectido o aparato de radio. Verás que as ondas acústicas da radio chegan nitidamente e ben
Mundo intelixente: obviamente, as ondas de radio, concentradas aos teus oídos. Isto é debido a que a superficie parabólica da tixola actúa como un auténtico
televisión, teléfonos móbiles e música demóstran- reflector das ondas sonoras.
nos que o mundo moderno está absolutamente
ateigado de información que se comunica grazas a
sistemas ondulatorios. En realidade podemos falar
de aplicacións intelixentes das ondas moito máis
antigas, pois as ferramentas líticas eran esculpidas
polos homes primitivos a base de percutir sobre
elas rompéndoas de forma axeitada. As ondas de
percusión formadas nestas ferramentas son fre-
cuentemente visibles na peza en forma de peque-
nos círculos concéntricos que quedaron gravados.
Precisamente, a presenza destas ondas pode axu-
darnos a saber se unha peza determinada foi tallada
deliberadamente ou se a súa forma é froito doutras
causas.

Ondas de area arrastrada pola auga (ripples). O fenec é un raposiño que habita no deserto do Sahara e Arabia. Como exemplo do tiro parabólico, un chorro de auga proxectado
As súas grandes orellas paraboloides danlle unha grande agudeza cara a arriba e cara a adiante traza unha perfecta parábola
auditiva.

12 13
O fractal intima Glosario
Mundo inerte: unha árbore ten unha estrutura frac- rias ten como misión levar o sangue ás células máis Forma: configuración externa de algo.
tal, que é unha forma denominada autosemellante. recónditas do organismo. Resulta que a estrutura
Partindo do tronco atoparemos varias ramas, pero fractal tamén é, neste caso, a ideal. Función: capacidade de actuar propia dos seres vivos e dos seus órganos e das máquinas ou instru-
cada unha delas bifurcarase noutras e así sucesiva- mentos.
mente ata repetirse oito ou nove veces en escalas Mundo intelixente: o uso dos fractais na cultura
progresivamente pequenas. Podemos dicir que un resulta presente no mundo da arte. As estruturas Onda: movemento que se propaga no seu fluído.
anaco dun obxecto de estrutura fractal se parece ao fractais proporcionan creatividade e xeran estímu-
obxecto enteiro, como sucede cunha árbore, unha los para a mente a través de diferentes vías. Hexágono: polígono de seis ángulos e seis lados.
coliflor ou un lóstrego. Aparecen estas estruturas
cando se trata de penetrar ou de colonizar outro Espiral: curva plana que dá voltas indefinidamente ao redor dun punto, afastándose máis del en
espazo sen interrupcións. Neste experimento inte- cada unha delas.
ractivo presente neste ámbito da exposición pode-
mos observar o modo en que o aire se abre camiño Actividade complementaria Hélice: curva espacial trazada na superficie dun cilindro ou dun cono, que vai formando un ángulo
nun líquido viscoso disposto entre dúas placas de Fractais comestibles: toma unha coliflor e pártea en constante coas súas xeratrices.
plástico ao separalas lixeiramente. Precisamente, varios cachos seguindo a súa estrutura. Compro-
faino progresando en forma arborescente, fractal, barás que ata os anacos máis pequeniños de coli- Fractal: figura plana ou espacial composta de infinitos elementos, que ten a propiedade de que o
demostrando que esta forma é a ideal cando o pro- flor parecen pequenas coliflores completas. Intenta seu aspecto e distribución estatística non cambian, calquera que sexa a escala coa que se
pósito é intimar estreitamente con outro medio. conseguir o pedazo de coliflor máis pequeno que observe.
aínda pareza unha coliflor pequena completa. Isto é
Mundo vivo: las plantas ofrecen infinidade de casos o que se denomina autosemellanza ou fractalidade, Esfera: sólido rematado por unha superficie curva cuxos puntos equidistan todos doutro interior
de fractalidade. A árbore mencionada anteriormente e está presente nalgunhas estruturas de seres vi- chamado centro.
pretende relacionarse o máis intimamente posible vos, como a coliflor, o romanesco ou a gorgonia.
co aire e a luz solar, e resolve ese empeño coa forma Ángulo: figura xeométrica formada nunha superficie por dúas liñas que parten dun mesmo punto,
fractal. O noso sistema circulatorio de veas e arte- ou tamén a formada no espazo por dúas superficies que parten da mesma liña.

Parábola: lugar xeométrico dos puntos do plano, equidistantes dunha recta e dun punto fixos, que
resulta de cortar un cono circular recto por un plano paralelo a unha xeratriz.

Actividade complementaria xeral


Creando a nosa propia exposición de formas (proposta para realizar na aula en diferentes niveis educa- Recursos
tivos).
Stevens, Peter S.: Patrones y pautas en la naturaleza, Salvat, 1987.
A actividade que se propón funciona dun modo moi similar ao empregado polos museógrafos que parti-
ciparon na creación desta mostra. Pídeselles aos alumnos que busquen pezas representativas de calquera Thompson, D’Arcy W.: Sobre crecimiento y forma, Cambridge, 2003.
das oito formas no contorno no que vivan. Logo, na clase, pódense presentar nunha exposición escolar,
clasificando todas as pezas segundo sexan vivas, inertes ou deseñadas polo home. Goodwin, Brian: Las manchas del leopardo. Metatemas 51, Tusquets eds., 1998.

Mandelbrot, B.: La geometría fractal de la naturaleza. Metatemas 49, Tusquets eds., 1998.

Wagensberg, Jorge: La rebelión de las formas. Metatemas 84, Tusquets eds., 2004.

14 15

Anda mungkin juga menyukai