Anda di halaman 1dari 14

UNIDADE 4: A EDAFOSFERA.

1. - CONCEPTO DE SOLO
1.1.- DEFINICIÓN.-

O solo é un complexo formado polos


productos da alteración das rochas,
polos seres vivos e polos productos da
descomposición dos seus restos, así
como por auga e por aire. Estes
compoñentes adoitan distribuírse en
capas horizontais ou horizontes.
Do estudo do solo ocúpase a edafoloxía.

1.2.- ORIXE.-

Os compoñentes químicos do solo teñen


unha dobre orixe:
• Unha parte procede da
meteorización das rochas. Tal é a
orixe de ións como o Ca++,
Mg++, K+ etc., que constitúen
nutrientes básicos do solo.
Tamén proceden da
meteorización das rochas os
cantos, as areas e as arxilas que
constitúen o esqueleto do solo.
• Outra parte procede dos restos
orgánicos cuxa transformación
prodúcese en dúas fases: a
humificación ou descomposición dos restos orgánicos nunha masa escura, e a
mineralización ou transformación do humus en materia inorgánica que pode ser
asimilada polos vexetais: tal é o caso dalagúns catións e de case todos os anións

1.3.- A IMPORTANCIA DO SOLO.-

1.3.1.- O seu papel no ciclo xeoquímico.-

O solo ocupa un papel transcendental no ciclo da materia:, tal como estudaremos en temas
posteriores, xa que os descompoñedores pechan o ciclo da materia nos ecosistemas. Así
parte destes restos ricos en nitróxeno (proteínas) ceiban o amoníaco que logo oxídase a
nitritos e a nitratos que constitúen as formas asimilables deste elemento. Algo semellante
ocorre co xofre reducido das proteínas que acaba convertido en sulfato polos
microorganismos do solo. Asemade, os restos ricos en fosfatos liberan estes ións que quedan
dispoñibles para as raíces dos productores. A mineralización libera tamén os catións contidos
polos restos orgánicos aumentando a fertilidade dos solo. Todos estes compostos, se non son
lavados, permanecen no solo onde son intercambiados coas raíces dos vexetais nos procesos
de nutrición destes productores

51
1.3.2.- O solo e a fertilidade.-

As características do solo determinan circunstancias de gran importancia ecolóxica o


económica como son a fertilidade do solo, a productividade, a posibilidade de instalación de
determinadas especies, a resistencia fronte a erosión, etc. Na pregunta seguinte estudaremos
os factores que determinan a calidade do solo

2. - FACTORES DE FORMACIÓN DO SOLO.-

De forma clásica cítanse cinco factores de formación do solo: o clima, o material orixinal, a
topografía, e os organismos. Vexámolos.

2.1. - O CLIMA .-

O clima inflúe no desenvolvemento do solo basicamente en dous aspectos:


• Por unha banda a chuvia produce a circulación da auga no solo o que vai a influír no
seu desenvolvemento (aspecto positivo) e tamén na perda dos materias solubles
(aspecto negativo).
• Por outra parte a temperatura inflúe nos procesos químicos de descomposición de
restos orgánicos e na formación do humus. A temperatura alta acelera estes procesos
mentres que a temperatura baixa os
ralentiza.

No caso galego o predominio da precipitación


sobre a evaporación sumado á pouca capacidade
de retención a auga dos solos galegos (tal como
veremos máis adiante) fainos pensar nunha
importante infiltración de auga e unha intensa
perda por lavado dos ións solubles (Ca++, Mg++,
K+, Cl-, carbonatos, etc.), cun incremento
porcentual de Al, Fe, Si. Estes lavados supoñen,
ademais do empobrecemento dos nutrientes,
acidificación, modificacións na solubilidade
doutros compostos, lavado de arxilas e óxidos,
etc. De esa forma a evolución do solo en Galicia,
sobre todo en climas fríos, pode chegar a ser
degradante (podsolización) , e conducir a tipos
de solo de escasa fertilidade (podsoles), tal como
veremos en preguntas posteriores.

2.2. A ROCHA ORIXINAL.-

O material inicial do solo é do orixe xeolóxica (rochas ou sedimentos). O tipo de rocha inflúe
moito nas características do solo xa que determina o tipo de productos que produce esta
alteración. Estes productos influirán en propiedades moi determinantes na fertilidade do solo:
estructura, capacidade de retención da auga do solo, abundancia de nutrientes, acidez, etc.

