Anda di halaman 1dari 3

TIPOS DE UNIDADES MORFOESTRUCTURAIS:

Unidades morfoestructurais son as formas e a disposicin interna que adopta o relevo.


Resultan de movementos tectnicos que se orixinan no interior da Terra e dan lugar a
levantamentos, afundimentos e desprazamentos da codia terrestre, e da posterior actuacin da
erosin e da sedimentacin. Ambos procesos estn condicionados pola natureza das rochas.
Na Pennsula atpanse presentes as grandes unidades morofestructurais do relevo
continental: zcolos, macizos antigos, cordilleiras de pregamento, e concas sedimentarias ou
depresins.
a) Os zcolos son chairas ou mesetas formadas na era primaria ou paleozoico como
resultado do aplanamento pola erosin de cordilleiras xurdidas nas oroxneses (formacin de
montaas) desta mesma era. Os materiais paleozoicos son rochas silceas: granito, lousa,
cuarcita e xistos. Son moi rxidas, polo que, ante novos empuxes oroxnicos, non se pregan
senn que se fracturan ou rompen. Na actualidade, os zcolos son relevos predominantemente
horizontais, que ocupan extensas reas na metade occidental da Pennsula.
b) Os macizos antigos son montaas formadas na era terciaria polo novo levantamento
(rexuvenecemento) dun bloque ou dun zcolo como consecuencia dos movementos oroxnicos
alpinos. Polo tanto, os seus materiais tamn son paleozoicos. Na actualidade, estes macizos
presentan cumes suaves e arredondados, ser superficies de erosi elevadas. Na Pennsula, son
macizos antigos as serras interiores da Meseta (Sistema Central e Montes de Toledo), o Macizo
Galaico e a parte occidental da cordilleira Cantbrica.
c) As cordilleiras de pregamento son grandes elevacins montaosas que xurdiron na
oroxnese da era terciaria polo pregamento de materiais sedimentarios, fundamentalmente
calcarios, depositados polo mar na era secundaria. Distnguense dous tipos:
- Cordilleiras intermedias, formadas polo pregamento de materiais depositados nos bordos
dos zcolos (Sistema Ibrico e parte oriental da cordilleira Cantbrica).
- Cordilleiras alpinas, formadas polo pregamento de materiais depositados en xeosinclinais
ou fosas marias longas e profundas (Pirineos e cordilleiras Bticas).
Na actualidade as cordilleiras de pregamento presentan fortes pendentes e formas
escarpadas, xa que, pola sa relativa xuventude, a erosin anda non as suavizou.
d) As concas sedimentarias ou depresins son zonas afundidas formadas na era terciaria
e cheas con sedimentos, principalmente de calcaria, arxila, arenitos e margas. As concas
sedimentarias son de dous tipos:
- As concas sedimentarias formadas polo afundimento dun bloque dun zcalo a causa
das presins oroxnicas da era terciaria (depresins das mesetas do Douro, Texo e
Guadiana).
- As depresins prealpinas, localizadas a ambos lados das cordilleiras alpinas (depresins
do Ebro e do Guadalquivir). A sa orixe explicouse pola descompresin posterior
levantamento das cordilleiras, que provocou o afundimento dalgns fragmentos; ou porque,
levantarse os antigos xeoxinclinais, quedaron nos seus flancos fosas marias pouco
profundas que acabaron colmndose.
Hoxe estas concas sedimentarias son relevos horizontais ou suavemente inclinados porque
non foron afectados por oroxneses posteriores.
FORMACIN E EVOLUCIN XEOMORFOLXICA DA PENNSULA IBRICA E DAS ILLAS
O relevo actual da Pennsula o resultado dunha historia xeolxica de millns de anos na que
se alternaron fases oroxnicas coun outras de calma, nas que predominou a erosin e a
sedimentacin.
a) Durante a era arcaica ou Precmbrico (4.000-600 millns de anos) emerxeu do mar unha
banda arqueada de noroeste a sueste, formada por lousas e gneis, que comprenda case toda
a actual Galicia. Tamn xurdiron elevacins nalgns puntos illados do Sistema Central e dos
Montes de Toledo. Este macizo precmbrico foi arrasado posteriormente pola erosin e cuberto
case na sa totalidade polos mares paleozoicos.
b) Na era primaria ou Paleozoico (600-225 millns de anos) tivo lugar a oroxnese
herciniana. Dos mares que cubran a maior parte da Pennsula xurdiron as cordilleiras
hercinianas, formadas por materiais como o granito, lousa e cuarcita. oeste elevouse o Macizo
Hesprico, arradado pola erosin durante a mesma era primaria e convertido en zcalo ou
meseta inclinada cara Mediterrneo. noroeste apareceron os macizos de Aquitania,
Catalano-Balear e do Ebro, e sueste, o Macizo Btico-Rifeo. Todos eles foron tamn
arrasados pola erosin e durante a era primaria convertidos en zcolos.
c) A era secundaria ou Mesozoico (225-68 millns de anos) foi un perodo de calma no que
