Anda di halaman 1dari 72

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Módulo 2. 

Organización e xestión dos
centros docentes

Formación para a función directiva


Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !

Táboa de
Contidos
Introducción ............................................................................................6

A) O centro docente como organización: función directiva e

documentación institucional ...............................................................7

B) Imaxe institucional, colaboración e promoción externa do centro16

C) A participación da comunidade educativa........................................ 22

D) Funcións e responsabilidades da dirección e equipo directivo ..... 23

E) Estruturas de planificación e coordinación .....................................37

F) Xestión do centro como organización educativa: modelos

curriculares, formación docente, innovación educativa, traballo en

redes .....................................................................................................41

G) Xestión do centro docente por proxectos ........................................ 46

H) Convivencia escolar. Prevención de conflictos e programas de

mellora da convivencia. Estratexia de boas prácticas .....................58

I) A avaliación dos centros e da práctica docente ................................ 61

L) Bibliografía ...........................................................................................65

M) Lexislación ..........................................................................................66

2
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !

Táboa de
Contidos
Introducción ............................................................................................. 6

A) O centro docente como organización: función directiva e


documentación institucional ...................................................................7
1. O centro docente ----------------------------------------------------------------------7
2. Estrutura organizativa dos centros docentes ----------------------------------- 10
B) Imaxe institucional, colaboración e promoción externa do centro. 16
1. O centro como institución, colaboración e promoción externa -------------16
2. O plan de comunicación dun centro educativo: comunicación interna e
externa ------------------------------------------------------------------------------------17
C) A participación da comunidade educativa.........................................22

D) Funcións e responsabilidades da dirección e equipo directivo ......23


1. A función directiva ---------------------------------------------------------------------23
2. Competencias do resto de cargos do equipo directivo----------------------- 28
3. Nomeamento e cesamento dos cargos directivos ----------------------------29
4. Competencias dos órganos de participación e goberno dos centros ----29
E) Estruturas de planificación e coordinación ...................................... 37
1. A Comisión de Coordinación Pedagóxica (CCP) ------------------------------37
2. Documentación institucional dos centros docentes ---------------------------38
3. A planificación dos documentos institucionais de centro -------------------- 40
F) Xestión do centro como organización educativa: modelos
curriculares, formación docente, innovación educativa, traballo en
redes .........................................................................................................41
1. A Concreción curricular -------------------------------------------------------------- 41
2. Niveis de concreción curricular----------------------------------------------------- 42
3. Formación docente, innovación educativa e traballo en rede -------------- 45

3
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !
G) Xestión do centro docente por proxectos .........................................46
1. Os Proxectos institucionais dos centros docentes ----------------------------48
2. Proxectos e plans que forman parte do Proxecto Educativo ---------------50
H) Convivencia escolar. Prevención de conflictos e programas de
mellora da convivencia. Estratexia de boas prácticas ..........................58
1. O Plan de Convivencia ---------------------------------------------------------------58
2. Funcións dos órganos de goberno e o Plan de Convivencia ---------------59
3. Prevención de conflictos e programas de mellora da convivencia.
Estrategia das boas prácticas ------------------------------------------------------60
I) A avaliación dos centros e da práctica docente .................................61
1. A avaliación dos centros docentes ------------------------------------------------61
2. A avaliación da práctica docente---------------------------------------------------63
L) Bibliografía ............................................................................................ 65

M) Lexislación ........................................................................................... 66

4
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !

Módulo 2.

Organización e xestión 

dos centros docentes

A B C D E

O centro Imaxe Funcións e


A
docente como institucional, responsabili- Estruturas de
participación
organización: colaboración dades da planificación
da
función directiva e promoción dirección e do e
comunidade
e documentación externa do equipo coordinación.
educativa.
institucional. centro. directivo.

F G H I
Xestión do centro Convivencia
como escolar.
organización Prevención de
educativa: modelos conflitos e Avaliación da
Xestión do centro
curriculares, programas de práctica docente.
por proxectos.
formación docente, mellora da
innovación convivencia.
educativa, traballo Estratexias e boas
en redes. prácticas.

5
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !

Módulo 2. 

Organización e xestión dos
centros docentes
Introducción

Tal como expón a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (LOE) no seu
preámbulo, a exixencia que se lles demanda aos centros docentes de proporcionar unha
educación de calidade a todo o alumnado, tendo ao mesmo tempo en conta a diversidade
dos seus intereses, características e situacións persoais, obriga a recoñecerlles aos
centros unha capacidade de decisión que afecta tanto a súa organización como o seu
modo de funcionamento. Isto implica que os centros deben posuír unha marxe propia de
autonomía pedagóxica, organizativa e de xestión que lles permita adecuar a súa
actuación ás súas circunstancias concretas e ás características do seu alumnado, co
obxectivo de conseguir o seu éxito escolar e os fins educativos. É por iso que a reforma
promovida pola Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para mellora da calidade
educativa (LOMCE) considera, entre os seus principios, o reforzo da capacidade de
xestión da dirección dos centros, entendendo que a autonomía dos centros docentes e o
liderado dos seus directores e directoras son factores crave para a transformación do
sistema educativo fronte ás novas demandas de aprendizaxe do século XXI. Así, o
Ministerio de Educación e Formación Profesional (La Dirección Escolar https://
www.mecd.gob.es/educacion/mc/lomce/autonomia-centros/direccion-centros.html)
salienta dúas características no perfil do modelo de dirección:

− A de representación da Administración educativa.

