Anda di halaman 1dari 24

RECUPERACIÓN CIENCIAS SOCIAIS 1º ESO

TEMA 1
VOCABULARIO

Biosfera: é o lugar da Terra onde se desenvolve a vida.


Equinoccio: o día e a noite teñen igual duración en todo o mundo.
Solsticio: a duración do día e a noite varía segundo o lugar no mundo.
Hemisferio: cada metade da superficie da esfera terrestre, dividida polo Ecuador.
Atmosfera: masa gasosa que rodea a Terra. Permítenos respirar.
Hidrosfera: capa da Terra formada por líquido (auga: ríos, mares, lagos…)
Litosfera: é a parte sólida externa da Terra.
Paralelo: Cada un dos círculos imaxinarios HORIZONTAIS que rodean a Terra. O máis importante
é o Ecuador.
Meridiano: Cada un dos círculos imaxinarios VERTICAIS que rodean a Terra. O máis importante é
o de Greenwich.
Latitude: distancia que hai dende un punto da superficie terrestre ao Ecuador, contada polos grados
dos meridianos.
Lonxitude: Distancia dun lugar respecto ao primeiro meridiano, contada polos grados do Ecuador.

PREGUNTAS

1. Que condicións permitiron o desenvolvemento de vida no noso planeta?

As condicións que reúne o noso planeta para poder desenvolver vida son:
 A temperatura na superficie terrestre é moderada: O Sol é a principal fonte de enerxía
no noso planeta e polo tanto tamén fonte de vida. A Terra encontrase a unha distancia
adecuada do Sol.
 A existencia de atmosfera: esta capa absorbe calor, evita que de día se quente demasiado
e de noite se arrefíe. Contén osíxeno esencial para a vida.
 A presenza de auga líquida na superficie: a auga é esencial para os seres vivos.

1
2. Cales son as tres capas externas da Terra? Describe cada una delas.
As capas que forman a Terra son:
 ATMOSFERA: é a capa gasosa que rodea a Terra. Está composta por nitróxeno,
osíxeno, vapor de auga, dióxido de nitróxeno, hidroxeno e outros gases.

 HIDROSFERA: é o conxunto de augas que existen no noso planeta: océanos, mares,


ríos, lagos, augas subterráneas, xeos, vapor de auga.

 LITOSFERA: é a parte sólida externa da Terra. Comprende os continentes e os fondos


dos mares.

3. En que consiste o movemento de rotación da Terra? Canto tarda o planeta en efectualo?


Explica qué orixina.

 O movemento de rotación é o xiro que realiza a Terra sobre o seu propio eixe, que
presenta unha pequena inclinación.
 Tarda en efectualo 24 horas.
 A súa principal consecuencia é a sucesión dos días e das noites.

4. En que consiste o movemento de translación da Terra? Canto tarda o planeta en


efectualo? Explica qué orixina.

 O movemento de translación é o desprazamento que realiza a Terra arredor do Sol.


 Tarda en facelo 365 días.
 A principal consecuencia son as estacións (primavera, verán, outono e inverno)

2
5. Localizar un punto no mapa dadas as coordenadas xeográficas.

- Un río que pase por 20º de latitude Norte e 30º de lonxitude Este.
Río Nilo
- Unha montaña situada a 60º de latitude Norte y 60º de lonxitude Este.
Montes Urais
- Unha illa situada a 20º de latitude Norte e 75º de lonxitude Oeste.
Cuba
- Una llanura situada a 30º de latitud Sur y 60º de longitud Oeste.
Gran Charco

3
TEMA 2
VOCABULARIO
Codia oceánica: é a parte da codia terrestre que forma os océanos.
Codia continental: é a parte da codia terrestre que forman os continentes (América, África, Europa,
Asia, Oceanía, Antártida)

Falla: fractura e desprazamento do terreo. Tipos de fallas:


Placa tectónica: son fragmentos que se moven sobre o manto.
Teoría da deriva dos Continentes: teoría de Alfred Wegener, segundo a cal os continentes actuais
xurdiron dun só bloque de terras (chamado Panxea), que se foi rompendo ao longo dos millóns de
anos.
Teoría da tectónica de placas: Segundo esta teoría, a litosfera está dividida en varias placas,
chamadas placas tectónicas. Estas desprázanse lentamente sobre o manto.
Volcán: Son aberturas ou gretas na codia terrestre polas que se expulsan materiais do interior da
Terra a unha temperatura moi alta.
Sismo ou terremoto: son bruscos movementos subterráneos que se producen na coida terrestre,
debido á fractura e ó desprazamento de rocas no interior da Terra.
Hipocentro: é o punto no interior da Terra onde se inicia o
terremoto.
Epicentro: é a proxección sobre a superficie terrestre.
Sismógrafo: instrumento para medir terremotos.
Escala de Richter: é unha escala que asigna un número para
medir a enerxía que libera un terremoto.
Tsunami: son unha serie de ondas procedentes do océano, que envían grandes ondeadas de auga,
que soen causar grandes desfeitas na costa.
Erosión: é o desgaste, a fragmentación e a disolución das rocas.
Sedimentación: é o deposito dos materiais previamente erosionados e transportados.
Montaña: son terreos elevados e de grande pendente. Poden agruparse formando serras e
cordilleiras.
Val: é unha zona chá entre montañas. É unha depresión na superficie terrestre.
Chaira: Son zonas baixas a planas. Localízanse nas costas e nas concas de grandes ríos.
Meseta: Son extensas superficies planas, situadas a certa altitude sobre o nivel do mar.
Depresión: Son superficies situadas por debaixo do nivel do mar.

4
Costa: Zona de contacto da terra en contacto co mar.
Península: extensión de terra rodeada de auga por todas partes menos por unha que a une ó
continente.
Cabo: porción de costa que penetra no mar máis que o resto do litoral.
Golfo: entrada de mar na costa.
Baía: golfo pequeno.
Ensenada ou cala: é unha baía un pouco máis refuxiada. É unha entrada de auga circular ou
redondeada con unha boca estreita.
Illa: porción de terra rodeada por auga por todas partes.
Arquipélago: conxunto de illas.
Plataforma continental: son extensas mesetas somerxidas, que se estenden dende a beira dos
continentes ata una profundidade duns 200 metros.
Noiro continental: constitúen o límite das plataformas. Teñen unha forte pendente e conducen ás
grandes profundidades.
Chaira abisal: son zonas chas ou de pendente suave, no fondo da conca oceánica.
Dorsal oceánica: son cordilleiras somerxidas que poden superar os 3000 metros. Os puntos máis
altos forman as illas.
Foxa mariña: son entalladuras estreitas situadas nas concas oceánicas.

PREGUNTAS

1. Explica como é a estrutura interna da Terra.


ESTRUCTURA INTERNA:
 Codia: capa máis superficial, onde se atopan os continentes.
 Manto: capa intermedia.
 Núcleo: zona interna.

2. En que 3 fases se modifica o relevo?Explícaas.


O relevo pode modificarse en 3 fases:
 Erosión: desgaste, fragmentación e disolución das rocas.
 Transporte: arrastre dos materiais arrancados pola erosión.
 Sedimentación: é o depósito dos materias previamente erosionados e transportados.

5
3. Que é un volcán?
Os volcáns son aberturas ou gretas na codia terrestre polas que se expulsan materiais do interior da
Terra a unha temperatura moi alta.
Como se produce unha erupción volcánica?
Os materiais quentes chámanse magma. O magma é presionado polas forzas internas da Terra,
desprázase pola cheminea e sae o exterior a través do cráter. Os materiais expulsados poden ser
sólidos (cinsas), líquidos (lava) e gases. En ocasións os materiais acumúlanse no exterior e forman
conos volcánicos; outras veces , as erupcións volcánicas poden orixinar illas.

