Anda di halaman 1dari 22

UNIDADE 8 : RECURSOS II: RECURSO HÍDRICOS E

BIOLÓXICOS.
1.- OS RECURSOS HÍDRICOS.-
1.1.- INTRODUCCIÓN: A INTERVENCIÓN HUMANA NO CICLO DA AUGA.-

Xa comentamos no primeiro trimestre as


características xerais da hidrosfera do noso planeta:
a distribución das augas e a súa dinámica no
chamado ciclo hidrolóxico. Evidentemente a
extracción da auga para o consumo conduce, en
determinados casos, a sobreexplotación dos
acuíferos ou a detracción da auga fluvial que pode
alterar o balance hidrolóxico das cuncas e producir
un déficit, poñendo en grave risco o subministro de
auga tanto aos fogares como para o rego ou a
industria. Por todo iso cómpre medidas de
planificación hidrolóxica, de aforro do consumo e Consumo de auga por continentes
de procuras de novas tecnoloxía antes de que o
incremento da poboación mundial converta este recurso en algo realmente escaso. De todo iso
falaremos nas próximas preguntas.

1.2.- OS USOS DA AUGA.-

Dividimos os usos da auga, segundo a posibilidade da súa utilización tralo uso, en dous grandes
grupos:
• Usos consuntivos: que so permiten o uso unha vez: auga destinada a usos industriais,
agrícolas ou domésticos.
• Usos non consuntivos: que permiten logo a súa utilización: enerxéticos, recreativos e
ecolóxicos.

1.2.1.- Usos consuntivos.-

USOS AGRÍCOLAS.- Constitúe a principal demanda de auga no planeta acadando unha media
do 65% no consumo mundial.
Utilízase fundamentalmente para Consumo de auga no Mundo e en España
rego. O seu consumo depende de
tipo de solo, do tipo de cultivo, do
clima, do grao de mecanización, e
tamén da racionalidade do seu uso
é dicir da eficacia no seu consumo.
Neste sentido suponse unha
eficacia media dun 40% debido a
Mundial España
perda de auga por evaporación,
perdas por canalizacións en mal estado, etc.

INDUSTRIAIS.- As industrias utilizan a auga con distintas finalidades como temos visto: como
materia prima (industrias químicas), como axente refrixerante (industrias enerxéticas), como
depósito de vertidos, como medio de limpeza, como sistema de transporte, etc. A utilización
industrial supón unha porcentaxe que acada case a cuarta parte do consumo mundial da auga.
5
URBANOS.- Son aqueles relacionados cos fogares, o
comercio ou os servizos públicos. Esta auga procede dos
encoros (daquela debe ser sometida a tratamento) ou dos
acuíferos subterráneos, con menos probabilidade de estar
contaminados. A cantidade de auga que a humanidade
destina a estes fines corresponde a menos da décima
parte do consumo total aínda que este consumo e máis
importante segundo o grao de desenvolvemento
industrial dos países.

1.2.2.- Usos non


consuntivos.-

ENERXÉTICOS.- A auga é un elemento fundamental na


produción de enerxía eléctrica de tipo hidráulico, pero non
convén esquecer a súa utilización como refrixerante tanto nas
centrais térmicas como nas nucleares. Normalmente a auga
trala súa utilización presenta índices de calidades axeitados
para a súa reutilización.

OCIO.- Existen usos como a navegación e outros deportes náuticos que non adoitan producir
perda da calidade da auga e outros usos máis negativos, como é en piscinas, que esixen unha
ordenación .

USOS ECOLÓXICOS.- Estes usos teñen como obxectivo manter un caudal mínimo ou garantir
a recarga dos acuíferos. A intervención humana na dinámica hídrica do sistema cunca implica
por un lado a construción de encoros que regula a circulación das augas superficiais, e, asemade,
o consumo de auga tanto das reservas superficiais como das subterráneas. Ambas as dúas
circunstancias modifican os resultados do balance hídrico da cunca producindo sempre a
diminución dos caudais da cunca hidrográfica. De todo isto deriva a idea de que toda xestión de
recursos hídricos esixe establecer un caudal mínimo que permita manter o ecosistema fluvial: ese
caudal mínimo adoitase nomear como caudal de conservación ou caudal ecolóxico.
Normalmente, en recursos fluviais os recursos ecolóxicos supoñen o 10% do total.

1.3.- A XESTIÓN DA AUGA: A PLANIFICACIÓN HIDROLÓXICA.

As practicas actuais no consumo de auga conducen a unha situación insostible que nos leva a
escaseza deste elemento. Velaí a necesidade de planificar os usos e demandas actuais de auga en
todos os sectores. A planificación hidrolóxica pretende daquela a ordenación dos usos da auga, o
aumento da eficiencia dos mesmos e o aporte de solucións de carácter técnico cando existan
outras posibilidades de facer fronte ás demandas. Podemos dividir as medidas de planificación
hidrolóxica en dous grandes grupos:
• As baseadas na redución no consumo: son as prioritarias desde un punto de vista do
desenvolvemento sostible
• As solucións de carácter técnico: normalmente producen impactos e so deben poñerse
en marcha trala tomas das medidas de aforro que sexan posibles
Ademais cómpre unha actuación sobre os cursos superficiais e dos acuíferos que eviten as perdas
e o dilapido e controlen a extracción da auga e tamén desenvolver acordos de carácter político
internacional e mellorar a ordenación dos organismos encargados da xestión das augas.
Vexamos:

6
1.3.1.- A redución do consumo.-

A base de calquera planificación hidrolóxica pasa pola redución do consumo acadada pola
promoción do aforro e na mellora da eficiencia no gasto da auga. A redución do consumo debe
abranguer aos tres sectores de usos
consuntivos: agrícola, industrial e
doméstico.
A REDUCCIÓN DO CONSUMO
AGRÍCOLA.- Poderiamos resumilos
nos seguintes procesos:
• Cambios nos sistemas de rego:
aplicando modernas técnicas
como rego por impulsos (máis a) sistema de rego en sucos
con eficiencia do 50%
eficientes que o rego continuo) b) Sistemas de rego por goteo
ou o rego por goteo no que a con eficiencias do 90%
auga se reparte mediante unha
rede de condutos porosos semienterrados e contacto coas raíces.
• Mellora na xestión e eficiencia no consumo de auga na distribución, e no control do
abastecemento e unha política de tarifas que impida o dilapido, etc. Neste sentido tense
demostrado que o custo máis caro da auga favorece claramente o seu aforro.

REDUCCIÓN DO CONSUMO NA INDUSTRIA.- Vexamos algunhas medidas:


• Reutilización e reciclado da auga de refrixeración ou utilización de sistemas pechados.
• Mellora dos deseños que impidan as perdas nas conducións
• Incentivos económicos para as industrias que reduzan as súas necesidades de auga pola
promoción de tecnoloxías de baixo consumo.

REDUCCIÓN DO CONSUMO URBANO.-


• Meirande utilización de instalacións de baixo consumo: electrodomésticos, cisternas, billas,
etc.
• Política de prezos da auga máis acordes co seu verdadeiro custo. O obxectivo é levar a unha
valoración máis axeitada da auga polo consumidor.
• Desenvolvemento dun paixasismo xerofílico no deseño de xardíns e parques, substituíndo o
céspede por plantas ou arbustos con menor requirimento de auga.
• Reutilización das augas residuais domésticas, previa depuración, para rego de xardíns e
parques.
• Educación ambiental na escola ou mediante campañas de sensibilización cidadá que leve a
adquisición de hábitos máis eficientes e racionais no consumo de auga.

A XESTIÓN SOSTIBLE DA AUGA

 Realizar estudos previos para coñecer a demanda real de auga na nosa sociedade.
 Dar prioridades as medidas que supoñan a mellora na eficiencia ou o aforro fronte as medidas de
tipo técnico como transvasamentos ou plantas de desalagado.
 Tarifar o consumo de xeito realista, valorando o custe real da auga e desincentivando o dilapido.
 Actuacións sobre os cursos superficiais: encamiñadas a facilitar a circulación da auga evitando
estancamentos e perdas por evaporación. Inclúen a recuperación de pendentes eliminando
aterrazamentos, a revexetación mediante a creación de bosques de ribeira que incrementen a
retención da auga e canalizacións para evitar enchentes e avenidas.
 Control da explotación dos acuíferos.- Cómpre exercer un control rigoroso nos procesos de
explotación dos acuíferos para evitar a sobreexplotación e a salinización.
 Se a sobreexplotación ten chegado a niveis irreversibles, proceder a procesos de recheo con auga
transvasada se o terreo presenta características de permeabilidade axeitadas.

