Anda di halaman 1dari 31

Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais

Formación profesional regrada a


distancia

Módulo de
Formación e orientación laboral
Familia profesional
Ciclo formativo
Grao
Módulo Formación e orientación laboral
Unidade didáctica Lexislación e relacións laborais
Actividade O salario
Autores Grupo de traballo de formación a distancia
© 2006 Xunta de Galicia
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Aviso Legal: Reservados todos os dereitos.


A presente obra está protexida pola lei, que establece penas de prisión e/ou multas, ademais das
correspondentes indemnizacións por danos e prexuízos, para quen reproduza, plaxie ou distribúa o
seu contido en calquera tipo de soporte sen a preceptiva autorización.

Páxina 1 de 31
Índice

1.Datos da actividade..........................................................................................................4
1.1Título e descrición..............................................................................................................4
1.2Obxectivos.........................................................................................................................4
1.3Contidos.............................................................................................................................4
1.3.1Procedimentais..................................................................................................4
Identificación dos dereitos e obrigas dos empresarios e traballadores. .4
Elaboración dunha nómina.....................................................................4
1.3.2Conceptuais.......................................................................................................4
Contrato de traballo...............................................................................4
1.3.3Actitudinais........................................................................................................4
1.4Aspectos metodolóxicos.....................................................................................................5
2.A3. O obxecto do contrato de traballo............................................................................6
2.1Actividade...........................................................................................................................6
2.1.1O salario.............................................................................................................6
Clases de salario....................................................................................6
2.1.1.1Conceptos que integran un salario ........................................................7
Percepcións salariais .............................................................................8
Percepcións extra-salariais....................................................................8
Deducións..............................................................................................9
Bases de cotización por continxencias comúns e profesionais ............10
2.1.1.2Elaboración dunha nómina...................................................................12
2.1.1.3Garantías do salario.............................................................................14
Salario Mínimo Interprofesional............................................................14
Fondo de Garantía Salarial...................................................................15
Inembargabilidade relativa do salario..................................................16
Privilexios dos créditos salariais ..........................................................16
2.2Tarefas.............................................................................................................................17
2.2.1Tarefa 1: Elaboración dunha nómina................................................................17
Exemplo resolto 1................................................................................17
Solución....................................................................................................17
Exemplo resolto 2................................................................................20
Solución:...................................................................................................20
Exercicio 1...........................................................................................22
Solución:...................................................................................................22
Exercicio 2...........................................................................................24
Solución:...................................................................................................26
2.2.2Tarefa 2: Protección do salario.........................................................................28
Exemplo resolto 1................................................................................28
Solución:...................................................................................................28
Exercicio 1...........................................................................................28
Solución:...................................................................................................28
Exemplo resolto 2................................................................................29
Solución:...................................................................................................29
Exercicio 2...........................................................................................29
Solución:...................................................................................................30

3.Anexo documentación...................................................................................................30

Páxina 2 de 31
Páxina 3 de 31
1. Datos da actividade
1.1 Título e descrición
Título: O salario.
Descrición: Análise das principal obriga empresarial derivada do contrato de traballo: o
abono do salario.

1.2 Obxectivos
 Analizar o salario do traballador e a configuración da nómina (recibo de salarios).

1.3 Contidos
1.3.1 Procedimentais

Identificación dos dereitos e obrigas dos empresarios e traballadores

 Identificación e manexo da normativa relativa á clasificación profesional.


 Identificación e manexo da normativa relativa á xornada de traballo.
 Identificación e manexo da normativa relativa ao salario.

Elaboración dunha nómina

 Distinción dos distintos conceptos que integran unha nómina.


 Calculo dunha nómina a partir de datos de convenio colectivo para supostos concretos.
 Aplicación da normativa relativa á protección do salario en casos concretos.

1.3.2 Conceptuais

Contrato de traballo

 O salario.
 A protección do salario.

1.3.3 Actitudinais
 Interese por coñecer e respectar as disposicións legais polas que se rexen os contratos
laborais
 Valoración e cumprimento da normativa laboral
 Igualdade ante as diferencias socioculturais e trato non discriminatorio en tódolos
aspectos inherentes á relación laboral

Páxina 4 de 31
1.4 Aspectos metodolóxicos
 Tipo da actividade a distancia, aprendizaxe, escrita, práctica, individual.
 Recursos:
– Materiais: Normativa laboral, Convenio colectivo sectorial.
– Espazos: non presencial.
 Contorno de comunicación: Plataforma, internet e correo electrónico.

Páxina 5 de 31
2. A3. O obxecto do contrato de traballo
2.1 Actividade
2.1.1 O salario
O Estatuto dos Traballadores define salario no seu artigo 26.1 como a “totalidade das
percepcións económicas dos traballadores, en diñeiro ou en especie, pola prestación
profesional dos servizos laborais por conta allea, xa retribúan o traballo efectivo, calquera
que sexa o xeito de remuneración, ou os períodos de descanso computábeis como de
traballo”. A continuación indica que o salario en especie non pode superar o 30% do
salario total.
Non constitúen salario, aínda que sexan abonadas na nómina, as cantidades percibidas
polo traballador en concepto de indemnizacións ou suplidos polos gastos realizados como
consecuencia da actividade laboral (sería o caso do abono ao traballador do importe da
compra do buzo de traballo ou as dietas abonadas por viaxes), as prestacións da
Seguridade Social e as indemnizacións correspondentes a traslados, suspensións e
despedimentos. A distinción dos conceptos salariais e extra-salariais da nómina é de
capital importancia.
O Estatuto estabelece o principio de igualdade de salario por igual traballo, prohibindo
expresamente a discriminación por razón de sexo en materia salarial. Tamén está
prohibida, pola Lei de Estranxeiría, a discriminación salarial dos estranxeiros.
O salario deberá ser abonado ao traballador de maneira periódica e regular, non pudendo
exceder de 1 mes. O traballador con anterioridade ao abono do salario terá dereito a
solicitar anticipos a conta do traballo xa realizado. O retraso do empresario no abono do
salario da dereito a esixir un recargo do 10% anual sobre o adebedado. É o que se coñece
como intereses moratorios.
O abono do salario deberá documentarse por medio dun recibo individual xustificativo do
pago (nómina). Existe un modelo oficial de recibo de salarios aprobado polo Ministerio de
Traballo que deberá ser utilizado a non ser que se aprobase outro en convenio colectivo ou
en acordo entre o empresario e a representación dos traballadores.
O recibo de salario refírese ao mes natural. Naqueles supostos en que se abone salario con
periodicidade inferior ao mes deberanse documentar eses abonos como anticipos a conta
na liquidación mensual.
O recibo de salarios debe ser asinado polo traballador cando se lle abona o salario en
moeda ou talón. De se lle abonar por medio de transferencia bancaria non é precisa a
sinatura do traballador, pero o empresario está obrigado igualmente a entregarllo. A
sinatura do recibo do salario acredita o abono do mesmo, pero non a conformidade do
traballador coas cantidades que nel figuran.

Clases de salario

En función do elemento a considerar para a cuantificación do salario, que pode ser o


tempo investido no traballo ou o traballo realizado, distinguimos 3 tipos de salario.

