Anda di halaman 1dari 6

2

Mercado Laboral. Paro Rexistrado


3
Mercado Laboral. Paro Rexistrado

Índice

Páx.

1. Poboación Parada Rexistrada ...............................................................4

2. Poboación Parada, segundo Sexo ........................................................5

3. Poboación Parada, segundo Sector Económico .................................6


4
Mercado Laboral. Paro Rexistrado

1. Poboación Parada Rexistrada

Rematado o mes de Novembro imos ofrecer un avance dos datos de paro rexistrados no
territorio do Pacto de Lemos e nos concellos e comarcas que forman parte do mesmo. En
vindeiros días amosaremos unha análise máis detallada do comportamento do desemprego no
noso territorio.

Evolución do paro rexistrado


Nov.09 Out.10 Nov.10 Vr. Nov.09-10 Vr.Out-Nov.
Carballedo 109 118 139 27,52% 17,80%
Chantada 511 524 555 8,61% 5,92%
Taboada 122 139 150 22,95% 7,91%
Com. Chantada 742 781 844 13,75% 8,07%
Folgoso 85 77 96 12,94% 24,68%
Quiroga 270 278 270 0,00% -2,88%
Ribas do Sil 78 85 90 15,38% 5,88%
Com. Quiroga 433 440 456 5,31% 3,64%
Bóveda 77 85 88 14,29% 3,53%
Monforte 1.520 1.473 1.557 2,43% 5,70%
Pantón 161 163 164 1,86% 0,61%
A Pobra 101 92 101 0,00% 9,78%
O Saviñao 241 228 234 -2,90% 2,63%
Sober 151 111 110 -27,15% -0,90%
Terra de Lemos 2.251 2.152 2.254 0,13% 4,74%
Pacto de Lemos 3.426 3.373 3.554 3,74% 5,37%
Provincia 20.770 21.790 23.063 11,04% 5,84%
Galicia 216.828 223.894 231.721 6,87% 3,50%

A contía de parados situouse, a finais de novembro, en 3.554 persoas no conxunto do


Pacto de Lemos, o que supón un aumento do 5,37% e 181 desempregados en relación ó mes
de outubro, sendo este aumento lixeiramente inferior ó rexistrado a nivel provincial ( 5,84%)
pero superior ó crecemento observado no conxunto autonómico ( 3,50%). Respecto as cifras
de novembro de 2009, observamos que a cifra de desempregados medrou, no Pacto de
Lemos, un 3,74% e 128 desempregados sendo este crecemento inferior ó observado na
provincia de Lugo ( 11,04%) e Galicia ( 6,87%).

A nivel comarcal apreciamos que en novembro o paro aumentou, na comarca de


Quiroga, nun 3,64% e 16 parados, na comarca de Chantada fíxoo nun 8,07% e 63
desempregados e finalmente, na comarca de Terra de Lemos o incremento sitúase nun 4,74%
e 102 parados. En relación as cifras novembro de 2009, observamos que o menor incremento
se prodúcese na comarca de Terra de Lemos cifrándose esta nun 0,13% e 3 desempregados.
A comarca de Quiroga presenta un aumento do 5,31% e 23 parados mentres que a comarca
de Quiroga rexistra a maior subida cuantificada nun 13,75% e 102 desempregados.

A nivel municipal significar que o desemprego soamente se reduciu neste último mes nos
concellos de Quiroga e Sober pero trátase de diminucións mínimas de 8 e 1 parados,
respectivamente. Os incrementos de maior contía prodúcense nos concellos de Chantada e
Monforte de Lemos os cales ascenden a 31 ( 5,92%) e 84 desempregados ( 5,70%).
Resaltar tamén o aumento de parados acontecido nos concellos de Carballedo e Folgoso do
Courel cifrándose os mesmos en 21 ( 17,80%) e 19 desempregados ( 24,68%).
5
Mercado Laboral. Paro Rexistrado

Na comparanza coas cifras de outubro 2009, observamos que Chantada e Monforte de


Lemos arroxan os maiores crecementos do número de parados cifrados, respectivamente, en
44 ( 8,61%) e 37 desempregados ( 2,43%). Con todo cómpre resaltar as subas
acontecidas en Carballedo e Taboada as cales se sitúan en 30 e 28 parados o que equivale a
un incremento do desemprego, neste último ano, do 27,52% en Carballedo e do 22,95% en
Taboada.

2. Poboación Parada Rexistrada, segundo Sexo

Evolución do paro rexistrado segundo xénero


Paro feminino Paro masculino
Vr. Vr.Out- Vr. Vr.Out-
Nov.09 Out.10 Nov.10 Nov.09 Out.10 Nov.10
Nov.09-10 Nov. Nov.09-10 Nov.
Carballedo 36 39 47 30,56% 20,51% 73 79 92 26,03% 16,46%
Chantada 257 262 267 3,89% 1,91% 254 262 288 13,39% 9,92%
Taboada 47 60 61 29,79% 1,67% 75 79 89 18,67% 12,66%
Com. Chantada 340 361 375 10,29% 3,88% 402 420 469 16,67% 11,67%
Folgoso 28 28 34 21,43% 21,43% 57 49 62 8,77% 26,53%
Quiroga 152 140 146 -3,95% 4,29% 118 138 124 5,08% -10,14%
Ribas do Sil 47 43 45 -4,26% 4,65% 31 42 45 45,16% 7,14%
Com. Quiroga 227 211 225 -0,88% 6,64% 206 229 231 12,14% 0,87%
Bóveda 44 46 51 15,91% 10,87% 33 39 37 12,12% -5,13%
Monforte 846 822 831 -1,77% 1,09% 674 651 726 7,72% 11,52%
Pantón 63 72 72 14,29% 0,00% 98 91 92 -6,12% 1,10%
A Pobra 46 38 42 -8,70% 10,53% 55 54 59 7,27% 9,26%
O Saviñao 115 106 107 -6,96% 0,94% 126 122 127 0,79% 4,10%
Sober 75 51 50 -33,33% -1,96% 76 60 60 -21,05% 0,00%
Terra de Lemos 1.189 1.135 1.153 -3,03% 1,59% 1.062 1.017 1.101 3,67% 8,26%
Pacto de Lemos 1.756 1.707 1.753 -0,17% 2,69% 1.670 1.666 1.801 7,84% 8,10%
Provincia 10.810 11.343 11.958 10,62% 5,42% 9.960 10.447 11.105 11,50% 6,30%
Galicia 118.967 121.601 125.680 5,64% 3,35% 97.861 102.293 106.041 8,36% 3,66%