7
1.3.2.- Solucións de carácter técnico.-

Unha vez establecidas medidas de diminución do consumo, a técnica debe procurar solucións
que permitan o recurso a fontes hidráulicas que permitan fornecernos deste elemento. Son dúas:
• Transvases: consisten en exportar auga dende unha cunca con excedente a outra con déficit
por medio de canais. Incrementa as perdas de auga por evaporación e produce impactos
ecolóxicos nos ecosistemas das ribeiras e das desembocaduras.
• Desalinización das augas do mar: a súa finalidade é obter auga potable a partir de auga
salgada ou salobre e pare elo é necesario extraer as substancias que leva disoltas. O problema
das plantas desalgadoras é o alto consumo de enerxía. Ademais está o problema do impacto
da salmoira producida e os indubidables impactos estéticos. Ademais, as desalgadoras so
sirven como solución para
as zonas situadas próximas
ao litoral, ou para
responder a unha demanda
forte nun intre
determinado. Na seguinte
pregunta desenvolvermos
esta tecnoloxía.
Desalgado por evaporación multietapa
1.3.3 .-Procedementos de
desalinización.-

PROCEDEMENTOS TÉRMICOS.- Son os mais útiles para desalinizar grandes cantidades de


auga mariña para abastecer cidades de certo tamaño. O proceso de separación das sales baséase
na evaporación da auga e a súa posterior conversión en auga por condensación. A auga obtida é
tan pura que cómpre engadirlle certas sales para facela potable e ademais modificar a súa acidez
e dureza. Existen tres técnicas empregadas:
• Evaporación de múltiple efecto (ME): consiste en evaporar a auga en varias etapas,
utilizando primeiro unha enerxía externa, e logo a calor latente de condensación do vapor.
• Evaporación multietapa (MSF): Por medio dunha serie de evaporadores que funcionan a
distinta presión. O vapor formado ascende á parte superior (condensador) onde arrefría sobre
unha serie de tubos por onde circula a salmoira que vai pasando ao longo de varias cámaras
ata retornar ao mar.
• Compresión por vapor: diferenciase da anterior pola utilización dun compresor par aumentar
a temperatura á que se somete a auga para que se evapore.

FILTRACIÓN MEDIANTE MEMBRANAS: Cona utilización dunha membrana. Poden ser:

• Osmose inversa que é un mecanismo de alta presión baseado en técnicas osmóticas. A


separación da auga da sal realízase a través de membranas semipermeables que permiten o
8
paso da auga pero invertendo o proceso de osmose natural: pola aplicación dunha presión
superior á presión osmótica que comprima contra a membrana a auga salgada facendo que
esta pase ata o outro lado da membrana convertida en auga desalgada.
• Electrodiálise: proceso de separación iónica que se realiza empregando membranas sucesivas
separadas por uns poucos milímetros. Co concurso de campos eléctricos provócase a
migración de ións que se van seleccionando a media que pasan as membranas. Úsase para
pequenas cantidades de auga de mar ou de baixa salinidade e para ser utilizada na
agricultura.

1.3.4.-A xestion sostibles


das cuncas.-

Debemos realizar un
control rigoroso sobre as
Ósmose inversa
nosas reservas de augas
tanto superficiais como
subterráneas seguindo os
seguintes eixes fundamentais:
• Realizar estudos previos para coñecer a demanda real de auga na nosa sociedade.
• Dar prioridades as medidas que supoñan a mellora na eficiencia ou o aforro fronte as
medidas de tipo técnico como transvasamentos ou plantas de desalagado.
• Tarifar o consumo de xeito realista, valorando o custe real da auga e desincentivando o
dilapido.
• Actuacións sobre os cursos superficiais: encamiñadas a facilitar a circulación da auga
evitando estancamentos e perdas por evaporación. Inclúen a recuperación de pendentes
eliminando aterrazamentos, a revexetación mediante a creación de bosques de ribeira que
incrementen a retención da auga e canalizacións para evitar enchentes e avenidas.
• Control da explotación dos acuíferos.- A sobreexplotación dos acuíferos, é dicir a
extracción de cantidades de auga superiores aos aportes, pode levar ao seu esgotamento e
mesmo a perigosos procesos de subsidencia e afondamentos de terreos. Ademais, se os
acuíferos están situados preto do mar, pódese producir a súa salinización tal como
veremos máis adiante. E por iso que cómpre exercer un control rigoroso nos procesos de
explotación dos acuíferos e se a sobreexplotación ten chegado a niveis irreversibles,
proceder a procesos de recheo con auga transvasada se o terreo presenta características
de permeabilidade axeitadas que eviten unha perda excesiva por evaporación

1.3.5.- Acordos políticos internacionais.- Falaremos en temas futuros as conferencias


internacionais sobre medio ambiente, pero cómpre lembrar agora a máis importante relacionado
co tema: trátase da Conferencia da Auga das Nacións Unidas (Mar del Plata, 1977) onde se fixo
por primeira vez unha avaliación da situación dos recursos hídricos a nivel mundial.

1.4.- OS RECURSOS HÍDRICOS EN Zonas peninsulares excedentarias, equilibradas e deficitarias


ESPAÑA E A SÚA XESTIÓN.

1.4.1.- Balance hídrico peninsular.-

O home actúa sobre este ciclo pola


extracción de auga para o consumo
doméstico, industrial e agrícola de tal
xeito que o balance hídrico en España e
negativo como consecuencia dun
excesivo consumo de auga. Existe un
9
déficit de orde de 3000 hm3 aínda que existen diferenzas entre unha cuncas e outras e por iso
dunhas comunidades a outras (velaí a xustificación dos transvases). Ademais na península
alternan períodos de seca con períodos máis húmidos ,polo que este déficit aumenta en períodos
de seca que se repiten de forma cíclica e que teñen posto en serio perigo o abastecemento de
auga en grandes zonas do Estado. En cuanto as diferenzas entre as zonas peninsulares no
gráficos amosamos as distintas zonas:
• Deficitarias: sobre todo no sueste
peninsular e en Castilla La Mancha
aínda que practicamente todo o leste
peninsular ao sur do Ebro presenta
déficit.
• Excendentarias: corresponde sobre
todo ao norte peninsular.
• Equilibrada: corresponde á metade
oeste española.
Como consecuencia deste distribución
do déficit hidrolóxico existe na Trasvases
actualidade un sistema de transvases actuais
entre cuncas hidrográficas que
amosamos no debuxo e que supón sobre
todo o transvase de augas do Teixo cara ao sur ao Xúcar e Segura e tamén a cunca do Guadiana
que asemade recibe aporte da cunca do Guadalquivir. Tamén ten importancia o transvase do
Ebro cara a cuncas do Norte e Cataluña.

Existe un forte debate no país sobre a xestión da auga no Estado. O Partido Popular elaborou un
Plan Hidrolóxico (que foi retirado posteriormente polo goberno Socialista) no que se
proxectaban novos transvases entre cuncas. Especialmente controvertido foi o transvase de augas
do Ebro cara ás cuncas do Levante o do Sur que xerou fortes protestas dentro das Comunidades
de Aragón e Cataluña, e entre agrupacións ecoloxistas que adoitan criticar ao Plan debido aos
aspectos que citamos:
• A falta dun estudio integral das necesidades hidrolóxicas.
• A falta dunha reflexión sobre a racionalidade da demanda
• A ausencia de estudios de avaliación ambiental.
• A ausencia dunha política tarifaria realista
• O impacto sobre os ecosistemas do Ebro e sobre os procesos sedimentarios no delta.
A alternativa elaborada polo goberno socialista propón dar prioridade as medidas de aforro e
mellor da eficiencia, e , asemade, a renuncia ao transvase e plantea solucionar o problema coa
reutilización da auga das depuradoras e coa construción dunha rede de estacións desalgadoras na
costa mediterránea.Nos últimos tempos volve a valorarse a posibilidade de potenciar os
transvasamentos cun novo na cunca extremeña do Teixo para levar auga ao Guadiana e o Xúcar,
cuncas na actualidade extremadamente deficitarias e para
as que o desalgado non semella a solución.
O transvase de augas do
Ebro cara a cuncas do sur
contemplado no derogado
1.4.2.- A xestión política da auga en España.-
P.H.N.
• A Lei fundamental na xestión hídrica no Estado
corresponde a Lei de Augas aprobada polo órgano
lexislativo do Estado, é dicir polas Cortes Xerais.
Recentemente tense derrogado o PHN (Plan
Hidrolóxico Nacional) que tivo algúns problemas
nos organismos da Comunidade Europea
responsables da xestión ambiental e que foi citado
10
por organismos vinculados o Convenio de Ramsar sobre a protección dos humidais polo seu
posible impacto no Delta do Ebro.
• A acción do Goberno realízase polo Consello de Ministros do Estado, en especial polo
Ministerio do Medio Ambiente, e tamén polos gobernos das distintas Comunidades
Autónomas. Tamén tense constituído a chamada Dirección Xeral de Calidade das augas que
pretende preservar e restaurar a calidade do medio hídrico.
• Existe o Consello Nacional de Augas que é un órgano consultivo (non lexislativo nin
executivo) que aconsella ou propón liñas de investigación para conservar, recuperar ou
economizar auga.
• Dende 1926 existen as Confederacións Hidrográficas de Cunca (que pasaron a denominarse
Organismos de Cunca) Existen dez Confederacións Hidrográficas que xestionan a hidroloxía
peninsular con atribucións que son reguladas pola Lei de Augas. Estas dez confederacións
con cadanseu organismo de cunca son : Norte, Douro, Teixo, Guadiana, Guadalquivir, Sur,
Segura, Xúcar, Ebro e Perineo oriental. No ano 2008 dividiuse a Cunca do Norte para
constituír a Cunca do Miño-Limia cuxa se
estaría en Ourense, pasando o resto a
chamarse Cunca Cantábrica.