O granito, a rocha predominante en Galicia dá un alterado ácido, areoso e pobre en nutrientes.


Os xistos tamén dan solos ácidos e pobres en nutrientes anque algo menos areosos.

52
2.3. -A TOPOGRAFÍA

A topografía do terreo inflúe en dous aspectos: a facilidade para a erosión e o grao de


hidromorfía , é dicir na retención da auga. Semella obvio que con moita pendente a
infiltración é mínima e a escorrenta máxima, polo que a erosión será máis alta, sobre todo se
non existe vexetación para freala. Pola contra, con pendentes mínimas a infiltración será
máxima, o que favorecerá o desenvolvemento do solo
Topografía e
anque a falta de pendente pode producir situacións de desenvolvemento do
enchoupado que cea problemas de ausencia de osíxeno e o solo
desenvolvementos de solos con hidromorfía con hoizontes
especiais chamados gleicos.

2.4. - OS ORGANISMOS ( A VEXETACIÓN).-

A vexetación inflúe no desenvolvemento do solo por ser a principal fonte de materia orgánica.
Ademais inflúe no microclima do solo e na retención da auga.

Ademais, os animais do solo como miñocas, arácnidos, etc. realizan un papel de mesturado e
homoxeneización dos compoñentes de este. Cómpre non esquecer o importante papel dos
microbios nos procesos de descomposición da materia orgánica.

Neste sentido tense discutido moito sobre o papel da vexetación autóctona e da vexetación de
repoboación na evolución do solos en Galicia. Algúns autores falan de especies mellorantes
para referirse á flora autóctona (carballo, castiñeiro, etc.) fronte a especies degradantes
referidas as de repoboación (piñeiros, eucaliptos, etc.). Falaremos sobre esto máis polo miúdo
cando estudiemos o solo como recurso.

3. – OS COMPONENTES DO SOLO.-

Podemos clasificar aos compoñentes do solo da seguinte forma:


• Fracción ou fase sólida: procedentes da alteración da rocha madre e dos restos
orgánicos dos seres vivos.
• Fase líquida: que serían as disolucións do solo, e dicir, a auga e os ións disoltos.
• Fase gasosa: que sería a atmosfera do solo.
• Os seres vivos.

3.1. Fase sólida:

• Areas: (diámetro superior a 0,05 mm.). Son xeralmente anacos de rocha ou minerais
resistentes á meteorización (sobre todo seixo). Son pouco móbiles e inactivos e
constitúen o esqueleto do solo.
• Fracción fina: Son materiais de tamaño menor o que lles da un comportamento
coloidal. Adoitan presentar carga eléctrica o que afecta a moitas propiedades do solo
como a estructura, a capacidade de retención de auga ou a capacidade de intercambio
iónico. Está constituída por:
 As arxilas: procedentes da alteración da rocha nai.
 Os coloides húmicos procedentes da descomposición da materia orgánica que
poden aparecer illados ou formando asociacións con outros compostos.
As arxilas e os coloides húmicos forman o nomeado complexo de cambio, un complexo
químico con carga eléctrica negativa polo que establecen enlaces cons catións do solo.

53
Este complexo de cambio é un elemento fundamental para a fertilidade do solo xa que
evita a perda por lavado en facilita o intercambio dos catións coas raíces dos vexetais.
Ademais e responsable de propiedades do solo como a estructura tal como veremos máis
adiante

3.2. – A fase líquida: as disolucións do solo.

Formadas pola auga e os ións.

• A auga: no solo aparece en tres formas:


 Adsorbida polas arxilas. Esta auga establece fortes enlaces coas arxilas polo que
non e accesible ás plantas.
 Auga freática ou circulante que se perde para o solo. Ademais realiza unha labor
prexudicial de lavado de substancias solubles.
 Auga capilar, retida entre os poros do solo que é a accesible para os vexetais.
Constitúe a chamada reserva de auga útil.
• Ións: auga do solo presenta en disolución as substancias que seguen:
 Catións de Ca++, Mg++, Na+, y K+. Estes ións teñen unha dobre orixe: en parte
proceden da alteración da rocha nai, e tamén dos procesos de mineralización do
humus. Son elementos importantísimos para a nutrición vexetal. A súa perda
pode ser grande se a infiltración é alta e se produce o seu lavado cara a partes
profundas do solo alterando seriamente a súa fertilidade.
 Anións como carbonatos e sulfatos, tamén importantes para a fertilidade do solo.
Estes compostos proceden fundamentalmente dos procesos de mineralización da
materia orgánico do solo (Humus)
 Compostos de nitróxeno: proceden da descomposición da materia orgánica
realizada por los seres vivos. Son principalmente derivados do amonio (NH4)+,
nitritos (NO2)-, e nitratos (NO3)-.

