Anda di halaman 1dari 3

A Coordinadora Comarcal de ANOVA Irmandade Nacionalista no Salns acordou convocar unha Asemblea comarcal urxente para avaliar a situacin

n interna de ANOVA, as coma o proceso de escolla de candidatas e candidatos para integrar na candidatura de Izquierda Unida ao Parlamento Europeo. A Asemblea tivo lugar o venres 28 de marzo en Sisn Ribadumia, e por parte de varios membros redactouse esta proposta, que foi aprobada por unaminidade das e dos presentes, coas resolucins que se expresan ao final da mesma, e co mandato de remitila a toda a militancia as como aos rganos de direccin colexiada da organizacin.

DOCUMENTO DE AVALIACIN DA SITUACIN INTERNA DE ANOVA IRMANDADE NACIONALISTA.


Para comprender as resolucins que se propoen convn lembrar e aclarar: ALGNS DOS PRINCIPIOS FUNDACIONAIS DE ANOVA APROBADOS NA ASEMBLEA CONSTITUNTE:

Afirmar a vixencia dos principios inspiradores do nacionalismo galego; as como os seus obxectivos estratxicos. Considerar que a conquista da soberana poltica de Galicia segue a ser un obxectivo. Que a nosa accin poltica debe estar orientada ao servizo dos intereses das maioras sociais. Que debemos practicar a fraternidade e a cooperacin fronte competicin, tanto no eido interno, coma na actuacin poltica na sociedade. Que acreditamos na participacin de todas e de todos en p de igualdade, no asemblearismo e na toma de decisins de abaixo cara a arriba. Que estamos pola creacin e consolidacin dun novo referente poltico do nacionalismo e da esquerda en Galiza e ese referente denominouse ANOVA.

A ORIENTACIN DO TRABALLO DA MILITANCIA E AS ASEMBLEAS DE ANOVA IN NO SALNS: Coherentemente con eses principios, nos concellos do Salns puxmonos a traballar -dende incluso antes xa da constitucin formal de ANOVA- no que se chamou o Novo Proxecto Comn, e constitumos as asembleas locais, onde se pode participar dun xeito aberto, incluso non militantes. Apoiamos as demandas e denuncias que diferentes colectivos sociais tiveron no Salns, como a loita das asociacins veciais e culturais en Vilagarca pola imposicin da taxa polo uso dos locais pblicos, a Plataforma contra o campo de golf do Grove ou as demandas de SOS Panadeira en Sanxenxo. Participamos en unidade de accin con outras forzas do nacionalismo e da esquerda na defensa dos nosos servizos pblicos, como por exemplo na Plataforma en defensa da sanidade pblica. Fixemos un labor de denuncia das polticas que os distintos gobernos do PP no Salns queren levar a cabo para favorecer intereses particulares e en contra do interese xeral dos vecios e vecias; casos como por exemplo o "pelotazo" urbanstico que o Concello de Vilanova quixo facer coa rea comercial de Deiro, o de Cambados coa actuacin nas comportas de Fefins, ou apoiando o labor do concelleiro Enrique Oubia en Ribadumia, onde a referencia da oposin ao goberno Salom Pea Rafael Louzn. Tamn traballamos arreo na campaa electoral de AGE nos pasados comicios autonmicos, e esforzmonos para que a coalicin electoral na que participaba ANOVA tivese un gran resultado na nosa comarca.

Pero mentres desenvolviamos este traballo, orientado ao asentamento e consolidacin do proxecto de ANOVA na sociedade galega; a situacin da organizacin a nivel nacional era a seguinte: DERIVA DA ORGANIZACIN:

Temos que recoecer que dende a Asemblea Constitunte de ANOVA a precipitacin, as dinmicas e a presin de pequenos grupsculos -iso si, fortemente organizados- polo control da organizacin foi evidente e marcou o da a da da organizacin. A proposta de Fronte Ampla para as autonmicas serviu, nun principio, para suavizar a competencia interna, pero non podemos deixar de sospeitar de que todo tivo que ver cunha folla de ruta xa escrita, froito dun acordo previo entre Esquerda Unida e sectores de dentro da nosa organizacin. Co resultado electoral abranse moitas ilusins e expectativas, pero tamn o risco evidente de confusin do que foi unha estratexia puntual co que debe seguir a ser o camio fundamental de ANOVA. Isto pode resumirse naquela frase o espellismo do xito de AGE pode terminar matanto ANOVA. Na ltima Asemblea Nacional fxose evidente unha fractura interna, intensificada por un mtodo de eleccin -listas abertas con correccin de nmero- que deu como resultado unha Coordinadora Nacional cunha forte divisin na que ademais estes grupsculos estn totamente hiperrepresentados. Comprobouse tamn como xa nesta asemblea haba un amplo sector que avogaba por disolver Anova en AGE. Nalgunhas localidades, ao mesmo tempo, persoas dunha das correntes organizadas dentro de Anova, protagonizaban feitos lamentables, como a creacin de asembleas locais en paralelo s oficiais (Redondela), a aprobacin de regulamentos contrarios aos principios de Anova (Vigo), a negativa a constitur asemblea local (Cangas) ou a constitucin ilegal dunha Coordinadora Comarcal no Morrazo sen o consentimento das asembleas locais da comarca; todo con continuos desplantes e ataques persoais a compaeiras e a compaeiros. Triste neste panorama comprobar como incluso por parte de membros da propia Coordinadora Nacional se encirraba e daba cobertura a quen pretende deixar de lado os acordos da Asemblea e os principios fundacionais. O debate sobre as alianzas cara s eleccins europeas e o referendo posterior foi o seguinte pau nas rodas de Anova. Primeiro veu a aposta clara anda que disimulada nos argumentos, dun sector de Anova por argallar unha alianza con IU Federal, dndolle as costas denominada fronte ampla. Logo recibimos, xa en vsperas do referendo, a carta asinada polo Voceiro Nacional, rgano electo que non se deba expresar en favor de ningunha opcin. Pero o peor era que na carta explicaba que se producira unha negociacin fra das canles de Anova, allea Coordinadora Nacional, e admita, facendo uso dunha enrevesada retrica, a sa claudicacin ante IU a cambio dun posto seguro para as europeas. Pretenda, e conseguiuno por 11 votos, mover a eleccin da alianza electoral cara ao lado federalista. O seguinte foron as dimisins, o da despois do referendo, doutros dez membros da permanente que, incapaces de facer fronte realizacin do aprobado o da anterior, honrosamente deixaron o seu posto para que o ocuparan persoas que se viran con nimos para ese traballo. Resultou triste coecer un da antes da Coordinadora Nacional na que esas dimisins se faran efectivas, a composicin da nova Permanente grazas foto dun pano de mesa dun restaurante. Finalmente, antes incluso de que a CN debatera e acordara o proceso de escolla das candidatas e candidatos para as eleccins europeas, o noso Voceiro Nacional filtra e promociona o nome dunha candidata, que axia foi refrendada por IU e Ecosocialistas, co que lle deron as o carcter de candidata de AGE, todo isto antes de que a militancia se posicionara e se coeceran as condicins do pacto de integracin das candidatas e candidatos na lista de IU, nin o programa que defenderan, ou como sera a campaa electoral ou o financiamento da mesma. 2

