Anda di halaman 1dari 12

INFORME SOBRE O PLAN DE ORDENACIÓN DO LITORAL E INCIDENCIA SOBRE

O DESENVOLVEMENTO URBANÍSTICO DO CONCELLO DE RIANXO

0. ANTEDEDENTES

Dende o Concello de Rianxo somos coñecedores do inmenso valor do litoral do noso municipio, e polo tanto
da necesidade de establecer un marco normativo que regule o seu aproveitamento dende unha visión de
desenrolo sostible e racional.

A costa ten unha grande influencia na nosa economía (marisqueo, pesca, turismo...), na nosa cultura e na
nosa forma de vida.

Estamos convencidos de que debemos enfocar con urxencia un novo modelo de xestión e uso do litoral,
dende unha perspectiva de considerar o litoral como un do novo patrimonio de máis valor, tanto do noso
municipio, coma de todo o litoral costeiro galega, intentando buscar un consenso necesario para dotar á
nosa comunidade dun adecuado Plan de Ordenación do Litoral.

1. CARÁCTER DO DOCUMENTO DE PLAN DE ORDENACIÓN DO LITORAL E


MARCO LEGAL

O artigo 2 da Lei 6/2007 de 11 de maio, no seu punto 1 textualmente establece:

“1. O Plan Sectorial de Ordenación do Litoral ao que fai referencia á disposición transitoria oitava da
Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, terá
a natureza dun plan territorial integrado regulado na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de
ordenación do territorio de Galicia, co obxecto de establecer os criterios, os principios e as normas
xerais para a ordenación urbanística da zona litoral baseada en criterio de perdurabilidade e
sostibilidade, así como a normativa necesaria para garantir a conservación, protección e posta en
valor das zonas costeiras”.

Máis adiante no seu punto 2 establece:

“2. As determinacións do Plan de Ordenación do Litoral serán directamente aplicables e prevalecerán de


forma inmediata as do planeamento urbanístico, que deberá ser obxecto de adaptación”.

A Lei 10/1995 de Ordenación Territorial de Galicia, no seu artigo 12, establece que, en desenvolvemento
das directrices de ordenación do territorio, pódense formular plans territoriais integrados dirixidos á
organización de áreas xeográficas supramunicipais de características homoxéneas ou daquelas que,
polo seu tamaño e relacións funcionais, precisen dunha planificación infraestrutural, de equipamentos e
recursos de ámbito comarcal e de carácter integrado.

A Lei 10/1995 constitúe o marco legal das determinacións do Plan de Ordenación do Litoral, carecendo dun
documento de Directrices de Ordenación do Territorio, na actualidade na fase de Documento de Inicio do
Procedemento de Avaliación Ambiental Estratéxica unha vez retrotraído o procedemento de tramitación.

1
Con este antecedente e como primeira cuestión cabe indicar que queda desdibuxada a natureza do
documento que ten a súa importancia en orde á aplicación de principios xerais que deben terse en conta
na redacción da normativa urbanística: principio de xerarquía normativa (e vinculación dos instrumentos
de ordenación do territorio e do planeamento urbanístico), principio de irretroactividade das normas e
seguridade xurídica, principio de autonomía municipal e participación cidadán.

O principio de xerarquía normativa despréndese do art. 12 en relación co art. 6 b) da Lei10/95 ao


establecer que os plans territoriais integrados se formulan como desenvolvemento das directrices de
ordenación do territorio. Corresponde ás directrices de ordenación do territorio o construír un marco xeral
de referencia para a formulación dos restantes instrumentos de ordenación territorial, así como dos plans
de ordenación urbanística e para a formulación e execución das distintas políticas sectoriais da
Comunidade ao que haberán de acomodarse os plans, programas e accións con incidencia no territorio que
poidan desenvolver as administracións públicas de carácter autonómico ou local, a fin de garantir unha
adecuada coordinación e compatibilización de todas elas. No punto 2 do artigo 12 da Lei 10/95 establécese
que cando circunstancias non previstas nas directrices o aconsellen poderán redactarse plans territoriais
integrados sinalando ámbito e obxectivos a acadar, mantendo as condicións de homoxeneidade do ámbito
que se fixan no punto 1 do mesmo artigo. É polo tanto claro que deben redactarse antes as directrices de
ordenación para a partir delas redactar os plan territoriais integrados que sexan do caso, ou aqueles que
por circunstancias non previstas nas directrices o Consello da Xunta de Galicia acorde redactar.