1.4.3.- A xestión política da auga en Galicia.

Na actualidade a Xunta de Galicia xestiona


por medio do organismo chamado “Augas de
Galicia” o que se chama a Cunca Galicia-
Costa, é dicir, os ríos que discorren por
completo dentro da comunidade galega (o
47% da nosa superficie). Aínda que os ríos
Miño e Limia circulen na súa totalidade por
territorio galego, algúns dos seus afluentes
(como o Sil no caso do Miño) reciben auga de
Asturias ou Castela-León, polo que son xestionados pola Confederación Hidrográfica do norte,
con sé en Oviedo. Non entanto, a inminente creación e posta en marcha da nomeada
“Confederación Hidrográfica de Galicia”, cuxa probable sé estará en Ourense, permitirá a
Galicia xestionar desde o punto de vista hidrográfica toda a superficie do seu territorio.

2.- RECURSOS BIOLÓXICOS.-


Recursos biolóxicos son aqueles que teñen a súa orixe na biosfera. Estes recursos biolóxicos
son: a agricultura, a gandería, os recursos forestais, a pesca e as reservas de biodiversidade. De
entre eles, todos menos a pesca teñen unha grande dependencia
do solo.

2.1.- O SOLO COMO RECURSO: OS USOS DO SOLO.-

O solo é o elemento básico na procura de recursos alimenticios


agrícolas e gandeiros e asemade dos recursos forestais. Daquela
poderiamos clasificar os usos do solo en:
• Agrícolas: normalmente son os máis fértiles e
desenvolvidos, e caracterízanse polas súas boas
propiedades de estrutura e textura, acidez, capacidade de
retención da auga, etc. Son ademais solos “humanizados”
é dicir, alterados pola actividade humana que modifica
as súas propiedades, corrixindo a súa acidez,
11 Uso do solo en España
modificando a súa estrutura, engadíndolle nutrientes, incrementando a súa humidade co
rego, etc. Ademais nos solos agrícolas os alimentos non completan o seu ciclo biolóxico
xa que os produtos son recollidos exportándose a biomasa do sistema. Dentro dos solos
agrícolas distinguimos segundo a utilización de regos os cultivos de secaño e os de
regadío.
• Forestais: so solos de certa calidade e grao de desenvolvemento e supoñen un estado
avanzado da sucesión ecolóxica; adoitan ser, sen embargo, menos esixentes que os solos
dedicados á agricultura. Nestes solos a intervención humana é menor.
• Praderías (uso gandeiro): adoitan ser solos con menor grao de desenvolvemento e con
elevado contido en auga. Existen sen embargo pastos secos (estepas do interior).
• Solos improdutivos. Son pouco desenvolvidos ou moi degradados nos que practicamente
non existe vexetación. Tamén se consideran improdutivos os solos dedicados a
asentamentos humanos tanto para o asentamento de poboacións urbanas como a
instalación de zonas industriais ou de vías de comunicación.
• Solos para o ocio : nos últimos tempos medran os espazos naturais dedicados ao ocio o u
lecer, a realización de actividades deportivas e de contacto coa natureza, o turismo
ecolóxico
• Reservas de biodiversidade:. Tamén medran os espazos con algún tipo de protección polo
seu interese ecolóxico ou de mantemento da diversidade: Lugares de Importancia
Comunitaria (LICS), Zonas de Protección Especial de Aves (ZEPAS), Humidais de
importancia internacional, Sitios Naturais de Interese Nacional, Zonas de protección de
especies, Parques Nacionais, Monumentos Naturais, etc.

2.2.- A AGRICULTURA.-

2.2.1.- Evolución histórica .-

Desde moi antigo o ser humano controlou as fontes de alimentos mediante a domesticación de
animais e a utilización controlada de sementes e plantas. As pequenas explotacións agrícolas que
existiron desde o Neolítico ata comezos do século XX tiñan como finalidade a manutención
familiar, mantendo un equilibrio entre a obtención dos produtos da terra e a conservación do
medio. Progresivamente, e en especial no último século, produciuse unha mecanización nas
labras que levaron a un maior rendemento. A partir do 1950 prodúcese un incremento mundial
na produción dos alimentos no que se denominou a revolución verde debido a introdución
xeneralizada en todo o mundo da maquinaria agrícola e a aplicación masiva de fertilizantes
químicos e de praguicidas. Esta revolución se presentou como unha posible solución á
problemática da fame en determinados países do mundo, especialmente nos chamados países en
vías de desenvolvemento, pero xerou unha serie de consecuencias negativas: o alto consumo de
auga, a contaminación cos fitosanitarios (pesticidas e fertilizantes) e a creación de dependencia
tecnolóxica dos países menos desenvolvidos.

Tense debatido moito, como veremos máis adiante, sobre o futuro da agricultura e os efectos
ambientais que producirán o seu necesario medre para alimentar a unha poboación en
crecemento demográfico descontrolado, ou mesmo da imposibilidade do planeta para manter a
poboación se a demografía mantense como ata o de agora. O control demográfico e as melloras
na tecnoloxía da alimentación pode ser o único vieiro posible.

2.2.2.- Tipos de agricultura.-

De xeito xeral podemos distinguir dous tipos de agricultura tradicional e agricultura intensiva.
Cómpre non esquecer tampouco as modificacións nas técnicas agrícolas producidas pola
introdución de novas tecnoloxías que teñen producido as modernas instalacións de cultivos de
12
invernadoiro, cultivos hidropónicos, e a revolución que se albisca para o futuro cos produtos
transxénicos.

AGRICULTURA TRADICIONAL E AGRICULTURA INTENSIVA.- Vexamos agora as


diferenzas entre ambas agriculturas:

Agricultura tradicional.-
• Cultivo simultáneo de diversas especies (policultivos) o que favorece o equilibro e o
mantemento dos nutrientes.
• Rotación de cultivos, deixando unha parte dos campos en repouso (barbeito) para
permitir que o solo se rexenere.
• Uso de ferramenta e maquinaria rudimentaria.
• Uso de fertilizantes de orixe natural
• Sistemas de rega máis racionais pola adaptación dos cultivos aos recursos hídricos.
Agricultura intensiva:
• Dedicase normalmente a un só tipo de cultivo (monocultivo) do que se obteñen varias
colleitas ao ano.
• Maior consumo de auga nos sistemas de rega con auga obtida dos acuíferos ou de orixe
fluvial de onde chega a través de canles de rega.
• Utilización de maquinaria agrícola para a semente, o cultivo, a recolleita para o transporte
dos produtos.
• Utilización intensiva de praguicidas para a eliminación de insectos, malas herbas ou
fungos, co correspondente efecto contaminante.
• Utilización de fertilizantes de orixe química como os nitratos, os fosfatos e as potasas,
tamén de forte impacto contaminante.
• Utilización de especies melloradas, especialmente no campo dos cereais con menos
esixencias e máis alta produtividade.

