Anda di halaman 1dari 3

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE MESSOPOTAMIA E EXIPTO.

TEMA 10
PAX 181.
1. En que zonas e en que época xurdiron as primeiras civilizacións urbanas?
As primeiras civilizacións urbanas xurdiron en Mesopotamia e en Exipto, cara ao IV milenio a. C.
2. Onde están situados Exipto e Mesopotamia? Que ríos atravesan os seus territorios?
Están situados no Crecente Fértil: Exipto atópase en África setentrional, e Mesopotamia en Asia
occidental.O río que atravesa Exipto é o Nilo. Os ríos que atravesan Mesopotamia son o Tigris e o Éufrates.
3. Explica as tres fases do ciclo agrícola exipcio e a súa relación coas enchentes do Nilo. Que tipo de
obras levaron a cabo para drenar a auga?
O ciclo agrícola exipcio comezaba en xuño, cando o Nilo tiña unha grande enchente que inundaba a terra
das súas beiras ata setembro. Cando o Nilo baixaba de nivel,a partir de outubro, os campesiños aproveitaban
esta terra fértil cuberta de limo para comezar a sementeira. Finalmente, desde febreiro ata xuño recollíanse
as colleitas. Para drenar a auga, os exipcios levantaron diques de contención e construíron canles para regar.
4. Describe que sistema idearon os habitantes de Mesopotamia para aproveitar a auga dos ríos.
Construíron moitas canles, que saían directamente dos ríos ou que formaban canles máis pequenas.
Tamén construíron cisternas para almacenar a auga, diques de contención e esclusas para regular el caudal.
5. Por que un historiador da antiguidade afirmou que "Exipto era un don do Nilo"?
Porque a prosperidade agrícola de Exipto debiase as enchentes e as baixadas do nivel de auga do Nilo,
que aumentaban a superficie de tierra cultivable. Este feito que serviu para que a poboación crecese e se
estimulasen o comercio, a riqueza e a cultura e a cultura en xeral.
6. Argumenta por que foi nestas primeiras civilizacións agrícolas onde se inventou a escritura.
Inventouse aquí polo aumento das terras cultivadas e o incremento do comercio, actividades que obrigaron a
rexistrar o que se producía e se comercializaba, os impostos fixados e os títulos de propiedade das terras.
Igualmente, tamén había que levar as contas dos sistemas de irrigación, do volume das colleitas, así como
medir os campos: por eso tamén se desenvolveron as matemáticas( cálculo e a xeometría).
7. A que lle chamamos hoxe xeroglífico? Que relación podes establecer coa escritura exipcia?
Hoxe en día chamamos xeroglífico a unha escritura ou un apuntamento difícil de ler ou de interpretar.
A relación que podemos establecer entre o significado actual da palabra e a antiga escritura dos exipcios
é que, a ollos modernos, a escritura xeroglífica exipcia semella moi difícil de ler e interpretar, como se fose
unha multitude de pequenos debuxos sen aparente significado.
PAX 182-83
1. Que é un código? Quen escribiu este (PAX 182) ? Que estipulaba ?
Un código é un conxunto de leis ou normas sobre unha materia. Este código foi escrito polo rei de
Babilonia Hammurabi e establecía unha serie de penas para os posibles crimes que se cometesen.
2. Cales foron as principais cidades mesopotámicas? Onde estaban situadas?
As principais cidades mesopotámicas foron Ur, Uruk, Eridu, Lagash, Akkad, Babilonia e Nínive.
Ur, Uruk, Eridu, Lagash, Akkad e Babilonia sitúanse na Baixa Mesopotamia, Nínive na Alta Mesopotamia.
3. Como se gobernaban estas cidades ? Que papel tiñan os funcionarios, sacerdotes e soldados?
Nos primeiros tempos organizábanse como cidades-Estado, independentes unhas doutras. O poder
residía no monarca, que tiña o poder político, relixioso e militar e gobernaba en nome dos deuses.
Os funcionarios axudaban os monarcas na administración dos reinos, na supervisión das colleitas, no
control do comercio e na imposición dos tributos. Os sacerdotes encargábanse de coidar os templos. Os
soldados protexían as cidades, xa que as guerras eran frecuentes.
4. Observa o debuxo da cidade de Ur. Que grandes edificacións tiña? Indaga de que material
estaban construidas.
As grandes edificacións da cidade de Ur eran o palacio real, no que habitaban os gobernantes; as tumbas
reais, nas que se enterraban os monarcas; e o cigurat, un templo dedicado ao deus protector da cidade que
incluía un santuario. Para construír estes edificios usábanse ladrillos de barro, dada a escasez de pedra.
5. Describe o arco e a bóveda. Que función tiñan?
O arco e a bóveda foron as dúas grandes achegas da arquitectura mesopotámica. Eran elementos
arquitectónicos que servían para cubrir o espazo situado entre dous muros ou entre dúas columnas.
PAX 184.
