Anda di halaman 1dari 2

ACTA DA ASEMBLEIA DA ASOCIACIÓN GALEGA DE PROFESIONAIS DA XESTIÓN

CULTURAL (AGPCX)

LUGAR: Biblioteca do Centro Galego de Arte Contemporánea


DATA: 11 de xuño de 2009
HORA DE COMENZO: 17:30h
HORA DE REMATE: 19:00h

ORDE DO DÍA
- Planificación do comenzo da actividade da asociación
- Informar sobre a reunión mantida co Consello da Cultura
- Designar dúas persoas para a asistencia á Asemblea Xeral da Federación Estatal de
Asociaciones de Gestores Culturales
- Aprobación do código deontológico da Xestión Cultural
- Novos socios
- Rogos e preguntas

Asistentes: Pilar López, Sonia Iglesias, Xavier Campos, Alberto García, Mónica Santos,
Carmen Castro, María Paredes, Ignacio Oliveira, Marta Núñez, Xesús Antonio Jurjo, Carlos
Lorenzo, Jorge Rivera, Pilar Paz, Antonio Piñeiro, Suso Amado e Manuel Freire.

A presidenta da asociación informa que enviuse un telegrama de condolencias á familia de


Rubén García polo seu pasamento e que está feita a petición para a inclusión da asociación na
Federación Estatal de Gestores Culturales (FEAGC).

1.- Planificación: Xavier Campos e Alberto García propoñen estructurar tres comisións de
traballo para iniciar a actividade da asociación:
- Secretaría Técnica, traballaría nos temas de relacións internas entre asociados,
captación de novos socios, comunicación interna e externa, páxina web…
- Comisión de profesionalización e dereitos laborais: perfil do xestor, condicións
de contratacións laborais, realacións coas administracións…
- Comisión de formación: actividades formativas, cursos, seminarios….

A asamblea apoia esta proposta e establécense as comisións que estarían integradas polos
seguintes asociados/as:
Secretaria: Rosario Basanta, Suso Amado, Mónica Santos, Carlos Lorenzo e Ignacio
Oliveira
Profesionalización: Manolo Rúa, Ignacio Oliveira, Pilar López, Sonia Iglesias e Manuel
Freire
Formación: Xavier Campos, Alberto, Antonio Piñeiro, Jorge Rivera e Mónica Santos
Estas tres comisións elaborarán un plan de traballo que presentarán á Xunta directiva para a
súa aprobación do prazo de un mes.
Apróbase que a cuota anual para pertencer a esta asociación será de 60 € por asociado.

2.- Xavier Campos e Alberto dan conta da reunión mantida co Consello da Cultura Galega,
nesta reunión. O Consello propón a asociación a colaboración para realizar actividades
relacionadas coa xestión cultural. Ignacio Oliveira comenta non só debería ser unha
colaboración, senón que o Consello debería axudar económicamente ao sustento da
asociación, hai que buscar e propoñer as fórmulas adecuadas.
3.- Apróbase que Pilar López de Marta Núñez asistan á reunión da Federación Estatal de
Asociaciones de Gestores Culturales que terá lugar o 11 de xullo en Madrid.
4. Queda aprobado e asumido por maioría o código deontológico elaborado pola Federación
Estatal de Asociaciones de Gestores.

E non habendo máis asuntos que tratar levántase a sesión

Asdo. María Paredes

Anda mungkin juga menyukai