A Lei 9/2002 precisa a interrelación entre a ordenación urbanística e a do territorio e a necesidade de que
os plans urbanísticos estiveran en consonancia coas directrices de ordenación do territorio. Sen embargo
mentres a Lei de Ordenación do territorio de Galicia outorgaba un prazo dun ano para a aprobación
provisional das directrices, dous anos para o Plan sectorial de ordenación do litoral (Disposición Transitoria
oitava) e tres anos para a adaptación do planeamento urbanístico (disp. Transitoria segunda), resulta que
transcorridos mais de sete anos non están aprobadas as directrices nin o plan de ordenación do litoral e
unicamente 41 municipios contan con plans xerais adaptados á nova lei 9/2002, que tampouco se axustan
a este proxecto de plan de ordenación do litoral, pois o documento establece determinacións alleas a
criterios urbanísticos e estende o seu ámbito mais alá dos 500 metros da franxa litoral, obviando os 30
anos de criterios e determinacións urbanísticas froito das sucesivas leis autonómicas sobre réxime de solo,
desde a Lei de 1985 ata a 9/2002 e as súas modificacións sucesivas.

2. ÁMBITO DO PLAN DE ORDENACIÓN DO LITORAL

No establecemento do ámbito territorial do Plan de Ordenación do Litoral e onde este presenta unha maior
indefinición, tanto dende o punto de vista do marco legal como do estricto marco físico e xeográfico.

Dende o punto de vista do marco legal, o seu carácter de plan territorial integrado esixe a existencia dun
ámbito que abranga “áreas xeográficas supramunicipais de características homoxéneas” (art.
12.1 da Lei 10/95), toda vez que a súa consideración como instrumento de planificación infraestrutural de
ámbito comarcal está esgotado ao encomendar estas funcións ao planeamento municipal (ver exemplo,
artigos 24 a 28 e 45 a 52 da Normativa Urbanística).

A vista do documento sometido a informe non pode considerarse a existencia dun ámbito homoxéneo nin
dende o punto de vista municipal, nin moito menos en relación á totalidade da franxa costeira de Galicia,
onde no primeiro dos casos se observan fortes descontinuidades na profundidade do ámbito sen ningún
elemento xustificativo, e no segundo abranguen situacións claramente heteroxéneas, desde áreas

2
metropolitanas a espazos de forte compoñente natural, desde costa aberta a áreas de ría, ou dende
profundidades de escasamente 100 metros ata recoller no seu interior a práctica totalidade dun termo
municipal aínda que este non sexa insular.

No caso do Termo Municipal de Rianxo danse situacións de profundidade de máis de 4 Km fronte a outros
moi inferiores como por exemplo no contorno do Rego de Campelos –ámbito sensible posto que desauga
no espazo natural das Foces do Ulla, sen que as carencias documentais do plan poidan aportar elementos
obxectivables para tal distinción.

Tal e como se establece no Documento de Referencia para a Avaliación Ambiental Estratéxica do Plan,
elaborado pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente e
Desenvolvemento Sostible ”a necesaria protección dos intereses autonómicos localizados na franxa do
litoral de 500 metros demanda, como xa establecera a disposición transitoria oitava da Lei 9/2002,
elaborar un plan de ordenación do litoral no que se recollan as condicións específicas deste ámbito”

Polo tanto os 500 metros de profundidade medida dende a ribeira do mar non é un “número máxico” como
pretende o Plan de Ordenación Territorial, nunha interpretación cando menos sorprendente para un
documento elaborado pola Consellería, senón o espazo de concorrencia competencial da administración
autonómica e a administración local, aspecto este que queda reforzado no disposto no artigo 85.7. da Lei
9/2002 á hora de pormenorizar o ámbito competencial da administración autonómica na resolución sobre a
aprobación definitiva do planeamento municipal.

Pero é máis, no Preámbulo da Lei 6/2007 de Medidas Urxentes en Materia de Ordenación do Territorio e do
Litoral de Galicia textualmente se establece:

“A referida lei dedica unha singular atención á protección das zonas costeiras establecendo novos criterios
de clasificación do solo e unha regulación que se fundamenta en criterios de desenvolvemento sostible.
Neste sentido, dispón que o solo rústico de especial protección de costas está constituído polos terreos
situados fóra dos núcleos rurais e do solo urbano que se atopen a unha distancia inferior a 200 metros do
límite interior da ribeira do mar (artigo 32.2.e), considera que a ordenación urbanística dos terreos
situados na franxa de 500 metros desde a ribeira do mar afecta os intereses autonómicos dado
o valor do litoral como recurso natural e ambienta non renovable (artigo 85.7.d) e prevé un
instrumento específico -o Plan Sectorial de Ordenación do Litoral- no que se recollerán as
condicións específicas deste ámbito territorial (disposición transitoria oitava)”.

Asimilando nos seus artigos 2 e 5 o concepto de zona litoral á franxa de 500 metros como ámbito de
ordenación.

Pero é máis, tan só dende a consideración de que o ámbito do Plan é asimilable á franxa dos 500 metros se
pode entender o seu posible carácter homoxéneo como ámbito supramunicipal.

O ámbito de análise pode ser o que se estime conveniente, por exemplo a totalidade dos municipios
costeiros relacionados no anexo da Lei 6/2007 como establece a resolución de 8 de maio de 2009 da
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pero o ámbito das determinacións que inciden
sobre o territorio e o planeamento municipal debe restrinxirse a esta franxa, e calquera ampliación debe
fundamentarse no exercicio das competencias exclusivas da administración autonómica, por exemplo, a
ampliación do ámbito de espazos naturais ou a definición de ámbitos sensibles pola contigüidade con eles.

