Anda di halaman 1dari 16

Setembro de 1995

Elaboración:

Gabinete Técnico-Área Económica do S.N. de CC.OO. de Galicia

Manuel Lago Peñas

ANÁLISE COMPARADO DO PIB GALICIA/ESPAÑA NO PERÍODO 1986/1994 2


ÍNDICE

I INTRODUCCIÓN....................................................................4

II EVOLUCIÓN DO CRECEMENTO DO PIB


EN COMPARACIÓN CO DO ESTADO ...............................4

III PARTICIPACIÓN DO PIB GALEGO


NO TOTAL DE ESPAÑA ........................................................8

IV EVOLUCIÓN TEMPORAL DO PIB GALEGO...................9

V ESTRUCTURA SECTORAL DO PIB GALEGO


E A SÚA EVOLUCIÓN..........................................................12

VI ESTRUCTURA COMPARADA DO PIB


GALICIA/ESPAÑA ................................................................14

VII ESTRUCTURA DO PIB/ESTRUCTURA


DO EMPREGO .......................................................................15

ANÁLISE COMPARADO DO PIB GALICIA/ESPAÑA NO PERÍODO 1986/1994 3


I. INTRODUCCIÓN

A variable central das análises macroeconómicas é o Producto Interior Bruto (PIB), que
recolle a producción total de Bens e Servicios que se realiza nun territorio no período de un
ano.

A evolución do PIB en Galicia nos últimos 9 anos, a súa estructura e a comparación cos
valores do PIB do conxunto do Estado no mesmo período de tempo, permite extraer
conclusións relevantes sobre a estructura económica e social de Galicia e, aínda máis, apunta-
las tendencias de futuro se non se producen modificacións reais na política económica.

II. EVOLUCIÓN DO CRECEMENTO DO PIB EN GALICIA EN


RELACIÓN CO DO ESTADO

No cadro nº 1 recóllense as porcentaxes da variación do PIB en termos reais en Galicia


e España nos últimos 9 anos e nos datos do mesmo aparece con claridade que a evolución do
PIB galego e, máis concretamente, o seu nivel de crecemento anual, presenta un
comportamento definido por:

1. O crecemento do PIB galego mantén un elevado índice de correlación coa evolución do


PIB do conxunto do Estado, seguindo ámbolos dous unha tendencia similar.

2. A porcentaxe de crecemento do PIB é case sempre inferior en Galicia á da media estatal.

ANÁLISE COMPARADO DO PIB GALICIA/ESPAÑA NO PERÍODO 1986/1994 4


CADRO Nº 1: EVOLUCIÓN DO PIB. PORCENTAXE DE VARIACIÓN EN TERMOS REAIS

ANO % GALICIA % ESPAÑA

1986 1,9 101,90 3,0 103,0

1987 4,1 106,07 5,2 108,3

1988 5,1 111,50 5,4 114,1

1989 5,0 117,10 5,2 120,1

1990 3,5 121,10 3,7 124,5

1991 2,1 123,70 2,5 127,6

1992 0,7 124,5 0,7 128,6

1993 1,2 125,9 -1,1 127,2

1994 1,6 128,0 2,3 130,1

Fonte: FIES

ANÁLISE COMPARADO DO PIB GALICIA/ESPAÑA NO PERÍODO 1986/1994 5


% DE VARIACIÓN ANUAL DO PIB

*$/,&,$

(63$f$


        





SERIE EN BASE 100 DO PIB









*$/,&,$
 (63$f$






        

ANÁLISE COMPARADO DO PIB GALICIA/ESPAÑA NO PERÍODO 1986/1994 6


A evolución do PIB, tal e como reflecte o cadro, define 4 períodos claramente
diferenciados na última década:

a) Ata o ano 1986, o crecemento do PIB foi baixo, con valores medios do 1,5% no período
1982/1986, período no que se produciu a política de axuste definida polo Goberno quen,
na busca de equilibrios macroeconómicos, sacrificou a actividade económica e o
emprego.

b) Entre os anos 1987 e 1990 a economía galega, en correlación co que sucedía no


conxunto do Estado, coñeceu as maiores taxas de crecemento do PIB das últimas
décadas cun crecemento medio acumulativo de máis do 4,5% anual. Este período
expansivo, que coincide coa fase alcista do ciclo económico en toda a UE, remata
bruscamente no ano 1991.