Páxina 6 de 31
 Salario por unidade de tempo. É o fixado en función do tempo traballado, con
independencia da cantidade de obra realizada. É o máis habitual. Dentro do salario por
unidade de tempo distinguimos:
– Salario diario. Determinados colectivos de traballadores utilizan o día como unidade
temporal de referencia. O salario destes traballadores varía en función do número de
días que teña o mes. Este sistema de traballo diario é aplicado aos oficios
encadrados nos grupos de cotización 8 a 11 da Seguridade Social. Os grupos de
cotización explicaranse máis, cando se traten as bases de cotización.
– Salario mensual. Outros traballadores teñen o mes como unidade temporal de
referencia, o que quere dicir que o seu salario mensual non está en función do
número de días que teña o mes (considéranse todos cunha duración de 30 días). Son
os traballadores encadrados nos grupos de cotización 1 a 7.
 Salario por unidade de obra. É o fixado en función da cantidade de traballo realizado,
con independencia do tempo investido na mesma.
 Salario mixto. É unha mestura dos sistemas anteriores. Dentro deste sistema encádranse
os sistemas de incentivos por obxectivos.
En función do tipo de salario (con que se paga ao traballador) distínguese entre:
 Salario en metálico. Consiste no abono en moeda de curso legal. Considérase abono en
metálico non só a entrega física da moeda, senón tamén a entrega dun talón bancario, ou
a realización dunha transferencia bancaria, método este último usado de xeito masivo na
actualidade.
 Salario en especie. Consiste no abono ao traballador de bens diferentes ao diñeiro. Sería
o caso do pago do aluguer da vivenda, ou a cesión do uso de un automóbil para uso
particular.

2.1.1.1 Conceptos que integran un salario


O salario que percibe o traballador está constituído pola suma de certas partidas
denominadas devengos, ás que se lle efectúan unha serie de deducións. Na táboa que
figura de seguido indícanse os devengos, que inclúen tanto as percepcións salariais como
as extra-salariais, e as deducións. Debemos salientar que as percepcións extra-salariais por
definición non son salario, pero as tratamos aquí porque se inclúen no recibo de salarios.
Estructura do salario

Devengos Percepcións -Salario base


(+) salariais -Complementos salariais:
-persoais.
-asociados ao posto.
-productividade/Bfº.
-Horas extraordinarias
-Gratificacións extraordinarias

Percepcións -Indemnizacións e suplidos polos gastos realizados


extrasalariais como consecuencia da súa actividade laboral
-Prestacións da Seguridade Social.
-Indemnizacións por traslados, suspensións ou

Páxina 7 de 31
despedimentos.
-Outras percepcións non salariais.

Deducións -Contribucións á Seguridade Social do traballador:


(-) -Continxencias comúns.
-Desemprego.
-Formación Profesional.
-Contribución adicional por horas extras.
-Retención do I.R.P.F.
-Anticipos.
-Valor dos produtos recibidos en especie.
-Embargos.

Percepcións salariais

 Salario base. É a retribución que se fixa por unidade de tempo ou unidade de obra, en
función do tipo de salario utilizado.
 Complementos salariais. Engadiranse ao salario base e están en función de
determinadas circunstancias. Son fixados nos convenios colectivos. Dentro dos
complementos salariais distínguense:
– Complementos persoais. Retribúen certas condicións persoais do traballador. Sería o
caso dun complemento de antigüidade, ou dun complemento de idiomas.
– Complementos de posto de traballo. Retribúen as condicións concretas do posto de
traballo desempeñado polo traballador. É o caso de complementos do tipo
perigosidade, toxicidade, penosidade, traballo en altura, nocturnidade e similares.
– Complementos de produtividade. Están en función dos resultados acadados pola
empresa, das vendas ou facturación acadadas polo traballador e similares.
 Horas extraordinarias. As horas extraordinarias cando non van ser compensadas con
períodos de descanso retribuído nos catro meses posteriores á súa realización deben ser
remuneradas.
 Gratificacións extraordinarias. Son as coñecidas como pagas extras. O Estatuto prevé a
existencia de dúas ao ano, unha en Nadal (paga de Nadal) e outra no mes do ano que se
pacte en convenio ou por acordo cos representantes dos traballadores, normalmente se
abona no mes de xullo (paga de verán). A contía das pagas establécese en convenio
colectivo.

Percepcións extra-salariais

 Indemnizacións e suplidos por gastos realizados como consecuencia da súa actividade


laboral. O traballador en determinados casos vese obrigado a incorrer en gastos para
poder realizar a prestación laboral encomendada, gastos que deben ser soportados polo
empresario. Sería o caso das dietas por desprazamentos ordenados pola empresa, ou os
gastos de compra de vestiario de traballo.
 Prestacións da Seguridade Social. Cando un traballador está incapacitado
temporalmente para traballar ou disfruta dunha baixa por maternidade/paternidade, entre
outros supostos, recibe unha prestación con cargo á Seguridade Social. Esta prestación é

Páxina 8 de 31
recibida polo traballador por medio do empresario, que lla abona na nómina. As
prestacións da Seguridade Social serán tratadas na actividade 2.7: Seguridade Social.
 Indemnizacións por traslados, suspensións ou despedimentos.
 Outras percepcións non salariais. Inclúense neste apartado as restantes percepcións que
se reciban e non teñan natureza salarial. Sería o caso das propinas recibidas polo
empregado. As propinas como liberalidades (agasallos) que son non teñen natureza
salarial. Ademais non son dadas polo empresario, senón polos clientes. Ocorre que en
determinados casos son recadadas por medio del que as distribúe entre os traballadores.
É o caso de traballadores de casinos.

Deducións

Tanto as percepcións salariais como as extrasalariais súmanse para a determinación do


total devengado nunha nómina. A esta cantidade débeselle restar a suma das deducións
que compre efectuar. Son as seguintes:
 Cotizacións á Seguridade Social e conceptos de recadación conxunta. O traballador
debe contribuír, xunto co empresario, ao sostemento da Seguridade Social. Por elo unha
parte do seu salario debe ser ingresado na Tesourería da Seguridade Social. Por razóns
prácticas en vez de ser o traballador quen procede a realizar directamente o ingreso, é o
empresario quen o fai no seu nome, tras detraer do seu salario bruto a cantidade
correspondente. O Estatuto dos Traballadores considera nulo calquera acordo polo que
o empresario asuma o pago desas cantidades. Dentro deste apartado distínguense os
seguintes conceptos:
– Cotización por continxencias comúns. O traballador para o sostemento das
continxencias comúns (incapacidade temporal derivada de continxencia común
-enfermidade común ou accidente non laboral-, pensión de xubilación,...) debe
contribuír co 4,7% da súa base de cotización por continxencias comúns. De seguido
será explicado este concepto.
– Cotización por desemprego. O traballador para o sostemento das prestacións por
desemprego debe contribuír cunha porcentaxe da súa base de cotización por
continxencias profesionais (de seguido se explicará este concepto) que varía en
función do tipo de contrato. 1,55% con carácter xeral e o 1,6% nos contratos de
duración determinada (obra e eventual).
– Cotización por Formación profesional. O traballador contribúe ao mantemento do
sistema de formación profesional continua cun 0,1% da súa base de cotización por
continxencias profesionais
– Cotización adicional por horas extras. Dentro dela distínguense:
De forza maior. Débese cotizar un 2% da súa contía.
Outras. Débese cotizar un 4,7% da súa contía.
Tipos de cotización á Seguridade Social

Traballador Empresario

Continxencias 4,7% 23,60%


comúns

Desemprego 1,55% (con carácter xeral) 5,75%


1,60% (Ctos.duración de determinada 6,70% contrato a tempo completo
-obra e eventual) 7,70% contratos a tempo parcial

Formación 0,1% 0,60%


Profesional

Páxina 9 de 31
Cotización 2% (forza maior) 12%(forza maior)
adicional por 4,7% (non forza maior) 23,60%(non forza maior)
horas extras

FOGASA - 0,20%

Continxencias - Varían en función do sector de


profesionais actividade

NOTA: As cotizacións sociais que lle corresponde realizar ao empresario por cada traballador non
aparecen reflectidas na nómina de este, pero representan unha parte importante dos custes
salariais.

