Anda di halaman 1dari 5

4a

Morcegos no espazo, dun lado cara outro, iluminados por unha luz espectral, difusa,
inconclusa que provén dalgún punto do ceo das galerías.
Estela perseguida polos morcegos corre polas galerías e detense cada tres ou catro
pasos para recoller xojas imaxinarias que a súa vez corren polo chan, mentres ela
delira, fala sen ningún sentido, insulta a non se sabe quen, cae, levántase, de novo
corre dun lado para outro coas mans no teito.
Entra Paspallás. Cando ve a Estela diríxese a ela.
PASPALLÁS.- Amor, qué che está a pasar? Solta as pedras que tes na man, poden ser
radioactivas e dime, qué fas?, qué dis, qué te sucede?
Estela non responde, mira con ollos desorbitados a Paspallás, non recoñece a súa
cara.
PASPALLÁS.- Por favor, dime, estás ben? Estás ben, meu amor? Estás ben, meu amor
dos meus amores? Estás ben, meu amor dos meus amores cíclicos?
Os morcegos sobrevoan ameazantes repetindo as palabras de Paspallás e ironizando
con elas.
Paspallás dá unha torta no rostro a Estela.
Todo queda en silenzo.
Ela reacciona ao instante.
ESTELA.- Por favor, non…
PASPALLÁS.- Son eu, amor.
Estela e Paspallás apértanse.
Apértanse.
Apértanse.
Os morcegos foxen.
Estela afástase de pronto de Paspallás.
ESTELA.- Cheiras a morcego.
PASPALLÁS.- Que dis!
ESTELA.- Cheiras a morcego.
Paspallás baixa a súa cabeza.
PASPALLÁS.- Pregúntalle a meu pai.
ESTELA.- Qué?
PASPALLAS.- Meu pai.
ESTELA.- Tróquele?
PASPALLÁS.- El pensara que o mellor para min sería voar na escuridade, descubrir o
labirinto mais intransitable, a nosa mente é a saudade misteriosa que con tanto interese
busca …
ESTELA.- A nosa mente?
PASPALLÁS.- A nosa mente é una cova / nos somos morcegos / o noso corpo é un
experimento / a nosa mente é un mapa / o noso corpo quere voar no mapa / maldita
sexa, lembro que tiven que modificar o trazado porque por un lado cheguei ao barranco
do río / eu mesmo tracei a dirección das galerías, díxome el, o autor do labirinto / a
mente do meu pai, a mente túa, a mente miña, a gran mente que nos inclúe, isto é o
espazo / este espazo / este labirinto / Por qué había de confiar, pregunteille eu, e el
respondera porque son teu pai / Cala, che digo, díxome, Cala che digo, vas provocar un
derrubamento e transformar o camiño na nosa propia tumba para morrer coma calquera
mineiro atrapados baixo terra, e isto só era unha metáfora, unha metáfora, Estela,
entendes? / Fillos de puta chegaste a dicir / os trasuntos do teu subconscente te domiñan
/ como a min / e agora nos somos morcegos, ti e eu / eu tamén digo cousas que non
debera, eu tamén son incontrolable /eu como todo o mundo xa non son mais que unha
maneira de dicir nada / nada di o mundo / nada di o universo / nada, morcego, o meu
morcego...
ESTELA.- Cala! Non podo soportarllo mais. Por favor.
Estela tápase as orellas coas mans.
PASPALLÁS.- Troquele só desexaba que fose un paxaro da noite para descobrer a
oscuridade que nos fai pensar, que nos fai soñar.
ESTELA.- Volviches tolo.
PASPALLÁS.- Quén o sabe, nos non, nos estamos dentro da tolemia, recorda.
Aparece Tróquele coa luz da súa vela, pero non din nada, queda mirando a escena.
Paspallás diríxese cara el.
PASPALLÁS. Perdoa, padre, non podía calar por mais tempo.
TROQUELE.- Non debiches.
ESTELA.- Mirade enriba das nosas cabezas. Mirade! Son morcegos brancos. É
impresionante.
PASPALLÁS.- Uns morcegos brancos?
TRÓQUELE.- Presentimentos. Son presentimentos. Algo ocorrerá que logo
esqueceremos de inmediato.
ESTELA.- Qué maravilla!
TRÓQUELE.- Non dirás iso dentro dun rato. Non dirás qué maravilla. Dirás “Non os
soporto”.
Estela baila polo espazo. Canta con alegría en voz baixa: “Fillos de puta…, fillos de
puta…”
PASPALLÁS.- Cómo sabes iso, pai?
TRÓQUELE.- Ti non coñeces os teus recordos?
PASPALLÁS.- Estamos nos nosos recordos? Estamos no espazo recordatorio?
TRÉQUELE:- Preto do baúl dos recordos. Ese é o tesouro que buscamos, meu.
ESTELA.- (Elevando a súa voz do xeito que esta retumba polo espazo) Fillos de puta!,
fillos de puta!
PASPALLÁS.- Por qué estás a cantar iso?
TRÉQUELE.- Déixala, ela non o sabe, ela é inconsciente de onde se encontra
realmente.