3.3. - A fase gasosa

A constitúen os mesmos compoñentes cá atmosfera de onde proceden (nitróxeno, osíxeno,


dióxido de carbono, etc.). A única diferencia é unha cantidade lixeiramente superior de
dióxido de carbono orixinado pola intensa actividade respiratoria dos microorganismos do
solo. Por iso é importante unha boa aireación do solo o que é facilitado en solos con boa
estructura..

3.4. Os seres vivos:

Son importantísimos no desenvolvemento e nas propiedades de solo.


 Microorganismos: basicamente bacterias, protozoos, algas e fungos
microscópicos. Compren un importantísimo papel na descomposición e
mineralización dos restos orgánicos.
 Mesofauna: como insectos, arácnidos, ácaros, colémbolos, miriápodos, etc.
Especial importancia teñen as miñocas que coa súa actividade remobedora e
filtradora do solo melloran claramente a súa estructura.

4. - PROPIEDADES DO SOLO.-

54
4.1. - TEXTURA.

A propiedade da textura refírese ao tamaño das partículas sólidas que compoñen o solo.
Segundo ese tamaño podemos clasificalas en tres grandes grupos: areas, arxilas e limos. Un
solo equilibrado é un solo que contén unha relación de partículas que lle outorga condicións
ideais para a retención da auga. Esta porcentaxe podería ser aproximadamente un 40% de
areas, un 18 % de arxilas e un 42% de limos. Na medida que nos afastamos de tales
porcentaxes os solos se denominan areosos, arxilosos e limosos
A textura do solo é importantísima porque determina propiedades fundamentais como a
capacidade de retención da auga. Un solo excesivamente arxiloso ou limoso retén a auga en
exceso e plantea problemas de enchoupado e polo tanto de falta de osíxeno; pola contra un
solo excesivamente areoso non retén a auga e plantea problemas de aridez e de perda de
nutrientes solubles por lixivación tal como vimos que acontece de cotío nos solos galegos.

4.2. – ACIDEZ

Refírese ao pH do solo, é dicir á relación entre os ións H+ e ións (OH)-. Neste senso os solos
son: moi ácidos (por debaixo de 5,5), ácidos (entre 5 e 6), lixeiramente ácidos (entre 6 e
6,7),neutros (entre 6,7 e 7,3),moderadamente básicos ou alcalinos (entre 7,3 e 8), básicos ou
alcalinos (entre 8 e 9 ) e moi básicos (máis de 9). A acidez é unha propiedade moi influínte
na fertilidade do solo por dúas razóns:
• Porque afecta a solubilidade dalgúns compostos como a arxilas que en solos ácidos
fanse solubles e son lavadas. Esta perda de arxilas afecta á estructura do solo e a
propiedades básicas como a capacidade de retención de auga, á aireación, etc.
Ademais ao solubilizar algúns compostos tóxicos normalmente insolubles, permite
que estes entren nas cadeas tróficas.
• A acidez condiciona a instalación de determinadas especies que non medran en solos
ácidos, e dificulta a presencia de microorganismos descompoñedores de importancia.
Por todo elo aconséllase o encalado dos solos ácidos para subir o pH e mellorar as
súas propiedades.

4.3. - ORGANIZACIÓN E ESTRUCTURA DO SOLO.

A formación de agregados é unha das propiedades que


máis afectan á fertilidade dun solo. Cando nun solo os seus
compoñentes sólidos aparecen agregados (terróns) dicimos
de el que posúe unha boa organización, é dicir unha boa
estructura. A existencia desta organización é positiva para
a fertilidade do solo xa que:
Entre os agregados das partículas sólidas do solo (terróns)
quedan poros de tamaño medio a grande a través dos que a
auga se infiltra é es eliminada con facilidade favorecendo a
aireación e polo tanto a respiración das raíces e doutros
organismos.
Asemade facilitan a renovación da atmosfera do solo na
que teñen lugar una forte actividade respiratoria con alta
producción de CO2.
No interior dos agregados orixínase unha porosidade capaz
de reter a auga necesaria para a vida das plantas, o que a
súa vez diminúe a perda de catións solubles que se produce pola infiltración do auga.
Ademais nos poros do solo viven microorganismos útiles para el.

