Anda di halaman 1dari 6

ANEXO: LEXISLACIÓN AMBIENTAL

1.- INSTRUMENTOS DE XESTIÓN AMBIENTAL


Citamos agora os principais
instrumentos de xestión ambiental
dos que dispoñen os políticos que
rexen o medio natural e o equilibrio
ecolóxico dos países:

1.1.- A AVALIACIÓN DO
IMPACTO AMBIENTAL.-

A avaliación do impacto ambiental


(AIA): constitúe un proceso de
análise encamiñado a identificar,
predicir ou previr os efectos de
calquera proxecto sobre a saúde
humana ou sobre os ecosistemas
naturais. Trátase en resumo de
detectar previamente o impacto que
produce nun territorio un proxecto
antes de levarse a cabo. A avaliación do impacto ambiental é un procedemento administrativo
obrigatorio a partir do cal o organismo oficial poderá emitir un dictame chamado Declaración de
Impacto Ambiental (DIA) co que se permite ou se impide a realización de tal proxecto. Indicamos
no cadro da dereita as as fases da AIA. Na páxina seguinte amosamos a chamada Matriz de Leopold
utilizadas na AIA

83
Matriz de Leopold simplificada para unha
urbanización de baixa densidade

1.2.- ORDENACIÓN DO TERRITORIO.-

1.2.1.- Concepto e fases.-

A súa finalidade é planificar o uso racional do territorio dedicando cada zona á actividade máis
axeitada, ou dito en termos medioambientais, compatibilizar o uso do territorio co desenvolvemento
sostible. Mediante a Ordenación do Territorio se pretenden 3 finalidades:
• Determinar os lugares máis apropiados para trazar estradas, urbanizar, instalar industrias,
organizar cultivos, etc.
• Determinar os espacios naturais que deben ser protexidos.
• Elaboración os mapas de risco para a prevención dos danos
Os pasos necesarios para unha serían os que seguen:
• Dividir o territorio en Unidades Territoriais ambientalmente homoxéneas (xeolóxicas,
topográficas, botánica, paisaxística, de actividades humanas, etc.)
• Valorar a Capacidade de Acollida, é dicir a capacidade de asimilación dos impactos. Esta
capacidade de asimilación recóllese nunha Matriz de Capacidade de Acollida .
• A partir destes estudos se determina a vocación de cada Unidade Territorial

84
1.2.2.- A carta europea da Ordenación do Territorio.-

En Torremolinos, en maio do ano 1985 os responsables da Ordenación do Territorio de diversos


países asinaron unha carta onde se fixaron os principios fundamentais que rexen esta ordenación
Resumidamente os principios fundamentais deste carta serían:
• Potenciar as rexións de función agrícola, de montaña ou aquelas que por razóns históricas
estean en situacións de decadencias, tentado de garantir o desenvolvemento económico,
cultural, social e de benestar que impida o seu despoboamento.
• Potenciar os organismos de coordinación entre os estados nas zonas transfronteirizas.
• Políticas específicas de Ordenación do Territorio nas zonas costeiras e baixas onde a
industria turística e a concentración industrial esixen políticas de protección
medioambiental.
• Controlar e racionalizar o crecemento urbano.

1.3.- OUTRAS MEDIDAS DE XESTIÓN AMBIENTAL

1.3.1- Medidas legais.-

Trala promulgación pola U.E. da “Acta Única” (1987) e a posta en marcha do V Programa
Marco (1993), a Comunidade Europea ten unha base lexislativa medioambiental para os seus
membros de obrigado cumprimento nos seguintes aspectos: contaminación da auga, residuos,
contaminación do aire, avaliación do impacto ambiental, ordenación do territorio e conservación da
natureza. O goberno do Estado Español é responsable do cumprimento destas leis. Tamén as
comunidades autónomas son responsables da coordinación da lexislación europea no seu propio
territorio.
As principais leis de carácter medioambientais do Estado Español son: Lei sobre a Protección do
Medio Ambiente Atmosférico; Lei de Augas; Real Decreto Lexislativo sobre Avaliación do
Impacto Ambiental; etc. Ademais tense reformado o Código Penal coa introducción de artigos
relativos a delictos contra o medio ambiente (os chamados delictos ecolóxicos), os delictos contra a
protección da Flora e a Fauna e os delictos relacionados cos incendios forestais.

1.3.2- Axudas financeiras e fiscais.-

• Dentro das axudas financieinas podemos citar: Créditos brandos, os Fondos de Cohesión
e os Programas de Acción (investigación científica I+D). A comunidade Europea da moita
importancia aos proxectos de investigación para o desenvolvemento de novas tecnoloxías
relacionadas co medio ambiente: cambio climático, relación entre economía e medio
ambiente, enerxía renovables, tecnoloxías limpas, sistemas de depuración etc.
• En canto ás axudas fiscais, son de dous tipos:
 De desgravacións que permiten deduccións fiscais para empresas con tratamento ou
corrección de impactos ambientais.
 De imposición ou ecotaxas co que se traslada ás empresas os custos dos vertidos ou os
impactos ambientais que producen.