Onde se soen situar os volcáns?


Os volcáns soen situarse nos extremos entre as placas tectónicas.

Que dous tipos de volcáns hai? Explícaos.


 VOLCÁNS ACTIVOS: son os que entran en erupción con frecuencia.
 VOLCÁNS DORMENTES: son os que hai moito tempo que non entran en erupción.

Como modifican os volcáns o relevo?


Os volcáns modifican o relevo xa que os materiais que expulsan acumúlanse no exterior e poden
formar altas montañas (chamadas conos volcánicos). Outras veces poden formar illas.

4. Que é un sismo ou terremoto? Por que se produce? Explícao.


Un sismo é un movemento brusco subterráneo que se produce la codia terrestre debido á fractura e ó
desprazamento de rocas no interior da Terra.

Onde se sitúan a maioría no mundo?


A maior parte de sismos prodúcense no Cinto de Fogo, unha banda que coincide cos bordos do
océano Pacífico. Tamén son frecuentes en Indonesia, Himalaia, Irán, Turquía e no Mar
Mediterráneo.

5. Completar con nomes.

6
PARTES DUN VOLCÁN:

RELEVO SUBMARINO:

RELEVO CONTINENTAL:

7
TEMA 3
VOCABULARIO

Leito dun río: é o lugar por onde pasan os ríos, o que se debuxa nos mapas.
Nacemento dun río: é o lugar onde se forma o río.
Desembocadura dun río: é o lugar onde acaba o río.
Afluente: é un río que desemboca noutro río.
Encoro: depósito de auga construído polas persoas.
Curso dun río: é o percorrido dende o seu nacemento ata a súa desembocadura.
Desfiladeiro ou garganta: paso que se fai o río entre montañas.
Fervenza: zonas de desnivel pronunciado, onde a auga dos ríos cae.
Meandros: son as curvas que crean os ríos.
Chaira aluvial: terreos creados polos materiais que transportan os ríos, créanse ao final do río.
Estuario: zonas nas desembocaduras dos ríos, onde se mesturan auga doce e auga galgada.
Delta: terreos triangulares desenvolvidos pola acumulación dos materiais que transportaba o río.
Caudal dun río: é a cantidade de auga que leva un río.
Caudal regular: cando o caudal non varía apenas dunha estación a outra.
Caudal irregular: cando o caudal varía moito en cada estación.
Estiaxe: é o caudal mínimo ou o nivel mais baixo dun río.
Torrente: son as correntes de auga que se crean despois das choivas. Teñen forte pendente.
Corrente mariña: son grandes masas de auga, semellantes a ríos, que circulan polos océanos.
Lago: é unha masa de auga que se acumula de forma permanente en zonas afundidas do terreo.
Acuífero: bolsas subterráneas que se forman cando as augas chegan a unha capa de rochas
impermeables que non deixan pasar a auga.
Glaciar: masa de xeo orixinada na parte mais alta dunha montaña, que descende lentamente cara
niveis inferiores formando unha lingua.
Morenas: sedimento depositado por un glaciar.
Iceberg: masa flotante de xeo.

8
PREGUNTAS:
1. Describe en 6 fases o ciclo da auga.
1. A auga evapórase dos mares e océanos e sube ata a atmosfera.
2. O de vapor sube e se condensa formando nubes, formadas por gotiñas de auga.
3. O vento arrastra as nubes.
4. As gotas de auga se arrefrían, uníndose para formar gotas mais grandes que terminan por
caer sobre a superficie terrestre. Pode ser en forma de choiva, sarabia ou neve. A
atmosfera tamén perde auga en forma de orballo.
5. Parte da auga chega aos ríos e ao mar.
6. outra parte da auga que cae fíltrase aos acuíferos subterráneos.