55
4.5. - A CAPACIDADE DE RETENCIÓN E INTERCAMBIO DE IÓNS.

A presencia de humus e de arxila no solo aumenta a súa capacidade de retención dos


nutrientes. Esta retención sen embargo permite o intercambio de estes ións coas raíces dos
vexetais constituíndo a forma máis habitual de nutrición vexetal. Esta capacidade de
intercambio iónico é unha das propiedades máis interesantes do solo en relación coa súa
fertilidade, e está claramente relacionada coa existencia do nomeado complexo de cambio que
vimos en preguntas anteriores.

5. - PERFIL DO SOLO

5.1. - XÉNESE E EVOLUCIÓN DO SOLO: A DIFERENCIACIÓN EN


HORIZONTES.-

Poderiamos resumir a xénese e a evolución dun solo (edafoxénese) da seguinte forma:


1. - O proceso iníciase coa alteración da rocha nai por procesos físicos ou químicos ata que
é posible a instalación da vexetación sobre el. A alteración química produce a formación de
arxilas que se unen ás areas aparecendo o que denominaremos estructura do solo (“terróns”).
Tamén produce a liberación de ións solubles (Ca++, Mg++, Na+ y K+), que poden arrastrados
pola auga infiltrada ata zonas máis profundas ou mesmo perderse para o solo. e pérdense, e
2. - A instalación dos seres vivos produce un dobre efecto. Por unha parte facilita o progreso
da disgregación do solo. Ademais os seus restos incorpóranse a el orixinando o que
denominaremos fracción húmica do solo. Moitos dos compostos húmicos combínanse cos
outros compoñentes do solo favorecendo o desenvolvemento da estructura.
3. - A infiltración da auga produce o desenvolvemento do solo arrastrando os materiais
solubles ata partes máis fondas, e Evolución dos horizontes co desenvolvemento do solo
acumulando material húmico nas
partes altas. Así no solo iranse
diferenciando capas de composición
diferente ás que denominaremos
horizontes e entre as que se
distinguen un horizonte superior rico
en materia orgánica (horizonte O),
un horizonte medio, de lavado, do
que son arrastrados os materiais
solubles (horizonte A) , un horizonte
de acumulación do material lavado
(horizonte B) e finalmente un
horizonte de rocha disgregada ou
horizonte C.
4. – Logo, segundo as condicións da rocha nai, do clima e da vexetación, o solo pode
desenvolverse aínda máis, marcándose as diferencias entre bandas dos horizontes e apracendo
subhorizontes.

Cómpre sinalar que o ritmo de edafoxénese é lento, aínda que depende das condicións
xeolóxicas e climáticas do lugar. Así a media para Europa tense calculado de 1 Tn/Ha ao
ano o que ven a coincidir co crecemento de 6 mm cada 100 anos. Contrasta isto coa taxa
de destrucción media para Europa que se ten calculada en 17 Tn/Ha ao ano
(aproximadamente 1 cm de altura por século) o que conduce a unha perda de solo
importante.

56
5.2. - HORIZONTES.

Denominamos horizontes ás distintas capas horizontais do solo con propiedades peculiares


adquiridas durante os procesos de edafoxénese. Os horizontes poden ser:
Horizontes orgánicos (O). - Son acumulacións de materia orgánica procedente das plantas e
dos animais. Normalmente a parte superior do horizonte orgánico está formado po restos
claramente recoñecibeis (O1), mentres que a parte inferior, chamada O2, presenta restos
orgánicos descompostos e que non son recoñecibles, aos
que denominamos humus.
Horizonte A.- É un horizonte de lavado onde os materiais
solubles son arrastrados. Tal ocorre con parte das arxilas
e os óxidos que desaparecen deixando un horizonte moi
rico en area e por iso de cor clara. Xeralmente
distínguense un subhorizonte A1, con certa cantidade de
materia orgánica, e por iso escuro, e outro chamado
subhorizonte A2 de características típicas.
Horizonte B.- Son horizontes de acumulación onde
precipitan os materiais lavados nos horizontes superiores
(óxidos, arxilas e mesmo materia orgánica). Adoitan
distinguirse subhorizontes de transición cos horizontes
superiores e inferiores.
Horizonte C.- É rocha alterada (regolito). En el poden
precipitar tamén materiais moi solubles como sales
minerais e sílex. Baixo de el está a rocha á que tamén se
designa como R

O conxunto de horizontes dun solo constitúe o seu perfil.