 Retención á conta do Imposto da Renda das Persoas Físicas (IRPF). O IRPF grava,
entre outras cousas, as rendas do traballo persoal. É un imposto de devengo anual (grava
as rendas obtidas no ano natural) pero a lei obriga a que, das rendas de traballo persoal a
abonar aos traballadores, o empresario realice mensualmente as retencións a conta que
correspondan, que deberá ingresar na Axencia Tributaria. Cando o traballador realice a
declaración do imposto (maio e xuño do ano seguinte), se a cantidade que lle foi retida
resultou menor á que lle corresponde abonar polo imposto, deberá ingresar a cantidade
pendente (declaración a ingresar). De resultar que a cantidade retida foi maior, a
Administración Tributaria fará a devolución que corresponda (declaración a devolver).
O empresario deberá reterlle ao traballador unha porcentaxe das percepcións salariais
que lle abone en cada mensualidade. A porcentaxe de retención varía para cada
traballador e se calcula do seguinte xeito:
– Fase 1: Determinación da base de retención. O empresario debe calcular os ingresos
brutos que previsíbelmente terá o traballador durante o ano natural. Á cantidade
resultante deberá restarlle unhas contías en función da súa situación persoal e
familiar (idade, minusvalía, existencia de fillos, cónxuxe ou ascendentes a cargo...).
O resultado constiuirá a base de retención.
– Fase 2: Determinación da cota de retención. Á base de retención se lle aplica a
táboa de retención correspondente. Para o ano 2007 é a que figura de seguido.
Base para calcular o tipo de Cota de retención Resto base para calcular o % Retención
retención tipo de retención

0,00 € 0,00€ 17.360,00 € 24%

17.360,00 € 4.166,40 € 15.000,00 € 28%

32.360,00 € 8.366,40 € 20.000,00 € 37%

52.360,00 € 15.766,40 En adiante 43%

Por exemplo. Para unha base de retención de 24.000,00 € a cota de retención será a
seguinte:
Aos 17.360,00 € iniciais correspóndenlles unha cota de 4.166,40 €.
Aos 6.640,00 € restantes (24.000,00 - 17.360,00) compre aplicarlles un tipo do
28% o que da unha cota de 1.859,20 €.
A cota total a reter será de 6.025,60 €
– Fase 3: Determinación do tipo de retención. Por último divídese a cota total a reter
entre os ingresos íntegros (non entre a base de retención) e se multiplica por 100. O
tipo de retención a aplicar será o número enteiro máis próximo ao resultado da
operación.

Bases de cotización por continxencias comúns e profesionais

As bases de cotización son unhas cantidades calculadas en función dos ingresos do


traballador ás que se lles aplican uns tipos de cotización para determinar a contía na que o

Páxina 10 de 31
traballador contribuirá ao sostemento da Seguridade Social. Son un concepto clave para a
elaboración dun recibo de salarios.
A Base de Cotización por Continxencias Comúns (BCCc) utilízase para calcular a
participación do traballador (e do empresario, inda que isto último non se reflicta na
nómina) no sostemento das continxencias comúns, que son as producidas por causas non
profesionais. As principais son as seguintes:
 Incapacidade temporal causada por enfermidade común ou accidente non laboral.
 Incapacidade permanente derivada de enfermidade común ou accidente non laboral.
 Prestación de maternidade/paternidade.
 Pensión de xubilación.
A Base de Cotización por Continxencias Profesionais (BCCp) utilízase para calcular a
participación do traballador no sostemento da protección fronte ao desemprego e do
sistema de formación profesional continua. Tamén se utiliza, inda que non se reflicta na
nómina, para determinar a cotización do empresario por continxencias profesionais
(aquelas derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional).

Base de Cotización por Continxencias Comúns

É a contía resultante de sumar a todos os conceptos salariais de pago mensual percibidos


no mes (coa excepción das horas extras) a parte proporcional das pagas extras e no seu
caso, dos outros conceptos salariais abonados con periodicidade superior ao mes (sería o
caso dunha paga de beneficios).
A BCCc calcúlase de xeito diferente segundo o traballador teña salario diario ou mensual.
Na táboa que figura de seguido indícase a fórmula para calcular a BCCc nos dous
supostos.
BCCc con retribución mensual BCCc con retribución diaria

BCCc=S.B.+C.S+(PP.EE.+P.Bfo)/12 BCCc=(S.B.d.+ C.S.d.+( PP.EE.+P.Bfo)/365)*D

S.B. Salario Base S.B.d. Salario Base diario


C.S. Complementos salariais C.S.d Complementos salariais diarios
PP.EE. Importe das pagas extras PP.EE. Importe das pagas extras
P.Bfo Paga de beneficios e outras análogas P.Bfo Paga de beneficios e outras análogas
D Número de días do mes

Unha vez calculada debe comprobarse que o seu importe se encontre dentro das bases
mínima e máxima fixadas para o grupo no que estea encadrado o traballador. De resultar
inferior á mínima ou superior á máxima estarase a estas.
Grupos de cotización e bases de cotización por continxencias comúns máximas e mínimas para o 2007

Con retribución mensual

Grupo Descrición Base mínima mensual Base máxima mensual

1 Titulados superiores e P.A.D.


929,70 € 2.996,10 €
2 Diplomados e axudantes titulados
771,30 € 2.996,10 €
3 Xefes administrativos e de taller
670,80 € 2.996,10 €
4 Axudantes non titulados
665,70 € 2.996,10 €
5 Oficiais administrativos
665,70 € 2.996,10 €

Páxina 11 de 31
6 Subalternos
665,70 € 2.996,10 €
7 Auxiliares administrativos
665,70 € 2.996,10 €
Con retribución diaria

Grupo Descrición Base mínima diaria Base máxima diaria

8 Oficiais e 1ª e 2ª
22,19 € 99,87 €
9 Oficiais de 3ª e especialistas
22 19 € 99,87 €
10 Peóns
22,19 € 99,87 €
11 Menores de 18 anos
22,19 € 99,87 €

Todos os traballadores en función da súa categoría profesional están encadrados nalgún


dos grupos de cotización á Seguridade Social.

Base de Cotización por Continxencias Profesionais.

É o resultado de sumarlle á BCCc o importe das horas extras percibidas no mes.


Existe unha BCCp máxima e mínima común para todos os grupos de cotización. Para o
ano 2007 a máxima é de 2.996,10 € e a mínima de 665,70 €. De resultar inferior á mínima
ou superior á máxima estarase a estas.

2.1.1.2 Elaboración dunha nómina


Para elaborar unha nómina compre realizar 7 pasos sucesivos:
 Sumar todas as percepcións salariais. Sumaranse:
– Salario base.
– Complementos salariais que correspondan,
– Importe das horas extras (de se ter feito),
– Importe da paga extra cando corresponda nese mes e,
– No seu caso, o valor do salario en especie.
 Sumar aos conceptos salariais todos os conceptos extra-salariais, o que dará o total
devengado.
 Calcular a retención de IRPF. A retención do IRPF farase sobre os devengos salariais,
non sobre os extrasalariais.
 Calcular as cotizacións á Seguridade Social. Para elo é preciso calcular a BCCc e a
BCCp. As bases de cotización normalmente non coincidirán coa base para a retención
do IRPF.
 Calcular as restantes deducións. Se o traballador cobra salario en especie deberá aquí
restarse o seu importe. Tamén se sumarán, os anticipos cobrados polo traballador, os
embargos e demais cantidades que proceda.
 Sumar o total a deducir.
 Restar o total a deducir do total devengado. O resultado será o líquido a percibir.

Páxina 12 de 31
 Neste punto da actividade convén realizar a tarefa 1.

Páxina 13 de 31
2.1.1.3 Garantías do salario
O salario constitúe na maior parte das ocasións o único ou principal recurso dos
traballadores para satisfacer as súas necesidades económicas básicas. As normas
contemplan medidas de protección do propio salario e do seu abono.
O salario debe ser abonado no lugar que se pactara e no seu defecto no que indiquen os
usos e costumes. Está prohibido o seu abono en tabernas, centros de distracción e
similares. Así o estabelece o convenio núm. 95 da OIT.
Debe ser abonado de maneira puntual e efectiva, cunha periodicidade non superior ao mes.
Existe a posibilidade de solicitar anticipos a conta sobre o traballo xa realizado.
A impuntualidade no abono do salario da dereito a esixir un interese moratorio do 10%
anual.
A falta de pago ou os retrasos continuados dan dereito ao traballador para solicitar
xudicialmente a resolución do contrato con dereito a indemnización.
O empresario responsábel de falta de pagamento de salario ou de retrasos reiterados
incorre en responsabilidade administrativa moi grave que pode ser sancionada con multa
de 3.005,07 € a 90.151,82 €.

