Anda di halaman 1dari 4

ABRINDO CAMIOS N.

50
XUO 2016
Voceiro da CIG do Concello de Betanzos
O CONCELLO APROBOU OS ORZAMENTOS, NON MIS ESCUSAS!
QUE NOS DEVOLVAN O ROUBADO!

O Concello aprobou os orzamentos para o ano 2016 e publica a informacin dos salarios de
todo o persoal municipal na pxina web
Hai uns das o Concello de Betanzos aprobou de xeito definitivo os orzamentos para o ano 2016.
O documento foi aprobado cos votos a favor do PSOE, Betanzos Novo e Compromiso por Galicia,
logo de desestimar as alegacins presentadas pola Confederacin Intersindical Galega, nas que
se cuestionaban os criterios retributivos que se veen aplicando desde hai anos ao persoal e que
en moitos casos non responden a criterios obxectivos, tal e como xa se ten demostrado. Ao da
seguinte, e logo de saber pola prensa o acordo adoptado no pleno, a CIG solicitou por rexistro
toda a documentacin relativa desestimacin de cara a poder levar adiante as medidas que en
dereito procedan.
A maiores, e por primeira vez, o Concello vn de publicar os orzamentos na pxina web municipal,
as bases de execucin relativas s retribucins do persoal laboral e do funcionariado e mais os
salarios de todo o persoal laboral e funcionario. Podes consultar o captulo XII, as Bases do
persoal, na pxina 31 do documento publicado en www.betanzos.net. Neste documento aparecen
os complementos persoais existentes na base 79 na actualidade, tanto derivados da aplicacin do
convenio colectivo de xeito unilateral como os que o Concello creou da readmisin de varios
compaeiros. Estes complementos van desde os trinta e nove euros ata os mis de mil cen
doutros e deixan de manifesto as discriminacins retributivas existentes. Na pxina web tamn
podes consultar tamn o anexo cos salarios do persoal laboral e funcionario. curioso botar a
vista atrs e lembrar os problemas que houbo no pasado por querermos facer pblica toda esta
informacin, tal e como procede, e ver como agora a propia Administracin local quen a fai
pblica dndonos a razn unha vez mis.
HAI SEIS MESES O GOBERNO AFIRMABA QUE CANDO A LEXISLACIN ESTATAL
PERMITISE DEVOLVER A PAGA QUE NOS ROUBARON, UNHA VEZ QUE O GOBERNO DO PP
O PERMITIU COMEZOU A USAR A ESCUSA DE QUE SE PAGARA UNHA VEZ APROBADOS
OS ORZAMENTOS DO ANO 2016 (PORQUE LLES PETA BASICAMENTE PORQUE OUTRAS
COUSAS BOTRONAS A ANDAR SEN ORZAMENTO APROBADO) E AGORA QUE OS
ORZAMENTOS ESTN APROBADOS AGARDAMOS QUE ACABEN AS ESCUSAS.
MONCHO, QUEREMOS OS NOSOS CARTOS, TANTA PRSA PARA NOLOS QUITAR E
TANTA DEMORA PARA NOLOS DAR! POLA DEVOLUCIN DA EXTRA DE 2012!!

WWW.CIGCONCELLOBETANZOS.BLOGSPOT.COM

ABRINDO CAMIOS N. 50
XUO 2016
Voceiro da CIG do Concello de Betanzos
O COMIT DE EMPRESA ACORDA ACUDIR INSPECCIN DE
TRABALLO LOGO DE QUE O CONCELLO LEVE MIS DE SEIS MESES
NEGNDOLLE A DOCUMENTACIN DAS HORAS EXTRAORDINARIAS
DO PERSOAL LABORAL
Desde o pasado mes de outubro de 2015 o Concello de Betanzos non lle entrega a
documentacin das horas extraordinarias do persoal laboral ao Comit de Empresa. Logo de
mltiples solicitudes e de telo falado en varias ocasins co concelleiro de Persoal, Diego
Fernndez, que insiste en que non hai problema mais segue sen entregar a documentar, o Comit
de Empresa decidiu por unanimidade na sa reunin do martes acudir Inspeccin de Traballo
para denunciar a situacin e achegarlle todas as solicitudes sen resposta, as como o documento
entregado polo Concello que transcribe un informe do asesor xurdico da propia Administracin
local onde indica que esta documentacin se lle debe achegar de xeito mensual aos
representantes dos traballadores.
Certamente resulta lamentable que o goberno municipal nin lle faga caso aos informes que emite
o seu propio persoal e ignore de tal xeito aos representantes dos traballadores. Na reunin
mantida a semana pasada co concelleiro de Persoal a presidenta indicoulle que a intencin non
levar fra do Concello estes temas mais de non lle entregar a documentacin habera que tomar
decisins, tal e como se fixo na pasado reunin do Comit de Empresa. Nos vindeiros das
recompilaremos toda a documentacin relativa a esta cuestin para acudir Inspeccin para que
o Concello nos entregue a documentacin que a lexislacin indica que lle ten que facilitar aos
representantes dos traballadores.