6. - SOLOS DE GALICIA. USOS DO SOLO EN GALICIA.-

Na literatura científica galega adoita usarse un sistema de clasificación do solos establecida


pola FAO. Nela distínguese unha serie de solos dos que estudiamos os máis abondosos en
Galicia:
Litosoles: solos que teñen só un horizonte A rico en materia orgánica e con menos de 10 cm
de grosor. Adoitan estar en lugares de alta pendente. Son os solos máis improductivos do país
e unicamente poden ter aproveitamento forestal e con especies moi pouco esixentes como
piñeiros ou eucaliptos.
Regosoles ou Ranker: solos como os anteriores cun só horizonte A rico en materia orgánica
pero máis fondo (10 a 25 cm) situado sobre unha capa de rocha alterada ou regolito (C).
Teñen moitas limitacións pola súa pequena profundidade e a súa baixa fertilidade. Tamén
aparecen en lugares de certa pendente e a súa utilización é basicamente forestal anque poden
ter utilización gandeira para pastos.
Cambisol húmico: cun horizonte A rico en materia orgánica de máis de 25 cm, poden ter ou
non ter un horizonte B. Son os solos máis estendidos por Galicia. Poden utilizarse con
finalidade forestal ou gandeira para pastos. Anque a súa fertilidade é baixa poden utilizarse
tamén para cultivo intensivo sempre que se fagan as correspondentes correccións en acidez e
fertilizantes.
Cambisol dístrico: semellante ao anterior pero cun horizonte A máis pobre en materia
orgánica que fai que a súa cor sexa máis parda que negra. Xéranse en condicións de clima
mediterráneo (sur de Galicia) que fai que a materia orgánica sexa degradada con máis rapidez.
Trátase dun solo fértil con uso agrícola.

57
Cambisol gleíco: semellante ao anterior pero con auga no fondo que deixa sinais de
hidromorfìa (cores amarelos, grises ou verdes). Atópase en lugares chans o que favorece o
enchoupado. Son solos moi axeitados para prados. Se se usan para cultivos deben ser
drenados
Podsol léptico: é o
estadio de degradación SOLO FERTILIDA USO
ao que poden chegar o DE
s solos anteriores se as
condicións de lavado e LITOSOLES Moi baixa Unicamente forestal con especies
acidificación non son pouco esixentes.
freadas RANKERS Baixa Forestal o gandeira
(podsolización).
Caracterízanse por ter CAMBISOL Baixa-media Forestal o gandeira. Agrícola se
baixo o horizonte A un HUMICO se fan correccións.
horizonte B onde se CAMBISOL media Forestal, gandeira ou agrícola.
acumulan os óxidos e DISTRICO
as arxilas lavados en
media Gandeira. Agrícola se se drena
horizontes superiores. CAMBISOL
GLEICO
Son solo pobres con
utilidade PODSOL Baixa Forestal.
exclusivamente LEPTICO
forestal.

7.- IMPACTOS SOBRE O SOLO: A DESTRUCCIÓN DO SOLO E A


DESERTIZACIÓN.-

7.1.- A EROSIÓN DO SOLO E O SEU CONTROL .-

7.1.1.- Factores que inflúen na erosión.-

A erosión é un proceso natural que supón a perda dun solo que tarda milleiros de anos en
formarse, coa correspondente perda da capacidade de producción agrícola que supón. A
erosión vese afectada por factores de tipo climático, polo tipo de solo e de vexetación, mais
58
tamén polos usos e impactos humanos: talas, incendios, etc. Os factores que influirán na
erosión son os que seguen:

FACTORES NATURAIS.- Son os que indicamos deseguido. Estes factores poden ser
cuantificado nos parámetros de erosividade do axente erosionador ou da erosibonabilidade do
solo, tal como veremos na seguinte pregunta.
• O grao desenvolvemento da vexetación (pobre en territorios áridos) que actúa como un
elemento fundamental na protección da erosión.
• As condicións climáticas, sobre todo no que ten que ver coa aridez (que determina a
pobreza na vexetación) e a distribución temporal das precipitacións que incrementan a
intensidade da erosión cando se produce de xeito esporádico e intenso.
• A pendente que ao aumentar a velocidade da escorrenta incrementa a intensidade da
erosión.
• As características do solo, sobre todo o que ten que ver co grao do desenvolvemento da
estructura que lle da resistencia a erosión.