2. Que é un río? Como se forma?


Un río é unha corrente de auga permanente. Os ríos fórmanse pola acumulación de auga de chuvia e
do desxeo das montañas, ou porque saen augas subterráneas á superficie terrestre.

Que aproveitamento fai o ser humano dos ríos?


Os ríos serven para:
 Construír encoros para abastecer de auga a poboación.
 Son vías de comunicación, que permiten mediante a navegación facilitar o transito e
transportar mercancías.
 Constrúense presas para producir enerxía eléctrica.

3. Como se forman os acuíferos?


Cando chove, unha parte da auga penetra na terra, As augas infíltranse cara o interior mentres
encontran rochas porosas. Pero cando chegan a unha capa a unha capa formada por rochas
impermeables, que non deixan pasar a auga, embólsanse e forman acuíferos.
Como saen as augas subterráneas ó exterior?
As augas subterráneas saen ao exterior formando mananciais (auga fría) e fontes termais (auga
quente).

9
TEMA 4
VOCABULARIO

Tempo: é o estado da atmosfera un lugar determinado en un momento dado.


Clima: é o estado do medio da atmosfera nun lugar concreto.
Temperatura: é a cantidade de calor que ten o aire da atmosfera.
Temperatura media anual: promedio das temperaturas rexistrados ao longo dos 12 meses do
ano.
Humidade: é a cantidade de auga existente no aire.
Precipitacións: é a caída á superficie terrestre de auga procedente da condensación do vapor de
auga que conten o aire. (chuvia)
Termómetro: é o aparello para medir a temperatura.
Pluviómetro: aparello para medir as precipitacións.
Presión atmosférica: é a forza que exerce o aire da atmosfera sobre a superficie terrestre.
Barómetro: aparello que sirve para medir a presión atmosférica.
Anticiclón: zonas na atmosfera que teñen unha presión superior. Da lugar ao bo tempo.
Borrasca: zonas que teñen unha presión inferior. Da lugar ao mal tempo.
Fronte chuviosa: áreas onde chocan anticiclóns e borrascas.
Vento: aire en movemento.
Seca: cando chove nun lugar menos do habitual para o que é o clima desa zona.

PREGUNTAS

1. Que factores inflúen nas temperaturas e como o fan?


Os factores que inflúen na temperatura son:
 LATITUDE: as temperaturas son mais elevadas no ecuador e van descendendo canto mais
próximo ós polos.
 ALTITUDE: canto máis se eleve o terreo, mais frío.
 PROXIMIDADE DO MAR: canto máis próximo á costa, mais suaves son as temperaturas.
O mar suaviza as temperaturas.

10
2. Que factores inflúen nas precipitacións e como o fan?
 LATITUDE: nas zonas máis próximas ao ecuador, hai mais chuvias.
 ALTITUDE: ata un certo nivel, aumentan coa altitude, polo que son mais abundantes nas
montañas.
 MAIORES NA COSTA: hai máis precipitacións na costa porque o mar crea humidade.

11
TEMA 5
VOCABULARIO

Selva: é un bosque denso e exuberante, sempre verde, caracterizado pola grande diversidade de
especies tanto vexetais como animais.
Sabana: é unha superficie lisa constituída fundamentalmente por herbas, as veces moi altas, na
que hai algúns arbustos e arbores dispersas, coma acacias e baobabs.
Taiga: é típico das zonas de clima continental. Está formado por árbores de folla perenne.
Estepa: tipo de herbas pequenas que aparecen no bordes dos desertos.
Bosque de folla caduca: conxunto de árbores que manteñen as follas durante todo o ano.
Bosque de folla perenne: conxunto de árbores que perden as follas nalgunha estación do ano.
Landa: formación vexetal típica do clima oceánico, formada por arbustos, herbas e matogueiras.
Tundra: formación de herbas nas que predominan os mofos e os liques.
Solaina: trátase da vexetación típica do clima de montaña. Atópase na ladeira e está máis exposta
aos raios solares.
Avesío: trátase da vexetación típica do clima de montaña. Atópase na ladeira e está menos
exposta aos raios solares.
Barlovento: ladeira dunha montaña que está exposta ao vento. É máis húmida.
Sotavento: ladeira da montaña protexida do vento. É mais seca.
Cliserie: Representación gráfica das capas de vexetación que se suceden segundo a altura nunha
montaña.