1. Que características ten o medio xeográfico de Exipto? Que rexións naturais abrangue?
O territorio de Exipto está constituído por un extenso deserto que é atravesado polo río Nilo.
As dúas rexións naturais que compoñen o territorio son o Baixo Exipto, que corresponde ao amplo val do
delta do Nilo, e o Alto Exipto, unha zona árida onde a vida se desenvolve nas ribeiras do Nilo.
1
2. Por que o Nilo é tan caudaloso se transcorre a través dunha zona desértica?
O Nilo é moi caudaloso porque nace nas terras do lago Tanganica, ricas en choivas.
3. Que poderes tina o faraón? Identifica os atributos do seu poder e explica que simboliza cada un.
Tiña poder absoluto sobre Exipto. Posuía as terras e controlaba a correcta canalización e irrigación
dos campos. Era considerado como un deus polos seus súbditos e representaba a unidade de todo Exipto.
Os atributos do poder do faraón eran o cetro, que representaba a autoridade sobre o pobo; a barba
postiza, que representaba a súa inmortalidade como deus; o látego, que simbolizaba o mando e o poder sobre
os seus inimigos; e a dobre coroa do Alto e do Baixo Exipto, que representaba o dominio sobre todo o país.
4 Como se formou o reino de Exipto? En que época ? Que eran as dinastías de faraóns?
A orixe do reino de Exipto se sitúa ao longo do V milenio a. C., cando as tribos dispersas por todo o
territorio concentráronse nas beiras do Nilo. No ano 3000 a. C., o rei Narmer unificounas coroándose faraón
do Baixo e do Alto Exipto. As dinastías dos faraóns eran as familias reais que se sucederon no poder.
5 Que grupos formaban a sociedade exipcia? Cales eran os privilexiados? Por que ?
PRIVILEXIADOS: No mais alto o faraón; logo sacerdotes, altos funcionarios, os escribas.
Eran privilexiados porque posuían a meirande parte da terra e poder sobre os non privilexiados.
NON PRIVILEXIADOS: os artesáns, soldados, comerciantes, os campesiños e os escravos.
6. Que semellanzas podes atopar entre a organización do poder das cidades-Estado de
Mesopotâmia e ce Exipto? Cal é a principal diferenza entrambas as dúas?
A principal similitude consiste na presenza, en ambos os casos, dun rei con poderes absolutos sobre os
seus súbditos, axudado por funcionarios, sacerdotes e soldados.
A principal diferenza consiste en que, en Exipto, se unificou o territorio baixo un único rei, mentres que en
Mesopotamia seguiu existindo unha gran rivalidade entre as diferentes cidades-Estado, que se mantiveron
independentes ou formaron imperios que estaban en loita entre eles.
PAX 189.
1. Que é unha relixión politeísta? Enumera os principais deuses exipcios. Como se
representaban? Cales teñen cabeza de animal?
Unha relixión politeísta é unha relixión na que os homes adoran a moitos deuses.
Os principais deuses exipcios son Ra, deus do Sol; Amón, deus da cidade de Tebas, asociado a Ra; Osiris,
deus dos mortos; Isis, deusa da fertilidade e esposa de Osiris; Horus, fillo de Osiris e deus da guerra; Anubis,
deus da momificación; e Tot, secre tario dos deuses e patrón dos escribas.
Os deuses representábanse a miúdo con corpo humano e con cabeza de animal. Os deuses que teñen
cabeza de animal son Ra, Horus, Anubis e Tot.
2. Explica por que no antigo Exipto se momificaba os defuntos. Que era o Tribunal de Osiris? Ε o
libro dos Mortos?
No antigo Exipto momificábanse os defuntos porque había a crenza de que, despois da morte, a alma ou
ka podía acceder á vida de ultratumba no reino do deus Osiris. Con todo, para entrar no reino dos mortos, o
corpo do defunto debía permanecer incorrupto, e por esta razón procedíase á momificación dos corpos.
O Tribunal de Osiris era presidido polo deus dos mortos, Osiris, que decidía a través dun xuízo se o defunto
era digno de entrar no reino dos mortos ou se, en cambio, tiña que ser devorado por un animal.
O Libro dos Mortos era un libro que se colocaba na tumba do defunto e que contiña unha serie de normas
sobre como o morto tiña que comportarse ante o Tribunal de Osiris.
PAX 191
1. Que diferenzas construtivas e de materiais podes observar entre un templo mesopotámico e un
templo exipcio?
Os templos exipcios construíanse en pedra, mentres que os mesopotámicos se facían con ladrillos de
barro. Os templos exipcios non coñecían nin o arco nin as bóvedas utilizadas en Mesopotamia, senón que
utilizaban grandes columnas e linteis.
3. Le o texto de Heródoto, observa a pintura e di como identificarías o sacerdote na imaxe. Por que
debían cumprir unhas medidas hixiénicas? Cales eran?