Salario Mínimo Interprofesional

Unha importante medida de protección do salario é a fixación por parte dos poderes
públicos dunha contía mínima de salario a abonar por xornada completa de traballo. Isto
faise por medio do estabelecemento dun Salario Mínimo Interprofesional (SMI) que é
anualmente aprobado polo Goberno. Ningún traballador pode ser contratado a tempo
completo en calquera tipo de actividade produtiva cun salario inferior a el. Os
traballadores contratados con xornadas parciais percibirano a pro rata. Tampouco é posíbel
que os convenio colectivos poidan fixar salarios profesionais inferiores ao SMI. O habitual
é precisamente que os convenios fixen mellores condicións salariais. Ningún traballador
poderá cobrar un salario inferior ao que lle corresponda por convenio. Polo tanto a
existencia dun SMI sirve como referencia mínima a igualar ou mellorar nos convenios
colectivos e como referencia mínima de salario para traballadores non afectados por
convenio colectivo algún.
Os criterios para a determinación do SMI anual son os seguintes:
 Evolución do Índice de Prezos ao Consumo (IPC), que mide a inflación.
 Produtividade media nacional acadada.
 Incremento da participación do traballo na renda nacional.
 Conxuntura económica xeral.
Contía do Salario Mínimo Interprofesional entre os anos 2000 e 2007 (en euros)

Ano Salario diario Salario mensual

2000 14,16 424,80

2001 14,45 433,45

2002 14,74 442,20

2003 15,04 451,20

2004 (até 30 de xuño) 15,35 460,50

2004 (desde 1 de xullo) 16,36 490,80

Páxina 14 de 31
2005 17,10 513,00

2006 18,03 540,90

2007 19,02 570.60

Até a modificación extraordinaria efectuada no ano 2004 o IPC era utilizado en moitos
ámbitos públicos e privados como medida de ingresos para a obtención de becas,
subvencións, fixación de topes máximos e mínimos nas prestacións, etc. A partir dela
creouse un índice específico para elo denominado Indicador Público de Renda de Efectos
Múltiples (IPREM). No ano 2007 o seu valor é de 499,20 €.

Fondo de Garantía Salarial

O Fondo de Garantía Salarial, coñecido polas súas siglas: FOGASA, é un organismo


autónomo dependente do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, que ten como función
garantir o abono aos traballadores dos salarios e indemnizacións pendentes de pagamento
a causa de insolvencia ou concurso do empresario. O concurso é declaración xudicial de
insolvencia dunha empresa ou dun particular. O FOGASA finánciase coas apartacións
obrigatorias dos empresarios, que deben ingresar un 0,2% da masa salarial para este fin
dentro das cotizacións á Seguridade Social.
O Salario protexido polo FOGASA é aquel recoñecido como debido por medio de acto de
conciliación ou por resolución xudicial, inclúe os salarios de tramitación cando procedan.
Salarios de tramitación son os deixados de percibir polo traballador, como consecuencia
dun despido declarado improcedente, entre o día do despido e aquel no que se dite a
sentenza declarando a improcedencia do despedimento.
A protección salarial do FOGASA ten unha dobre limitación:
 Temporal: Responde fronte aos salarios debidos cun tope de 150 días de salario,
incluídos, no seu caso, os salarios de tramitación.
 Importe do salario diario: A contía máxima do salario protexido é o triplo do SMI. Os
excesos de salario debido, por riba dese límite, non gozan da protección do FOGASA.
As indemnizacións protexidas polo FOGASA son aquelas recoñecidas en resolución
xudicial (sentenza, auto ou acto de conciliación xudicial) ou administrativa por extincións
de contrato por causas contempladas nos artigos 50, 51 e 52 do ET así como as decretadas
nun proceso concursal. Na actividade 2.4: Modificación, suspensión e extinción da
relación laboral analizaranse aquelas extincións que dan dereito ao abono dunha
indemnización ao traballador. O FOGASA tamén garante, no seu caso, do abono das
indemnizacións que procedan por finalización de contrato de obra e eventual, que xa se
viron na actividade anterior.
Existe tamén un límite máximo da indemnización a abonar polo FOGASA:
 O salario diario máximo a considerar para o cálculo da indemnización será o triplo do
SMI.
 Para o cálculo da indemnización tomarase como máximo 1 anualidade.
 En caso de indemnización por extinción de contrato solicitada polo traballador por
incumprimento do empresario o cálculo da indemnización tomará como base 30 días de
salario por ano traballado sen que poida superar o tope de 1 anualidade.
As indemnizacións por extinción de contrato no Estatuto dos Traballadores fíxanse
utilizando dous valores:

Páxina 15 de 31
 O salario diario do traballador no momento da extinción do contrato
 A súa antigüidade na empresa, de tal xeito que se lle debe abonar o importe dun número
determinado de días de salario por cada ano traballado na empresa. Fixase un tope
máximo de días de indemnización.
O importe da indemnización fíxase multiplicando o importe do salario diario polos días de
indemnización que correspondan.
Ademais dos casos de intervención do FOGASA por insolvencia ou concurso do
empresario, tamén se encarga do abono de indemnizacións por extinción de contrato nos
casos de forza maior cando a autorización administrativa que contemple a extinción dos
contratos acorde expresamente a exoneración do empresario. O importe destas
indemnizacións é de 20 días de salario por ano traballado cun máximo de 1 anualidade de
renda, co tope máximo de salario diario do duplo do SMI. Tamén abona o 40% da
indemnización en caso de despido colectivo e por causas obxectivas derivados de
circunstancias económicas, técnicas, organizativas e de produción en empresas de menos
de 25 traballadores. Na actividade 2.4: Modificación, suspensión e extinción da relación
laboral analizaranse, entre outras, estas causas.
O prazo para solicitar do FOGASA o abono dos salarios e indemnizacións é de 1 ano a
partir do acto de conciliación, sentenza, auto ou resolución administrativa que os recoñeza.

Inembargabilidade relativa do salario

Dado que o salario é a principal fonte de recursos económicos para o traballador o ET


declara a imposibilidade do seu embargo na contía do SMI. A contía do salario que
supere o SMI é parcialmente embargábel para facer fronte ás débedas contraídas polo
traballador, de acordo coa táboa que figura de seguido.
Embargabilidade do salario

Coantía do salario por tramos % de embargabilidade sobre ese


tramo

Até 1 SMI Inembargábel

Exceso de 1 SMI até 2 SMI 30%

Exceso de 2 SMI até 3 SMI 50%

Exceso de 3 SMI até 4 SMI 60%

Exceso de 4 SMI até 5 SMI 75%

Exceso de 5 SMI 90%

Se o traballador ten máis de unha fonte de rendas salariais, profesionais ou mercantís


autónomas, débense sumar todas elas para efectuar o cálculo. Tamén se sumarán as rendas
do cónxuxe agás no caso de que estean casados en réxime de separación de bens. Téñense
en conta os salarios unha vez descontadas as cotizacións á Seguridade Social e as
retencións do IRPF.
Non rexen as limitacións nos embargos para o pago de pensións de alimentos fixadas
xudicialmente. Sería o caso dunha pensión alimenticia en favor dun fillo fixada nunha
sentenza de divorcio.