3
3. DETERMINACIÓNS DO PLAN DE ORDENACIÓN DO LITORAL

O POL, logo de facer unha análise territorial delimita diferentes áreas suxeitas a distintas regulacións en
aras a unha axeitada xestión do territorio litoral. Distínguense segundo o artigo 10 da normativa as
seguintes áreas:
a) Protección: ámbitos que en atención ás súas características naturais singulares son merecedoras
de especial protección. Agrúpanse en dúas categorías:
-Ambiental: Intermareal
Costeira
Bosques
Ecolóxica
-Corredor

b) Mellora ambiental e paisaxística: constitúe a fronte litoral asociada á paisaxe litoral, que
posúe grande interese pero convive cunha forte presión antrópica.

c) Ordenación Litoral: ámbitos de organización do modelo territorial no que se fai compatible o


crecemento coa protección dos valores do litoral mediante a axeitada identificación deles.

Dende o punto de vista das determinacións, e unha vez que xa se ten planteado a improcedencia do seu
ámbito, indicar que estas son confusas, xenéricas e por veces indeterminadas, facendo tábula rasa do
planeamento municipal vixente, que no caso de Rianxo sustánciase na non incorporación ao solo urbano
da Vila de aqueles ámbitos urbanos froito do desenvolvemento de plans parciais, os SAU-2 e SAU-3, nin do
Parque Empresarial previsto no Plan Sectorial de Áreas Empresariais de Galicia pese ao seu rango
xerárquico, indiferenciando o seu grao de adaptación lexislativo ou obviando determinacións, agravado
todo isto coa ausencia de calquera regulación transitoria.

Por outra banda o POL remite ao planeamento municipal, a través de determinacións ambiguas, cuestións
que deben ser resoltas por el a través do sinalamento de espazos aptos para servir de soporte ás grandes
infraestruturas e equipamentos (artigo 13 da Lei 10/95), dándolle a este un carácter que excede das súas
competencias (por exemplo aparcamento de praias, análise da demanda que non sempre ten que ser de
carácter municipal, definición de corredores que considera orientativos, etc.), sen que pola contra aporte
ningún criterio, principio ou norma xeral que constitúa o referente para a ordenación urbanística municipal.

Igualmente, determinados ámbitos teñen un carácter difuso, como o de Bosque, que moitas veces ou non
teñen as características que enuncia o POL, ou son elementos illados sen nivel referencial, ou simplemente
nada teñen que ver coa zona litoral resultando exclusivamente manchas forestais na cartografía oficial, e
facendo referencia reiterativa e ambigua a determinacións como “evitar, na medida do posible, a
implantación de construcións e instalacións ...”.

Existen tamén contradicións nas determinacións, onde por unha banda na área de mellora ambiental e
paisaxística se pide favorecer a concentración fronte aos procesos de dispersión, por outra se restrinxen os
desenvolvementos urbanísticos remitíndoos ás áreas de ordenación, en case que todos os casos
completamente desconectados das áreas urbanas e de forte impacto paisaxístico ao constituír o telón de
fondo; ou contradicións entre determinacións da Lei 9/2002 e o POL, mentres este último contempla o
desenvolvemento urbanístico asociado aos núcleos tradicionais, a primeira os restrinxe coa súa
clasificación como núcleo rural tradicional.

4
4. INCIDENCENCIA SOBRE O PLANEAMENTO MUNICIPAL E SUPRAMUNICIPAL.

O Concello de Rianxo dispón, para a súa ordenación urbana, dunhas Normas Subsidiarias de Planeamento,
aprobadas pola Corporación Municipal en pleno na sesión que se celebrou o 2 de Maio de 1985 e que foron
aprobadas pola Comisión Provincial de Urbanismo de A Coruña con carácter definitivo na sesión que se
celebroú o día 11 de Xullo do mesmo ano.

No caso do Termo Municipal de Rianxo, o POL descoñece a realidade urbanística xurdida nos últimos 25
anos sobre a base dunha Norma Subsidiaria vixente, que se someteu a varias modificacións e ámbitos de
desenvolvemento executados, así como a evolución dun municipio inserido nunha comarca que presenta
un crecemento continuo tanto a nivel demográfico como residencial. Así algún dos núcleos identificados
censualmente non aparecen delimitados no POL (Or- Meiquiz- Cabanas), e outros non ven recoñecidas as
súas expansións conforme do planeamento. A simple incorporación dos núcleos delimitados nesas Normas,
sen unha reflexión sobre a evolución urbanística do municipio nos últimos anos, levan a esas deficiencias.

Entendemos, dende o Concello de Rianxo, o POL establece unhas normas e condicións, ás veces moi
restrictivas, e ás veces moi xenéricas, que teñen que traspoñer de xeito directo ó PXOM, podendo dar lugar
á determinacións discrecionais, e incluso arbitrarias.