Obviamente a agricultura intensiva e moito máis agresiva co medio ambiente, aínda que de
maior rendibilidade pola súa capacidade de producir alimentos a máis baixo custo. A agricultura
tradicional e, pola contra, máis respectuosa co medio ambiente pero a súa produtividade é menor,
os custos máis elevados, e a capacidade competitiva, menor.

AS NOVAS TECNOLOXÍAS NA ALIMENTACIÓN.-En tempos recentes estanse a producir


cambios que están a producir novas forma de agricultura como as que agora amosamos:
• Os cultivos de invernadoiros especialmente en plantas ornamentais e hortalizas nas que
as plantas se cultivan en condicións óptimas de temperatura, humidade e nutrientes.
• Os cultivos hidropónicos: realizados en substratos artificiais e nos que os nutrientes se
subministran coa auga de rega.
• Os cultivos transxénicos. Plantas nas que se introduce no seu ADN uns o varios xenes
coa finalidade de dotar ao cultivo unha características desexada: resistencia ás pragas,
tamaño, propiedades de sabor ou conservación, etc. Esta nova revolución verde que se
producirá pola xeneralización dos chamados cultivos transxénicos (organismos
xeneticamente mellorados :OXM) ten provocado unha forte controversia diante dos seus
efectos: o incremento da dependencia diante dos países máis desenvolvidos, os perigos
para a biodiversidade e mesmo os riscos para a saúde humana. Sen embargo tense
defendido a súa utilización debido a súa capacidade de incrementar a produtividade das
colleitas supoñendo unha posible solución ao fame no mundo ou a posibilidade de
diminuír o uso de pesticidas, praguicidas e fertilizantes, diminuíndo o impacto ambiental
destes produtos.

13
• A agricultura ecolóxica: consiste nunha serie de medida que impidan o uso de produtos
non biolóxicos nos cultivos: elección dos produtos máis axeitados para a zona de cultivo,
non utilización de produtos químicos como fertilizantes e praguicidas, utilización de
insectos predadores para combater ás pragas, etc. Esta agricultura moito máis respectuosa
co medio ten o problema de presentar pouca produtividade polo que os produtos
ecolóxicos que producen son máis caros.

2.2.3.- Os impactos da agricultura.-

As prácticas agrícolas, sobre todo ás vencelladas á agricultura extensiva produce impactos


ambientais importantes que serán estudados en outra parte da materia pero que podemos citar
agora de xeito resumido:
• Escaseza da auga polo abuso do rego cando o consumo de auga supera a capacidade de
rexeneración dos acuíferos ou dos encoros. Cómpre recordar que o máximo consumo de
auga se produce nos regos agrícolas
• Contaminación da auga ou do solo cos fertilizantes provocando unhas veces a
eutrofización das augas superficiais e outras contaminando as augas superficiais e
subterráneas diminuíndo a calidade das reservas hídricas. Normalmente vértense en
forma de superfosfatos, nitratos e sales de potasio. Ademais en casos como Galicia fanse
emendas calizas mediante cal viva, cal moída ou xeso cona finalidade de rebaixar o PH.
O problema é que todos estes produtos, por razóns económicas, non veñen
completamente purificados e traen pequenas cantidades de metais e metaloides
terriblemente velenosos para os ecosistemas. Asemade os fertilizantes arrastrados polas
augas provocan eutrofización das augas e contaminación dos alimentos que poder
supoñer un perigo para a saúde.
• Contaminación das augas o do solo cos produtos IMPUREZAS DOS
utilizados para o control das pragas. Especialmente SUPERFOSFATOS
perigoso é o problema da biomagnificación producida Arsénico 1,2 – 2,2 ppm
pola concentración des substancias en determinados seres Cadmio 50 – 170 ppm
vivos aos que chegan circulando a través das cadeas Cromo 66 – 240 ppm
tróficas. A utilización sistemática de pesticidas, cada ven Chumbo 7 – 92 ppm
en maior cantidade, ten constituído uns dos problemas Níquel 7 – 32 ppm
medioambientais máis importantes cos que se enfronta a Vanadio 20 – 100 ppm
humanidade. Estes produtos adoitan ser sintéticos, Zinc 50 -1430 ppm
existindo na actualidade máis de 1000 substancias diferentes con propiedades pesticidas
que se venden en forma de máis de 60000 preparados distintos. Poden ser, segundo o ser
vivo ao que van destinados insecticidas, funxicidas e herbicidas. Velaquí as súas
características máis negativas:
 Estes pesticidas provocan grandes modificacións nos ecosistemas xa que o seu espectro
de actuación é moito máis amplo do que se pretende e elimina especies de interese
ecolóxico co corresponden empobrecemento do ecosistema.
 Ademais son compostos de grande estabilidade e persistencia manténdose activos en
augas superficiais ou acuíferos longos períodos PERSISENCIA DO PESTICIDA TRAS 14
de tempo. Os mais perigosos son aqueles que se ANOS (% DE PESTICIDA PRESENTE)
incorporan aos ciclos biolóxicos a través das Aldrín 40 %
redes tróficas xa que ao cabo do tempo a Clonardo 40 %
concentración de doses letais vai aumentando Endrín 41 %
nalgunhas especies independentemente do Toxafeno 45 %
destinatario contra o que se verteu o pesticida. PERSISTENCIA DO PESTICIDA TRAS 17
A evidencia dos graves riscos que a utilización masiva de ANOS (% DE PESTICIDA PRESENTE)
pesticidas está a producir tanto para a saúde humana Dieldrín 31 %
como para a saúde do medio ambiente, estase utilizando DDT 39 %
14
un sistema de loita chamado control integrado das pragas, que utilizan armas de loita biolóxica
conta eles e que poderiamos resumir do seguinte xeito:
 Potenciación do control biolóxico que confía nos propios mecanismos de dos seres vivos
como poden ser a introdución e depredadores naturais dos responsables das pestes,
bloquear a reprodución mediante a introdución de machos estériles, etc.
 Realización de rotación de cultivos.
 Realización de sementeiras mesturadas de varias especies.
 Utilización de pesticidas de orixe biolóxica menos daniños para o medio ambiente.

• Finalmente cómpre non esquecer o papel que xoga a agricultura (e tamén a gandería) na
contribución ao efecto invernadoiro: o incremento do CO2 debido a deforestación feita
para conseguir terreos para o cultivo (a aínda máis se a deforestación faise por medio de
incendios forestais), a emisión de N2O como consecuencia do exceso de fertilización e a
emisión de CH4 nos cultivos encharcados (arroz), e tamén na gandería intensiva. Cómpre
sinalar que en España o 30% de gases invernadoiro emitidos teñen orixe agrícola ou
gandeiro.
BASES PARA UNHA AGRICULTURA SOSTIBLE

• Que prime a conservación do solo e a economía da auga sobre a produtividade, o que


implica que as terras non se considerarán industrias.
• Que se tomen as medidas adecuadas para a preservación da biodiversidade.
• Cultivar preferentemente plantas adaptadas ó clima de cada rexión. Desta forma,
foméntase a conservación do solo e o aforro de auga.
• Aforra-la auga utilizada para a rega mediante a implantación de técnicas de aforro,
como a rega por goteo.
• Redución dos custos ocultos xerados polo uso de combustibles fósiles e substituílos,
na medida do posible, por outros renovables e menos contaminantes e aumenta-la
eficiencia no uso dos mesmos.
• Evitar a xeración de contaminación e residuos a unha velocidade superior á
capacidade de asimilación dos sumidoiros terrestres (auga, aire e solo) e favorecer a
súa reciclaxe.
• Fomentar os cultivos mixtos (nos que se intercalan árbores con plantas anuais; por
exemplo, aciñeiras e trigo) ou os policultivos (pequenas parcelas de cultivos
variados), combinados con gandería familiar no lugar de monocultivos.
• Utilizar fertilizantes orgánicos (como esterco ou desperdicios de cultivos) en lugar de
químicos; intercalar leguminosas con outras colleitas, xa que enriquecen o solo en
nitróxeno.
• Controlar as pragas mediante controles biolóxicos e non mediante produtos químicos
• Utilizar tódalas medidas posibles para loitar contra a erosión

2.3.- A GANDERÍA.-

2.3.1.- Tipos de gandería.-


A gandería foi asociada durante séculos á agricultura pero no século XX comezou a practicarse
por separado de forma intensiva. Daquela, e do mesmos xeito que a agricultura, podemos
dividila en agricultura extensiva e intensiva. Vexamos as diferenzas :
Gandería tradicional.-
• En determinadas zona estaba vencellada a pequenas explotacións onde vai unida a
agricultura de tal xeito que os produtos agrícolas fornecen de alimento aos animais, e os
excrementos utilízanse como esterco para fertilizar o solo.