Privilexios dos créditos salariais

Nos casos de insolvencia do empresario, declarada ou non xudicialmente, os acredores que


pretendan cobrar os seus créditos (serían, entre outros, os traballadores polos salarios e

Páxina 16 de 31
indemnizacións debidos) son xerarquizados. En función do tipo de crédito que ostenten
fronte ao empresario ou do momento en que fixeron efectiva a reclamación, cobran
primeiro uns e despois, se queda con que, outros.
Os créditos salariais dos traballadores son privilexiados, pois son abonados antes que
outros. Así por exemplo en ausencia de solicitude xudicial de declaración de insolvencia:
 O salario dos últimos 30 días de traballo cun tope do dobre de SMI diario cóbranse por
diante de calquera outro crédito sen distinción, mesmo por diante dos garantidos con
hipoteca con respecto aos bens hipotecados.
 Os obxectos elaborados polos traballadores, mentres sexan propiedade ou estean en
posesión do empresario son destinados, en primeiro lugar, ao abono dos salarios e
indemnizacións debidas aos traballadores.
Cando exista declaración de concurso, os créditos dos traballadores continúan gozando de
privilexios para garantir o seu cobro. Os salarios dos últimos 30 días de traballo cun tope
do dobre do SMI son incluídos dentro dos créditos contra a masa (son os que primeiro
cobran), os restantes salarios e indemnizacións son incluídas nos créditos concursais, pero
dentro deles gozan de preferencia de cobro fronte a outros acredores.

 Neste punto da actividade convén realizar a tarefa 2.

2.2 Tarefas
Tarefa 1: Elaboración dunha nómina.
Tarefa 2: Protección do salario.

2.2.1 Tarefa 1: Elaboración dunha nómina

Exemplo resolto 1

Neste exemplo realizarase unha nómina utilizando datos sinxelos e ficticios. No exemplo
resolto 2 utilizaranse datos reais tirados dun convenio colectivo.
Un traballadora con contrato indefinido e retribución mensual ten os seguintes devengos
na súa nómina:
Salario Base 800,00 € Continxencias comúns 4,70%

Antigüidade 120,00 € Formación Profesional 0,10%

Horas extras non forza maior 150,00 € Desemprego 1,55%

Dietas 220,00 € Retención IRPF 8,00%

Ten dereito a dúas pagas extras por importe de salario base Grupo de cotización 5

Solución

Pódese calcular a nómina cumprimentando directamente o recibo de salarios. É


conveniente, non obstante, calcular a parte as bases de cotización de continxencias comúns
e profesionais, que serían as seguintes:
B.C.C.c.= S.B. + C.S. + (PP.EE. + P.Bfº) / 12.
B.C.C.c.= 800,00 € + 120,00 € + 2 x 800,00 € / 12 = 920,00 € + 133,33 € = 1.053,33 €

Páxina 17 de 31
BCCp = B.C.C.c. + Hs. Extras
B.C.C.p. = 1.053,33 € + 150,00 € = 1.203,33 €
Vese que tanto a BCCc como a BCCp están dentro dos topes mínimo e máximo que, para
o grupo 5 de cotización, son 665,70 € e 2.996,10 € para as dúas.
Ademais débese calcular a base suxeita a retención de IRPF, que é a suma de todas as
retribucións salariais do mes.

Páxina 18 de 31
Empresa: Traballador:
Domicilio: N.I.F. Numero Libro de
C.I.F. Matrícula
Código de conta de cotización á Número de Afiliación á Seguridade Social:
Seguridade Social: Categoría ou grupo profesional:
Grupo de cotización: 5 Data de antigüidade:

Periodo de liquidación: de a de
Total días [30]

I.- DEVENGOS

1. Percepcións salariais 2.- Percepcións non salariais


Salario base 800,00 € Indemnizacións ou suplidos 220,00 €
Horas extraordinarias 150,00 € Prestacións e indem. da
Gratificacións extraordinarias Seguridade Social
Salario en especie Indemnizacións por traslados,
suspensións ou despedimentos
Complementos salariais
Outras percepcións non salariais
Antigüidade____________ 120,00 €
______________________
TOTAL
1.290,00 €
DEVENGADO

II.- DEDUCIÓNS

1.- Achegas do traballador ás cotizacións da 2.- Retención I.R.P.F 85,60 €


Seguridade Social e conceptos de recadación (1.070,00 € x 8%)
conxunta 3.- Anticipos
4.- Valor dos produtos
Continxencias comúns.… (1.053,33 49,51 €
recibidos en especie
€ x 4,7%) 18,65 €
5.- Outras deducións
Desemprego……….……. (1.203,33 1,20 €
€ x 1,55%) __________________..............
............
Formación Profesional. (1.203,33 €
x 0,1%) __________________..............
7,05 € ............
Horas extraordinarias
76,41 €
Forza maior ou TOTAL A
estruturais……………. 162,01 €
DEDUCIR
Non estruturais...............(150,00 € x
4,7%)
TOTAL LÍQUIDO A
1.127,99 €
ACHEGAS………………... PERCIBIR

Páxina 19 de 31
DETERMINACIÓN DAS BASES DE COTIZACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL E
CONCEPTOS DE RECADACIÓN CONXUNTA E DA BASE SUXEITA A RETENCIÓN
DO I.R.P.F.

1.- Base de cotización por 2.- Base de cotización por


continxencias comúns contin. Prof. (A.T. e E.P.) e 1.203,33
conceptos de recadación €
Remuneración mensual 920,00 € conxunta (Desemp., FP,
……………… 133,00 € FOGASA.)…
150,00
Pro rata de pagas 1.053,33 € 3.- Base de cotización adicional

extras……………… por horas
extraordinarias……………… 1.070,00
TOTA
…………….. €
L...
4.- Base suxeita a retención do
I.R.P.F….

Exemplo resolto 2

No anexo de documentación desta actividade, que figura no apartado 4 da mesma,


recóllense as táboas salariais para o ano 2006 do Convenio colectivo da industria
siderometalúrxica da provincia da Coruña (No momento de elaboración deste material
eran as últimas duispoñíbeis). Os datos que nela figuren serán os que se utilicen para a
elaboración da nómina neste apartado e as que se deberán utilizar para a realización de
nóminas nas tarefas propostas.
Elabórase a nómina do mes de outubro de 2007 cos seguintes datos:
Xefa de taller Grupo cotización 3 contrato eventual Plus toxicidade 15 días

Días efectivos traballo 25 2 dietas de máis de 125 quilómetros e 1 media dieta

Retención IRPF 14% Hs extras non forza maior 134,00 €

Solución:

Acódese ás táboas salariais do convenio e se cumprimenta a nómina.


Empresa: Traballador:
Domicilio: N.I.F. Numero Libro de
C.I.F. Matrícula
Código de conta de cotización á Seguridade Número de Afiliación á Seguridade Social:
Social: Categoría ou grupo profesional: Xefa de taller
Grupo de cotización: 3 Data de antigüidade:

Periodo de liquidación: de 1 a 31 de outubro


Total días [30]

I.- DEVENGOS

1. Percepcións salariais 2.- Percepcións non salariais


Salario base 1.215,32 Indemnizacións ou suplidos 80.08 €(3)
Horas extraordinarias € Prestacións e indem. da
Gratificacións extraordinarias 134,00 Seguridade Social
€ Indemnizacións por traslados,

Páxina 20 de 31
Salario en especie suspensións ou despedimentos
Complementos salariais Outras percepcións non salariais
Asistencia__(3,46 x 25)(1)_____
Toxicidade__(5,52 x 15)(2)_____ 86,50

82,80 TOTAL
1.598.70 €
€ DEVENGADO

II.- DEDUCIÓNS

1.- Achegas do traballador ás cotizacións da 2.- Retención I.R.P.F (1.518,62 212,61


Seguridade Social e conceptos de recadación € x 14%)(5) €
conxunta 3.- Anticipos
4.- Valor dos produtos recibidos
Continxencias comúns.… (1601,59 75,2
en especie
€ x 4,7%)(4) 7€
5.- Outras deducións
Desemprego……….……. (1.735,59 27,7
x 1,60%) 7€ __________________...............
...........
Formación Profesional. (1.735,59 € 1,7
x 0,1%) 4€ __________________...............
...........
Horas extraordinarias
Forza maior ou TOTAL A
estruturais……………. 317,39 €
DEDUCIR
Non estruturais...............(134,00 € x 104,78
4,7%) €
TOTAL LÍQUIDO A
1.281,31 €
ACHEGAS………………... PERCIBIR

DETERMINACIÓN DAS BASES DE COTIZACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL E


CONCEPTOS DE RECADACIÓN CONXUNTA E DA BASE SUXEITA A RETENCIÓN
DO I.R.P.F.