O documento remitido a este Concello, non figuran as disposicións transitorias para planeamentos non
adaptados ó POL, polo que non podemos valorar a incidencia directa da aplicación do mesmo no momento
actual, e ata a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal para casos de solo urbano non consolidado
e urbanizable, que non conten con instrumento de planeamento e de xestión aprobados definitivamente,
ou para usos permitidos por licenza municipal para solo rústico segundo a Lei 2/2010 de modificación da
LOUGA, para áreas de protección e mellora.

Como consecuencia, entendemos que o documento do POL remitido non permite coñecer o seu réxime de
aplicación, ó carecer, polo momento, das necesarias disposicións transitorias para planeamentos non
adaptados.

5. DOCUMENTACIÓN

A Lei 10/1995 establece no seu artigo 14.3. que cando os plans territoriais integrados incidan sobre plans
urbanísticos xa vixentes, o acordo de aprobación definitiva de aqueles precisará, necesariamente, os
puntos concretos nos que estes quedan modificados, sen prexuízo de que os concellos afectados poidan
incoar os procedementos precisos para adaptalos ás súas determinacións.

Sendo esta unha cuestión básica que incide directamente nas competencias municipais para ordenar o seu
territorio, bótase en falla unha pormenorización por parte do POL das repercusións que ás súas
determinacións teñen sobre o planeamento municipal vixente.

Igualmente non pode axudar á necesaria coordinación interadmistrativa o feito de que as fichas das
unidades de paisaxe, seis para o caso de Rianxo, pese a ter un carácter normativo, carezan de calquera
contido regulador, remitindo este aos concellos tras o período de informe, que non de consultas, con varios
apartados, como o dos obxectivos da calidade paisaxística a completar tras a fase de participación pública.

5
A documentación planimétrica sometida a informe municipal, foi obxecto de modificacións no período de
trámite, incidindo na informalidade e falta de garantías para un trámite preceptivo -o de informe municipal
previo á aprobación inicial- previsto no procedimento lexislativo.

En definitiva o documento remitido non está completo nin parece gozar da firmeza requirida,
incumpríndose en consecuencia o trámite preceptivo disposto no artigo 15.2. da Lei 10/95 de
sometemento do Plan a informe das corporacións locais previo á aprobación inicial.

6. ASPECTOS MELLORABLES NO POL

Sen prexuízo de recoñecer o valor técnico do documento do POL previo á aprobación inicial, non podemos
deixar de resaltar a existencia de certo número de aspectos do documento do POL susceptibles de ser
mellorados, e que entendemos que deberían ser corrixidos antes da súa aprobación:

6.1. DIFICULTADES NA INTERPRETACIÓN DO TERRITORIO E DA DEFINICIÓN GRÁFICA DO PLAN

Como todo plan de ordenación, xa sexa de carácter urbanístico ou territorial, debería partir duns
obxectivos claros de planificación, e dicir, da definición do modelo territorial que se pretende, e dun
adecuado coñecemento do medio sobre o que se traballa. En ambos aspectos se detectan carencias no
documento proposto.
Respecto do coñecemento do territorio resulta importante destacar que nos planos do plan existen certas
incorreccións respecto da interpretación da realidade física do territorio. No apartado 04, relativo a erros
específicos no plan, se detallan as incorreccións cartográficas detectadas.
Resultan de relevancia os erros na clasificación dos núcleos existentes; o plan establece catro tipoloxías de
núcleos: asentamentos de carácter tradicional, crecementos periféricos, novos asentamentos e novas
agrupacións, pero moitas veces a tipoloxía que se asigna ós asentamentos non se corresponde coa
realidade física dos mesmos.
Por outra parte, non cabe dúbida que unha das principais virtudes, dende un punto de vista formal, coas
que debe contar todo proxecto é unha adecuada expresión gráfica dos seus planos que o fagan facilmente
lexible, pois non podemos esquecer que, ó fin e o cabo, o debuxo recollido nos planos non deixa de ser
unha linguaxe coa que o redactor dos mesmos, o planificador, se debe comunicar cos seus interlocutores,
que son aqueles que van a ter que interpretar e aplicar o plan. O planificador debe conseguir transmitir a
través dos seus planos toda unha serie de información a aqueles que os lean; esta información, que vai
dende a expresión da realidade física existente no territorio ata a ordenación prevista no plan, non se debe
desvirtuar nin malinterpretar por causa dunha inadecuada expresión gráfica, pois esto poderá dar lugar a
unha deformación da ordenación prevista e, ó final, a unha inseguridade xurídica que non resulta admisible
neste tipo de documentos.
No proxecto inicial de plan de ordenación do litoral pódese apreciar o uso dun grafismo inadecuado para ós
fins que acabamos de citar no parágrafo anterior (adecuada transmisión de información entre o
planificador e os seus interlocutores), xa que a facilidade coa que se confunden as tramas empregadas nos
planos de ordenación da lugar a numerosas dificultades e erros na interpretación dos planos.
Se ben é certo que un mes despois da remisión do documento, en marzo de 2010 se publicou a través da
páxina web da Xunta de Galicia unha nova versión dos planos cartográficos e de ordenación nos que se
procurou unha certa mellora no grafismo empregado, non deixan de ser planos de difícil interpretación
para aqueles ós que están dirixidos, que son, neste momento da tramitación do plan, os políticos dos
concellos incluídos no ámbito do plan, e que de seguido, trala aprobación inicial, tamén deberán poder
interpretar os cidadáns en xeral.