15
• Noutros casos tiña un carácter transhumante cando vacas e ovellas pacían libremente nos
prados e seguían un percorrido durante as estacións na procura dos pastos.
Gandería intensiva.- Prodúcese en explotacións de grande escala e con alto índice de
estabulación. Os animais (aves, porcos ou gando bovino) críanse en grandes naves onde se lles
proporciona alimento necesario mediante pensos compostos que se elaboran principalmente con
restos dos produtos agrícolas ou gandeiros.

2.3.2.- Os impactos e os riscos da gandería intensiva.-

A gandería ten producido impactos ambientais de certa importancia como son:


 A contaminación ou a eutrofización das augas superficiais ou subterráneas co xurros
dos estercos (produtos nitroxenados) ,
 Problemas de envelenamento das augas cos deterxentes usados para a limpeza destas
grandes naves (polifosfatos).
 Influencia da gandería intensiva na emisión de gases invernadoiro (CH4)
Por todo isto existe unha tendencia dentro dos organismos responsables da protección do medio
ambiente de controlar o desenvolvemento desta gandería extensiva e volver ás prácticas
gandeiras do pasado de cría en pastos naturais.

Evidentemente a estabulación masiva produce riscos como:


 A propagación de enfermidades infecto-contaxiosas polo que as granxas de gandería
intensiva esixen controis sanitarios importantes para impedir a proliferación de
enfermidades que poden afecta a saúde humana como son a triquinose ou a
tuberculose.
 O recurso á pensos compostos ten producido graves consecuencias na saúde humana
como aconteceu no caso das chamadas vacas tolas (encefalopatía esponxiforme ou
enfermidade de Creuzelt Jacob ).
 Ademais a procura dun crecemento rápido dos animais deu orixe ao perigoso costume
de engadir hormonas aos pensos co grave risco na saúde humana.

2.4.-OS RECURSOS FORESTAIS.-


O aproveitamento do bosque ten fondas raíces no desenvolvemento da civilización para o
fornecemento de madeira (casas, mobles, instrumentos) combustible ( leña, carbón), alimentos
e, máis modernamente, papel e outros produtos. Asemade un bosque aporta grandes beneficios
ecolóxicos pola participación das árbores no ciclo hidrolóxico, na defensa do solo, na
estabilidade climática e no mantemento do nivel de dióxido de carbono.
Unha das singularidades desta fonte de recursos é que, debido o baixo ritmo de crecemento das
arbores, ten unha lenta taxa de renovación. Tal é o principal condicionante na xestión deste
recurso: calquera alteración que non sexa irreversible tardará moito tempo en volver ás
condicións normais.
Daquela, os beneficios ecolóxicos do monte, a súa capacidade de proporcionarnos materias
primas e a súa vulnerabilidade ante os cambios amosa a necesidade dunha xestión racional, do
desenvolvemento de plans de control e protección e da necesidade de realizar esforzos de
recuperación diante das perdas das masas boscosas. De todo iso falaremos máis adiante.

2.4.1.- O bosque en España.-

Na península, o mesmo que en Galicia, existe o chamado bosque autóctono, aquel que constitúe
a comunidade clímax na sucesión ecolóxica, e tamén o bosque de repoboación. A partir de
mediados de século, grandes masas autóctonas de bosque teñen sido substituídas en
repoboacións forestais por especies foráneas (sobre todo eucaliptos) seguindo unha política
16
forestal que ten sido valorada moi negativamente por organismos vinculados á defensa do medio
ambiente. Vexamos as características de ambos os dous tipos de bosque :

BOSQUE AUTÓCTONO.- Atendendo á especie dominante, distinguimos dous grandes grupos


de bosques na península:
• Bosque mediterráneo: son bosques de arbores frondosas perennes e esclerófilas (duras)
sobre todo de sobreiras (Quercus rubra) e aciñeiras (Quercus ilex) presentes en amplas
zonas da península (ambas Castelas, Andalucía ou o Estremadura).
• Bosque atlántico de frondosas caducifolias, como os bosques de faias da cordilleira
cantábrica ou os bosques de carballos ou castiñeiros de Galicia .
• Outros bosques autóctonos: Bosque autóctono de coníferas: existen tanto bosques de
coníferas de altura onde predomina o piñeiro negro, os de coníferas higrófilas do Sistema
Ibérico ou Central ou de pinsapo de Andalucía. Tamén os bosques de sabinas de distintas
partes da península, os bosques higrófilos de chopos, os bosques de ribeira con freixos e
ameneiros, e o bosque canario.

A REPOBOACIÓN FORESTAL.- A política de repoboación forestal que se produce en España


a partir de mediados do século produciu unha redución importantísima do bosque autóctono para
a súa substitución por especies mais rendibles e de crecemento máis rápido como o eucalipto
(para alimentar as industrias papeleiras de pasta de papel) e distintos tipos de piñeiros. Esta
política de repoboación ten producido forte controversia e oposición nos grupos ecoloxistas que
critican as políticas de repoboación forestal pola súa incidencia negativa no solo; pola perda de
biodiversidade que supoñen, xa que acubillan un número máis cativo de especies distintas; e
pola súa maior vulnerabilidade ante pragas e incendios.
A política mediambientalista actual tenta promover a recuperación do bosque autóctono fronte
ao de repoboación, deixando este último para terreos máis pobres ou degradados que non pode
soportar as especies autóctonos máis esixentes e si as especies de repoboación que son quen de
medrar en medios de grande escaseza de solo, auga ou nutrientes. Máis adiante profundizamos
nesta polémica.

2.4.2.- O bosque en Galicia.-

A riqueza forestal é unha importante fonte de recursos na nosas comunidade, ademais da súa
obvia función ecolóxica. Galicia hoxe en día alberga preto do 25% da masa arbórea peninsular
cun valor recentemente calculado de case 30.000 millóns de euros. O monte galego constitúe o
soporte dun elevado número de empresas dedicadas ao serrado, a fabricación de chapas e
taboleiros e a alimentación dunha planta de pasta de papel. Asemade alimenta numerosas
pequenas empresas de carpintería e ebanistería e de transformación de cartón.

A EVOLUCIÓN DO MONTE GALEGO.- Desde aparición das primeira poboacións humanas


en Galicia hai uns 4000 anos, a superficie forestal do bosque inicia un claro retroceso que
perdurará ata mediados do século XIX: a procura de prados para alimentar o gando, a
utilización da madeira con distintas finalidades e pola procura de solo para a agricultura
extensiva. O desenvolvemento industrial do século XVIII e a desamortización do XIX déronlle o
último golpe. A metade do século XIX adquire o seu desenvolvemento mínimo, iniciándose
daquela un novo ciclo coa aparición do piñeiro do país o Pinus pinaster que foi introducido polo
home pola súa boa adaptación e rendibilidade, e conquistou o país ata converterse hoxe na
especie arbórea máis abundante de Galicia. A introdución do Eucalipto a principio de século, e a
súa invasión na franxa costeira galega a mediados do século XX debido á demanda para as
industrias papeleiras, e a súa propagación facilitada polos incendios forestais, completa a xénese
da paisaxe que hoxe observamos nos nosos montes.

17
O bosque galego, segundo afirman os seus actuais xestores, ten medrado nos últimos anos, sobre
todo grazas a repoboación con eucalipto que se planta
agora no monte non arborado, e tamén pola
recuperación do bosque de carballo e tamén polo
medre dos bosques de piñeiros. A superficie forestal
galega calculada en máis de dous millóns de
hectáreas se reparte entre as zona se monte baixo e as
de monte arborado.

O MONTE BAIXO.- A súa orixe é atribuída a


deforestación brutal
que sufriron os Carpazas e queirugas
bosques galegos
durante a prehistoria. Naqueles intres a deforestación do solo
galego iniciou un proceso de degradación ou destrución que so
permitiu a posterior implantación do actual monte baixo
formado actualmente por especies moi pouco esixentes como
uces, carpazas e queirugas que forman as uceiras e queirogais
que ocupan preto do 30 % do solo forestal galego. Cómpre
engadir a presenza de toxais e xestais que raramente aparecen
illados e máis comunmente mesturados cas uces e queirogas.
Esas grandes extensións de monte baixo son hoxe
practicamente improdutivas (agás para o seu uso cinexético),
aínda que recentemente estase procedendo nalgunhas partes a
súa reforestación con especies de repoboación, (sobre todo
eucaliptos) as únicas que polas súas baixas esixencias, soportan
instalarse sobre solos tan empobrecidos.