PASPALLÁS.- Ela cantaba iso cando íamos a ver o futbol! Estela poñíase así contra o
arbitro porque perdía sempre o noso equipo!
TRÉQUELE.- O Celta?
PASPALLÁS.- O Celta? Sí. O Celta.
TRÉQUELE.- Pero iso foi entón fai moitos anos.
PASPALLÁS.- Doce o trece.
TRÉQUELE.- Xa entón?
PASPALLÁS.- Non te recordas?
TRÉQUELE.- Estou falto de memoria.
ESTELA.- Eh, eh!!!!!! Estou moi mal, a xente rise de min, estou coma unha puta cabra.
Foder, foder, eu traballei como escrava do meu pai neste labirinto polo que non ten
sentido que busque o que eu mesma enterrei, non teño memoria, si tivera memoria me
derretiría de fame, a fame é memoria, o pasado é pan, o pan é palabra, a palabra é orde,
a orde é sorte, a sorte é morte, a morte é música, xa estarei sendo música?
PASPALLÁS.- O seu pai?
TRÉQUELE.- O seu pai más eu. Os pais planeamos este gran labirinto familiar. Todos
os pais o planean, todos os pais do mundo, e os fillos traballan no interior do labirinto
obrigados, a forza, ata que son liberados…
PASPALLÁS.- Non o sabía.
TRÉQUELE.- Aínda es só un morcego. Seu pai era o constructor e eu era o arquitecto.
Ese era o xogo, meu.
PASPALLÁS.- Pai, cómo comezara todo isto?
TRÉQUELE.- Non tes nin idea?
PASPALLÁS.- Non.
TRÉQUELE.- Nun Nadal, fillo meu, nun Nadal. Todos xuntos. Por primeira vez as dúas
familias xuntas e felices, a familia Piñeiro, a nosa familia. Xuntos e devorando un
apetitoso cordeiro de dous o tres quilos nada mais. A Nai de Estela dixo: Meus, fagamos
deste fogar un só espazo de convivencia.
PASPALLÁS.- Xa o recordo.
TRÉQUELE.- Pena que a construtora Piñeiro fracasara.
PASPALLÁS.- Iso sí que foi unha tolemia. Case volvemos tarumba.
TRÉQUELE.- Nos pilló fora das covas, menos mal.
Un morcego branco ameaza a Tróquele. Tróquele o abate, e o morcego cae o chan.
A luz que ven do ceo faise mais intensa. Estela corre a coller o morcego, e acaríñallo.
PASPALLÁS.- É incrible, é tan manso coma unha ovella.
TRÓQUELE.- Mal trasunto.
PASPALLÁS.- Mal trasunto?
TRÓQUELE.- Un presentemento morto é froito de moi mala sorte.
PASPALLÁS.- Merda.
Estela rin.
O morcego branco revive e ataca a Tróquele.
Paspallás tamén rin.
TRÓQUELE.- Non riades e sacádeme isto de enriba!
ESTELA.- Pero non dicías que non facían nada?
TRÓQUELE.- Quén dixo iso?
ESTELA.- Eu mesma. Eu mesma. Dentro dun momento, dentro duns minutos.
TRÓQUELE.- É un presentimento morto! Merda! Un presentimento morto de ambos
tres!
TRÓQUELE.- Os presentimentos son terribles.
(Paspallás trata de quitarlle de enriba o morcego a Tróquele pero é atacado por outro
morcego)
PASPALLÁS.- Socorro! Socorro!
TROQUELE.- Non pidas socorro ou presentimento se cumprirá pase ou que pase!
(Estela fuxe de pronto sen saber moi be por qué fuxe)
PASPALLÁS.- Pai, estás ferido.
TRÓQUELE.- Cala, idiota! Non digas o que pasa o pasará de veras!
(Pola esquerda entra un home vestido de escuro ao que non se lle ve a cara que oculta
baixo unha carapucha. É o pai de Estela, leva unha camiseta onde pode lerse:
EXCAVACIÓNS PIÑEIRO)
PIÑEIRO.- Estades ben?
TRÓQUELE.- Perfectamente..
PASPALLÁS.- Estamos sendo atacados por presentimentos branquísimos.
Piñeiro sopra e os morcegos foxen. Dentro do labirinto xa hai luz de día.
PIÑEIRO.- E miña filla?
Óese cantar a Estela lonxe: “Fillos de puta…”
Piñeiro corre en busca de Estela.
TRÓQUELE.- Por qué?
PASPALLÁS.- Por qué qué?
TRÓQUELE.- Por qué desexan encontrar a saída?
PASPALLÁS.- Non o sabes ti?
TRÓQUELE.- Ti tes o mapa e ademais ti construíches isto.
PASPALLÁS.- Non me confundas, pai. Es ti o arquitecto.
TRÓQUELLE.- Pero agora tes ti o mapa.
PASPALLÁS.- O mapa? O mapa o tes ti na túa cabeza, o teño eu no teito, o temos
todos, eles tamén?
TRÓQUELES.- Eles?
PASPALLÁS.- Os morcegos brancos. Os Piñeiros. Estela
TRÓQUELE/PASPALLÁS.- Estelaaaaa!!!!
Ambas voces resoan no fondo das galerías.