Anda di halaman 1dari 16

A LITERATURA NO TEMPO DAS IRMANDADES

A literatura no tempo das Irmandades de Fala. 1º terzo do S.


XX.
4º ESO
Segundo trimestre
Acto
Presentación do tema e esquema.
A literatura no tempo das Irmandades.
.Esquema Xeral.

1.- Contexto xeral.
1.1.- Contexto político.
1.2.- Contexto socioeconómico.
1.3.- Cambios ou avances políticos, culturais e socioeconómicos.
1.3.1.- Ámbito socioeconómico.
1.3.2.- Ámbito cultural
1.3.3.- Ámbito político.
1.3.4.- Situación da lingua.
1.3.5.- Situación literaria

• 2.- Autores.-
2.1.- Antón Noriega Varela.

2.2.- Ramón Cabanillas.



A literatura no tempo das Irmandades.

1.- Contexto xeral.

1.1.- Contexto político. 3 etapas:


Monarquía.- Restauración borbónica (1984 – 19319
II República. Do 14 de abril de 1931 ao golpe de estado militar. Intensa actividade política e cultural:
desenvolvemento do nacionalismo e momento intensa actividade literaria.
Guerra Civil. (1936 - 1939). Silencio e represión. Paralización da vida cultural e política. Retroceso de todos os
avances logrados durante a República (social, cultural, político, educativo…)

1.2.- Contexto socioeconómico.


Galicia é un país rural cun forte atraso económico. As clases altas (Igrexa e fidalguía) acaparan a propiedade das
terras de labor. UN campesiñado totalmente empobrecido por un sistema medieval de foros abusivos, ve na
emigración a única posibilidade de saír da miseria na que vive. É neste comezo do século XX cando a situación
comezará a cambiar para o campesiñado galego (abolición do sistema de foros no ano 1926).
A literatura no tempo das Irmandades.

1.- Contexto xeral.


1.3.- Cambios ou avances políticos, culturais e socioeconómicos.
1.3.1.- Ámbito socioeconómico.

Os labregos organizaranse en sociedades agrarias e sindicatos agrícolas e toman conciencia da súa forza
como grupo social

A finalidade principal é a abolición do sistema de foros (1926) e acceder á propiedade das terras que
traballan.

Basilio Álvarez, o abade de Beiro, á fronte de Acción Gallega, , fundada no ano 1910, destaca neste labor.

A desaparición do sistema foral provoca a caída da fidalguía, que vivía case en exclusiva do traballo dos
labregos. Perdida esta fonte de ingresos, e sen lograr adaptarse á nova situación, perden o papel
predominante.

Unha nova burguesía ,chegada de fóra, dedicada ao comercio, a banca, á industria da conserva e á
construción naval, substituirá á fidalguía como clase social dominante.

Prodúcese un movemento de poboación do campo ás cidades , deixando a pesca ou agricultura para
dedicarse ao comercio, á industria e ao sector de servizos.
A literatura no tempo das Irmandades.

1.- Contexto xeral.

1.3.2.- Ámbito cultural


En 1916, Antón Vilar Ponte, funda na Coruña a primeira das Irmandades da Fala, logo van xurdindo outras
en Santiago, Monforte, Lugo, Ourense, Muxía…

O obxectivo principal das Irmandades é cultural: a exaltación e dignificación do idioma galego, e a
normalización do seu uso en todos os ámbitos da vida.
Súmanse ás Irmandades os principais intelectuais (Cabanillas, Otero, Risco…)

A literatura no tempo das Irmandades.

1.- Contexto xeral.


1.3.3.- Ámbito político.

En 1918, as Irmandades dan un xiro que as converte en organizacións políticas máis que culturais e no seu
seo formularanse as teses do nacionalismo galego. Galicia defínese como nación, é dicir, un país con raza ,
lingua, territorio, historia, institucións e cultura propias.
As principais reivindicacións do nacionalismo galego son:


Autonomía integral para Galicia no camilo dunha federación de pobos libres na península ibérica.