6
De especial dificultade resulta diferenciar se as zonas que segundo o POL están clasificadas polo
planeamento municipal como solo urbano consolidado ou solo de núcleo rural se atopan en áreas de
mellora, de ordenación ou con algún tipo de protección.

Todo o exposto neste apartado, respecto das incorreccións na interpretación da cartografía e na


representación nos planos de ordenación, non nos debe levar a pensar que se trata de pequenos erros sen
importancia pola súa fácil subsanación, xa que teñen unha grande relevancia.
Por unha parte, os erros na cartografía poden dar lugar ó establecemento de áreas con distintos graos de
protección onde non resultan precisas, coas repercusións que esto ten para os propietarios do solo desas
zonas, así como á ausencia de protección en zonas onde si resultaría precisa.
Por outra parte, as dificultades na interpretación dos planos de ordenación fan difícil detectar e, en
consecuencia, corrixir os erros na cartografía, e dificultan enormemente a correcta participación pública e
institucional no procedemento de redacción e tramitación do plan, e por suposto, na súa posterior
aplicación.

6.2. A NECESIDADE DE MEDIDAS ESPECÍFICAS DE PROTECCIÓN NA REDE NATURA 2000

No artigo 18 da normativa do POL se recollen, dentro dos denominados espazos de interese, a existencia
de “outros espazos con protección recoñecida”, e se identifican tres categorías:

- Rede de espazos naturais: aqueles recollidos nalgunha das categorías establecidas na lei 9/2001, do
21 de agosto, de conservación da natureza.

- Rede Natura 2000, conformada polos lugares de interese comunitaria (LICs) e as zonas de especial
protección para as aves (ZEPAs)

- RAMSAR: humedais recollidos no tratado asinado en Ramsar en 1971, nos que se inclúen 5 espazos da
nosa comunidade

Na cartografía do POL se integran as dúas primeiras categorías nunha única delimitación, de xeito que nos
planos só se identifican dous tipos de espazos con protección recoñecida: os incluídos no tratado RAMSAR,
e a rede de espazos naturais.

En calquera caso, na normativa do plan do litoral non se establecen máis limitacións de uso destas zonas
con especial protección recoñecida con anterioridade a tramitación do plan que as que lles outorga a
lexislación específica na materia, e a protección propia do plan pola coincidencia destes espazos con algún
dos niveis de protección xenéricos do POL.

Polo xeral, estes espazos con protección específica coinciden na cartografía do plan con protección
ecolóxica, con protección costeira ou con protección intermareal.

A regulación da Rede Natura 2000 está recollida de xeito certamente difuso en numerosas leis e decretos
europeos, estatais e autonómicos relativos á protección do medio ambiente, e aínda está pendente dunha
maior concreción lexislativa que nos dea un marco xurídico máis acotado e seguro na súa aplicación.

7
Así, na lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e a biodiversidade, se dedica un capítulo á
regulación da Rede Natura 2000, nos artigos 41 a 48. A lei 42/2007 establece a necesidade de protexer os
espazos incluídos na rede mediante, entre outras actuacións, a avaliación das repercusións que calquera
plan ou proxecto poida ter sobre estes espazos.

Segundo a citada lei 42/2007, as comunidades autónomas deberán regular as medidas de conservación e
protección necesarias para as zonas especiais de conservación e as zonas de especial protección para as
aves, mediante plans e instrumentos de xestión específicos ou integrados noutros plans, e mediante
medidas regulamentarias, administrativas ou contractuais. Neste sentido, o plan de ordenación do litoral
parece o instrumento adecuado no que integrar as necesarias medidas de protección e xestións das zonas
de especial protección da rede natura incluídas no ámbito territorial do plan; e sen embargo, como xa
dixemos, o POL se limita a remitirse á lexislación sectorial, no que se podería chegar a interpretar como un
abandono de funcións por parte da administración autonómica.

A normativa do POL debería recoller, polo menos, unhas medidas de protección e conservacións dos
espazos incluídos na rede natura, así como a definición ou previsión de instrumentos de xestión adecuados
para os obxectivos previstos pola lexislación estatal e europea para estes espazos.

De especial importancia sería regular os usos e construcións que se poidan realizar nestes espazos
especialmente protexidos, para o cal non habería máis que aplicar o modelo de regulación que o POL ven
a definir mediante o establecemento de usos permitidos, usos autorizables mediante autorización
autonómica previa, e usos prohibidos.