predominaron a erosin e a sedimentacin. Continuou o aplanamento das cordilleiras hercinianas.
A inclinacin do zcolo da Meseta cara Mediterrneo permitiu, nos perodos de transgresin
maria, unha fonda penetracin do mar, que deposito no seu bordo oriental unha cobertoira non
moi potente de materiais sedimentarios plsticos (calcaria, arenito, marga). Tamn se depositaron
enormes espesuras de sedimentos en fosas marias situadas nas actuais zonas pirenaica e
btica.
d) Durante a era terciaria (68-1,7 millns de anos) produciuse a oroxnese alpina. Como
resultado desta:
- Levantaronse as cordilleiras alpinas, pregarse os materiais depositados nas fosas pirenaica
e btica entre os macizos antigos, que actuaron como topes. Xurdiron os Pirineos entre os
macizos de Aquitania, Hesprico e do Ebro (que acabou afundndose), e as cordilleiras
Bticas, entre os macizos Btico-Rifeo e o Hesprico.
- Formronse as depresins prealpinas paralelamente s novas cordilleiras, e entre estas e o
macizo antigo: a depresin do Ebro, paralela s Pirineos, e a do Guadalquivir, paralela s
Bticas.
- A Meseta viuse afectada pola oroxnese alpina. En primeiro lugar pasou a inclinarse cara
Atlntico, determinando a orientacin cara a este ocano de boa parte dos ros
peninsulares. En segundo lugar formronse os bordos montaosos da Meseta. No seu
bordo oriental pregronse os materiais plsticos depositados polo mar na era secundaria,
orixinando a parte oriental da cordilleira Cantbrica e o Sistema Ibrico. No bordo sur da
Meseta, o empuxe das cordilleiras Bticas levantou Serra Morena. Por ltimo, o zcolo da
Meseta, formado por materiais paleozoicos rxidos, experimentou fracturas e fallas. Estas
ltimas deron lugar chamada estructura xermnica, constituida por bloques levantados
ou rexuvenecidos (horst) e bloques afundidos (fosas tectnicas ou graben). Os bloques
levantados formaron o Macizo Galaico e as serras interiores da Meseta (Sistema Central
e Montes de Toledo), e os afundidos crearon as depresins interiores ou concas
sedimentarias da Meseta (as das submeseta norte e sur). As fallas tamn deron lugar
actividade volcnica en zonas como o Campo de Calatrava, Olot-Ampurdn e cabo de
Gata.
A partir dos movementos oroxnicos alpinos estableceuse a rede fluvial. Os ros erosionaron
fortemente as cordileiras novas, crearon raas (acumulacins de seixos s ps das montaas)
e colmaron as depresins interiores e exteriores da Meseta, que actualmente son zonas
practicamente chs.
Nesta era tamn orixinouse o conxunto de natureza volcnica das Illas Canarias, cando a
oroxnse alpina rompeu o fondo do Atlntico e, a travs das sas fracturas, ascenderon grandes
masas de rochas volcnicas que deron lugar s illas.
e) Durante a era cuaternaria (1,7 millns de anos ata a actualidade) producronse o
glaciarismo e a formacin de terrazas fluviais.
- O glaciarismo afectou s cordilleiras mis altas (Pirineos, cordilleira Cantbrica, Sistema
Central, Sistema Ibrico e Serra Nevada), dando lugar a glaciares de circo e de val.
Os glaciares de circo redcense cabeceira do val (circo). O xeo e o desxeo rompen as
rochas das paredes do circo, de modo que este faise cada vez maior e as sas formas fanse
ercarpadas. Na Pennsula, pola sa latitude, a maior parte dos glaciares foron de circo e
cando se fundiron os xeos orixinaron pequenos lagos.
Os glaciares de val frmanse cando a espesura do xeo acumulado no circo grande. Entn
o xeo das capas inferiores desprzase val abaixo. O xeo contn fragmentos rochosos que
escavan o val, dndolle a tpica forma de U. Tamn escavan pequenas cubetas que,
fundirse o xeo, se converten en lagos. Na Pennsula, s os Pirineos se viron cubertos por
unha potente capa de xeo, da que partan glaciares que crearon vales en U e lagos.
- A poca glaciar caracterizouse pola formacin de terrazas fluviais, antigos chans de
inundacin abandonados polo posterior encaixamento fluvial. As terrazas son froito das
alternancias climticas do Cuaternario: nos perodos galciais, atoparse a auga xeada nas
montaas, os ros perderon forza erosiva e depositaron aluvins no seu leito. Nos perodos
posglaciais, aumentar a temperatura e fundirse o xeo, creceron o caudal e a forza erosiva
dos ros, de modo que afondaron o seu leito e deixaron suspendidos s lados os aluvins
acumulados anteriormente, constitundose as as terrazas. Os sucesivos ciclos glaciais e
posglaciais do Cuaternario deron lugar a terrazas graduadas. Na Pennsula, as mis
caractersticas son as formadas polo Douro, o Texo, o Guadiana, o Guadalquivir e o Ebro.

Anda mungkin juga menyukai