c) A partir de 1991 a economía galega presenta claros síntomas de declive cunha caída
continuada nos índices trimestrais de crecemento do PIB, chegando a acadar valores
negativos nalgúns trimestres do ano 1992. Ó final do ano o PIB galego coñece un
crecemento do 0,7%, similar ó do conxunto do Estado; un valor que pon en evidencia a
recesión da actividade económica.

d) No ano 1993 e a partir do segundo trimestre, a economía galega iniciou un proceso de


recuperación da actividade productiva que continuou ó longo do ano 1994 con
crecementos positivos do PIB aínda que con valores baixos.

Trátase dunha recuperación lenta, lonxe do dinamismo doutras fases expansivas, de


saída dos ciclos recesivos e que parece manterse no ano 1995, pero con taxas de
crecemento insuficientes para que se note nos niveis de emprego.

O dato máis destacable é que Galicia se anticipa ó conxunto do Estado no inicio da


recuperación, contrastando o crecemento do 1,2% do PIB no ano 1993 fronte a unha
caída do PIB estatal do -1,1% nese mesmo ano.

Sen embargo, no ano 1994 vólvese reproduci-lo comportamento habitual na economía


galega, crecendo un 1,6% fronte ó 2,3 do PIB estatal e reafirmando o menor dinamismo
da economía galega para aproveita-las fases expansivas.

Daquela, na última década, a economía galega pasou por catro fases diferentes: axuste,
expansión, declive-recesión e recuperación, mantendo en todas e en cada unha delas un
comportamento similar á tendencia estatal nas variacións, pero sempre con índices de
crecemento inferiores.

ANÁLISE COMPARADO DO PIB GALICIA/ESPAÑA NO PERÍODO 1986/1994 7


Unha análise máis polo miúdo da comparación dos comportamentos, revela que a
economía galega tarda máis en reaccionar nas variacións do ciclo e que, polo tanto, nos anos
iniciais da expansión é maior o seu diferencial negativo de crecemento coa economía
española. Na fase expansiva o PIB galego amosou un dinamismo similar, acadando valores
parecidos ós da media estatal, tendencia que se mantén na fase recesiva. Noutras palabras: a
economía galega é máis lenta na súa incorporación á recuperación pero é igual de rápida en
entrar na recesión cá media estatal.

En todo caso e como balance rápido da década, o índice acumulado amosa un crecemento
inferior en 2,1 puntos do PIB galego en comparación co PIB estatal, o que representa unha
perda de posicións e un empobrecemento relativo de Galicia no conxunto de España.

III. PARTICIPACIÓN DO PIB DE GALICIA NO TOTAL DE


ESPAÑA

O menor dinamismo da economía galega, expresado en menores crecementos anuais do


PIB, tradúcese nunha perda de participación no total do Producto Interior Bruto do Estado.

Fronte ás visións optimistas que falan da converxencia progresiva de Galicia cara ós niveis
medios de desenvolvemento e crecemento, o período 1986/1994 amosa un proceso de
diverxencia que se concreta na caída da participación do PIB en relación co estatal, tal e como
se recolle no cadro nº 2 do que se poden destaca-los seguintes aspectos:

CADRO Nº2: COMPARACIÓN PIB GALICIA/ESPAÑA

ANO PIB GALICIA/ESPAÑA

1987 5,91%

1988 5,89%

1989 5,79%

1990 5,79%

1991 5,73%

1992 5,71%

1993 5,87%

1994 5,78%

Fonte: FIES

ANÁLISE COMPARADO DO PIB GALICIA/ESPAÑA NO PERÍODO 1986/1994 8


a) A porcentaxe do PIB Galicia/Estado mantén unha tendencia de caída permanente,
perdendo posicións no conxunto do período analizado.

b) Desde 1987 ata 1992 produciuse unha caída en todos e cada un dos exercicios,
evolución que creba no ano 1993, ano no que a profunda recesión da economía
española ten como consecuencia o aumento do peso relativo do PIB galego.

c) O ano 1993 é, en todo caso, unha excepción xa que en 1994 se volve produci-la
tendencia de caída da porcentaxe do PIB galego, unha caída que é ademais moi
forte e que sitúa a porcentaxe en valores inferiores ós de 1989.

d) Esta evolución define unha característica preocupante: é nos momentos de


expansión económica, de reactivación, cando se producen as maiores diferencias
entre a economía española e a galega, que só se aproximan nos momentos de
recesión e de crise.

e) O baixo valor da porcentaxe no PIB estatal faise máis evidente se se ten en conta
que Galicia representa o 5,8% do territorio e o 7,9% do total da poboación
española.