PREGUNTAS

21 Onde se sitúa a zona cálida da Terra?


A zona cálida sitúase entre os dous trópicos (Cáncer e Capricornio)
- Como son as temperaturas nesa zona? Por que?
As temperaturas son elevadas porque recibe os raios solares moi perpendiculares todo o ano.
- Que 3 climas hai nela?
Clima ecuatorial - Clima tropical - Clima desértico

22 Onde se sitúa a zona temperada da Terra?


As zonas temperadas sitúanse entre os trópicos e os círculos polares.

12
- Como son as temperaturas nesa zona? Por que?
As temperaturas son máis contrastadas, porque a inclinación dos raios varía a lo longo do
ano. Aparecen 4 estacións (primavera, verán, outono, inverno)

- Que 3 climas hai nela?


Clima oceánico - Clima continental - Clima mediterráneo

23 Onde se sitúa a zona fría da Terra?


A zona fría sitúase entre os círculos polares e os polos.
- Como son as temperaturas nesa zona? Por que?
As temperaturas son sempre frías, posto que os raios inciden nelas de maneira oblicua.
- Que 2 climas hai nela?
Clima polar - Clima de alta montaña

13
24 Completa:

ZONA TEMPERATURAS PRECIPITACIÓNS RIOS FAUNA VEXETACION

Abundantes. Repártense Moita variedade


CLIMA Moi caudalosos e Bosque denso sempre verde.
cálida Sempre cálidas. Fai calor. regularmente ao longo do de especies
ECUATORIAL regulares. Gradúase en altura. Selva
ano. animais.
Irregulares e
Sempre elevadas. Sempre fai Abundantes. 2 estacións: caudalosos. En Gran cantidade de
CLIMA TROPICAL cálida Sabana
calor. húmida e seca. época de choivas animais.
aumentan.
Desertos cálidos: durante o dia
moi altas e na noite moi baixas. Deserto. Escasa vexetación:
CLIMA Irregulares e pouco Moi escasos
cálida Desertos con estación fría: Escasas. cactus. Nas bolsas de auga
DESÉRTICO caudalosos. animais.
veráns moi cálidos e invernos fórmanse oasis.
moi fríos.
Irregulares: verán Moitos animais
CLIMA Moi elevadas no verán e Pouco abundantes. Verán Bosque mediterráneo:
temperada secos e inverno salvaxes e
MEDITERRÁNEO suaves no inverno. moi seco. matogueiras e arbustos.
desbordan. domésticos.
Vexetación abundante e moi
Abundantes e regulares Regulares e Abundantes
CLIMA OCEÁNICO temperada Suaves durante todo o ano. verde, con extensos prados e
durante todo o ano. caudalosos animais.
árbores de folla caduca.
Conxelados no
Concéntranse no verán. Abundan animais
CLIMA Inverno moi frío e verán moi inverno e con Taiga (bosque boreal) e
temperada Zonas costeiras máis salvaxes e
CONTINENTAL caloroso. enchentas na praderías.
húmidas. domésticos.
primavera.
Poucos animais
Inverno longo e duro. Non Escasas. Frecuentes Se hai, están So na zona que linda coa zona
CLIMA POLAR fría terrestres e moitos
existe verán. ventiscas e borrascas. conxelados. temperada: tundra.
animais.
Baixas durante o inverno e Estreitos, rápidos e o
CLIMA DE ALTA Cambia coa altitude e coas
fría frescas no verán. Canto máis Abundantes ó longo do ano. seu caudal crece no Algúns animais.
MONTAÑA zonas de sollío e avesío.
alto, mais frío. desxeo.