1.3.3.- Ecoauditorías e Ecoetiquetas.-

Son outros dos mecanismos utilizados na procura da eficiencia ecolóxica.


• As ecoauditorías son avaliacións periódicas das actividades dunha empresa co fin de
detectar o grao de respecto do medio ambiente. As empresas que acaden os obxectivos
ambientais reciben un logotipo que poderán usar con fins publicitarios.

85
• As ecoetiquetas son as etiquetas que garanten que un producto es respectuoso co medio
ambiente en todas as súas fases: obtención de materias primas, producción, distribución,
uso e eliminación de residuos.

2.- ACORDOS INTERNACIONAIS.-

No decurso do ano temos citado Cumios, Convenios ou Acordos


internacionais de carácter ambiental que agora citamos reunidos:

2.1.- Hidrosfera

O máis importante relacionado co tema é a Conferencia da Auga das


Nacións Unidas (Mar da Prata, 1977) onde se fixo por primeira vez
unha avaliación da situación dos recursos hídricos a nivel mundial.
Outro convenio de importancia foi a Convención das Nacións Unidas
sobre o Dereito do Mar (UNCLO), asinado en Xamaica no ano 1982
Citaremos máis adiante Convenio de Ramsar (1971) para a protección dos humedais de
importancia internacional como hábitats de aves acuáticas.

2.3.- A erosión do solo e a desertización

El convenio internacional fundamental na loita contra a desertización procede da “Convención


das Nacións Unidas de Loita contra a desertificación” que se celebrou en París no ano 1994.
Lembraremos que na Conferencia das Nacións Unidas sobre Medio e Desenvolvemento, (1992)
máis coñecida polo nome de Cumio de Río, asináronse 4 documentos fundamentais que abranguen
os eixes de actuación prioritarios na defensa do medio ambiente, entre eles unha Declaración sobre
bosques para a defensa do patrimonio forestal. (Os outros referírense á Biodiversidade, ao cambio
climático e ao desenvolvemento social).

2.4.- A erosión ou perda de biodiversidade

NO MARCO DAS NACIÓNS UNIDAS:

• Podemos considerar a Conferencia da Biosfera organizada pola UNESCO en París no ano


1968 como o primeiro convenio que aborda o tema da preservación da biodiversidade.
Nesta conferencia que abordou o problema do esgotamento dos recursos naturais creou o
chamado programa MAB (Man and Biosphere) que pretendía facer compatible a
obtención de recursos naturais e a conservación do medio. Tamén propuxo a creación das
nomeadas Reservas da Biosfera das que falamos con anterioridade.
• Outro intre fundamental na protección da Biodiversidade dáse na Conferencia das
Nacións Unidas sobre Medio e Desenvolvemento, (1992) máis coñecida polo nome de
Cumio de Río. A este cumio acudiron 178 países representados polas máximas
autoridades. Asináronse 4 documentos fundamentais que abranguen os eixes de actuación
prioritarios na defensa do medio ambiente (entre eles o da protección da Biodiversidade).
Outros eixes son, como vermos maia adiante: o convenio sobre cambio climático, a
declaración sobre bosques e a Axenda 21.
• No mesmo ano, 1992 asínase en Nairobi o “Convenio sobre a Diversidade Biolóxica”
(CDB).
• Outros convenios:
 Convenio de Ramsar sobre os humedais de importancia internacional especialmente
como hábitats de aves acuáticas. Ramsar, 1971

86
 Convención sobre el comercio internacional de Especies de Fauna y Flor silvestre en
Perigo. Washington, 1973.
 Convenio sobe la conservación de especies migratorias de animais salvaxes.
Bonn,1979

NO MARCO EUROPEO
O Consello das Comunidades Europeas aprobou no ano 1992 a Directiva 92/43/CEE, relativa á
conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestre, e que se coñece tamén co nome de
Directiva hábitat . A Directiva hábitats representa actualmente, coa Directiva das Aves, o
instrumento máis importante de aplicación en todo o territorio da Unión Europea (UE) para a
conservación dos hábitats, das especies e da biodiversidade. Para o cumprimento deste obxectivo
global a directiva establece a creación da rede Natura 2000 para a conservación dos hábitats
naturais e dos hábitats das especies. Natura 2000 componse de dous tipos de espacios:
• Zonas especiais de conservación (ZEC)
• Zonas de especial protección para as aves (ZEPA)
Previamente a esta designación, é preciso que a Comisión, de conformidade cos estados membros,
clasifique como lugares de importancia comunitaria (LIC) os espacios propostos.