O MONTE ARBORADO.- Ocupa case o 70% da superficie


forestal galega. Nel distinguimos o bosque autóctono e o monte
de repoboación.
• O bosque autóctono galego caducifolio constitúe a
comunidade clímax dos ecosistemas galegos. Polo seu
medre lento , polas características do humus que producen
os seus restos, realiza un papel protector e beneficioso
para o solo galego. É por iso que semella moi negativo,
desde un punto de vista medioambiental, a intensa
Carballo (Quercus robar)
redución da area ocupado polo bosque
caducifolio desde mediados do século XX. O
bosque autóctono supón na actualidade un terzo
da superficie arborada de Galicia. As especies
máis comúns son os carballos (sobre un 25% da
masa arbórea ), os castiñeiros (3%) e os
bidueiros, todos eles especies habituais do
bosque atlántico e amantes dos solos ácidos
como os nosos.

• Os bosques de repoboación: a intensa


repoboación forestal ten convertido aos bosques
de piñeiros galegos (Pinus pinaster) os máis
abondosos de toda Galicia ocupando máis do
30% da masa arbórea galega. A estes bosques
18
compre sumar grandes extensións
doutros piñeiros como o piñeiro de
Monterrei (Pinus radiata) ou o piñeiro
silvestre (Pinus sylvestris) de menor
importancia. A estes bosques de
repoboación debemos engadir as
numerosas manchas dos eucaliptais,
(Eucaliptus glóbulus) bosque que sen
ten quizais “demonizado” en exceso,
esaxerando os seus efectos negativos
sobre o medio como os que se citan
agora e que algúns científicos critican
por esaxerados:
o O seu crecemento rápido e o seu
alto requirimento en auga e nutrientes
produce un empobrecemento rápido do
solo. Cómpre engadir que hai autores que negan o carácter desecante dos eucaliptos en
todos os casos. Así en solos de gran desenvolvemento e ricos en acuíferos, onde o potente
sistemas de raíces do eucalipto medra sen atrancos, a desecación do terreo acontece. Mais
en terreos menos desenvolvidos, o comportamento da vexetación de eucaliptos amosa ser
semellante a outras árbores.
o O modo de repoboación dos ecualiptais fai a especie moito máis vulnerable ás
pragas e aos incendios.
o Produce perda de biodiversidade por un empobrecemento das especies habituais
no monte galego (vexetación herbácea e arbustiva, paxaros, micromamíferos, etc.) aínda
que semella discutible que o monte de repoboación soporta menor biodiversidade que o
autóctono.
o Favorece a erosión producindo o descarnamento do
solo permitindo asomos de rochas nais.
o As súas follas conteñen aceites esenciais de acción
antiséptica (o que lle dan carácter medicinal) pero produce a
morte dos microorganismos do solo alterando o proceso de Eucaliptos
degradación de materia orgánica e de humificación.
o Asemade tense comentado o carácter acidificante e
por iso degradante, destas especies, aínda que cómpre dicir
que tal acontece con respecto ás frondosas autóctonas, pero
semella ser menor que o que acontece cos piñeiros.
o Nas zonas con alto número de incendios teñen
acadado unha extensión case de praga polo seu carácter
pirofito, que lle permite ocupar inmediatamente os terreos
recen queimados desprazando a calquera outra especies,
mesmo aos piñeiros menos esixentes..

• Fronte a estes caracteres negativos outros autores, levados


por criterios máis de base económica que
medioambiental,teñen salientado os seus aspectos positivos:

o O feito de ser especies menos esixentes e por iso as únicas capaces de medrar en
medios con pouco desenvolvemento do solo ou con escaseza de auga e nutrientes.
Nestes solos pobres ou degradados as especies de repoboación cumpren un
importante papel na protección e no desenvolvemento destes solos.

19
o A rapidez do seu crecemento no hábitat galego dado o seu carácter de arbore
perenne que lle permite medrar en todas as estacións do ano, o que lle confire alta
rendibilidade no curto prazo.
o A súa gran utilidade para a industria de taboleiros e de papel, do forte demanda na
actualidade.

2.4.3.- O debate sobre a repoboación forestal.-

Os carácteres negativos citados para as especies de repoboacion teñen provocado en grupos


ecoloxistas unha actitude de oposición total ao seu medre na nosa comunidade mentres que os
seus defensores afirman que se teñen esaxerado demasiado estes aspectos negativos. Asemade,
os defensores afirman que non podemos esquecer dúas das súas características positivas: un alto
rendemento económico derivado da súa demanda e prezo no mercado e da súa velocidade de
crecemento que permite a súa rendibilidade a curto prazo. Ademais, polo seu carácter pouco
esixente, admiten a súa plantación en solo degradados ou pouco desenvolvido onde non medran
outras especies o que permite facer rendible o monte improdutivo e ademais realiza un papel
protector do chan que estaría máis desprotexido sen eles. Menos criticable, por iso, semella ser a
repoboación que se fai recentemente dos eucaliptos en monte non arborado degradado (uceiras e
queirogais) onde non medran outras especies, incrementando a rendibilidade do monte e
protexendo o solo da erosión .

Daquela a conclusión quizais sería que non se debe desbotar radicalmente a replantación con
especies de repoboación que é moi aconsellable en lugares degradados. No en tanto non
deberíamos repoboar con especies foráneas terreos máis fértiles e desenvolvido onde a
capacidade desecante e acidificante destas especies podería favorecer a degradación do solo, e
onde semella máis apropiado a repoboación con especies frondosas. Cómpre asemade un control
axeitado da súa expansión en especial nos lugares onde , favorecido polos incendio, ten acadado
case o carácter de praga.

En todo caso, e por razóns de tipos ambiental e tamén económicas, debe potenciarse a
recuperación en todos os lugares que sexa posible o bosque autóctono galego.

2.4.4.- Beneficios do bosque: a protección dos bosques.-

Os bosques reportan grandes beneficios a Influencia do bosque no ciclo da auga


humanidade, derivados da súa participación
na actividade do ecosistemas:
• Presentan unha participación activa
no ciclo da auga filtrando a auga das
precipitacións, coa correspondente
diminución da escorrenta (o que
favorece a creación e o
desenvolvemento do solo).
• Subministra vapor de auga a atmosfera
por medio da evapotranspiración, co
que facilita a creación dun ambiente
húmido con influencias climáticas moi
positivas como o control das
inundacións diminuíndo o ritmo dos
períodos de avenidas e enchentes e
evitando os períodos de seca. Neste
20
sentido a deforestación do Himalaia ten repercutido nas inundacións de Bangladesh que
acontecen agora en períodos máis curtos de tempo.
• Asemade, as raíces das árbores suxeitan o solo contribuíndo a súa protección ante a
erosión.
• Realizan unha acción preventiva diante das catástrofes naturais evitando os
desprendementos e derrubamentos das ladeiras e diminúe o efecto das inundacións ao
diminuír a velocidade da auga. Ademais o seu papel de protector do solo diminúe os
sedimentos que a auga arrastra diminuíndo a sedimentación en encoros ou en lugares
onde poderían alterar os ecosistemas
• Ademais as follas e polas constitúen a principal fonte de humus do solo,
proporcionándolle nutrientes e mellorando
a súas propiedade: estrutura, capacidade de
retención da auga, acidez, etc.
• Toman o CO2 atmosférico para realizar a
fotosíntese e por elo amortecen o efecto
invernadoiro, sendo considerados por elo
sumidoiros de dióxido de carbono.
Ademais facilitan a reciclaxe do nitróxeno e
outros nutrientes.
• Albergan e soportan a meirande parte das
especies viventes do Planeta e o seu
mantemento e imprescindible para o
mantemento da biodiversidade.
• Proporciona a humanidade unha serie de
recursos como madeira, leña, carbón e
tamén pasta de papel, medicamentos,
aceites, gomas , resinas, froitos, materias
téxtiles e forraxe. Ademais, hoxe en día
estase a utilizar o sotobosque como fonte enerxética para as centrais de biomasa.