PROPOSTA DE FORMACIN EN PREVENCIN PARA O PERSOAL


Tal e como se acordou na ltima reunin do Comit de Seguridade e Sade os delegados de
prevencin do persoal laboral farn unha proposta de formacin para presentarlla ao propio
Comit e que logo o Concello lla achegue mutua e para iso asistirn o vindeiro venres da 10
aos distintos centros de traballo co tcnico de prevencin de riscos laborais da CIG para ver as
necesidades dos distintos colectivos e poder transmitirllas ao Concello logo.

AS CONSECUENCIAS DA PRIVATIZACIN: EMPREGO PRECARIO


Que a privatizacin dos servizos municipais ten como consecuencia o emprego precario non
nada novo,desde a CIG levamos cinco anos defendendo por activa e pasiva os servizos pblicos
e o emprego de calidade mentre o goberno do PSOE teima en privatizar o que lle peta (para
patrns hai cartos) ao abeiro da lexislacin estatal que tanto lle critica ao Partida Popular. Si que
novo e triste comprobarmos de primeira as consecuencias da privatizacin
da xardinara municipal cando na rede atopamos anuncios coma o que
apareca a semana pasada en internet. Buscan dous xardineiros para o
mantemento dos xardns de Betanzos e entre os requisitos est non ter
experiencia laboral como xardineiro e valoran estar inscrito no sistema de
garanta xuvenil... todo perfecto! Os salarios e as condicins mellor nin
imaxinalos! Ah, e esta empresa sen saber anda se o Concello decidir
privatizar un ano mis a xardinara xa anticipa que hai posibilidade de
prrroga.
Isto que busca o goberno do PSOE, isto que o que promove a privatizacin, mis precariedade,
menos emprego estable, peores condicins e todo polo beneficio privado e duns poucos no canto
de que o Concello lle ofreza cidadana servizos pblicos e de calidade.

WWW.CIGCONCELLOBETANZOS.BLOGSPOT.COM

ABRINDO CAMIOS N. 50
XUO 2016
Voceiro da CIG do Concello de Betanzos
LTIMA REUNIN CO CONCELLEIRO DE PERSOAL
Hai uns das tivo lugar unha nova reunin dos representantes do Comit de Empresa co
concelleiro de Persoal na que se trataron os seguintes asuntos dos que vos damos conta:
Convenio colectivo. O concelleiro de Persoal informou que est pendente a sa volta da Xunta,
que inminente e que no momento en que chegase ira a Comisin de Negociacin do convenio
colectivo e se chegase a tempo ao pleno de xuo. O convenio debera ir informado pola
Intervencin e a Secretara e, ademais, indicounos que tamn habera un informe da empresa que
colaborou na elaboracin. Nese momento o Comit de Empresa ten previsto reunirse cos partidos
polticos que non tian representacin no momento de aprobacin do convenio colectivo para
informalos do proceso e da necesidade de renovacin do convenio, de cara a que poida ser
aprobado no Pleno. Unha vez aprobado no Pleno volvera Xunta para a sa aprobacin final e
posterior publicacin, momento en que entrara en vixencia.
Relacin de Postos de Traballo. Unha vez aprobados os orzamentos o Concello ten previsto
iniciar este proceso. Est valorando ben realizar unha contratacin con concurso ou ben un
procedemento negociado no que diversas empresas lle exporan ao Comit de Empresa os
procedementos e, en todo caso, iniciarase un proceso de negociacin para a elaboracin desta
Relacin de Postos de Traballo. O Comit trasladoulle a necesidade de que o convenio estea
aprobado antes de que haxa nova RPT para que as retribucins do persoal laboral estean fixadas
e minimamente equilibradas e evitar conflitos nesta lia no proceso de negociacin da RPT.
Procesos pendentes. O Concello ten pendente realizar diversas contratacins nos vindeiros
meses ao abeiro de diferentes subvencins, como persoal para a Oficina de Turismo, Servizos
Sociais, Polica Local, Obras e Limpeza viaria. A contratacin do persoal temporal para Servizos
Sociais ser, por primeira vez, baixo a figura de funcionariado interino cunha duracin mxima do
servizo do tres anos (o previsto pola lei), igualmente est prevista a creacin dunha bolsa de
emprego que lle dar relevo a todas as bases de substitucin vixentes, cunha duracin de tres
anos e que servir para cubrir postos nos casos de baixas etc na Escola Infantil, axuda a
domicilio, limpeza ou xardinara. Tamn se lle trasladaron as queixas polo non cobro das
indemnizacins por asistencia a tribunais de procesos selectivos e o concelleiro indicou que agora
haba un informe favorable e que isto se solucionara proximamente, as como as queixas pola
escolla repetitiva do mesmo persoal para formar parte dos devanditos procesos.
Persoal que traballa en dependencias municipais sen contrato. O Comit trasladoulle a sa
preocupacin por unha persoa que traballa nas dependencias relacionadas co arquivo municipal,
o museo e a biblioteca que non ten ningn tipo de contrato de traballo nin de prcticas e que
mesmo transita polas dependencias cunha bata branca de traballo. O concelleiro admitiu que
puntualmente houbera unha colaboracin antes da apertura da Sala Rafael Seoane mais que na
actualidade descoeca tal situacin. O Comit trasladoulle a sa preocupacin por esta situacin
e pediulle que a investigase e tomase as medidas oportunas,
Situacin do servizo de axuda a domicilio. O Comit de Empresa amosoulle a sa
disconformidade coa cobertura das baixas de axuda a domicilio con persoal dunha empresa
privada e o concelleiro indicou que esta situacin temporal e que non momento que se tramite o
tema da bolsa de emprego volver a facerse a travs de traballadores pblicos.
Xornada, horarios e discriminacins. A necesidade de que dunha vez por todas nos sentemos