1.- Base de cotización por 2.- Base de cotización por


continxencias comúns contin. Prof. (A.T. e E.P.) e 1.735,59 €
conceptos de recadación
Remuneración mensual 1.384,6 conxunta (Desemp., FP,
……………… 2€ FOGASA.)… 134,00 €
Pro rata de pagas 216,9 3.- Base de cotización adicional 1.518,62 €
extras……………… 7€ por horas
TOTA 1.601,5 extraordinarias………………
L... 9€ ……………..
4.- Base suxeita a retención do
I.R.P.F….
(1)
Determínase o importe mensual do plus de asistencia multiplicando o valor diario do
plus (3,46 €) polo número de días de asistencia (25)
(2)
Determínase o importe mensual do plus de toxicidade multiplicando o valor diario do
plus (5,52 €) polo número de días en que estivo sometida ao risco (15)

Páxina 21 de 31
(3)
Súmase o importe das 2 dietas de máis de 125 Km. e da media dieta.
(4)
Para calcular o importe das cotizacións sociais Débese determinar previamente a contía
das Bases de cotización:
BCCc= S.B. + CC.SS. + (PP.EE. + P.Bfº) /12.
BCCc= 1.215,32 € + 86,50 € + 82,80 € + 2.603,64 € / 12 = 1384,62 € + 216,97 € =
1.601,59 €
BCCp = B.C.C.c. + Hs. Extras
BCCp = 1601,59 € + 134,00 € = 1.735,59 €
Vese que as BCCc e BCCp están dentro dos topes mínimo e máximo, que para o grupo de
cotización 3 son 670,80 € e 2.996,10 € para á primeira e de 665,70 € e 2.996,10 € para a
segunda.
Ás bases obtidas aplícanselles os tipos de cotización correspondentes:
 4,7% para continxencias comúns, que se lle aplica á BCCc
 1,6/ para desemprego, por ser un contrato eventual. Aplícaselle á BCCp.
 0,1% para Formación profesional, que se lle aplica á BCCp.
 4,7% para as horas extras non de forza maior.
(5)
A base suxeita á retención de IRPF é a suma de todos os conceptos salariais percibidos
no mes.

Exercicio 1

Elaborar a nómina do mes de outubro de 2007 dun traballador ao que resulta de aplicación
o convenio colectivo para a industria siderometalúrxica da provincia da Coruña coas
seguintes circunstancias:
Plus penosidade e
Práctico en Topografía Grupo de cotización 4 contrato indefinido 10 días
perigosidade

Días efectivos traballo 25 Antigüidade na empresa 2 - 01 - 2006

Retención IRPF 10% Hs extras non forza maior 100,00 €

3 dietas de menos de 125 quilómetros e 4 medias dietas Percibiu un anticipo de 150,00 €

Solución:

Páxina 22 de 31
Empresa: Traballador:
Domicilio: N.I.F. Numero Libro de
C.I.F. Matrícula
Código de conta de cotización á Seguridade Número de Afiliación á Seguridade Social:
Social: Categoría ou grupo profesional: Práctico en
Topografía
Grupo de cotización: 4 Data de
antigüidade: 2 - 01- 2006

Periodo de liquidación: de 1 a 31 de outubro


Total días [30]

I.- DEVENGOS

1. Percepcións salariais 2.- Percepcións non


Salario base 1.090,15 salariais 131,53 € (3)
Horas extraordinarias € Indemnizacións ou suplidos
Gratificacións extraordinarias 100,00 Prestacións e indem. da
€ Seguridade Social
Salario en especie
Indemnizacións por
Complementos salariais
traslados, suspensións ou
Asistencia__(3,46 x 25)(1)_____ despedimentos
Perigosidade e penosidade(6,89 € x 10)
(2) 86,50 Outras percepcións non
salariais

68,90 TOTAL
€ 1.477,08 €
DEVENGADO

II.- DEDUCIÓNS

1.- Aportación do traballador ás cotizacións da 2.- Retención IRPF


Seguridade Social e conceptos de recadación (1.345,55 € x 10%)(5) 134,56 €
conxunta 3.- Anticipos 150,00
(6)
4.- Valor dos produtos €
Continxencias comúns.… (1.441.55 67,76
(4) recibidos en especie
€ x 4,7%) €
5.- Outras deducións
Desemprego……….……. (1.541,46 23.89
€ x 1,55%) € __________________........
...........
Formación Profesional. (1.541,46 1,54
€ x 0,1%) € __________________........
................
Horas extraordinarias
Forza maior ou estructurais……(100,00 4,70 TOTAL A
€ x 4,7%) € 382,45 €
DEDUCIR
Non estructurais...............
TOTAL 97,89 LÍQUIDO A 1.094,63
APORTACIÓNS………………... € PERCIBIR €

Páxina 23 de 31
DETERMINACIÓN DAS BASES DE COTIZACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL E
CONCEPTOS DE RECADACIÓN CONXUNTA E DA BASE SUXEITA A RETENCIÓN
DO I.R.P.F.

1.- Base de cotización por continxencias 2.- Base de cotización por


comúns contin. Prof. (A.T. e E.P.) e
conceptos de recadación 1.541,66 €
Remuneración mensual ……………… 1.245,55 conxunta (Desemp., FP,
Pro rata de pagas extras……………… € FOGASA.)…
TOTAL... 196,11 3.- Base de cotización 100,00 €
€ adicional por horas 1.345,55 €
1.441,66 extraordinarias……………
€ 4.- Base suxeita a retención
do I.R.P.F….
(1)
Determínase o importe mensual do plus de asistencia multiplicando o valor diario do
plus (3,46 €) polo número de días de asistencia (25)
(2)
Determínase o importe mensual do plus de perigosidade e penosidade multiplicando o
valor diario do plus (6,89 €) polo número de días en que estivo sometido ao risco (10)
(3)
Súmase o importe de 3 dietas de menos de 125 quilómetros e 4 medias dietas.
(4)
Para calcular o importe das cotizacións sociais débese determinar previamente a contía
das Bases de cotización:
B.C.C.c.= S.B.+CC.SS.+ (PP.EE.+P.Bfº)/12.
B.C.C.c.= 1.090,15+86,50+68,90+2.353,30/12=1.245,55+196,11=1.441,66
B.C.C.p.= B.C.C.c.+ Hs. Extras
B.C.C.p.= 1.441,66+100=1.541,66€
Vese que as BCCc e BCCp están dentro dos topes mínimo e máximo, que para o grupo de
cotización 4 son 631,20 € e 2.897,70 € para as dúas.
Ás bases obtidas aplícanselles os tipos de cotización correspondentes:
 4,7% para continxencias comúns, que se lle aplica á BCCc
 1,55/ para desemprego, por ser un contrato indefinido. Aplícaselle á B.C.C.p.
 0,1% para Formación profesional, que se lle aplica á BCCp.
 4,7% para as horas extras non de forza maior.
(5)
A base suxeita á retención de I.R.P.F. é a suma de todos os conceptos salariais
percibidos no mes.
(6)
Descóntase a contía do anticipo recibido.