2.4.5.- A xestión sostible dos bosques.-

Por todo o dito máis arriba, compre protexer o bosque e controlar o seu uso na procura dun uso
sostible do solo. Pare elo cómpre o que segue:

• Protexer os bosques con plans de ordenación do territorio que consideren os bosques


patrimonio da humanidade impedindo a súa tala para convertelos en terreos de uso a
agrícola ou de urbanización.
• Controlar as talas de tal xeito que se fagan a un ritmo inferior á taxa de renovación
• Desenvolver políticas de prevención de incendios forestais e procurar a repoboación das
zonas queimadas con especies autóctonas.
• Evitar o proceso de substitución do bosque autóctono por especies de repoboación de
máis alto rendemento. Estas especies ás veces producen procesos irreversibles de
degradación do solo, e son máis vulnerables ante pragas e incendios.
• Aumentar a eficiencia da industria madeireira eliminando o desperdicio desta materia
prima.
• Diminuír o uso de papel e favorecer o seu reciclado.
• Buscar usos alternativos ao bosque que non esixan talas: ocio e lecer, produtos
medicinais, alimentos, etc.
• Repoboar con especies de alto rendemento terras degradadas, marxinais o excesivamente
explotadas.

21
2.4.6.- O problema dos incendios forestais.-

Os incendios forestais supoñen un dos problemas ecolóxicos máis importantes da ecoloxía


peninsular e, en especial, na comunidade galega. O incremento da superficie queimada, sobre
todo a partir dos anos 70, ten suposto un custo económico, ambiental e mesmo de vidas humanas
de enorme importancia. Centrarémonos agora fundamentalmente na incidencia ambiental
destes incendios:

• O solo é probablemente o subsistema que sofre maiores impactos polas queimas: a


combustión da materia orgánica do solo produce unha enorme diminución da capacidade
do solo de retención de auga aumentando a escorrenta e por iso o arrastre de terra. Este
problema engádese a desaparición de grandes cantidades de raíces que suxeitaban o solo
ante o empuxe da auga. Así tense calculado que nun ano malo de incendios (como foi o
1989 e, máis recentemente no 2006)) perdéronse en Galicia máis de cinco millóns de
toneladas de terra fértil que tardará milleiros de anos en se renovar. Cómpre engadir
ademais a morte de microorganismos que producirán unha esterilización temporal do solo
superficial.
• O incremento do material sedimentario produce impactos ecolóxico mesmo en lugares
afastados por incendios onde a sedimentación crea problemas nas ribeiras dos ríos, nas
desembocaduras ou nos encoros. Cómpre salientar no caso galego as importantes perdas
económicas que supón a morte masiva moluscos que “afogar” soterrados polos
sedimentos depositados no litoral. Tamén a contaminación das augas doces coas cinzas
dos incendios pode convertela en inservible para o consumo humano e causar serios
danos aos bancos de marisco na costa.
• A cuberta vexetal sofre tamén unha grande perda de especies “mellorantes”, que pasan a
ser substituídas por especies menos beneficiosas como os piñeiros e, sobre todo, polos
eucaliptos que teñen carácter pirófito e medran ben nos novas condicións ambientais
tralos incendios. A substitución das especies autóctonas por especies de repoboación
produce un empobrecemento na biodiversidade dos ecosistemas.
• A fauna sofre tamén unha diminución tralos incendios tanto pola súa extinción directa
como pola perda da masa vexetal que diminúe drasticamente o número de nichos
ecolóxicos do bosque. Desde o punto de vista económico, cómpre salientar as perdas na
gandería extensiva de certa importancia en Galicia
• Cómpre non esquecer outros efectos como a contaminación cos gases e cinzas, e o
evidente impacto estético e paisaxístico que se aprecia nunha terra arrasada polos
incendios.

Con respecto ás solucións para frear a incidencia dos incendios indicamos algunha das mais
relevantes:

• Política forestal axeitada que impida a ploriferación de especies que transmitan con máis
facilidade os incendios.
• Incremento da rendibilidade económica do monte que favoreza as condutas de defensa
cidadá diante dos incendios.
• Limpeza do sotobosco, coa utilización dos residuos forestais como fonte enerxética de
biomasa.
• Medidas educativas e de conciencia cívica que conduza a valoración da importancia do
bosque e produza a desaparición das condutos que implican risco de incendios.
• Medidas de vixilancia, de organización da loita contra incendios, construción de
cortalumes, etc.
22
No relativo as medidas de recuperación do monte queimado, cómpre afirmar que en Galicia o
monte, se o solo non é erosionado, ten unha alta capacidade de rexenerarse, polo que é
fundamental evitar tal erosión con medidas como a hidrosementación, o recubrimento con
“mulche” (substrato orgánico) ou a utilización dos restos de troncos para frear a acción da
escorrenta, a reforestación, etc. Con respecto a se debemos proceder á tala inmediatamente tralos
incendios, o asunto é discutible: a tala inmediata é desaconsellada porque diminúe a protección
contra a erosión, pero a madeira queimada no longo prazo, e un lugar moi propicio para a
aparición de pragas que poden estenderse polo monte non queimado. En todo caso debe
impedirse a utilización de maquinaria pesada no solo recentemente queimado.

2.3.- OS RECURSOS MARIÑOS.-

Aínda que de xeito ben diferente segundo os distintos países e culturas, a pesca supón un
importante recurso alimenticio: aproximadamente o 20% da proteína animal que consumimos
procede do peixe. En xeral aproveitamos unha gama reducida das especies que existen nos mares
xa que só pescamos
maioritariamente en torno a corenta
especies; delas unha cuarta parte
corresponde a especies de hábitats
superficiais ou peláxicas (sardiña,
anchoa, atún, salmón, xarda, etc.),
mentres que as tres cuartas partes
restantes corresponden a especies
que habitan augas profundas, tanto
entre augas , chamadas por elo
demersais (bacallao, pescada, etc),
como no fondo (linguado, raia,
solla). Tamén pescamos moluscos
como as luras ou o polbo e crustáceos como o camarón, a lagosta, as gambas, e o krill, etc.
Cómpre non esquecer a cada vez máis importante cantidade de especies mariñas que obtemos do
marisqueo e dos cultivos mariños dos que falaremos máis adiante.
A esquerda temos unha exemplificación da rede trófica mariña, na que cómpre sinalar a
importancia que ten o fitoplancto e tamén o zoo plancto e os peixes planctófagos como base de
todos os ecosistemas mariños, e por iso a importancia do seu mantemento.

2.3.1- A pesca en Galicia

A pesca ten constituído no


pasado unha dos recursos
económicas máis importantes do
litoral peninsular, e, sobe todo,
de Galicia. Sen embargo sopran
malos tempo para esta actividade
económica: a sobrepesca
producida desde a metade do
século vinte co esgotamento de
numerosos bancos, o
establecemento de limitacións
coa aparición das Zoas de
Exclusión económica (200
millas), das cotas de pesca, das Artes de pesca: a) Piscifatoría en xaula; b) Cerco de careta;
c) Redes de deriva; d) Arrastre de fondo; e) Palangre
23
vedas e de paradas biolóxicas, e asemade distintos conflitos de natureza política, teñen afastado
aos nosos barcos de moitos dos seus lugares de pesca tradicionais obrigando ao amarre, e mesmo
a destrución dunha parte importante da nosa flota pesqueira.

2.3.2.- A xestión das pesqueiras: o problema da sobrepesca

A cantidade de pesca incrementouse de xeito ameazador no último cuarto do século vinte,


pasándose dos 20 millóns de toneladas pescados nos anos 50 a superar os 100 millóns de
toneladas a finais dos anos 80. A razón deste crecemento ten unha dobre explicación:
• O desenvolvemento de sistemas de radar, sonar, navegación vía satélite que ten facilitado a
localización dos bancos.
• A substitución dos sistemas de pesca tradicionais por outros de extracción masiva que usan
redes r que acadaron o cumio cos xigantescos palangres de máis de 100 Km de lonxitude e
miles de anzois, e das estragadoras redes de deriva de ata 64 Km de longo prohibidas hoxe
nas nosas augas.
• O incremento do tamaño, da velocidade dos buques e da sua capacidade de almacenamento e
conxelacion.