WWW.CIGCONCELLOBETANZOS.BLOGSPOT.COM

ABRINDO CAMIOS N. 50
XUO 2016
Voceiro da CIG do Concello de Betanzos
a negociar xornada e horarios faise cada vez mis inminente ante as discriminacins existentes e
o Comit trasladoulle que isto debera facerse mesmo antes de aprobar o convenio para
solucionar xa diversas cuestins como os diferentes criterios de adaptacin ou non do persoal de
limpeza dos centros educativos s necesidades do centro e como, en ocasins, eses problemas
derivan en que persoal tcnico ten que asumir funcins propias da limpeza.
Antigidades pendentes de recoecer. O Concello anda ten pendentes de recoecer das
antigidades do persoal readmitido. Se ben hai mis dun ano o concelleiro indicou que non haba
problema, o expediente debeu traspapelarse e nunca mis os compaeiros tiveron resposta, O
Comit lembroulle esta cuestin ao Concello e indicoulle que est detectando algns outros
problemas de recoecemento de antigidade que vai ter que mirar polo mido. Con respecto a
isto quedouse en falar co Concello e o concelleiro de Persoal amosou dispoibilidade para
solucionar este tema.
Privatizacin da xestin da Feira Medieval. O Comit de Empresa amosou a sa
disconformidade coa privatizacin da xestin da Feira Medieval e cuestionou os diferentes
criterios do Concello para as privatizacins cando creou unha praza de patrn pola necesidade
como traballador pblico mentres pretende xestionar os expedientes da Feira Medieval a travs
dunha persoa contratada por unha empresa privada. Tamn se lle preguntou polo Plan de
Coordinacin de actividade empresariais (o concelleiro descoeca que era) e mais polo informe
de Secretara sobre esta contratacin (que parece non existir).
Actuacin represiva selectiva. Finalmente, o Comit de Empresa cuestionou a actitude do
goberno municipal no que vn sendo unha actuacin represiva selectiva na que mediante
chamadas do concelleiro de Persoal (con malos xeitos) ou citas no despacho do alcalde se lle dan
toques de atencin a determinados traballadores por diversos motivos como o horario laboral.
Traballadores seleccionados polo goberno, porque hai outros que poden chegar sistematicamente
das horas tarde ao traballo todos os das ou mesmo non aparecer que non pasa nada, por tanto
o Comit de Empresa solicitoulle que o Concello tome as medidas oportunas e os sistemas de
control necesarios que garanta un trato igualitario entre persoal en base a feitos reais e a todo o
persoal por igual, non ao que lle parece a determinado concelleiro ou mesmo ao alcalde. As
recriminacins que non se basean en feitos demostrables son un xeito de represin moi sinxelo,
por iso, o goberno debe atallalo cos medios oportunos para que faga o que estime mais con datos
nas mans non con suposicins que, casualmente, sempre lle afectan ao mesmo persoal.

UN POUCO DE HUMOR

WWW.CIGCONCELLOBETANZOS.BLOGSPOT.COM

Anda mungkin juga menyukai