FACTORES ANTROPÓXENOS : Os impactos da activade humana que modifican as


condicións naturais:
• A deforestación como consecuencia da tala para a consecución de terreos de cultivo ou
para madeira
• Os incendios forestais que teñen consecuencias nefastas no proceso de destrucción do solo
que queda desprovisto da capa protectora da vexetación.
• As actividades relacionadas cos cultivos: tipo e número de especies, rotacións, labores
feitas, etc.
• Alteración das propiedades do solo que diminúen a súa resistencia a erosión.

7.1.2.- Os parámetros erosivos. Erosividade e erosionabilidade.-

Podemos sisematiza3 os factores naturais para que o home


Índice de aridez poida facer traballos de prevención e control dos procesos
INDICE ZONA de erosión. Cómpre, para elo definir os seguintes
> 40 Húmida parámetros: erosividade do axente, e a erosionabilidade do
30 - 40 Subhúmida terreo.
20 – 30 Semiárida
10 – 20 Arida ou esteparia
5 – 10 Subdesértica Erosividade.- Expresa a capacidade erosiva do axente
0-5 Desértica xeolóxico predominante (normalmente a chuvia, mais tamén
o vento, o xeo, etc.). Depende de do clima. Este parámetro é
de indubidable interese para a elaboración de mapas de erosividade, podendo ser avaliado
polos seguintes índices:
• Índice de aridez (I): amosa a relación entre precipitación e temperatura. Na táboa temos
os graos de aridez relación a este índice. A maior aridez maior perigo de erosión.
• Índice de agresividade climática (Ia): amosa a relación entre precipitación e a
distribución das precipitacións. O parámetro é indicativo da erosividade porque o grao de
erosión non depende da cantidade de auga caída senón da súa distribución temporal, sendo
máis prexudicial cando a precipitación e esporádica.
• Índice de erosión pluvial ® : mide a capacidade de erosión da chuvia.. Este dato é
calculado nas estacións meteorolóxicas.

Erosionabilidade.- Expresa a susceptibilidade do substrato para ser mobilizado. Este factor


depende do tipo de solo (estructura en agregados que impide a erosión), da pendente e da
cobertura vexetal, e resulta útil par elaborar os mapas de erosionabilidade a escala local. Os
valores máis utilizados para medila son:
59
• Inclinación da pendente (S): Toda pendente superior ao 15% comporta risco de erosión.
• Estado da cuberta vexetal: a partir dela calcúlase o índice de protección vexetal (Ip) sendo
1 o valor de protección
máximo. ÍNDICE DE PROTECCIÓN DA CUBERTA VEXETAL
• Susceptibilidade do terreo: é Cuberta vexetal Pendente Ip
un valor que ten que ver coa Bosque denso (70%) ou cuberta arbustiva Calquera 1,0
non degradada
textura, coa estructura e co
contido de materia orgánico do Bosque aclarado > 8%
8-30%
1,0
0,8
solo. Utilízase o índice de >30% 0,7
resistencia litolóxica (Ir). Zona arbustiva aclarada >8% 0,8
8-30% 0,6
>30% 0,2
Índice de resistencia Litolóxica
Pasteiro conservado >8% 1,0
Rocha Índice 8-30% 0,9
Rochas duras básicas 0,9-0,8 >30% 0,6
Rochas duras ácidas 0,7
Areniscas e calcarias Cultivo con prácticas de conservación >8% 1,0
0,6
8-30% 1,0
Sedimentos antigos 0,4 >30% 0,5
Arcilas, margas, sed. rec. 0,2 Cultivo sen prácticas de conservación ou >8% 0,9
Xesos <0,1 terreos núos 8-30% 0,5
>30% 0,0

7.1.3.-Métodos de avaliación da erosión.-

Xa dixemos que para facer a predicción e previr a erosión faise necesaria a elaboración de
mapas de risco a partir dos factores expostos previamente. Ás veces existen indicadores
físicos ou biolóxicos que amosan o risco de erosión. Vexamos:

INDICADORES FÍSICOS.- Utilízanse marcas, incisións ou manchas observables no terreo.


