Anda di halaman 1dari 2

LITERATURA GALEGA DO SCULO XX

COMENTARIO LITERARIO DE:


En p! de Ramn Cabanillas.

Esta composicin, que leva por ttulo EN P! e est dedicada a Lus Porteiro
Garea, pertence ao xnero lrico. Forma parte do libro Da terra asoballada, publicado
en Vilagarca de Arousa en 1917 e cuxo autor o poeta de Cambados, Ramn
Cabanillas (1876-1959).
Ramn Cabanillas, alcumado no seu tempo o poeta da raza, o grande
escritor da literatura galega das primeiras dcadas do sculo XX. Poeta ponte entre os
grandes clsicos do Rexurdimento galego do XIX e as novas xeracins de poetas
vangardistas que comezan a publicar na dcada dos 20, sitase, pois, entre a tradicin e
a modernidade. Como a maiora dos escritores galegos, estivo comprometido na defensa
da cultura galega e moi infludo pola realidade social da Galiza que lle tocou vivir, isto
, o agrarismo, a loita organizada dos labregos para defenderen os seus dereitos e
denunciar as inxustizas s que se van sometidos; un asoballamento ao que fai referencia
precisamente o ttulo do libro no que se integra o poema a comentar: Da terra
asoballada. Trtase, pois, dun libro no que predomina a temtica cvica, reivindicativa,
unha das mis caractersticas do autor e que entronca directamente coa poesa de
denuncia social de Curros Enrquez.
O poema obxecto do comentario, En p!, forma parte claramente desa lia
cvica da que falamos. Nel o suxeito lrico (a voz potica) fai un chamamento aos
galegos, aos que identifica como irmns, para que manifesten abertamente ao mundo
(cantemos,berremos) o dereito que ten Galiza a ser liberada. Este dereito liberdade do
pobo galego xustificase ao longo do poema polo pasado histrico dos galegos, do que se
destacan feitos especialmente relevantes e mticos no devir do pas: a submisin que
supuxo a derrota do mariscal Pardo de Cela polos reis de Castela no sc.XV (estrofa II
), a referencia ao reino suevo de Galicia e batalla dos galaicos contra os romanos no
monte Medulio (estrofa III). Estas referencias histricas, que se citan seguindo un eixo
anticronolxico por certo, serven para exemplificar respectivamente:
o asoballamento histrico dos galegos por mans non galegas,
a posibilidade dun pas libre como no perodo suevo e
a propia estirpe guerreira dos galegos que puxeron de manifesto xa
durante a romanizacin.
Destas tres ideas: escravitude, liberdade e loita, xorde o chamamento unin dos
galegos, representada dita unin no smbolo do pas, a propia bandeira. Trtase, pois,
dun poema que funciona a modo de himno patritico, dirixido a un pblico ao que
intenta concienciar e facer reaccionar, rematando climaticamente cun berro colectivo:
A nosa terra nosa!. Desde o noso punto de vista, a esencia da composicin, o seu
tema, a liberacin de Galicia da man dos propios galegos.
O contido poderiamos estruturalo as:
1 parte, estrofa I: dereito do pobo galego liberdade.
2 parte, estrofa II: asoballamento histrico dos galegos por mans non galegas.
3 parte, estrofa III:
a) Chamamento loita pola liberdade (liberdade que xa haba en poca
sueva, vv. 1-2, porque os galegos son guerreiros como o demostraron na loita
contra os romanos, vv. 5-8).

LITERATURA GALEGA DO SCULO XX

b) Vv. 9-12: outra vez a idea do dereito liberdade porque A nosa


terra nosa!.
Formalmente o poema presenta unha disposicin en tres estrofas de 12 versos,
nas que se combinan heptaslabos con hendecaslabos e fundamentalmente rima
asonante irregular nos pares (i-a: -ida, -iba, -iga, -iva, -iza, -ida, na estrofa I), (e-a, na
II) e (o-a na III). Nestas tres estrofas artllase o poema e comprobamos como o cambio
de estrofa supn un aumento da intensidade no chamamemto, a tensin vai como na
msica, in crescendo, as fronte ao apstrofe co que se abre o poema: Irmns! na
estrofa I, temos na seguinte: irmns asoballados...! e na derradeira son mis os signos
de admiracin que sinalan unha entoacin mis enftica que chegara ao seu cume no
verso final: A nosa terra nosa! Este discurso repetitivo, que xira sobre a idea
expresada no tema vese reforzado por procedementos retricos que lle dan ademais
unidade composicin, falamos do paralelismo: versos 9-10 da estrofa I, paralelismo
interestrfico como nos versos 7-8 da estrofa I, repetidos na II, verso 10 ou o verso 11,
estrofa I, similar ao 11 da II. Esta reiteracin de ideas serve, como dixemos, para
acentuar o propsito da composicin que aparece as condensada nunhas poucas ideas
que se repiten insistentemente, estas ideas ademais vense reforzadas pola significacin
simblica que adquiren moitos dos termos escolleitos polo autor: a brancura que
envolve os galegos e que vn do ceo (versos 3-4) representa a pureza e honradez do
pobo galego. A fouce e a oliva, clsicos smbolos da loita e da resistencia (temos que ter
en conta que a revolucin bolxevique de Rusia ten lugar precisamente en 1917, ano de
publicacin Da Terra asoballada; por outra parte a oliveira e a oliva son smbolos da
dureza, da permanencia, pensemos que, segundo a Biblia, a pomba que No enva para
verificar se hai vida na terra, volta cun ramallio de oliveira). Ao valor simblico destes
termos habera que engadir a evocacin que nos receptores galegos provoca a mencin
de topnimos como Castela, a anttese de Galicia no discurso galeguista, o termo
Suevia, ou o monte Medulio ou simplemente palabras comns, mais cargadas dunha
forte connotacin: escravizaron, cadeas, asoballados, sangre, etc..
O autor fai uso tamn doutros recursos como o encabalgamento, versos 3-4 da
estrofa I, ou nos versos 1-2-3-4 da estrofa II, entre outros; ou como o hiprbato no verso
12 da estrofa I ou nos catro primeiros versos da estrofa II, procedementos retricos
estes que teen unha finalidade claramente rtmica.
En definitiva, estamos ante un poema combativo, ben representativo da lia
cvica da poesa de Cabanillas; un poema onde a realidade social do momento est ben
presente: as loitas agrarias, o nacemento do nacionalismo da man das Irmandades,
(vxase neste sentido a dedicatoria a Lus Porteiro, membro activo do movemento
agrario e das Irmandades), no que se pretende concienciar, dando a coecer e
enxalzando feitos histricos do pas e unindo os galegos baixo o seu smbolo nacional, a
bandeira, e baixo un obxectivo comn, en palabras de Pondal: a redenzn da boa nazn
de Breogn, a liberacin de Galiza.

Anda mungkin juga menyukai