Cooficialidade lingüística do galego e o castelán.

Ingreso na Sociedade de Nacións.

Potenciación da cultura propia d Galicia.
 En 1931, fúndase o Partido Galeguista. Na Declaración de Principios o galego aparece como un dos trazos
diferenciadores máis importantes. Deféndese o dereito de usala e a súa oficialización.
En 1932 elabórase o Estatuto de Autonomía.
En 1936, os galegos aprobamos en plebiscito o Estatuto (o 28 de xuño). A guerra impide a ratificación
polas Cortes Republicanas, pero o esforzo de Castelao, fai que se faga no1938, en plena Guerra Civil. O
inicio da ditadura fascista impide o desenvolvemento do noso Estatuto e do noso país.
A literatura no tempo das Irmandades.

1.- Contexto xeral.


1.3.4.- Situación da lingua.
Continuación do proceso de recuperación, comezado no século anterior.


As Irmandades asumen o ideario nacionalista e no eido da dignificación da lingua e a súa
normalización, estendendo o seu uso a todos os niveis, promovendo o uso nos ámbitos que lle estaban
negados (ensino, xustiza, prensa, actos públicos, etc)

O Seminario de Estudos Galegos, institución de carácter científico formadas por profesores e
estudantes, únese a este empeño, redactando en galego os primeiros estudos lingüísticos, literarios,
culturais, etc.

No Estatuto de Autonomía, tamén se defende a oficialización e reivindícase a súa presenza no ensino.

Vaise consolidando o proceso de normalización. A poboación é maioritaramente monolingüe pero o
proceso de castelanización avanza no ensino e nos medios de comunicación.

A defensa do idioma require a elaboración dunha lingua estándar. Procúrase unha variedade
supradialectal que unifique a escrita a a fala a nivel culto.

A RAG, creada en 1909, toma o obxectivo de depurar e fixar a lingua.
A literatura no tempo das Irmandades.

1.- Contexto xeral.


1.3.5.- Situación literaria.

O clima de reivindicación e potenciación lingüística, favorece a produción literaria. Os autores recollen o
herdo do Rexurdimento e incorporan novos temas e formas.

Creación de editoriais (Lar, Céltiga, Nós…) revistas e xornais (A Nosa Terra, Nós, Ronsel, Alfar…) que
apoian a dinamización cultural e posibilitan o incremento da actividade literaria, sobre todo nos xéneros
narrativo e dramático.

Dúas etapas:

Anterior a 1916.- Continuidade das pautas do Rexurdimento. O xénero é a poesía e os temas son
intimistas, costumistas, paisaxísticos, social-patrióticos, … Destaca Antón Noriega

Dende1916 á Guerra Civil.- as Irmandades contribuíron á renovación da literatura galega. Un grande
Incorpóranse novos autores, aumenta considerablemente o cultivo da narrativa, o teatro e o ensaio. A
actividade literaria experimenta desenvolvemento. Destaca Ramón Cabanillas.
A literatura no tempo das Irmandades.

2.- Autores.
2.1.- Noriega Varela (1869, Mondoñedo- 1847, Viveiro)
Biografía (1).  

Home moi relixioso, estudou no Seminario, onde adquiriu formación clásica.

Comezou a escribir poemas en español, publicados na prensa local.

Ao negarlle Roma a dispensa por ser fillo de solteira, opta por dedicarse ao ensino e,en 1901 comeza a
exercer en Foz, e logo foi trasladado a Calvos de Randín, onde publica poemas de ton agrarista no
xornal ¡Guau...Guau! e contacta co movemento anticaciquil da man de Antón Vilar Ponte.

Axiña abandona a reivindicación agrarista e mesmo renega desta fase (moi conservador ideoloxicamente) e
crítica a poesía galeguista.