Os usos prohibidos nestes espazos pola súa especial protección recoñecida se sumarían os usos prohibidos
pola protección específica establecida na zonificación prevista no POL (protección costeira, ecolóxica,
intermareal, ...), e, en calquera caso, non deberían ser autorizables máis usos extractivos que os
vinculados a actividade pesqueira e marisqueira de carácter tradicional, e en ningún caso se poderán
autorizar usos productivos como a acuicultura ou os parques eólicos.

6.3.FALTA DUN ADECUADO ESTUDIO DAS REPERCUSIÓNS ECONÓMICAS DO PLAN

A lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, que regula os plans territoriais integrados, como é o
plan de ordenación do litoral, non establece a obrigatoriedade de realizar un estudio económico financeiro
das cargas e repercusións do plan, á maneira dos plans urbanísticos. Malia o anterior, entendemos que non
por non ser obrigatorio non é apropiado que un plan coa repercusión socio - económica do POL conte
cunha avaliación económica, nun dobre sentido:

- o POL debería, cando menos, valorar as repercusións económicas que sobre a poboación do litoral van
ter as especiais limitacións de usos que se están a establecer nas áreas con protección, que van a
afectar a unha moi importante superficie de terreos da franxa costeira cunhas expectativas derivadas
da planificación urbanística vixente previa á aprobación do POL. Esta análise debería realizarse non só
dende o punto de vista dos propietario do solo, senón tamén dende o posible establecemento dun
réxime indemnizatorio vinculado co réxime transitorio do que actualmente carece o plan, xa que non
cabe dúbida que, tal como reiteradamente ven establecendo a nosa xurisprudencia, todo
aproveitamento que xa sexa susceptible de ser patrimonializado e fose suprimido por un novo plan,
deberá ser obxecto da correspondente indemnización.

8
En calquera caso, entendemos que o interese xeral sempre debe prevalecer sobre o interese
particular, e é por iso que o plan debería analizar, cara a comprensión do mesmo e a súa aceptación
por parte dos propietarios de solo, de qué xeito a ordenación racional, sostible e coherente co medio
vai repercutir nunhas melloras sociais e económicas a medio e longo prazo ás que a sociedade non
debería renunciar. E é que realmente cremos que o desenvolvemento sostible e o uso racional do
medio ten que repercutir necesariamente nunha prosperidade social e económica, e nun incremento
substancial da calidade de vida, e esto é o que se debe facer entender os usuarios finais do territorio,
ós cidadáns, que van a ser os directamente interesados no plan de ordenación, mediante, se cadra,
unha análise comparada da evolución do territorio en ausencia do plan e a evolución prevista de
acordo co mesmo.

- Entendemos que o POL debería analizar a incidencia sobre a economía pública que terá a obtención,
se é o caso, de áreas de importancia estratéxica para a consecución dos obxectivos do propio plan, así
como o mantemento e conservación das áreas nas adecuadas condicións para o seu uso público ou
para o fin ecolóxico previsto.

Pero para todo isto, o POL debería partir dunha análise máis exhaustiva do modelo económico e productivo
que actualmente funciona na zona litoral, para así poder introducir no modelo territorial previsto as
medidas necesarias que fomenten a potenciación dos aspectos favorables dese modelo, e corrixa os
desaxustes existentes entre territorio e actividade económica, potenciando especialmente o desenrolo de
actividades vinculadas ó mar e a costa, que fagan que o territorio costeiro sexa economicamente sostible
sen a actual dependencia do modelo urbanístico residencial baseado no traslado da poboación do interior á
costa e na actividade turística estacional, que están a provocar un modelo territorial que xeraba grandes
beneficios económicos a curto prazo, pero tamén unha carencia enorme de valores socioeconómicos
duradeiros que fagan que o territorio litoral poida prosperar a medio e longo prazo.

7. ERROS NA TOPONIMÍA DOS NÚCLEOS

Consultados os planos remitidos ó Concello, observamos errores na toponimia de varios núcleos ou


lugares, como por exemplo: Casal, Maside, Bergondo, Carrenla, Pinchados,...

8. CONCLUSIÓNS

8.1. O grado de atracción que a costa xera polos seus valores culturais, ambientais e paisaxísticos, xunto
cunhas inadecuadas políticas urbanísticas, cando non a ausencia das mesma, deron lugar nos últimos
tempos a un presión urbanizadora sobre o territorio litoral que está a por en perigo estes valores que fan
do litoral un dos maiores recursos patrimoniais, económicos, ambientais e funcionais do noso municipio.
Ante esta situación, as administracións non se poden quedar impasibles, debendo de actuar coa maior
celeridade posible dentro do marco xurídico vixente e cos instrumentos que a lexislación en materia de
urbanismo, ordenación do territorio e protección do medio ambiente lle aportan.
En resposta a esta realidade urbanística e a esta necesidade inaprazable de adoptar medidas correctoras,
se formula o plan de ordenación do litoral de Galicia, que é un plan territorial integrado que ten como
finalidade a creación, dentro do seu ámbito de aplicación, dun novo modelo territorial de desenvolvemento
sostible do medio no que se desenrolan as actividade humanas, modelo baseado nun uso racional dos
recursos naturais, na potenciación e protección dos valores propios do medio, no fomento da

9
concentración fronte a dispersión do territorio, e na coordinación entre administración e entre estas e os
axentes sociais implicados nas actividades productivas e de transformación urbanística.

