Anda di halaman 1dari 2

DOG Núm.

117 Mércores, 20 de xuño de 2018 Páx. 29828

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2018, do tribunal designado para xulgar o


proceso selectivo, convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017, para o ingreso
no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral
da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, pola
que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 14 de xuño de 2018, o tribunal nomeado pola Conselle-
ría de Facenda mediante ordes do 5 e do 28 de febreiro de 2018 (DOG núm. 29, do 9 de
febreiro, e núm. 49, do 9 de marzo) para cualificar o proceso selectivo que foi convocado
mediante a Orde do 31 de marzo de 2017 (DOG núm. 69, do 7 de abril) para o ingreso no
corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunida-
de Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.  Á vista das alegacións presentadas, cambiar as respostas consideradas


como correctas das preguntas 81, 131 e 145 do cuestionario de acceso libre, pasando de:
a), b) e b), respectivamente, a: d), d) e a), respectivamente.

Segundo.  Á vista das alegacións presentadas, cambiar as respostas consideradas


como correctas das preguntas 51, 101 e 115 do cuestionario de promoción interna, pasan-
do de: a), b) e b), respectivamente, a: d), d) e a), respectivamente.
CVE-DOG: aujxiqh8-vgk9-sdf8-xsw7-nh7xk3cnss66

Terceiro.  Anular, con base nas alegacións presentadas, as preguntas número 47, 49,
75, 102, 110, 126, 142, 153, 155, 166, 167, 168, 170 e 171 do cuestionario de acceso libre,
que pasan a ser substituídas polas preguntas de reserva 181,182,183,184 e 185.

Cuarto.  Anular, con base nas alegacións presentadas, as preguntas número 17, 19,
45, 72, 80, 96, 112, 123, 125, 136, 137, 138, 140 e 141 do cuestionario de promoción in-
terna, que pasan a ser substituídas polas preguntas de reserva 151, 152, 153, 154 e 155.

Quinto.  De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, así como na


Resolución deste tribunal do 7 de maio de 2018, superaron o primeiro exercicio os aspi-
rantes que obtiveron unha puntuación mínima de 15 puntos, fixándose en 86 o número de
respostas correctas para alcanzar a dita puntuación na quenda de acceso libre e de 71 na

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2018 Páx. 29829

quenda de promoción interna, unha vez feitas as deducións previstas na citada base da
convocatoria.

Sexto.  Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presen-


tadas.

Sétimo.  Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao primeiro


exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administra-
ción especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1,
escala de veterinarios, convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017, no lugar de realiza-
ción do exercicio e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Oitavo.  De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán


presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo
de 10 días hábiles contados desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Ga-
licia.

Noveno.  De acordo co disposto na base II.1.1.3. da convocatoria, os aspirantes que


superaron o primeiro exercicio disporán dun prazo de dez (10) días hábiles contados des-
de o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para
presentar a documentación xustificativa (orixinais ou fotocopias compulsadas) de estar en
posesión do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente
en materia de política lingüística da Xunta de Galicia de acordo coa disposición adicional
segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola
CVE-DOG: aujxiqh8-vgk9-sdf8-xsw7-nh7xk3cnss66

Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro) pola que se regulan os
certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.

Décimo.  De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra


esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente
en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015,
do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2018

José Ángel Viñuela Rodríguez


Presidente do tribunal

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Anda mungkin juga menyukai