A peor evolución que está a manifestar o desemprego masculino no eido do Pacto de


Lemos provoca que, en novembro, os homes en situación de desemprego superen as mulleres.
Así, constátanse a existencia de 1.801 homes parados (50,68%) fronte as 1.753 mulleres
(49,32%) que se atopan nesta situación. En novembro, o desemprego masculino
incrementouse en 135 persoas o que supón unha suba do 8,10% en relación as cifras de
outubro. Pola súa banda, o desemprego feminino aumentou en 48 mulleres paradas, un 2,69%
máis que en outubro.

A variación interanual amosa unha situación semellante observándose un aumento de


131 parados no xénero masculino fronte á mingua de 3 desempregadas no xénero feminino.
En valores porcentuais, este datos reflicten un crecemento do desemprego do paro masculino
cifrado nun 7,84% e unha redución do paro feminino do 0,17%.
6
Mercado Laboral. Paro Rexistrado

3. Poboación Parada Rexistrada, segundo Sector Económico

Evolución do paro rexistrado segundo sector económico


Primario Secundario Construción Servizos Sen emprego anterior
Out. 10 Nov. 10 Vr.Mes Out. 10 Nov. 10 Vr.Mes Out. 10 Nov. 10 Vr.Mes Out. 10 Nov. 10 Vr.Mes Out. 10 Nov. 10 Vr.Mes

Carballedo 13 16 23,08% 19 23 21,05% 23 25 8,70% 51 62 21,57% 12 13 8,33%


Chantada 37 41 10,81% 52 52 0,00% 82 90 9,76% 281 298 6,05% 72 74 2,78%
Taboada 6 9 50,00% 12 11 -8,33% 18 21 16,67% 86 94 9,30% 17 15 -11,76%
Chantada 56 66 17,86% 83 86 3,61% 123 136 10,57% 418 454 8,61% 101 102 0,99%
Folgoso 10 14 40,00% 11 12 9,09% 13 14 7,69% 38 49 28,95% 5 7 40,00%
Quiroga 15 13 -13,33% 42 40 -4,76% 53 49 -7,55% 130 133 2,31% 38 35 -7,89%
Ribas de Sil 3 3 0,00% 15 15 0,00% 15 17 13,33% 41 45 9,76% 11 10 -9,09%
Quiroga 28 30 7,14% 68 67 -1,47% 81 80 -1,23% 209 227 8,61% 54 52 -3,70%
Bóveda 10 9 -10,00% 8 9 12,50% 13 13 0,00% 45 46 2,22% 9 11 22,22%
Monforte 57 66 15,79% 168 177 5,36% 226 254 12,39% 805 832 3,35% 217 228 5,07%
Pantón 5 4 -20,00% 18 16 -11,11% 35 36 2,86% 69 71 2,90% 36 37 2,78%
Pobr. Brollón 8 8 0,00% 6 10 66,67% 10 10 0,00% 52 56 7,69% 16 17 6,25%
Saviñao, O 12 13 8,33% 19 19 0,00% 53 55 3,77% 103 108 4,85% 41 39 -4,88%
Sober 8 7 -12,50% 14 14 0,00% 14 15 7,14% 61 62 1,64% 14 12 -14,29%
Terra Lemos 100 107 7,00% 233 245 5,15% 351 383 9,12% 1.135 1.175 3,52% 333 344 3,30%
Pacto 184 203 10,33% 384 398 3,65% 555 599 7,93% 1.762 1.856 5,33% 488 498 2,05%
Lugo 781 866 10,88% 2.146 2.252 4,94% 3.552 3.739 5,26% 12.435 13.143 5,69% 2.875 3.063 6,54%
Galicia 6.063 6.208 2,39% 33.858 35.057 3,54% 34.371 35.637 3,68% 122.416 126.424 3,27% 27.186 28.395 4,45%

O desemprego de novembro avaliado por sectores de actividade económica de


procedencia dos desempregados presenta aumentos de parados en todolos sectores
produtivos sendo o sector servizos o que acumula o maior incremento cifrado en 94 parados,
un 5,33% máis dos rexistrados en outubro. Porcentualmente, a suba de parados acaecida no
sector da construción supera a do sector servizos ó situarse nun 7,93%, froito dos 44 parados
máis rexistrados en outubro. O sector primario, secundario e “sen emprego anterior” tamén
amosan crecementos na contía de parados pero máis moderados que na construción e no
sector servizos. Así, no sector primario, o paro aumentou en 19 persoas, un 10,33% máis que
en outubro, sendo este o maior crecemento en valores porcentuais. No sector secundario, a
contía de parados subiu en 14 persoas ( 3,65%) e no epígrafe “sen emprego anterior” en 10
desempregados ( 2,05%).

Anda mungkin juga menyukai