8.2. O plan de ordenación do litoral trata de establecer un novo modelo territorial, dentro do seu ámbito de
aplicación, que se basea, fundamentalmente, na división de todo o territorio afectado en zonas con
distintos grados de protección, e na identificación de elementos (accidentes xeográficos, núcleos urbanos,
ecosistemas, ...) que polas súas características deban ser protexidos ou, no extremo oposto, eliminados ou
reordenados para integralos na paisaxe litoral. Como elementos integradores e de relación de tódolos
anteriores se prevén corredores ecolóxicos que discorren aproveitando os cauces dos ríos e regatos.
As proteccións establecidas se traducen en criterios e normas que limitan os crecementos urbanísticos e
que regulan os usos que resultan autorizables e os que resultan prohibidos nas distintas áreas protexidas.

8.3. O plan de ordenación do litoral, como instrumento de ordenación do territorio que é, ten un rango
xerárquico superior e un ámbito de aplicación maior que o dos plans urbanísticos de competencia
municipal, e de acordo coa lexislación autonómica vixente, as determinacións do POL prevalecerán sobre a
ordenación dos plans municipais.

Deste xeito, o novo modelo territorial previsto no plan do litoral se impón de forma directa sobre a
ordenación establecida no planeamento municipal vixente, debendo adaptarse este as determinacións do
POL.
No mesmo sentido, os plans e proxectos sectoriais tramitados ó abeiro da lei de ordenación do territorio, e
do decreto 80/2000 que regula estes instrumentos de ordenación supramunicipal, deberán someterse ás
determinacións do POL.

Esta dependencia xerárquica vai provocar numerosos conflictos e tensións na aplicación do noso
planeamento urbanístico vixente, así como na formulación de novos plans a partir da entrada en vigor do
POL, situación agravada polo feito de que o plan do litoral actualmente non conta coas necesarias
disposicións transitorias que permitan coñecer coa suficiente seguridade xurídica o futuro dos plans xa
aprobados e dos plans actualmente en tramitación.

8.4. O documento de plan de ordenación do litoral nacerá coxo, por dous motivos de distinta índole e
transcendencia:
Por unha banda, non ten sentido aprobar o plan do litoral antes de ter definidas e aprobadas as directrices
de ordenación do territorio de Galicia, xa que son estas as que deberían establecer o marco de referencia
para poder formular con coherencia o POL, evitando así a previsible falta de coordinación entre a
ordenación territorial do ámbito litoral e a do resto da Comunidade.
Por outra banda, os numerosos erros de interpretación da realidade física do territorio existentes no plan,
xunto coa inadecuada expresión gráfica e normativa empregada para representar o modelo territorial
pretendido, farán que o plan dificilmente sexa aceptado e aplicado polas administracións e polos
particulares e organismos afectados.
O documento inicial publicado, polos seus erros e pola súa ilexibilidade, está a xerar unha importante
desconfianza respecto da súa calidade e da súa capacidade para definir un novo modelo de xestión do
territorio litoral; e estes problemas na súa interpretación están, asemade, entorpecendo a tan necesaria
colaboración entre administracións, e entre estas e os axentes implicados na actividade urbanística.
A desconfianza e falta de aceptación que provoca o plan dificilmente serán superada a menos que se
introduzan correccións substanciais, de forma e de fondo, no documento inicial. No caso contrario,

10
acabaremos tendo un plan de ordenación do litoral que imporá un modelo territorial para o seu ámbito de
actuación fracasado xa antes da súa aprobación.
Neste sentido, compre sinalar que se ben é certo que a tramitación que está a seguir o plan se axusta ós
fitos e prazos previstos na lei de ordenación do territorio, non deixa de ser precipitada a anunciada
aprobación inicial do POL, polas cuestións xa indicadas:

- A complexidade técnica do documento, as dificultades na interpretación do grafismo empregado e o


cúmulo de erros que se poden detectar na cartografía fan necesaria unha análise máis extensa, en
tempo e forma, do documento.

- A posibilidade de aprobar definitivamente o POL antes que as directrices de ordenación do territorio


están a inverter o sentido natural da ordenación territorial.
Por todo isto, entendemos que non se debería continuar a tramitación do plan do litoral sen facer antes
unha máis profunda reflexión sobre o seu contido e sen tramitar previamente as directrices de ordenación
do territorio. Mentres non se rematen estas dúas tarefas previas, debería manterse a suspensión da
tramitación de planeamentos de desenvolvementos na franxa dos primeiros 500 metros medidos desde a
costa, para poder garantir así a correcta aplicación do futuro plan, e evitar que a expectativa da súa
aprobación provoque un efecto contrario ó pretendido, ó acelerarse durante o proceso de aprobación do
POL e as DOT a tramitación e execución de plans desconformes coas determinacións do documento do
plan do litoral publicado.