O novo traslado a Trasalba sácao da desolación na que vivía nas terras arrariana e permítelle trabar novas
relacións, como Otero Pedrayo, Basilio Álvarez e algúns escritores portugueses

Publica agora o seu primeiro libro (Montañesas, de 1904).

En 1920 publica D'o Ermo e, nas sucesivas edicións (até 1946) foi incluíndo novos poemas.
A literatura no tempo das Irmandades.

2.- Autores.
2.1.- Noriega Varela (1869, Mondoñedo- 1847, Viveiro)
Biografía (2).

 Con 57 anos obtivo un destino definitivo como mestre con plenos dereitos nas súa terra.

Vive agora entre admiración da xente, coa compaña de Iglesia Alvariño, co trato dos labregos e coas
conversas cos compañeiros na etapa do Seminario. Son anos de recoñecemento. É elixido membro da Real
Academia Galega e recibe numerosas homenaxes.

En 1930 Noriega solicitou o traslado á mariña para fuxir dos rigores do clima. Nas proximidades de Viveiro
discorreu a última etapa da súa vida docente, rodeado de admiradores e amigos.

Coa sublevación militar, posicionouse en contra da República, incrementando a súa produción poética
(agora en español)

Tras a guerra (e de novo instalado na nosa lingua) chegoulle o tempo do retiro e coñeceu, até o seu
pasamento en 1947, un momento de fondo pesimismo.
A literatura no tempo das Irmandades.

2.- Autores.
2.1.- Noriega Varela (1869, Mondoñedo- 1847, Viveiro)
Obra.
1904, Montañesas.


É un poemario de temática costumista ao estilo do XIX .

Houbo que chamou a esta poesía de Noriega franciscanista, neovirgilianista ou humanista paisaxista,
afirmaindo que mesmo tería imitadores en Díaz Castro, Crecente Vega, Aquilino Iglesia Alvariño e
Uxío Novoneyra.

En 1920 deu ao prelo D'o Ermo,



É unha nova versión do anterior Montañesas

En sucesivas edicións (até 1946) foi incluíndo novos poemas.

Os temas son costumistas (as circunstancias na vida dos labregos) ou o lirismo da natureza
A literatura no tempo das Irmandades.

2.- Autores.
2.2.- Ramón Cabanillas (1876, Cambados - 1959)
Biografía.

Estudos no Seminario Menor de Santiago.

1910, emigra a La Habana. Contacto coa intelectualidade galeguista e publicación dos primeiros libros de
poesía, No desderro (1913) e Vento Mareiro (1915).

1916, regreso a Galicia. Participa activamente na política e na na vida cultural do seu tempo (Irmandades,
Grupo Nós, e Seminario de Estudos Galegos)

Estreita relación co nacionalismo e co agrarismo xunto con Basilio Álvarez
A literatura no tempo das Irmandades.

2.- Autores.
2.2.- Ramón Cabanillas (1876, Cambados - 1959)
Biografía.

Estudos no Seminario Menor de Santiago.

1910, emigra a La Habana. Contacto coa intelectualidade galeguista e publicación dos primeiros libros de poesía,
No desderro (1913) e Vento Mareiro (1915).

1916, regreso a Galicia.

De volta á Galicia, traballou en varios concellos do país e coñeceu a loita agrarista. Participa activamente
na política e na na vida cultural do seu tempo (Irmandades, Grupo Nós, e Seminario de Estudos Galegos)

O compromiso co proxecto das Irmandades da Fala levouno a colaborar asiduamente en A Nosa Terra,
converténdose na voz lírica do movemento. Inicialmente próximo a posturas tradicionalistas, axiña
comparate as teses de V. Risco. O seu proxecto estético e cultural influiría decididamente na súa produción
posterior.

Foi aclamado como Poeta da Raza e utilizou os seus poemas ao servicio da construción nacional,
abandonando os ecos intimistas presentes na súa primeira poesía. Así, en Da terra asoballada (1926) e nas
novas edicións dos poemarios publicados na Habana, Cabanillas mantivo unha actitude educadora.
Pretendeu concienciar o pobo e achegalo ao nacionalismo.