Exercicio 2

Elaborar a nómina correspondente ao mesmo traballador para o mes de decembro. Na


táboa que figura de seguido figuran os datos correspondentes ao mes. Débese recordar
que no mes de decembro percíbese a paga extra.
Práctico en Grupo de cotización contrato indefinido Plus 10
días

Páxina 24 de 31
penosidade e
Topografía 4
perigosidade

Días efectivos 23 Antigüidade na 2-01-2006


traballo empresa

Retención IRPF 10% Hs extras non forza 90,00 €


maior

2 dietas de menos de 125 kilómetros e 6 Percibiu un anticipo 100,00 €


medias dietas de

Páxina 25 de 31
Solución:

Empresa: Traballador:
Domicilio: N.I.F. Numero Libro de
C.I.F. Matrícula
Código de conta de cotización á Seguridade Número de Afiliación á Seguridade Social:
Social: Categoría ou grupo profesional: Práctico en
Topografía
Grupo de cotización: 4 Data de antigüidade:
2-01-2006

Periodo de liquidación: de 1 a 31 de decembro


Total días [30]

I.- DEVENGOS

1. Percepcións salariais 2.- Percepcións non


Salario base 1.090,1 salariais 125,82
Horas extraordinarias 5 € Indemnizacións ou suplidos €(4)
Gratificacións extraordinarias 90,0 Prestacións e indem. da
0€ Seguridade Social
Salario en especie
1.176,65 Indemnizacións por
Complementos salariais (1)
(2)
€ traslados, suspensións ou
Asistencia__(3,46 x 25) _____ despedimentos
Perigosidade e penosidade___(6,89 € x Outras percepcións non
10)(3) salariais
86,5
0€
68,9 TOTAL 2.638,02
0€ DEVENGADO €

II.- DEDUCIÓNS

1.- Achegas do traballador ás cotizacións da 2.- Retención IRPF 251,22


(6)
Seguridade Social e conceptos de recadación (2.512,20 € x 10%) €
conxunta 3.- Anticipos 100,00
4.- Valor dos produtos € (7)
Continxencias comúns.…(1.441,66 x 67,76
recibidos en especie
4,7%)(5) €
5.- Outras deducións
Desemprego……….……. (1.531,66 x 23,74
1,55%) € __________________..........
................
Formación Profesional. (1.531,66 x 1,53
0,1%) € __________________..........
................
Horas extraordinarias
Forza maior ou estruturais…… TOTAL A 448,48
Non estruturais...............(90,00 x 4,7%) 4,23 DEDUCIR €
TOTAL ACHEGAS………………... €
97,26 LÍQUIDO A 2.189,54
PERCIBIR €

Páxina 26 de 31

DETERMINACIÓN DAS BASES DE COTIZACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL E


CONCEPTOS DE RECADACIÓN CONXUNTA E DA BASE SUXEITA A RETENCIÓN
DO I.R.P.F.

1.- Base de cotización por continxencias 2.- Base de cotización por


comúns contin. Prof. (A.T. e E.P.) e
conceptos de recadación 1.531,66
Remuneración mensual ……………… 1.245,55 conxunta (Desemp., FP,

Pro rata de pagas extras……………… € FOGASA.)…
TOTAL... 196,11 3.- Base de cotización
€ adicional por horas 90,00 €
1.441,66 extraordinarias…………… 2.512,20 €
€ …….
4.- Base suxeita a retención
do I.R.P.F….
(1)
Inclúese o importe da paga extra (2.353,30/2).
(2)
Determínase o importe mensual do plus de asistencia multiplicando o valor diario do
plus (3,46 €) polo número de días de asistencia (25)
(3)
Determínase o importe mensual do plus de perigosidade e penosidade multiplicando o
valor diario do plus (6,89 €) polo número de días en que estivo sometido ao risco (10)
(4)
Súmase o importe de 2 dietas de menos de 125 quilómetros e 6 medias dietas.
(5)
Para calcular o importe das cotizacións sociais débese determinar previamente a contía
das Bases de cotización:
B.C.C.c.= S.B.+CC.SS.+ (PP.EE.+P.Bfº)/12.
B.C.C.c.= 1.090,15+86,50+68,90+2.353,30/12=1.245,55+196,11=1.441,66
B.C.C.p.= B.C.C.c.+ Hs. Extras
B.C.C.p.= 1.441,66+90=1.531,66 €
Vese que as BCCc e BCCp están dentro dos topes mínimo e máximo, que para o grupo de
cotización 4 son 665,70 € e 2.996,10 € para as dúas.
Ás bases obtidas aplícanselles os tipos de cotización correspondentes:
 4,7% para continxencias comúns, que se lle aplica á BCCc
 1,55/ para desemprego, por ser un contrato indefinido. Aplícaselle á BCCp.
 0,1% para Formación profesional, que se lle aplica á BCCp.
 4,7% para as horas extras non de forza maior.
NOTA IMPORTANTE: Un erro común ao elaborar as nóminas correspondentes aos
meses nos que se percibe a paga extra é incluíla de novo na base de cotización, pero non
debe ser incluída pois xa foi sendo prorrateada ao longo de todos os meses do ano.
(6)
A base suxeita á retención de IRPF é a suma de todos os conceptos salariais percibidos
no mes. Aquí si que se inclúe o importe da paga extra.
(7)
Descóntase a cantidade do anticipo recibido.

Páxina 27 de 31
2.2.2 Tarefa 2: Protección do salario

Exemplo resolto 1

Un traballador con vinte anos e medio de antigüidade na empresa e un salario diario de


75,00 € é despedido no ano 2007 e o xuíz declara a improcedencia do mesmo. O ET
contempla para este suposto unha indemnización de 45 días de salario por ano traballado,
cun máximo de 42 mensualidades de salario, tal e se verá na actividade 2.4: Modificación,
suspensión e extinción da relación laboral.

Solución:

Determínase a indemnización á que terá dereito o traballador do seguinte xeito.


 Calcúlase o número de días de indemnización:
45 días/ano x 20,5 anos = 922,5 días de salario. Como esta cantidade é inferior ao tope de
1260 días de salario (42 mensualidades x 30 días) a cobrará. De superala cobraría o tope.
 Calcúlase o importe da indemnización multiplicando os días de indemnización polo
salario diario.
O traballador cobrará do empresario unha indemnización de 69.187,50 € (922,5 días x
75,00 €/día)
No suposto, de que o traballador tivese que acudir ao FOGASA a indemnización que lle
abonaría ela sería:
 Calcúlase o número de días de indemnización:
45 días/ano x 20,5 anos = 922,5 días de salario. Como esta cantidade é superior ao tope de
unha anualidade, cobrará esta, ou sexa, 365 días de salario.
 Calcúlase o importe da indemnización multiplicando os días de indemnización polo
salario diario.
O salario diario do traballador, 75,00 €, supera o triplo do SMI que é de 57,06 € (19,02 x
3) polo que se considerará este tope de salario diario. Considerouse o SMI diario do ano
2007.
O FOGASA abonará ao traballador unha indemnización de 20.826,90 € (365d x 57,06 €)

Exercicio 1

Un traballador solicita xudicialmente a extinción a relación laboral por incumprimento do


empresario. A sentenza que declara a extinción declara que o empresario adebeda ao
traballador o salario de 270 días, e que a antigüidade do traballador na empresa é de 18
anos e 3 meses. Sabendo que o salario diario do traballador é de 43,50 €.
Indicar a contía do que lle poderá reclamar ao FOGASA diante na insolvencia do
empresario.
A indemnización por extinción de contrato derivada de incumprimento do empresario é de
45 días de salario por ano traballado, cun máximo de 42 mensualidades de salario.

Solución:

Poderá reclamarlle ao FOGASA o salario debido e a indemnización por extinción de


contrato.