2.5.- A destrucción da capa de ozono

O primeiro convenio ara a Protección da Capa de Ozono, asínase en Viena en 1985.


Posteriormente, no ano 1987, perante os avisos dos científicos, 36 países asinaron o Protocolo de
Montreal no que se comprometían a conxelar a producción de CFCs a longo prazo e dábase prazos
máis curtos para diminuíla. Segundo un informe da PNUMA (organismo das Nacións Unida para o
Medio Ambiente) a producción de CFCs diminuíu dende máis de un millón de Tm en 1986 ata
160000 Tn no 1996. Non obstante, pénsase que a capa de ozono non poderá recuperarse ata o ano
2050

2.6.- O cambio climático inducido

Os avisos da comunidade científica sobre o risco do incremento térmico planetario levou á


comunidade internacional ao establecemento do Protocolo de Kioto, asinado nesta cidade nipona
no ano 1997. O seu obxectivo básico é reducir as emisión de CO2 de dos outros gases de
invernadoiro nos países desenvolvidos unha media de 5,2% anual ata o ano 2012 con respecto ás
emisións do ano 1990. Coa finalidade de facilitar esta reducción das emisións se tomaron unha serie
de medidas como a compravenda de emisións (comerzo de cotas), a invitación aos países
desenvolvidos a investir en proxectos de desenvolvemento sostibles nos “non desenvolvidos” e a
consideración de sumidoiros de CO2 en que se incrementan os dereitos de emisión a cambio de
reforestar. Outros cumios sobre o cambio climático celebrados na Haia (2000), Bonn (2001),
Johannesburgo (2002) , ou Montreal (2005), avanzaron na política marcada en Kioto.

Lembremos que anteriormente, na Conferencia das Nacións Unidas sobre Medio e


Desenvolvemento, máis coñecida polo nome de Cumio de Río (1995) asináronse 4 documentos
fundamentais que abranguen os eixes de actuación prioritarios na defensa do medio ambiente entre
eles un Convenio sobre o cambio climático.

2.7.- O desenvolvemento sostible

En 1968 reúnese en Roma un grupo de educadores, economistas, científicos e industriais para


debater sobre o futuro da humanidade que ao pouco tempo convértense no nomeado Club de Roma.

87
As súas conclusións publícanse nun libro chamado “Os límites do crecemento” que debuxaba un
negro panorama para o planeta: a contaminación e esgotamento dos recursos provocarían, na
primeira metade do século XXI. Propugnaba o Club de Roma un modelo de desenvolvemento
conservacionista que se basea na detención do desenvolvemento económico (o que veu en
chamarse de “Crecemento Cero”) como única solución aos males do planeta.
Vinte anos despois a Asemblea Xeral das Nacións Unidas crea a Comisión Mundial para o Medio
Ambiente e o Desenvolvemento que tras máis de tres anos de traballos crea o que se chamou
“Informe Brundatland” onde se propón unha alternativa ao conservacionista “Crecemento Cero”
denominada Desenvolvemento sostible e que se define como un camiño de progreso social e
económico que resolva as necesidades do presente sen comprometer a capacidade das xeracións
futuros de satisfacer as súas.

Lembremos unha vez máis que na Conferencia das Nacións Unidas sobre Medio e
Desenvolvemento, máis coñecida polo nome de Cumio de Río (1995) . A este cumio acudiron 178
países representados polas máximas autoridades. Asináronse 4 documentos fundamentais que
abranguen os eixes de actuación prioritarios na defensa do medio ambiente entre eles a nomeada
Axenda 21, que constitúe un plan de acción que a partir do análise dos problemas económicos,
políticos e sociais, propón medidas e estratexias para avanzar cara o desenvolvemento sostible.
Posteriormente numerosos concellos europeos asinaron a Carta de Aalbourg (1997) no que se
comprometen a elaborar unha Axenda Local para concretar os acordos de Río nos seus respectivos
ámbitos.

2.8.- Outros.-

Na conferencia de Estocolmo, en 1972, organizada polas Nacións Unidas perante a alarma creada
polo informe do Club de Roma creouse o chamado PNUMA (Programa das Nacións Unidas para o
Medio Ambiente) que o marco que orienta todas as actividades medioambientais da ONU. Neste
programa asináronse numerosos tratados para a protección da vida salvaxe.

Na conferencia de Tiblisi (1977) se sentaron as bases para a promoción da educación ambiental


cara a creación dunha conciencia sobre os impactos que as nosas actividades persoais producen
sobre o medio.

88

Anda mungkin juga menyukai