As e os membros dimisionarios da Permanente nacional e o sector nacionalista de ANOVA forzaron, en contra do criterio do Voceiro Nacional, que a persoa candidata fose elixida pola militancia, previo proceso de presentacin de candidaturas e o envo s bases do acordo con IU. O acordo chegou das mis tarde, en vsperas de que rematara o prazo para candidatarse, logo de ser reclamado insistentemente, pero resultou que o papel enviado non era mis ca un esquema xeral, feito ad hoc que apenas contia informacin relevante. Incluso na mesma comunicacin se recoeca que anda non est pactado como vai ser o programa conxunto. Por ltimo, a pesar de que o acordo aprobado faca referencia explcita a que os rganos de ANOVA non se pronunciasen a favor de ningun en concreto, o Voceiro Nacional anunciou primeiro e enviou logo un escrito de apoio sa candidata, esquecendo que el non un militante mis, senn que ostenta un cargo orgnico para o que foi elixido por todos e por todas, includos os outros candidatos e candidata na ltima Asemblea Nacional, ags xusto a que el sinalou co dedo.

Por todo isto non podemos evitar sentir certo sentimento de traizn: Traizoados por quen antepn os resultados e o curtopracismo ao ben comn de todos os galegos e galegas, porque sospeitamos que estn entregando o proxecto de ANOVA a IU para crear a izquierda federal del Noroeste, dilundo ANOVA nun ente chamado AGE, que claramente se inte como a versin de ICV para Galiza. O noso compromiso defender os principios polticos fundacionais de ANOVA, como armas ideolxicas capaces de crear alternativas, que son ademais necesarias e urxentes, para contrapoelas s polticas destrutivas do PP e de quen ataque os intereses do noso pas; e seguir a loitar por construr a ferramenta poltica, galega e de esquerda rupturista necesaria para poder levalas adiante, CHMESE ESA FERRAMENTA ANOVA OU DOUTRO XEITO. Por todo isto adoptamos as seguintes propostas de resolucin: Non compartimos a deriva pola que a actual Direccin semella estar a levar a ANOVA, esquecendo os seus principios polticos fundacionais, e pretendendo convertela na izquierda federal del noroeste. Acreditamos na unidade de accin e nas frontes amplas, por iso non podemos tolerar que se pretenda converter AGE simplemente nunha marca electoral ao servizo nico da implantacin de IU en Galiza. Debemos pedir explicacins Direccin Nacional e ao Voceiro por este xiro estratxico que non foi aprobado en ningn rgano. O normal e que se se pretende isto debe ser debatido e votado nunha asemblea nacional onde todas e todos poidamos contrastar os diferentes posicionamentos. Dende as Asembleas Locais do Salns defenderemos o proxecto fundacional de ANOVA como referente do nacionalismo e da esquerda e tentaremos que todas e todos os nacionalistas de ANOVA confluamos nunha direccin comn para impedir que se cambien ou se deturpen. Seguiremos a traballar na sociedade, nos nosos concellos, ao lado da cidadana na defensa dos seus dereitos e na denuncia das inxustizas. En referencia s prximas eleccins europeas acordamos rexeitar o acordo de integracin na candidatura de IU e, en consecuencia, non participar na prxima campaa electoral. Abriremos tamn un perodo de reflexin conxunta para decidir se posible continuar ou non nesta organizacin que, coa deriva actual, non representa nin o noso proxecto nin as nosas ideas.

Todas estas resolucins acrdanse respectando sempre as posicins individuais que poidan adoptarse ao respecto por parte de militantes do Salns. No Salns, a 28 de marzo de 2014. 3

Anda mungkin juga menyukai