Anda di halaman 1dari 8

DESCRIPCIÓN DE OBXECTOS

Hai que describir polo miúdo os rasgos característicos: forma,


tamaño, etc.

Non é necesario dicir todo o que vemos, eleximos o máis


destacado, é dicir, o que fai que o obxecto sexa distinto dos
demais.

Preguntas que poden axudarche á hora de realizar a descripción


dun obxecto:

• Que é o obxecto?
• De que tipo é?
• Para que serve?
• Onde está situado?
• Cómo é?: que forma ten, tamaño, textura, sabor, olor,
temperatura, …
• Que partes ten?

Realiza a descripción deste obxecto:

………………………………………………………………………………………

………………………………………………………………………………………

………………………………………………………………………………………

………………………………………………………………………………………

………………………………………………………………………………………………………………………………………

………………………………………………………………………………………………………………………………………

……………………………………………………………………………………………………………………………………….
DESCRIPCIÓNS DE PAISAXES OU LUGARES
Describir un lugar consiste en dicir como é, “píntalo” con
palabras, de forma que outras persoas poidan imaxinar como é
ese lugar.

Para describir un lugar hai que:

- Observar con moita atención e seleccionar os detalles máis


importantes.
- Despois de seleccionar os detalles hai que organizar os datos
seguindo unha orde:
o Do xeral ao particular (tamén se pode facer ao revés)
o De esquerda á dereita ou ao revés.
o Do próximo ao lonxano.
- Ao describir un lugar hai que situar os obxectos nel con
precisión. Podemos empregar expresións como:
o Á dereita o Detrás de
o Xunto a o No centro
o Ao fondo o Ao redor
Adxectivos útiles para realizar descripcións de paisaxes:

CEO Azul, gris, nublado, escuro, despexado, cuberto, luminoso,…


MAR Azul, verdoso, tranquilo, bravío, transparente, ondulado,…
CASAS Baixas, altas, amplas, pequenas, modernas, antigas,…
MONTES Baixos, altos, elevados, redondeados, picudos, verdes, secos, …
ÁRBORES Altas, baixas, grosas, corpulentas, frondosas, redondeadas,
alongadas, secas, etc.
CIDADES Silenciosas, apacibles, tranquilas, ruidosas, modernas, antigas,
CAMPOS Verdes, escuros, secos, áridos, fértiles, cultivados, floridos, etc.
RÍOS Longos, secos, caudalosos, fríos, transparentes, profundos,
limpos, contaminados,…
Le a descripción deste lugar e contesta:
A RONDALLA

Ao fondo da praza elevábase o


Concello, cun longo balcón no
primeiro piso e ventas enreixadas
na pranta baixa. Xunto ao portalón
de pedra podíase ler a inscripción
CASA CONSISTORIAL.

Cerraban a praza as fachadas dunhas doce casas de dous pisos,


cos seus balcóns e ventas cheos de xeranios e caraveis. Nos
balcóns iluminados e xunto ás portas da casa había grupos de
persoas de todas as idades con expresión atenta e ilusionada.

As miradas de todo o pobo dirixíanse cara un taboado que


levantaran no centro da praza diante do Concello. Sobre o
taboado a rondalla animaba coa súa música a calurosa noite de
xullo. No alto brillaban as estrelas.

Contesta:

Que se describe?...........................................................................................

Que edificio está situado ao fondo? ……………………………………………………………….

Cantas casas hai ao redor?........................................................................

Que destaca nesas casas?..........................................................................

Que había no centro?.................................................................................


Le o seguinte texto no que se realiza a descripción dun
bosque e logo contesta ás preguntas:
Existía en aqueles tempos un
bosque de trinta leguas de
longo e de máis de vinte
leguas de ancho chamado
Brocelianda. O dono deste
bosque era un horrible
xigante que non tiña máis ca
un pé e un ollo. Os animais, as prantas e os demais elementos
obedecíano. O xigante era capaz de facer arder o bosque, de que
sonaran horribles ouveos ou que apareceses repugnantes serpes.
Había tamén nese bosque numerosos estanques: uns de augas
estacadas e outros cubertos de herbas, que enganaban aos que
crían camiñar por terra firme.

Contesta:

Quen e como é o dono do Bosque de Brocelianda?...........................

………………………………………………………………............................................................

………………………………………………………………............................................................

………………………………………………………………............................................................

Que poderes tiña o dono do bosque?...................................................

………………………………………………………………............................................................

………………………………………………………………............................................................

………………………………………………………………............................................................
Indica as expresións que se empregan neste texto para describir
o tamaño do bosque

………………………………………………………………............................................................

………………………………………………………………............................................................

………………………………………………………………............................................................
DESSCRIBIR UN PRO
OCESO
Desscribir un
u proce
ceso é ex
xplicar ordeada
o amente aas fasess do
mes
esmo.
Haii que irr sinalan
ando o que
q suce
cede en cada fa
fase e cóómo
suce
cede.
A deescripción
n dun prroceso deebe ser cllara e orddeada. OR
RDE A
SEG
GUIR:

11. Indicarr de que proceso se


s trata e cal é a súa finaalidade
2 Despoiis detallaar polo miúdo
2. m os elemento
e os ou insttrumentoos
que forrman paarte do prroceso (mmáquinass, persoass,
ferram
mentas, …)…
3 Explícaase comoo se desen
3. nvolve o proceso,, dividínddoo en faases
e expliicando o que se reealiza en
n cada unnha das ffases.
4 Se é poosible expplícase para
4. pa que se s realizaa cada opperación
n.

Exeemplo:

COM
MO SE FA
AI UN XOR
RNAL

1 DOCUM
1. MENTACIÓ ÓN: Os reeporteiroos e correesponsaiss
noutraas localiddades acu
uden ao lugar
l doss feitos,
obteñeen inform mación e fan fotoografías do d lugar..
2. TRAASMISIÓNN: Os xorrnalistas trasmiteen
a noticiaas á redaacción doo xornal por vía
as
r
rápida (ee-mail, faax, etc)
3 REDACCCIÓN: Oss redactorres selecccionan o
3.
materiial recibiido e redaactan as noticias..
4 FOTOCCOMPOSICCIÓN: Os textos esscríbensee
4.
nos orrdenadoreres, corríx
xense e
distribúense na páxina.
5. IMPRESIÓN
6. DISTRIBUCIÓN

Ordena esta secuencia de accións para describir como funciona


un aparato de DVD:

• Introducir o DVD no aparato


• Apretar o botón do mando
• Encender o aparato de DVD e o televisor
• Regular o volumen co mando
• Seleccionar no televisor o canal programado para o DVD.

Explica o proceso que segues para facer un bocadillo de xamón e


queixo:

………………………………………………………………............................................................

………………………………………………………………............................................................

………………………………………………………………............................................................

………………………………………………………………............................................................

………………………………………………………………............................................................

………………………………………………………………............................................................

………………………………………………………………............................................................

………………………………………………………………............................................................

………………………………………………………………............................................................

Anda mungkin juga menyukai