Anda di halaman 1dari 6

Relación razón/fe en San

Agustín de Hipona
Agustín de Hipona
San Agustín de Hipona, aos dezanove anos, pasouse ao racionalismo e
rexeitou a fe fronte a razón. Pero, co tempo cambiou de parecer ata
chegar á conclusión de que razón e fe non están necesariamente en
oposición, senón que a súa relación é de complementariedade.
Segundo el, a fe é un modo de pensar asentindo, e se non existise o
pensamento, non existiría a fe. Por iso a intelixencia é a recompensa da
fe. A fe e a razón son dous campos que necesitan estar en equilibrio e
complementados.
Agustín de Hipona
Axuda a encontrar e
Razón a entender mellor a
verdade da fe

*Necesítanse Necesaria para


mutuamente defender as
*É necesario que verdades
estén equilibradas reveladas

Fe
É necesaria para
comprender a verdade
revelada(a verdade de
Deus e do cristianismo).
Está por encima da razón
Agustín de Hipona
Razón VS Fe
Non hai unha distinción clara entre razón e fe na obra de San Agustín, isto marcará
o percorrido do seu pensamento. Segundo el, existe unha soa verdade, a verdade
revelada, a explicada pola relixión, e a razón axuda a coñecela mellor. Agustín di:
"Cre para comprender", nunha clara expresión de predominio da fe; sen a crenza
nos dogmas da fe non podemos chegar a comprender a verdade revelada,
aquela verdade que Deus mostrou aos homes.
Agustín tamén adoitaba dicir "comprende para crer", en clara alusión ao papel
subsidiario, pero necesario, da razón como o medio de aclaración da fe: a fe pode
e debe apoiarse no discurso racional xa que, correctamente utilizado, non pode
estar en desacordo coa fe, afianzando o valor de esta.
Polo tanto, fe e razón non se exclúen, senón que estas se complementan. Nin crer é
algo irracional, nin o coñecemento racional (de Deus) destrúe a fe.
Agustín de Hipona
Coñecemento
Aínda que sen chegar a elaborar unha teoría do coñecemento, San Agustín ocupouse da
explicación de este, tratando de establecer as condicións nas que se pode dar o
coñecemento da verdade, que segundo o ideal cristiano é a búsqueda de Cristo e da
sabiduría.
Neste coñecemento certo que ten a mente de sí mesma e por sí mesma, na experiencia
interior, asentará San Agustín a validez do coñecemento.
Distingue varios tipos de coñecemento: o coñecemento sensible(é o grado máis baixo de
coñecemento e, a pesar de que a alma é quen o realiza, os sentidos son as súas
ferramentas) e o coñecemento racional(é un tipo de coñecemento superior, propio da
ciencia e do auténtico coñecemento filosófico).
O coñecemento superior denomínase sabiduría ou coñecemento contemplativo. Este
coñecemento só se alcanza no interior do home e está ligado á presencia de Deus no
interior de cada persoa.
O coñecemento conséguese mediante unha iluminación que Deus concede a alma, a
actividade superior da razón. Polo tanto, o verdadeiro coñecemento depende da
iluminación divina.
Alumnos do centro IES Antón
Losada Diéguez
(Pontevedra, España)

Manuel Ángel Mazás, Mónica Conde, Sandra Calviño e Iria Sueiro


2º BACH

Anda mungkin juga menyukai