Todo isto ten levado a sobrepesca que ameaza co esgotamento das reservas porque estamos a
pescar a un ritmo superior ás taxas de renovación das especies. Por iso dende o ano 1989 a
cantidades de peixe capturado ven diminuíndo, algunhas pesqueiras teñen desaparecido e
pechado moitos caladoiros.
A partir dos anos 80 tense comezado unha política de administración racional da pesca que tenta
levar a cabo unha xestión sostible dos recursos pesqueiros e da que amosamos algúns aspectos:
• No ano 1982 na convención das Nacións Unidas, 159 países asinaron a Lei do Mar, un
tratado polo que cada nación ten dereito legal a xestionar a súa propia pesca e a dos
estranxeiros : falamos da chamada Zoa de Exclusión Económica (ZEE) con límites nas 200
millas e que ten afastado á nosa flota de moitos dos seus caladoiros tradicionais.
• Establecemento das técnicas de pesca autorizadas en cada zoa. Así a lexislación española
limita o tamaño mínimo das mallas das redes co fin de evitar os descartes; limita asemade a
lonxitude e anchura das redes do cerco; da lonxitude dos palangres e do número de anzois; e
da potencia dos motores e a profundidade do faenado. Tamén tense prohibido no noso país as
redes de deriva e de arrastre peláxico así como a venda das especies capturadas por estas
técnicas.
• Establecemento máis alá das 200 millas das chamadas cotas de pesca coas que se marcan as
cantidades máximas que cada país pode pescar nunha zona concreta. Todos lembramos o
grave conflito establecido ente España e Canadá no 1995 a causa da pesca do fletán negro. O
decrecemento das cotas de pesca dos nosos barcos ten levado a flota pesqueira galega a unha
situación de gravísima crise.
• O establecemento de vedas que prohiben a pesca nos períodos de reprodución das especies.
• Establecemento das paradas biolóxicas temporais daqueles bancos en perigo de esgotamento
co fin de permitir a recuperación das poboacións.

2.3.3.- A acuicultura

O MARISQUEO: O marisqueo iniciouse como unha sinxela recolleita de moluscos, máis en


Galicia, aproveitando as singulares características ecolóxicas das nosas rías, evolucionou cara
un desenvolvemento máis complexo. Así hoxe repobóanse os chamados “parques marisqueiros”
con crías e individuos xuvenís (tanto importados como recollidos de lugares próximos) e
asemade fanse labores como a preparación dos terreos co que se garante o mantemento das
poboacións e se impide o esgotamento.
24
O marisqueo que acada en Galicia unha grande importancia é unha actividade estacional que só
está permitida desde outubro a xaneiro, que se realiza a pé (aproveitando a baixamar) ou en
pequenas embarcacións para recoller moluscos como ameixas, berberechos, navallas, vieiras,
longueiróns, enterrados nos sedimentos das rías. Estas zonas de marisqueo son xestionadas
racionalmente para impedir a sobre explotacións polo que os terreos adoitan estar parcelados e
outorgados a particulares ou ben xestionados por confrarías que deciden o número de persoas
que traballan (sempre con carné de mariscador), o volume da captura, as labores de limpeza, a
sementeira ou a vixilancia.

OS CULTIVOS MARIÑOS: A ACUICULTURA.- A estas técnicas sinxelas cómpre engadir


outras que requiran un meirande
grao de inversión e
desenvolvemento tecnolóxico:
cultivos de moluscos (mexillón,
ostra, ameixa, berberechos e
vieiras), dos criadeiros de
crustáceos en cetarias (nécoras e
lumbrigantes), do cultivo de
peixes (como dourada, ollomol e
robaliza) e mesmo o cultivo de
algas que poderían ter
importancia no futuro. Estamos
a falar dos cultivos mariños,
cultivos que teñen acadado unha
gran importancia, que están
ademais en fase de crecemento e
innovación, e que moitos economistas teñen considerado como unha das fontes de riqueza máis
importantes da Galicia do futuro. No cadro tes unha clasificación dos tipos de cultivos segundo
distintos criterios: número de especies, fases desenvolvidas, escala ou asentamento das
instalacións. Na táboa de abaixo tes información sobre os cultivos que existen en Galicia:

Mexillón Cultivo suspendidos: bateas En cordas sobre bateas onde se suxeita a semente
Galicia é primeira produtora mundial.
Ameixa Enterrando a semente entre redes
En parques Protexidas por vallas que impidan a entrada de
depredadores.
Ostra Cultivos sobreelevados en Os cultivos comerciais son os que se fan en pranchas xa
pranchas que o cultivo en parques utilízase para recuperación de
En cultivos suspendidos bancos naturais
(bateas) Nas bateas utilízanse cestos perforados que penden das
En parques cordas
Berberecho Parques En zonas de pouca profundidade, boa circulación mareal
e que queden anegadas de auga na baixamar
Vieira Engorde de exemplares obtidos na pesca
Semicultivo
Centolas Non se pode considerar cultivo senón lugares
Bois Cetarias apropiados e controlados para o crecementos dos
Lumbrigante crustáceos. Esixen un traballo de tratamento da auga de
aireación para evitar enfermidades no mariscos e o
chamado estrés.

25
Douradas Supón unha fase de reprodución e desenvolvemento
Ollomol Piscifactorías ou larvario en “Hatcherie”, de preengorde das chamadas
Robalizas granxas piscícolas “Nursery” e de engorde en tanques instalados en terra
ou en gaiolas flotantes no mar
Algas En bateas Aínda case sen desenvolver pero con indubidable futuro

2.3.4.- As depuradoras.-

Os moluscos bivalvos como a ameixa, o berberecho ou o mexillón son animais que se alimentan
por filtración polo que poden acumular no seu organismo unha serie de microbios patóxenos
para o home (virus, bacterias, fungos, algas e animais do plancto). Por iso imponse a necesidade
de someter aos moluscos destinados ao consumo a unha serie de procesos encamiñados á
eliminar estes microorganismos antes da súa venda ou envasado: esta é a finalidade das
depuradoras de moluscos. A construción dunha depuradora de moluscos esixe daquela:
• Dispoñer de auga suficiente e de calidade, é dicir, con parámetros semellantes aos de medio
mariño para que permitan as actividades fisiolóxicas dos moluscos. É por iso que as
depuradoras adoitan emprazarse en lugares costeiros.
• Depurar este auga mediante un axente depurador ou esterilizador que debe ser eliminado da
auga antes de que esta pase aos tanques onde se topan os moluscos. Como elemento
depurador pode utilízase a cloración, a ozonización ou a radiación ultravioleta.
• Un sistema de análise e control da concentración de xermes patóxenos nos moluscos e na
auga.

2.3.5.- O problema das mareas vermellas.-

As mareas vermellas constitúen un fenómeno natural ben coñecido en Galicia desde moi antigo
e que nas Rías Baixas galegas son coñecidas como purgas de mar. Maniféstanse pola aparición
dunhas manchas pardas ou avermelladas na parte superficial do mar e teñen a súa orixe na
proliferación con gran rapidez de microorganismo coñecidos como dinoflaxelados. Estes
microbios en intres difíciles producen quistes que se depositan entre os sedimentos do fondo e
que xerminarán cando as condicións sexan favorables orixinando microbios móbiles que, por ser
fotosintéticos, soben á superficie á procura da luz.O conxunto de factores que producen a
xerminación destes quistes e que xeran as mareas vermellas é complexo: non renovación da
masa de auga, aumento de nutrientes, altas temperaturas, afloramentos, circulación na ría, etc.

Os efectos nocivos da purga do mar relaciónanse coa capacidade destes flaxelados de producir
substancias tóxicas ou toxinas que circulan pola cadea trófica ata ser absorbidos e acumulados
polos bivalvos. Destes bivalvos poden pasar a outros peixes e mesmo ao home. Estas toxinas son
variables pero en Galicia existen dúas de certa importancia: a toxina diarreica ou D.S.P. e a
toxina paralizante ou P.S.P.

Obviamente ambas as dúas toxinas acumuladas nalgúns moluscos, sobre todo no mexillón e na
ostra (son pouco comúns en berberechos e ameixas) constitúen un risco para a saúde e un
problema para a industria marisqueira galega xerando perdas de vendas e producindo asemade
riscos de contaxio en piscifactorías ou cultivos nas gaiolas flotantes.

Por todo isto existe en Galicia un rigoroso sistema de vixilancia que permite a detección e a
alerta inmediata ante a presenza das toxinas en moluscos que produce a inmediata paralización
das extraccións. Os controis de toxicidade dos mexillóns teñen lugar mediante bioensaios
realizados con ratos. O proceso consiste en inxectar nos roedores a parte do mexillóns
susceptible de estar contaminada. Agárdanse 24 horas e se neste tempo o rato non morre nin
experimenta un comportamento estraño considérase que non hai perigo .
26

Anda mungkin juga menyukai