8.5. O plan non poderá chegar a bo fin sen a súa aceptación por tódalas partes implicadas.
Outro motivo de rexeitamento do POL, e motivo, polo tanto, do seu previsible fracaso, será a falta de
“xustificación económica” do espírito proteccionista do modelo proposto.
Hoxe en día, á vista dos excesos urbanísticos sufridos pola costa nos últimos anos, case non é preciso
xustificar a necesidade de contar canto antes cun novo modelo de xestión do territorio litoral baseado en
criterios de sostibilidade e integración ambiental e paisaxística; sen embargo, si resulta necesario facer ver
ó cidadán de qué xeito o novo modelo repercutirá nunha maior calidade de vida e prosperidade económica
e social que compensará con creces a perda das expectativas urbanísticas derivadas dos planeamentos
municipais vixentes.
O POL presenta neste sentido unha importante carencia, xa que non transmite adecuadamente esta idea
de prosperidade asociada ó desenrolo sostible do litoral.

8.6. O POL carece das necesarias previsións respecto dunha adecuada xestión que poida facer funcionar
un modelo territorial baseado de xeito importante na xeracións duns corredores que sirvan de conexión
ecolóxica e funcional entre as distintas áreas e elementos definidos no propio plan, mellorando así tamén a
accesibilidade dende o interior á costa.
Se non se manteñen adecuadamente estes elementos de conexión, mediante a xestión directa desde a
administración ou mediante a actividade privada dos propietarios dos terreos afectados incentivados por
parte da administración, corremos o risco de ter creado zonas abandonadas, sen uso nin mantemento, que
repercutirán negativamente na articulación do territorio e na integración paisaxística do medio.

8.7. No documento do plan do litoral se deberán eliminar a maior parte das áreas de protección previstas
sobre solo urbano consolidado e solo de núcleo rural, xa que na práctica non resultan compatibles ditas
proteccións coas clasificacións previstas nos planeamentos urbanísticos vixentes.
A delimitación que contén o POL de corredores ecolóxicos e outras áreas de protección sobre terreos
construídos de conformidade co planeamento vixente por reunir as condicións para ser edificables, está a
vulnerar tanto a competencia municipal respecto da planificación urbanística e a regulación do uso do solo,

11
como as determinacións da lei 9/2002, modificada polas leis 15/2004 e 2/2010, de ordenación urbanística e
protección do medio rural de Galicia, respecto dos criterios técnicos para a clasificación de solo.
O mesmo tempo, coa xeración destas expectativas de protección derivadas da futura adaptación dos plans
urbanísticos ás zonas de protección que o POL delimita sobre terreos actualmente clasificados como solo
urbano consolidado e solo de núcleo rural e, por tanto, en aplicación do artigo 3 da normativa do POL
edificables ata que os plans urbanísticos se revisen, e non edificables trala adaptación dos mesmos ás
determinacións do POL, dará lugar a efectos moi negativos respecto do modelo territorial previsto polo
plan do litoral, xa que provocará:

- A resistencia que o noso concello se atopará cando intente aprobar o novo plan xeral, que nos levará a
retrasar máis do necesario a súa tramitación, debido a que no novo plan haberá que impoñer ós nosos
administrados as proteccións previstas polo plan do litoral que farán que moitos terreos edificables na
actualidade deixen de selo.

- Que o sector privado activará de xeito importante a edificación neses terreos actualmente edificables
conforme ós plans urbanísticos vixentes pero que deixarán de selo trala revisión dos mesmos.
Producíndose así un efecto totalmente contrario ó pretendido, polo fomento da edificación nesas zonas no
período transitorio entre a aprobación do POL e a revisión do plan xeral, durante o cal, conforme o artigo
3º, non serán de aplicación as determinacións do primeiro e si as do segundo.

8.8. Dada a transcendencia, importancia e necesidade do plan de ordenación do litoral, non debería
aprobarse este sen antes corrixir as deficiencias que no mesmo se observan, e sen mellorar a coordinación
e participación administrativa no procedemento, todo o cal repercutirá, sen dúbida, nunha maior calidade e
viabilidade do modelo territorial proposto.

É por isto que, á vista das consideracións expostas ó longo do presente documento, SOLICITAMOS:

Que se tomen en consideracións as reflexións xerais expostas e nas conclusións do presente


informe, e se proceda a corrixir o modelo territorial proposto polo plan de ordenación do litoral
de Galicia na súa versión previa á aprobación inicial.

Que se pospoña a aprobación inicial do POL en tanto en canto non se modifiquen todas as
cuestións aquí plantexadas, e se teñan aprobado as directrices de ordenación do territorio.

Que se manteña ata ese momento a suspensión de tramitación de novos planeamentos na


franxa dos primeiros 500 primeiros metros medidos desde a ribeira do mar.

12

Anda mungkin juga menyukai