A súa utilización permite establecer tres graos de erosión:
• Grao 1: erosión laminar que se produce una eliminación do solo máis ou menos uniforme
no horizonte superficial do solo. Non é doada a súa detección anque é obvia nas zonas de
nula vexetación en solos de pouca cohesión.
• Grao 2: erosión en sucos: a auga de escorrenta concéntrase en liñas ou regueiros abrindo
incisións centimétricas que poden chegar a algúns decímetros.
• Grao 3: erosión en cárcavas: as augas de escorrenta abren sucos que poden chegar a
dimensións métricas ou decamétricas orixinando as chamadas “Bad-lands”.

INDICADOS BIOLÓXICOS.- Baséanse na observacións da vexetación e dos cúmulos de


sedimentos de orixe edáfica:
• Grao 0: vexetación densa. Perigosidade de degradación de solos
• Grao baixo: vexetación aclarada, Grados de perigosidade Pérdidas en Pérdida en altura
lixeiro afloramento das raíces e t/ha/ano mm/ano
Grado 1(Moi baixa) < 10 < 0,6 mm/ano
cúmulos de pedra ou solo preto delas. Grado 2 (Baixa) 10- 50 0,6 – 3,3 mm/ano
• Grao medio: vexetación aclarada con Grado 3 (Moderada) 50 – 200 3,3-13,3 mm/ano
raíces expostas e acumulacións de Grado 2 (Alta) > 200 > 13, 3 mm/ano
materiais de erosión de 1 a 5 cm
• Grao alto: raíces moi expostas e grandes pedestais de erosión.

7.1.4.- Control e recuperación das zonas erosionadas.-

Pasa por resolver as causas que favorecen a erosión do solo: a perda de cuberta vexetal, a
instalación de cultivos pouco axeitados, a xénese de pendentes, a forte escorrenta, etc..
Vexamos algunhas medidas:

60
• Ordenación do territorio: é dicir políticas tendentes darlle a cada solo un uso compatible
coa súa conservación.
• Defensa da cuberta vexetal
 Políticas contra incendios: instalando cortalumes que impidan a extensión dos incendios,
medidas de vixilancia, de extinción, medidas educativas, etc..
 Reforestación das zonas deforestadas.
 Plantación de especies vexetais adecuadas e fomento da rotación de cultivos.
 Abandono de cultivos en zonas de excesiva pendente substituíndoos por pastos,ou
reforestando
• Actuacións sobre a
circulación da auga:
 Aumentar a infiltración
evitando a escorrenta
superficial aterrazando
con socalcos.
 Diminución da
escorrenta mediante
drenaxes.
• Actuacións sobre o
relevo.-
 Evitar o retroceso dos
barrancos mediante a
construcción de diques
nas cárcavas .
 Ampliación de medidas
contra a erosión eólica
edificando barreiras
cortaventos con
vexetais ou
construcción artificiais.
 Evitar as pendentes EROSIÓN DO SOLO NAS DISTINTAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS
mediante socalcos.

61
7.1.5.- Efectos secundarios na destrucción do solo.-

A parte da perda dun recurso de renovación moi lenta como é o solo, a erosión produce
secundariamente efectos negativos como os que seguen:
• Aterramento dos encoros polo cúmulo dos sedimentos erosionados
• Agravamento dos efectos das inundacións, xa que o poder destructor da auga
increméntase cando esta arrastra cantidades de sedimentos (carga).
• Deterioro de ecosistemas fluviais e costeiros por excesivo depósito sedimentario.
• Acumulo de areais e coiales nos solos de vega.
• Desertización como consecuencia da erosión do solo cultivable tal como veremos agora.

8.2. - DESERTIZACIÓN

8.2.1.- Conceptos xerais.-

Desertización e desertificación son dous termos que utilizamos con significado pouco
definido para referirse a procesos que comportan perda da productividade dun solo coa
correspondente desaparición da capa de seres vivos e a instalación do deserto.

De xeito xeral podemos definirr desertización como a perda da productividade ecolóxica


do solo, de carácter irreversible e producto da actividade humana normalmente en
terreos con climas áridos ou subáridos (desertificación) seguido de procesos sociais de
despoboamento por perda de recursos consecuencia do procesos anteriores.