Estreita relación co nacionalismo e co agrarismo xunto con Basilio Álvarez. Converterase no poeta do
movemento agrarista coa súa poesía anticaciquil. Isto vaille valer o apelativo de “poeta da raza”

1920, ingreso na RAG. En 1929, ingreso na RAE.

Logo da guerra volve a escribir en galego. O primeiro libro que publica Galaxia logo da súa fundación é Antífona
da Cantiga, 1951.
A literatura no tempo das Irmandades.
2.- Autores.
2.2.- Ramón Cabanillas (1876, Cambados - 1959)
Obra.
Autor de dunha obra estensa e variada, de rápido recoñecemento popular e académico, Cabanillas conduciu a
nosa poesía cara á modernidade e a súa obra foi considerada desde os primeiros momentos dentro do canon da
literatura galega, a pesar de se presentar tan diversa que fai difícil a adscrición do escritor a unha corrente ou
xeración.
Conxuga a tradición literaria do XIX coas novas correntes anovadoras do seu tempo, como o Modernismo. Serve
de ponte entre a literatura decimonónica e as vangardas literarias galegas.
Poesía.-
Poesía lírica.

Poesía cívica ou social: temática agrarista e anticaciquil, continuadora da liña de Curros, presente
especialmente nos tres primeiros libros (No Desterro 1913; Vento Mareiro, 1915; Da terra
asoballada, 1917).

Poesía intimista: na liña de Rosalía ou Bécquer. O libro máis significativo é A rosa de cen follas,
1927.

Poesía costumista: debuxa tipos, situacións, ambientes com elementos humorísticos e com aspectos
formais de carácter modernista (musicalidade da linguaxe, sensualidade, colorido, ...)
A literatura no tempo das Irmandades.
2.- Autores.
2.2.- Ramón Cabanillas (1876, Cambados - 1959)
Obra (2)
Poesía narrativa.

Na noite estrelecida.- Temas medievais célticos da materia de Bretaña (lendas da corte do rei Arturo e a
demanda do Santo Grial polos cabaleiros da Táboa Redonda). Son tres sagas que se desenvolven em tres
escenarios galegos: “A espada de Escalibor”, que se atopa na iilla de Sálvora, de onde irá á presenza do
rei; “O cabaleiro do Santo Graal”, na que Galahaz atopa o cáliz da Derradeira Cea no Cebreiro; e “O
sono do rei Artur” que narra a morte do rei e o seu descanso nunha furna á espera de tempos futuros.

A galeguización deste tema entronca coa ideoloxía nacionalista da época, de acordo coas Irmandades e
cos ideais atlantistas de Risco. Así, establece varios paralelismos: os cabaleiros da Táboa Redonda e as
Irmandades da Fala, a procura do Grial coa procura da redención e libertade da terra para os galegos, ...

O bendito San Amaro.- Acontecementos principais da vida deste santo.

Samos.- A historia e a vidas dos monxes dese convento.

Temática:


trazos modernistas. Diferénciase da poesía do XIX e actúa como ponte entre estes e as vangardas.

sensualidade e colorismo.

Preciosismo verbal.

musicalidade
A literatura no tempo das Irmandades.

2.- Autores.
2.2.- Ramón Cabanillas (1876, Cambados - 1959)
Obra (3)
Teatro.


A man da santiña.- Comedia de tema amoroso com personaxes fidalgos.

O Mariscal.- Drama em verso de intención política. Recupera a figura do Mariscal Pardo de Cela,
executado em 1493 por orde dos Reis Católicos. É un símbolo da resistencia dos galegos ante a
opresión centralista dos reis de Castela. Referencia para o nacionalismo. O pasado serve así á ideoloxía
das Irmandades.

Prosa:


Antífona da cantiga. Antoloxía de cantigas populares, com prólogo do autor no que fai uha gabanza
da poesía popular.

Anda mungkin juga menyukai