14
TEMA 8
VOCABULARIO

Estatuto de Autonomía:

Parlamento:

Xunta de Galicia:

Municipio:

Provincia:

Comunidade Autónoma:

Comarca:

Parroquia:

Aldea:

Vila:

PREGUNTAS

1. Que territorios ocupa España?

- Con que limita?

15
2. De cada unha das vertentes dos ríos españois, sinala as súas características (lonxitude,
pendente, caudal, réxime do caudal) e 2 exemplos.

RÉXIME
VERTENTE LONXITUDE PENDENTE CAUDAL DO EXMPLOS
CAUDAL

3. Cal é a lei máis importante do Estado español?

- En que ano foi aprobada?

- Como establece a división do territorio español?

4. Onde se sitúa Galicia dentro de España?

- Con que limita?

- Cando se aprobou o seu Estatuto de Autonomía?

5. Que tres poderes hai en Galicia? Que di cada un? En que consiste cada un?

16
6. Que é unha ría?

- Que dous conxuntos hai en Galicia?

- Onde se sitúan e como son as características de cada un dos conxuntos? Pon dous
exemplos de cada conxunto.

17
TEMA 9
VOCABULARIO

Fósiles:

Marcha bípede:

Prehistoria:

Paleolítico:

Nómades:

Bifaces:

Arte rupestre:

Polícroma:

Necrópole:

Megalitos:

Menhir:

Dolmen:

Crómlech:

Mámoa:

Petroglifos:

18
Torque:

PREGUNTAS
1. Que é o proceso de hominización?

- Explica os cambios que se deron neste proceso.

2. Que é o Paleolítico?

- Entre que sucesos transcorre?

- Como vivían as persoas?

- En que crían?

3. Explica como era a arte paleolítica (pintura, esculturas, gravados, música e danza)

4. Que é o Neolítico?

- Entre que sucesos transcorre?

- Que xorde nesta época?

19
- Como inflúe na vida do ser humano?

- Que 3 grandes avances técnicos se produciron?

5. Que é a idade dos metais?

- Entre que sucesos transcorre?

- Por que se chama así?

- Que metais usaban?

- Que inventaron?

- Que fixo posible iso?

- Como era a división social?

- En que crían?

6. Explica o que saibas sobre a arte no Neolítico.

20
TEMA 10
VOCABULARIO

Civilizacións fluviais:

Sociedade xerarquizada:

Politeísmo:

Arco:

Bóveda:

Cigurat:

Código de Hammurabi:

PREGUNTAS

1. Como se pasa dun mundo de cidades ós imperios?

Cales foron as primeiras civilizacións?

Por que se chaman “fluviais”?

Que 3 características tiñan? Explícaas.

2. Onde se desenvolveu a civilización mesopotámica?

21
Por que era clave a súa situación xeográfica?

En que dúas rexións se dividía?

3. Explica como era a división social en Mesopotamia.

4. Respecto dos mesopotámicos, con que materiais construían?

Que elementos construtivos usaban?

Explica os 2 edificios máis importantes que había.

22
TEMA 11
VOCABULARIO

Nilómetro:

Faraón:

Dinastía:

Escriba:

Troco:

Edificio alintelado:

Sala hipóstila:

Esfinxe:

PREGUNTAS

1. En que continente se situaba o antigo Exipto?

En que zona concreta?

En que dúas grandes áreas dividían os o seu territorio?

Por que lles chaman así?

23
2. Explica como era a división social no antigo Exipto.

3. Describe un templo exipcio dende o exterior ó interior e vai explicando a función de cada
parte.

4. Explica os tres tipos de tumbas que había no antigo Exipto.

5. Explica as características da escultura e pintura exipcias.

24