Anda di halaman 1dari 3

A MOCHILA VIAXEIRA

A LECTURA É

Queridas familias:
Outro ano máis seguindo có programa de
actividades realizadas dende a biblioteca, imos a
poñer en marcha a “Mochila Viaxeira”
A súa finalidade fundamental será a de achegar
materiais para poñer en valor os libros e a lectura
no contexto familiar.
A mochila viaxeira permitirá levar libros á casa para
compartilos coa familia: ese conto que tanto nos
gustou,, ese libro de poemas que ten palabras
fermosas, as imaxes dun álbum que tanto me
abraiaron, unha película, un libro que fala da
temática que andamos a estudar, que neste caso é
o coñecemento do noso entorno máis próximo, polo
tanto imos a investigar a flora e fauna da nosa
rexión.
O alumnado levará a mochila para a casa durante
unha semana, recolléndoa o luns e devolvéndoa o
luns da semana seguinte.
Na mochila inclúese:
 Un listado co contido da mochila
 Os materiais
 O diario da mochila.

PROPOSTAS DE USO:

1. Lectura de materiais (non é obrigatorio que os


lean todos, pero si que lles boten unha ollada a
todos)
2. Visualización das imaxes
3. Anotación no diario da mochila: é un caderno no
que todos ( nenos e nenas, pais e nais ) poden
participar. Resulta de interese favorecer a expresión

1
dos ususarios da mochila, das familias, en relación á
experiencia que ésta lles proporciona, o que
observan con respecto aos hábitos da lectura dos
seus fillos ou fillas, a súa opinión sobre a actividade,
propostas de novas actividades, etc
4. Investigación e rastrexo das sinais ou pistas que
se inclúen dentro da mochila ata chegar a dar coa
resposta correcta. Unha vez descuberta a solución,
debemos de narrar todas as observacións feitas e
todo aquelo que coñezamos do resultado atopado.:
¿ como é?; ¿onde vive?. .Podemolo facer mediante
debuxos, esquemas, etc e mesmo podemos enviar
imaxes e/ou videos que nos podedes enviar ó e-mail
do centro: ceip.virxedocamino@edu.xunta.es.

Por outra banda, en relación cós libros que van


dentro da mochila, queremos que plantexedes
unhas cuestións en relación ó contido dos mesmos.
A primeira pregunta faraa o tito/a e a familia que lle
toque deberá de buscar a resposta e propoñer unha
nova cuestión a seguinte familia, pero sempre dun
xeito encadeado e en relación ca resposta anterior;
así por exemplo unha pregunta pode ser: ¿ Cales
son as especies animais máis abundantes da rexión?
e a resposta quizáis sexan: os corzos, polo
conseguinte a próxima pregunta debe de versar
sobre os corzos, por exemplo de qué se alimentan,
cómo son, etc

Rogamos leven conta dos materiais, así como do


seu estado e a data en que teñen que devolver a
mochila para que así a poidamos facer chegar a
outra familia.
Agradecemos a súa colaboración de antemán. Un
saúdo.

2
O equipo de
biblioteca.

Anda mungkin juga menyukai