Anda di halaman 1dari 2

Historia de Galicia II

Lucía García Martínez


Conferencia da profesora Marta María Lobo de Araújo: As misericordias, entre as
prácticas de caridade e o exercicio do poder.

O século XVI é un século que se caracteriza polo crecemento da poboación xerando


como consecuencia o crecemento da poboación de xeito substancial o que supuxo
problemas no crecemento das cidades e a subida dos prezos, especialmente o prezo dos
alimentos o que trouxo consigo o aumento de número de pobres en Europa.

Ligado a este acontecemento, por parte dos estados europeos vai a surxir unha nova
actitude no modelo de resposta ó sistema de asistencia aos pobres. Así as cousas créase
unha institución, as cofradías das misericordia en Portugal, promovidas pola raiña
Leonor durante a súa rexencia cando Manuel de Portugal estaba en España inspiradas
nas misericordias italianas quedando retratada como a raiña da prosperidade e da
modernidade.

A asistencia aos pobres levouse a cabo pola coroa tomando como medida principal o
deseño dunha nova organización do sector hospitalario aglutinando os hospitais
pequenos convertendoos en hospitais máis fortes. Maila todo, os hospitais estaban en
crsise, moitas veces usaban o diñeiro dos pobres para o seu proveito igual ca os bens
dos xudeos que foron confiscados para o aproveitamento dos hospitais en 1496.

Cabe destacar que foi fácil a implantación destas cofradías e que se expandiron por todo
o imperio colonial portugúes. Cando morreu Leonor existían máis de 60. Isto débese a
que nacen nun tempo no que se vive en Europa o tema da pobreza e os estados tratan de
buscar unha solución de forma seria. A pesar de que non existiron teóricos para a
pobreza en Portugal, existiron teóricos moi importantes en España con proxeccion
internacional como Juan Luis Vives, Juan de Medina, Domingo de Soto que tratan a
pobreza e a forma asistencial dos pobres dos que Portugal se inspirará. Quizais a
inexistencia de tratados se explica porque xurdiron as misericordias antes que en
España, polo que puideron resolver os problemas da pobreza.

Estos autores establecen que os pobres teñen que ser asistidos de forma municipal,
atrubindolle aos municipios o coidados dos pobres. A cambio tiñan que traballar para
retribuir o producto para que puidesen ser pagados. Defenden eliminar a vagabundaxe e
que estes tiñan que estar obrigados o traballar, a diferencia dos pobres de deus que si
tiñan dereito a esmola. Non obstante, Domingo de Soto posicionase de forma contraria.
Pensaba que os pobres tiñan que ser subvencionados polo municipio crendo que o pobre
ten dereito a ser axudado así como o rico ten dereito a axudarlle ao pobre. É contrario a
esmola na rúa.

Outro autor, Miguel de Giganta pensaba que había que fundar casas de asistencia que
practicaran o clausuramento dos pobres. Tiñan que traballar para poder vivir na casa.
Tamén podían pedir en casos especiais cando o rendemento non fose suficiente. Deixa
Portugal en 1570 e vai a España. Non obstante é moi importante.
Perez de Herrera ten un pensamento moi parecido a Vives e Soto. Os que estaban
encerrados en casas de caridade podían pedir pero tiñan que estar identificados cunha
medalla no peito.
Houbo misericordias que morreron e outras que se revitalizararon e floreceron ata a
actualidade, a caridade é un negocio que continua moi puxante.
Hai que ter en conta que as cofradías estaban a cargo de determinados homes, das elites
(nobres e oficiais) xa que eran institucións rexias moi beneficiadas pola coroa. Son
cofradías moi ricas e prósperas que rentabilizan o diñeiro que teñen incluso chegan a
prestar diñeiro aos bancos e as casas xa que adquiren unha dispoñibilidade de recursos
moi grande. Tamén había misericordias femininas.
Ademais houbo estatutos que eran aplicados dentro do posible, tendo como
particularidade que todo o imperio traballara coas mesmas normas. Non obstante o rei
don Manuel I privilexiou a misericordia de Lisboa tendo como obxetivo crear unha rede
asistencial de modo que as misericordias podían escribir directamente ao rei.

En canto as obras das misericordias son catorce, sete espirituais e sete corporais.
Centrándonos solamente nas corporais destacan a de remir cativos e visitar presos.
Tiñan a prerrogativa de entrar na cárcere e levarlles a comida dúas veces por semana, un
caldo e pan. Na época moderna a xente tiña que pagar a súa carcelaxe. Sabemos que
había galegos que foron axudados. A segunda é curar enfermos. A rede hospitalaria que
era das misericordias, curaban criados, escravos de forma gratuita. Sabemos da
existencia de moitas galegos que traballaban nos hospitais como as lavadeiras,
enfermeiras. Moitas prefiren curarse na casa. Mais ala do Texo era deshonroso ir ao
hospital. Outra obra era de cubrir os nus. A roupa era cara, era reciclada. Non se podía
comprar e cando xa estaba tan rota pasaba aos pobres. Distribuían roupa especialmente
durante a Pascua comprando a roupa nas feiras nos mercados. Outra obra era dar de
comer a quen tiña fame (nos colexios de orfos, nos recollimentos femeninos, nos
hospitais) e dar de beber a quen tiña sede. Nos hospitais viño, e incluso chocolate no
século XVIII. Tamén se encargaban de dar pousada aos peregrinos. Non todos os
hospitais tiñan un espazo dedicado aos peregrinos. Existen hospitais para peregrinos que
ian a Santiago de Compostela. Danlles, agua, sal, velas e a Carta de día, un documento
de onde vai, cara onde vai, é decir a pasaxe dos peregrinos polas misericordias. Por
último destaca a obra de enterrar aos mortos. Conxúgase a espiritual rezar e cantar e
sepultar aos mortos. Teñen o uso da tumba, só elas podían enterrar aos mortos.
Pretendía ser unha forma de estar integrado na sociedade portuguesa
O que podía ser morto, se as misericordias lle poñian a bandeira enriba estaba salvado.

Como conclusión podemos dicir que as misericordias contribuían a caridade a


pacificación social e tiñan a prerrogativa de axudar para aplanar o camiño da salvación.
Por outro lado proporcionaban o encadramento social e o exercicio do poder xa que
tiñan acceso a bens e servizos e o poder público que exercía noutros poderes.

Anda mungkin juga menyukai