Os sacerdotes levaban a cabezq rasurada e debían cumprir medidas hixiénicas para non anoxar os
deuses. Estas medidas consistían en rasurar o corpo enteiro cada dous días, lavarse dúas veces ao día con auga
fría e dúas veces cada noite. Amais, non podían comer nin peixe nin feixóns, e alimentábanse de carne de boi,
pan sagrado e viño.
4. Por que eres que se ocultaba a imaxe do deus? En que lugar do templo se situaba?
A imaxe do deus se mantiña oculta porque se consideraba sagrada e a xente común non podía achegarse
a ela. A imaxe colocábase no santuario, situada na penumbra.
PAX 193.
2
1. Explica as diferenzas e semellanzas entre unha mastaba, unha pirámide e un hipoxeo.
As mastabas e as pirámides construíronse con bloques de pedra, mentres que o hipoxeo estaba escavado
baixo terra, e as súas cámaras estaban decoradas con pinturas coma nas mastabas.
Nos hipoxeos e as mastabas, as salas internas son máis amplas que nas pirámides.
En todas as tumbas depositábanse enxovais con pequenas estatuas, obxectos cotiáns e tesouros
O sistema de falsas cámaras servía para impedir que as tumbas fosen saqueadas.
2. Por que os faraóns se enterraban con algúns obxectos da vida cotia, pequenas estatuíñas e
valiosos tesouros?
Os faraóns enterrábanse con obxectos da vida cotiá, figuras e valiosos tesouros, porque estes obxectos,
segundo as crenzas dos antigos exipcios, tiñan que asegurar a vida do corpo no alén.
5.Todos os grupos da sociedade exipcia se facían construir tumbas monumentais para enterrarse?
Os grupos que se facían construír tumbas monumentais eran os faraóns, a súa familia e os grupos
privilexiados. Os pobres, que non podían pagar os gastos de construción, facíanse sepultar no deserto.
6. Cres que hai algunha relación entre o monumentalismo e a forma da pirámide e a procura da vida
no alen?
En primeiro lugar, a monumentalidade debía servir para protexer o eterno repouso do corpo momificado,
xa que os exipcios crían que debía manterse incorrupto para poder acceder ao mundo de ultratumba.
En segundo lugar, a forma da pirámide proxectábase ata o ceo para axudar o faraón, considerado un ser
divino, a abandonar a terra e acceder á morada dos deuses, lugar de onde procedía.
7. Por que a esfinxe ten cabeza humana e corpo de león?
Ten cabeza humana e corpo de león porque simboliza a forza e o poder, atributos do faraón.
Define conceptos clave
Crecente Fértil: zona de Oriente Proó ximo proó xima os ríóos Nilo, Tigris e ÉÉ ufrates, onde naceron as primeiras
civilizacioó ns.
Escritura xeroglífica: escritura dos antigos exipcios en que os debuxos e mais os pictogramas
representaban sons, palabras e ideas.
Hipoxeo: grandes caó maras funerarias escavadas baixo a terra e moi decoradas, nas que se enterraban os
exipcios para evitar o saqueo e o roubo das tumbas.
Mastaba: primeiras tumbas exipcias, de forma rectangular e sinxela.
Escritura cuneiforme: escritura dos antigos pobos de Mesopotamia que se facíóa sobre tabletas de arxila
cunhas canas en forma de cunñ a.
Escriba: funcionarios exipcios que conñ ecíóan a escritura e o caó lculo e se encargaban de transcribir as ordes
do faraoó n, calcular os impostos, organizar o exeó rcito e dirixir as obras de construcioó n.
Cigurat: templo mesopotaó mico con forma de piraó mide truncada.
Cidade-Estado: cidade independente que controlaba algunhas terras ao seu redor e constituíóu a primeira
forma estatal en Mesopotamia.
Momificación: proceso a traveó s do cal se conservaba o corpo do defunto, no antigo Éxipto, para preparalo
para a vida no aleó n.
Civilización urbana: sociedades que se desenvolveron en cidades, nun proceso de concentracioó n
favorecido polo desenvolvemento de agricultura, de gandaríóa e de comercio.
Cálamo: instrumento que se utilizaba para escribir no antigo Éxipto sobre o papiro.
Pirámide: construcioó n monumental do antigo Éxipto onde se enterraba o faraoó n. As maó is famosas son as de
Gizeh.
Identifica personaxes
Horus: deus exipcio da guerra, fillo de Isis e Osiris.
Anubis: deus exipcio da momificacioó n que acompa- nñ aba o morto na suó a viaxe ante o tribunal de Osiris.
Maat: deusa exipcia da xustiza e a orde, que pesaba o corazoó n do defunto no Xuíózo de Osiris.
Hapi: deus exipcio do Nilo.
Nefertiti: esposa do faraoó n exipcio Amenofis IV, con- vertida en raíónña en igualdade co seu marido.
Amenofis IV: marido de Nefertiti, faraoó n de Éxipto que introduciu brevemente un culto monoteíósta.
Osiris: deus exipcio dos mortos, marido de Isis.

Anda mungkin juga menyukai