Páxina 28 de 31
 Salario:
– O empresario adebeda ao traballador un total de 11.745,00 € (270 días x 64,50 €) de
salario, pero o traballador non lle poderá reclamar a totalidade do debido ao
FOGASA. Existe un límite temporal de 150 días de salario e un límite cuantitativo
con respecto ao salario diario, que é o triplo do SMI, que no ano 2007 representa
57,06 € (19,02 € x 3). O traballador supera o límite temporal, polo que aplicará este,
e sitúase por debaixo do límite cuantitativo de salario diario, polo que se aplicará o
salario diario real.
– Poderá reclamarlle ao FOGASA 6.525,00 € (43,50 € x 150 días).
 Indemnización:
– O empresario adebeda ao traballador unha indemnización por extinción de contrato
de 35.724,38 €.
45 días/ano x 18,25 anos = 821,25 días de salario (inferior a 42 mensualidades, que
son 1.260 días)
43,50 € de salario diario x 821,25 días = 35.724,38 €.
– O traballador non poderá reclamar ao FOGASA a totalidade da indemnización.
Poderá reclamar unha indemnización por importe de 30 días de salario por ano
traballado cun máximo de 1 anualidade de salario. A indemnización resultante é de
547,5 días (30 días/ano x 18,25 anos), o que supera o máximo de unha anualidade,
polo que reclamará esta.
– Xa que o salario diario non supera o triplo do SMI, a contía da indemnización diaria
será esta. A indemnización a reclamar fronte ao FOGASA é de 15.713,25 (43,50 € x
365 días).

Exemplo resolto 2

Un traballador solteiro ten uns ingresos brutos mensuais de 2.011,22 € no ano 2006.
Soporta unhas retencións de IRPF de 362,02 € e unhas cotizacións sociais de 121,01€.
Comunícaselle un embargo sobre súa nómina para satisfacer unha débeda contraída cunha
entidade financeira de 327,50€ mensuais. Quere saber se a coantía embargada se axusta á
legalidade.

Solución:

Compre calcular a embargabilidade do salario por tramos. Debemos con carácter previo
deducir do salario bruto as retencións de IRPF e as cotizacións sociais.
O traballador ten un salario neto de 1528,19€ (2.011, 22€ - 362,02 - 121,01)
O embargo non supera o máximo legal.
Tramo de SMI Embargabilidade Contía embargo

1 SMI (540,90 €) 0% 0,00 €

2 SMI (540,90 €) 30% 162,27 €

3 SMI (446,39 €) 50% 223,20 €

SUMA: 1.528,19 € TOTAL EMBARGÁBEL: 385,47 €

Exercicio 2

Un matrimonio casado en réxime de gananciais ten os seguintes ingresos:

Páxina 29 de 31
Cónxuxe A: 1.127,23 € de salario bruto mensual. Soporta unhas cotizacións sociais de
84,16 € e unhas retencións de IRPF de 112,72 €.
Cónxuxe B: 1.327.00 € de salario bruto mensual. Soporta unhas cotizacións sociais de
99,08 € e unhas retencións de IRPF de 145,97 €.
Determinar a cantidade de salario máxima embargábel.

Solución:

Ao ser un matrimonio non casado en réxime de separación de bens súmanse os ingresos


dos dous cónxuxes. O salario a considerar será o neto, polo que compre restarlle as
cotizacións sociais e as retencións de IRPF.
O salario neto a considerar é de 2.012,30 € (1.127,23 € + 1.327,00 € - 84,16 € - 112,72 -
145,97 €)
Tramo de SMI Embargabilidade Contía embargo

1 SMI (540,90 €) 0% 0,00 €

2 SMI (540,90 €) 30% 162,27 €

3 SMI (540,90 €) 50% 270,45 €

4 SMI (389,60 €) 60% 233,76 €

SUMA: 2012,30 € TOTAL EMBARGÁBEL: 666,48 €

3. Anexo documentación
Táboas salariais do ano 2006 do convenio colectivo do sector siderometalúrxico da
provincia da Coruña para os anos 2004 a 2006. (Últimas publicadas no momento de
elaboración deste material)
Táboas salariais mensuais 2006 (Importe en euros)

Nivel Plus
Grupo Categorías SB mes
salarial asis./día
1 Técnicos de Grao Superior 1.404,80 3,46
2 Técnicos de Grao Medio 1.349,12 3,46
A Xefe de Taller e Xefe Administ. de 1.ª e 2.ª 1.215,32 3,46
Xefe Organización de 1.ª, Delineante Proxectista e Debuxante Proxectista, Xefe
3
B Organización de 2.ª e Técnicos Industriais 1.173,64 3,46
C Mestre de Taller e Contramestre 1.160,39 3,46
Delineante de 1.ª, Práctico en Topografía e Técnico Organización 1.ª, Encargado
4 e Técnico Organización 2.ª 1.090,15 3,46
A Oficial Administración 1.ª e Viaxante, Oficial Administración 2.ª e Delineante 2.ª 1.082,39 3,46
5 Profesional de Oficio de 1.ª Chófer camión, grúa, turismo e Profesional
B Siderúrxico 1.ª, Profesional Oficio 2.ª e Profesional Siderúrxico 2.ª 1.014,60 3,46
Almaceneiro, Aux. Admón e Organización, Especialista, Telefonista, Profesional
6 Oficio 3.ª, Pesador–basculeiro e Profesional Siderúrxico 3.ª 980,94 3,46
7 Peón, Ordenanza, Porteiro e Vixiante 943,05 3,46

Aclaracións: O plus asistencia percíbese por día efectivo de traballo.


Táboas salariais anuais 2006 (Importe en euros)

Nivel plus Total


Pagas
Grupo salari Categorías SB anual asisten- retribució
extras
al cia n

Páxina 30 de 31
1 Técnicos de Grao Superior 16.857,60 1.034,54 2.982,60 20.874,74
2 Técnicos de Grao Medio 16.189,44 1.034,54 2.871,24 20.095,22
A Xefe de Taller e Xefe Administ. de 1.ª e 2.ª 14.583,84 1.034,54 2.603,64 18.222,02
Xefe Organización de 1.ª, Delineante Proxectista e
3 Debuxante Proxectista, Xefe Organización de 2.ª e
B Técnicos Industriais 14.083,68 1.034,54 2.520,28 17.638,50
C Mestre de Taller e Contramestre 13.924,68 1.034,54 2.493,78 17.453,00
Delineante de 1.ª, Práctico en Topografía e Técnico
4 Organización 1.ª, Encargado e Técnico Organización
2.ª 13.081,80 1.034,54 2.353,30 16.469,64
Oficial Administración 1.ª e Viaxante, Oficial
A Administración 2.ª e Delineante 2.ª 12.988,68 1.034,54 2.337,78 16.361,00
5 Profesional de Oficio de 1.ª, Chófer camión, grúa,
turismo e Profesional Siderúrxico 1.ª, Profesional Oficio
B 2.ª e Profesional Siderúrxico 2.ª 12.175,20 1.034,54 2.202,20 15.411,94
Almaceneiro, Aux. Admón. e Organización, Especialista,
6 Telefonista, Profesional Oficio 3.ª Pesador–basculero e
Profesional Siderúrxico 3.ª 11.771,28 1.034,54 2.134,88 14.940,70
7 Peón, Ordenanza, Porteiro e Vixiante 11.316,60 1.034,54 2.059,10 14.410,24

Aclaracións: O plus asistencia anual é o resultado de multiplicar o plus diario por 299 días
de traballo efectivo, estando incluídas as vacacións.
Outros pluses (Importe en euros)

Dietas en desprazamentos inferiores ou iguais a 125 Km. 28,59

Dietas en desprazamentos superiores a 125 Km. 34,32

Media dieta 11,44

Plus de xefe de equipo 167,85

Plus de traballo en construcción e reparación de buques 1,60 día

Traballo nocturno 6,89 día

Plus de toxicidade, penosidade ou perigosidade 5,52 día cunha soa circunstancia


6,89 día con dúas circunstancias
8,28 día coas tres circunstancias

Páxina 31 de 31

Anda mungkin juga menyukai