IV. EVOLUCIÓN TEMPORAL DO PIB GALEGO

Tan importante coma a evolución agregada do PIB é coñece-la súa distribución entre as
ramas básicas. Esta información é a que proporciona o cadro nº 3, onde aparecen as variacións
en termos reais do PIB en cada un dos catro sectores básicos nos que se divide a actividade
económica.

A ausencia de información estatística máis desagregada non permite separa-la producción


agrícola da pesqueira, separación que no noso caso sería de especial relevancia pero que as
estatísticas dispoñibles engloban conxuntamente no sector primario.

A principal característica que se debe destacar da evolución sectorial do PIB é o


comportamento enormemente desigual dos diferentes sectores, tanto nos seus valores anuais
coma no seu comportamento acumulado no conxunto do período 1986/1994. Na análise por
sectores, pódense destaca-las seguintes notas caracterizadoras:

ANÁLISE COMPARADO DO PIB GALICIA/ESPAÑA NO PERÍODO 1986/1994 9


CADRO Nº 3: EVOLUCIÓN DO PIB POR SECTORES

ANO AGRIC./PESCA INDUSTRIA CONSTRUC. SERVICIOS TOTAL


PIB

1986 -2,6% 1,2% 3,3% 3,1% 1,9%

1987 2,7% 3,2% 6,7% 4,4% 4,1%

1988 4,3% 2,3% 11,8% 5,6% 5,1%

1989 -1,2% 6,3% 8,1% 5,0% 5,0%

1990 3,5% 1,9% 6,3% 3,7% 3,5%

1991 -3,9% 1,6% 5,2% 2,7% 2,1%

1992 -3,7% -0,4% 2,0% 1,6% 0,7%

1993 0,4% -1,8% -0,1% 2,7% 1,2%

1994 -0,1% 0,6% 0,2% 0,8% 1,6%

TOTAL 99,2 115,7 152,0 130,5 128,0

Fonte: FIES

Base 100: 1985

ANÁLISE COMPARADO DO PIB GALICIA/ESPAÑA NO PERÍODO 1986/1994 10




,1'8675,$

&216758&&,Ï1
6(59,&,26
$*5,&3(6&$









        

a) A serie estatística do sector primario é o claro reflexo numérico da grave crise que
está a sufrir tanto a agricultura/gandería coma a pesca galega no último período.
Dos 9 anos, 4 teñen variacións negativas, isto é, reduccións reais do valor da
producción. Pero o dato máis negativo é o acumulado para o conxunto do período:
segundo os datos analizados, o valor da producción do sector primario galego é
inferior, en termos reais, en 1994 que en 1986, xa que nese período a variación
real do PIB neste sector foi de -0,8%. É especialmente preocupante o feito da
aceleración do proceso de crise do sector no período máis recente: dos 4 últimos
anos, tres sofren caídas no valor da producción e especialmente os anos 1991 e
1992 sufriron espectaculares descensos do PIB primario.

O pequeno incremento de 1993 -do 0,4%- non é máis ca un dato illado que non
ten continuidade no ano 1994 e non racha coa tendencia continuada de reducción
deste sector.

b) As porcentaxes de variación do PIB industrial son obviamente mellores cás do


sector primario, pero tamén presentan trazos negativos e preocupantes. Así, hai
que destacar que coa estraña excepción de 1989, o PIB industrial medra sempre
por baixo do crecemento medio, traducíndose en desindustrialización no medio
prazo.

ANÁLISE COMPARADO DO PIB GALICIA/ESPAÑA NO PERÍODO 1986/1994 11


Ademais as baixas porcentaxes de crecemento do PIB industrial son o reflexo da
debilidade do noso tecido industrial, en especial se se ten en conta que o período
inmediatamente anterior, 1979/1989, foi unha fase de recesión e de axuste con
fortes procesos de reconversión e de perda da actividade industrial.