En todo caso todos coinciden que o proceso de desertización resulta da confluencia de


procesos de orixe humana (exceso de rego, cultivos en zonas de pendentes, sobrepastoreo,
etc.) con factores de orixe climática (secas, precipitacións esporádicas e torrenciais con perda
de solo, etc.).

8.2.2.- Causas da desertización e medidas.-

CAUSAS DA DESERTIZACIÓN.- Os procesos que poden conducir a desertización son


aqueles que afectan seriamente a fertilidade do solo xa que isto conduce a perda da capa de
vexetación característica da desertización. Estes impactos que afectan seriamente á fertilidade
do solo son:

• Perda de fertilidade do solo por distintas causas:


 Erosión hídrica ou eólica do solo diminuíndo o seu espesor ou destruíndoo
completamente polas causas indicadas na pregunta anterior.
 Degradación química do solo por perda de fertilidade por algúns dos seguintes
procesos: acidificación, exceso de lavado, contaminación (chuvia ácida, metais
pesados, augas residuais, etc.), ou salinización.
 Degradación física: perda de estructura por excesivo pisado, compactación con
maquinaria,etc...

• Danos nos acuíferos por:


 Desecación por sobreexplotación dos acuíferos.
 Salinización por intrusión de auga salgada nos acuíferos.

• Perda da cuberta vexetal por:


 Deforestación por talas

62
 Incendios forestais.
 Sobrepastoreo,
 Cultivos pouco axeitados,etc.

MEDIDAS CONTRA A DESERTIZACIÓN.- Canto as medias propostas contra a


desertificación, citamos as seguintes:
• Medidas de ordenación dos recursos hídricos: trátase de potenciar o aforro no consumo
de auga e de evitar as perdas nas conduccións e encoros co fin de evitar a
sobreexplotación dos acuíferos e os procesos de salinización, mediante procesos como os
que seguen:
 Políticas de aforro e mellora da eficiencia no consumo (melloras técnicas para evitar a
perda nas conducións ou encoros, políticas tarifarias realistas, utilización de rego
eficiente, etc.)
 Especial atención aos acuíferos próximos ao mar para evitar a salinización.
 Recursos a medidas de tipo técnico para o fornecemento da auga como o desalgado ou
o transvasamentos desde concas excedentarias próximas.
• Medidas de conservación do solo con obxecto de evitar a súa erosión e a súa
contaminación. Calquera das medidas de conservación e recuperación do solo que vimos
na pregunta anterior teñen cabida aquí.
• Medidas protectoras ou recuperadoras da cuberta vexetal: trátase de defender ou
recuperar a cuberta vexetal, como as que seguen:
 Políticas de protección e conservación das masas boscosas
 Reforestación.
 Cultivos axeitados e practicas agrícolas respectuosas co medio
 Evitación do sobrepastoreo.
 Posta en marcha de explotacións alternativas como a silvicultura
 Ordenación e conservación da fauna e da flora silvestres.
 Protección específica contra os incendios forestais.

A DESERTIZACIÓN NO MUNDO

63
8.2.3.- A desertización en España.-

Segundo a clasificación de Nairobi, España é o único país europeo con alto risco de
desertización por erosión do solo. Cada ano pérdense no noso país 1.150 toneladas de solo
fértil debido a erosión, como consecuencia de prácticas agrícolas ou forestais inadecuadas,
incendios forestais, obras públicas e actividades mineiras. O caldo de cultivo para que esta
situación se produza na España seca é evidente: clima mediterráneo con precipitación escasas
e torrenciais, relevo con pendente, solos arxilosos de difícil drenaxe, política forestal e
agraria inadecuada e unha deficiente xestión dos recursos hídricos. A consecuencia é
previsible: segundo un informe do ano 1992 o 56% da superficie do territorio español está
afectada por fenómenos de erosión de moderada a grave, e po riso camiño da desertización.

8.3.- CONVENIOS INTERNACIONAIS.-

El convenio internacional fundamental na loita contra a desertización procede da


“Convención das Nacións Unidas de Loita contra a desertificación” que se celebrou en París,
no ano 1994. Cómpre non esquecer, aínda que no é especificamente contra a desertización,
que no Cumio de Río de 1992 asinouse un documento para a protección dos bosques.

64

Anda mungkin juga menyukai