A proba evidente desa debilidade é que en 1992 a industria galega entra en


recesión cun crecemento negativo do 0,4%, marcando unha evolución negativa
que se mantén en 1993, ano no que a producción industrial cae nun 1,8%.

En todo caso, o crecemento acumulado de 1986/1994 foi do 15,7% no sector


industrial, fronte a un 28,0% do conxunto do PIB, o que sinala a debilidade desta
actividade e un intenso proceso de desindustrialización na economía galega.

c) O sector da construcción foi con claridade o motor do crecemento económico de


Galicia na fase alcisa do ciclo e, de feito, o factor que explica en gran parte as
porcentaxes de crecemento do PIB dos últimos anos. Un só dato serve para
reflectilo: entre 1986 e 1994 o PIB do sector medrou nun 52%, superando en 24
puntos ó crecemento medio da economía galega.

Non é casual que os anos de maior crecemento do PIB en Galicia, coincidan cos
anos nos que a construcción aumentou a súa actividade de xeito moi notable, con
crecementos do 8% no ano 1989 ou do 12% en 1988.

Sen esta evolución tan positiva do sector, non se poderían explica-los crecementos
do PIB galego, xa non só pola simple repercusión cuantitativa senón,
especialmente, polo papel de arrastre que este sector ten nun elevado número de
actividades industriais e de servicios.

A partir de 1993 o sector entra nunha fase de estancamento, cun crecemento do -


0,1% nese ano e de só o 0,2% no ano 1994, isto é, claramente por baixo dos
valores medios do conxunto da actividade económica.

Posiblemente o estancamento da construcción non só é o reflexo da recesión e do


escaso dinamismo da recuperación de 1994, senón un dos seus factores
explicativos fundamentais, tendo en conta o dito en parágrafos anteriores.

d) Os servicios tiveron un papel basicamente estabilizador na actividade xeral, tal e


como reflecte o crecemento acumulado do período 1986/1984, onde ten valores
similares ós do conxunto do PIB galego.

En tódolos anos mantén porcentaxes de variación similares á media e non coñece


cambios bruscos como a construcción. Isto unido ó seu elevado peso no PIB,
convertiuno no sector estabilizador do crecemento.

É o sector servicios o que explica que en 1993 a economía galega tivera un


comportamento diferenciado do resto de España: o elevado crecemento do 2,7%

ANÁLISE COMPARADO DO PIB GALICIA/ESPAÑA NO PERÍODO 1986/1994 12


nese ano, durante o cal o resto dos sectores tiveron crecementos negativos, é o que
explica o diferencial positivo da economía galega.

En 1994 pérdese ese impulso, posiblemente ligado a unha situación conxuntural


propia de 1993, e os servicios volven te-lo carácter estabilizador do crecemento.

V. ESTRUCTURA SECTORIAL DO PIB GALEGO E A SÚA


EVOLUCIÓN

O distinto comportamento dos diferentes sectores nos últimos anos está modificando de
xeito significativo a estructura do PIB galego e o peso relativo dos catro macrosectores. A
distribución sectorial da producción en Galicia está nun proceso continuado de cambio,
seguindo unha pauta de evolución similar á do resto da economía española e europea, aínda
que con trazos específicos moi definidos.

No cadro nº 4 recóllese a estructura do PIB galego e a súa evolución desde 1979 ata 1994 e
nel aparecen con claridade as tendencias a longo prazo da nosa estructura productiva, que se
poden definir nas seguintes:

CADRO Nº 4: EVOLUCIÓN DA ESTRUCTURA DO PIB

ANO AGRIC./PESCA INDUSTRIA CONSTRUC. SERVICIOS TOTAL


PIB

1979 14,3% 23,8% 9,1% 52,8% 100%

1985 11,3% 23,8% 7,4% 57,4% 100%

1987 10,2% 25,4% 8,3% 56,1% 100%

1989 9,3% 24,9% 9,4% 56,4% 100%

1991 8,9% 22,5% 10,1% 58,4% 100%

1992 8,1% 21,4% 10,0% 60,5% 100%

1993 8,4% 20,2% 9,8% 61,6% 100%

1994 8,5% 19,8% 11,1% 60,6% 100%

Fonte: FIES

a) O valor da producción no sector primario sofre un continuo e intenso proceso de


caída, perdendo entre 1979 e 1994 6 puntos na súa achega ó PIB total. Esta caída
ANÁLISE COMPARADO DO PIB GALICIA/ESPAÑA NO PERÍODO 1986/1994 13
supón unha reducción do 45% na súa contribución á producción total e é o claro
reflexo da crise dos subsectores agrícola/gandeiro/pesqueiro e, ó mesmo tempo, é
consecuencia do proceso de adaptación da estructura da producción galega ós
parámetros medios do contorno económico onde está inserta Galicia.

Esta caída continuada do peso relativo do sector primario (no noso caso tamén do
valor absoluto) é unha tendencia estructural a longo prazo coñecida xa noutros
espacios económicos e que en Galicia supón unha reducción no período
1979/1994, acadándose no ano 1992 o mínimo histórico, achegando só o 8% do
PIB galego.

b) As series estatísticas referidas ó sector industrial pódense resumir nunha frase: a


economía galega sofre un proceso lento pero sostido de desindustrialización que
se reflecte nunha caída continuada da achega da industria ó PIB galego.

De feito, en 1994 a participación do sector secundario na producción total de


Galicia acada o seu mínimo histórico, cun 19,8% do PIB total.

Sen dúbida este proceso desindustrializador é común ó resto das economías


occidentais pero no caso galego reviste unha especial gravidade por dous motivos:
en primeiro lugar, porque esta perda de peso se produce sobre unha estructura
industrial xa moi débil e pouco desenvolvida, e que polo tanto inicia o seu proceso
de reducción antes de acada-lo seu pleno desenvolvemento.

En segundo lugar débese destaca-lo feito moi negativo da aceleración na caída do


peso industrial a partir de 1987, xa que desde este ano ata 1994 a participación
industrial no PIB caeu en 5,6 puntos, isto é, unha caída do 22%.

c) O papel motor da construcción no crecemento dos últimos anos tradúcese nun


peso cada vez maior desta actividade no PIB galego. Se no ano 1985 a
construcción achegaba o 7,4% da producción total do país, en 1994 a súa achega
elévase ó 11% do PIB galego.

d) Os datos do cadro sinalan con claridade a tendencia máis forte na evolución da


nosa estructura económica: Galicia está coñecendo un proceso crecente de
terciarización da súa actividade, cun peso crecente do sector servicios. Os
servicios son desde hai moito tempo a principal actividade do país, nun proceso
compartido co resto das economías occidentais, e nos últimos 13 anos non
deixaron de crecer.

En 1994 os servicios producen xa o 60,6% do PIB galego nun proceso non


rematado de maior relevancia que se manifesta nos incrementos continuados
durante cada ano da súa cota de participación.

Un balance sintético da evolución da estructura sectorial da producción da economía


galega sinala un forte proceso de terciarización da actividade e unha caída moi intensa da
producción do sector primario; isto, unido a unha lenta pero sostida desindustrialización, vai
definindo unha distribución sectorial máis homoxeneizada en Galicia con relación ó seu
contorno económico.

ANÁLISE COMPARADO DO PIB GALICIA/ESPAÑA NO PERÍODO 1986/1994 14


VI. ESTRUCTURA COMPARADA DO PIB GALICIA/ESTADO

A pesar deste proceso de homoxeneización da estructura do PIB de Galicia co seu


contorno, aínda en 1994 a distribución sectorial da producción galega é bastante diferente da
da media estatal.

No cadro nº 5 compárase a estructura do PIB galego ca do conxunto do Estado e pódese


comprobar que mantendo unha distribución similar, existen especificidades diferenciadoras.
De feito, ningún macrosector ten o mesmo peso relativo en Galicia e no Estado. As principais
diferencias sectoriais son as seguintes:

CADRO Nº 5: COMPARACIÓN DA ESTRUCTURA DO PIB GALICIA/ESPAÑA

SECTORES GALICIA ESPAÑA

AGRICULTURA E PESCA 8,5% 5,0%

INDUSTRIA 19,8% 21,7%

CONSTRUCCIÓN 11,1% 7,9%

SERVICIOS 60,6% 65,4%

TOTAL PIB 100% 100%

Fonte: FIES

a) A pesar da perda continuada nos últimos anos, o sector primario galego ten unha
participación no PIB que duplica o peso deste sector na media estatal, o que indica
unha clara especialización de Galicia nas produccións deste sector.

b) O sector industrial ten unha aportación inferior ó PIB en Galicia á da media do


Estado, que se mantén estable entre 1 e 2 puntos por debaixo. A comparación coa
media estatal non resalta con claridade as diferencias de peso industrial, debido a
que noutras comunidades autónomas o sector industrial aínda é máis débil (en
Andalucía, por exemplo, a participación industrial no PIB é do 15%). Sen
embargo, se se fai a comparación cos territorios máis industrializados do Estado,

ANÁLISE COMPARADO DO PIB GALICIA/ESPAÑA NO PERÍODO 1986/1994 15


si aparecen grandes diferencias (por exemplo Navarra, cun 34% de PIB industrial,
País Basco 32%, Asturias 30%, Catalunya 28% ou Aragón cun 27%)

c) A construcción ten un peso superior en Galicia que na media estatal, superando en


case 2 puntos a súa achega ó PIB.

d) No sector servicios dáse a maior diferencia xa que a contribución do sector


terciario ó PIB galego é inferior en 5 puntos á porcentaxe do Estado. Esta
diferencia tan importante parece indicar que o proceso de terciarización da
economía galega aínda non rematou e que nos próximos anos medrará de maneira
sensible a participación dos servicios no PIB galego.

VII. ESTRUCTURA DO PIB E ESTRUCTURA DO EMPREGO

Unha maneira de achegarse á productividade dos distintos sectores económicos é compara-


lo valor da producción de cada un deles co número de persoas ocupadas.

Se tódolos sectores tivesen a mesma productividade, a súa participación no PIB e a súa


porcentaxe de emprego serían iguais. Pola contra, aqueles sectores que teñen unha porcentaxe
máis elevada no total do emprego que na súa participación no PIB, presentan claros problemas
de productividade.

No cadro nº 6 compáranse as distribucións sectoriais do PIB e do emprego en Galicia no


ano 1994 e do mesmo dedúcense importantes conclusións:

CADRO Nº 6: COMPARACIÓN ESTRUCTURA PIB/ESTRUCTURA EMPREGO. GALICIA 1994

SECTORES PIB EMPREGO

AGRICULTURA E PESCA 8,5% 27,7%

INDUSTRIA 19,8% 14,2%

CONSTRUCCIÓN 11,1% 10,4%

SERVICIOS 60,6% 48,8%

TOTAL PIB 100% 100%

Fonte: B.B.V. e EPA (IV Trimestre)

a) É baixísimo o nivel de productividade do sector primario en comparación cos


demais, xa que neste sector traballa o 27% de tódalas persoas galegas ocupadas
para producir só o 8% do producto interior bruto galego.

ANÁLISE COMPARADO DO PIB GALICIA/ESPAÑA NO PERÍODO 1986/1994 16


Neste baixo nivel de relación ocupación/producción inflúe unha especificidade
galega que ten unha productividade no sector primario equivalente ó 50% da
media estatal pero, sobre todo, as propias características deste sector, que tamén
na economía española amosa un gran diferencial entre empregos e producción.

b) É o sector servicios o que ten unha maior relación ocupación/producción, isto é,


máis productividade aparente, xa que empregando ó 48% da poboación ocupada,
xera o 61% do PIB galego.

c) A industria co 15% do emprego e o 20% da producción, e a Construcción co 10%


da poboación ocupada e o 11% do PIB, teñen valores de productividade
sensiblemente inferiores ós servicios, pero moi por riba do sector primario.

Esta comparación de distribución PIB/emprego indica con claridade que o baixo


nivel de PIB/persoa e de PIB/persoa ocupada que mide a productividade aparente,
está provocado polo elevado número de persoas ocupadas no sector primario. Ó
mesmo tempo sinala unha vía de aumento pasivo da productividade na economía
galega: a diminución progresiva das persoas ocupadas na agricultura/gandería vai
provocar unha aproximación dos índices de productividade galega ós parámetros
medios españois.

Setembro 1995

ANÁLISE COMPARADO DO PIB GALICIA/ESPAÑA NO PERÍODO 1986/1994 17

Anda mungkin juga menyukai