− O maior liderado pedagóxico e de xestión, como responsable do Proxecto


Educativo.

Ao mesmo tempo, o exercicio desta autonomía leva consigo que os centros docentes
sostidos con fondos públicos deban establecer mecanismos de avaliación e de rendición
de contas, para ofrecer unha información pública e transparente acerca do uso que se fai
dos medios e dos recursos que a sociedade pon á súa disposición, así como unha
valoración dos resultados que con eles se alcanzan, de xeito que isto permita, á súa vez,
a elaboración de propostas de mellora dos procesos establecidos para acadar tales
resultados.

6
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes
! ! Formación para a función directiva
En consecuencia, neste Módulo II abordarase as características específicas que posúen
os centros docentes como organización; a súa estrutura organizativa; as competencia dos
seus órganos de goberno e de coordinación; os plans e proxectos que lle confiren ao
centro un carácter propio; e a avaliación.

A) O centro docente como organización: función


directiva e documentación institucional

1. O centro docente

Segundo establece o art. 2 do Título Preliminar da Lei Orgánica 8/1985, de 3 de xullo,


reguladora do Dereito á Educación (LODE), os centros docentes, tamén denominados
centros educativos, son o lugar no que se desenvolve a actividade educativa, orientada
polos principios e declaracións da Constitución. Pola súa parte, a Lei Orgánica 2/2006,
de 3 de maio, de Educación (LOE a partir de agora) dispón, no seu Título IV, que o
servizo público da educación se presta a través dos centros docentes, cuxa actividade
debe orientarse á consecución dos principios e fins da educación establecidos nesa lei.
Igualmente, a LOE considera que proporcionar unha educación de calidade a todos os
cidadáns de ambos os sexos conciliando a calidade da educación coa equidade, implica,
á súa vez, o principio de participación de todos os compoñentes da comunidade educativa
co fin de asegurar a súa colaboración no logro dese obxectivo. Ademais, a flexibilidade do
sistema educativo considerada nesta lei orgánica comporta, necesariamente, segundo
establece o seu Título V, a existencia dun marco lexislativo que combine obxectivos e
normas comúns coa necesaria autonomía pedagóxica e de xestión dos centros docentes.
E isto, por outra parte, cando se trata de centros docentes sostidos con fondos públicos,
implica a obrigatoriedade de establecer mecanismos de avaliación e de rendición de
contas. Así, tanto a Lei Orgánica 8/1985, de 3 de xullo, (LODE) como a LOE,
modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade
educativa (LOMCE) prevén a participación da comunidade educativa na organización, o
goberno, o funcionamento e a avaliación dos centros docentes.

7
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes
! ! Formación para a función directiva
É pois evidente que a educación (Antúnez, 1996:10) se desenvolve nun espazo
organizativo moito maior co ámbito reducido de cada aula ou das microsituacións cara a
cara entre o profesorado e o alumnado. Esta evidencia supón, segundo este autor, os tres
corolarios que seguen:

- En primeiro lugar, que a tarefa educativa debe realizarse de xeito congruente entre os
profesionais que traballan no centro docente e que conforman un equipo. De aí a
existencia de órganos de coordinación.

- En segundo lugar, que o marco organizativo do centro inflúe significativamente no


traballo docente, pois a estrutura organizativa do centro, os tempos e os espazos
conforman secuencias e escenarios da actividade do profesorado.

- En terceiro lugar, que salienta aínda máis a importancia de considerar o traballo


docente como actuacións que se inscriben nunha organización, ten que ver coa
evidencia de que calquera proceso de innovación e cambio significativo e perdurable
necesita, ineludiblemente, solucións organizativas que, en moitos casos, deben mesmo
ser previas ao inicio dos procesos de innovación e de cambio.

Así, os centros docentes, como sinala Gairín (1996: 102), cumpren cos distintos atributos
e compoñentes cos que normalmente se caracteriza ás organizacións:

a.- teñen fins, obxectivos e propósitos, que orientan a actividade,

b.- traballa neles un grupo de persoas con relacións interpersonais ordenadas por
normas,

c.- realizan funcións e actuacións que tenden á conclusión duns fins determinados,

d.- traballan na procura de eficacia e racionalidade.

Figura 1. Atributos e compoñentes das organizacións

Grupo de persoas
Procura de eficacia
con relacións
e racionalidade
interpersoais
Fins ordeadas
por Funcións
Obxectivos normas e actuación
para fins
Propósitos determinados

8
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !

Os centros docentes son, pois, organizacións de servizo e, como tales, réxense por
normas e teñen unha estrutura organizativa conformada por órganos de participación,
control, goberno e coordinación. Actúan segundo principios na procura de obxectivos
comúns a todos os centros docentes e, no exercicio das súa autonomía pedagóxica,
organizativa e de xestión, daqueloutros obxectivos libremente establecidos nos seus
proxectos educativos. Ademais, os centros docentes sostidos con fondos públicos, deben
participar no seguimento e valoración dos resultados obtidos para asegurar a súa eficacia
e facilitar a mellora dos procesos que permiten obtelos.

A actividade dos centros docentes recae, en última instancia, no profesorado que neles
traballa, e cuxas funcións, establecidas no art. 91 da LOE-LOMCE, están dirixidas a

• conseguir que todo o seu alumnado desenvolva ao máximo as súas capacidades,


nun marco de calidade e equidade,

• converter os obxectivos xerais en logros concretos,

• adaptar o currículo vixente e a acción educativa ás circunstancias específicas en


que os centros se desenvolven,

• conseguir que os pais e as nais se impliquen na educación dos seus fillos.

Como ben recolle a LOE no seu preámbulo, estas funcións, entre outras, non fan senón
informar da complexidade do proceso educativo, con múltiples axentes tanto internos
como externos. Isto, e as formas de asignación dos recursos, o modelo de dirección e a
diversidade de elementos a ter en consideración na avaliación do proceso educativo,
danlle aos centros docentes a súa peculiaridade organizativa.

Cómpre, pois, achegarse aos centros docentes cunha formulación que recoñeza e teña
en conta as súas peculiaridades como organización, sobre todo para evitar intentar
trasladar de forma mecánica os modelos, esquemas e formulacións estudados e
experimentados noutras realidades organizativas.

A constatación e consideración das peculiaridades dos centros docentes como


organización non fan senón darlle maior relevancia á figura da dirección docente, que ten
o reto de lograr, por unha parte, unha elevada eficiencia tanto polo logro de resultados
académicos e dos obxectivos previstos, como pola utilización adecuada dos recursos
económicos e humanos do centro e, pola outra, o maior grado de satisfacción humana
posible, de xeito que se dea a identificación de toda a comunidade educativa co proxecto
do centro.

9
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !

En definitiva, os centros docentes son organizacións que presentan as seguintes


características:

− teñen referentes normativos que guían as súas actuacións,

− funcionan mediante órganos colexiados que colaboran, no ámbito das súas


competencias, coa dirección na súa organización, xestión e goberno,

− teñen autonomía, tanto no pedagóxico, a través da elaboración dos seus Proxectos


Educativos, como no que respecta á xestión económica dos recursos e á
elaboración das súas Normas de Organización e Funcionamento,

− e están suxeitos a procesos de avaliación interna e externa que permitan o


rendemento de contas e a elaboración de propostas de mellora sobre a calidade da
educación, o funcionamento do centro, e a calidade da xestión, así como sobre
aqueloutros aspectos igualmente relacionados coa calidade.

2. Estrutura organizativa dos centros docentes

A estrutura organizativa dos centros docentes está conformada por dous tipos de
órganos: de goberno e de coordinación docente. Os órganos de goberno confórmanse, á
súa vez, por órganos colexiados e por órganos unipersoais.

2.1 Órganos de goberno

Son a persoa ou o conxunto de persoas do centro docente encargados da súa


organización, xestión e funcionamento conforme ás normas, tanto de carácter xeral como
específicas do tipo de centro, que lle son de aplicación. Neles participa toda a
comunidade educativa, segundo as competencias que lles estean atribuídas, e, cando se
10
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes
! ! Formación para a función directiva
trata dun conxunto, a súa presidencia correspóndelle á persoa responsable da dirección
do centro.

2.1.1 Órganos colexiados

O art.119 da LOE, dedicado á participación no funcionamento e no goberno dos centros


sostidos con fondos públicos, establece, polo menos, os seguintes órganos de goberno
colexiados, coas funcións que se indican nesta Lei:

a) O Consello Escolar, mediante o que se garante a intervención da comunidade


educativa (profesorado, pais e nais, alumnado e persoal non docente). Se ben
naqueles centros singulares, como son os Centros Integrados de FP (CIFP) e as
Escolas de Arte e Superiores de Deseño (EASD), os seus Regulamentos
Orgánicos respectivos establecen órganos colexiados de carácter singular que
substitúen ao Consello Escolar como son o Consello Social nos CIFP e a Xunta de
escola no caso das EASD.

No seo do Consello Escolar existirá, polo menos, unha comisión económica e


poderán constituírse outras comisións para asuntos específicos coa composición
que os seus Regulamentos Orgánicos (ROC) respectivos determinen. En todo
caso, as comisións deben informar ao Consello Escolar sobre os temas que se lles
encomenden e colaborar con él nas cuestións da súa competencia.

b) O Claustro do profesorado, órgano de participación dos profesores e profesoras


no goberno do centro no que traballan. Recae nel a responsabilidade de planificar,
coordinar, informar e, no seu caso, decidir sobre todos os aspectos educativos do
centro.

Funcionamento dos órganos colexiados

Cando o funcionamento destes órganos non estea establecido no Regulamento


Orgánico do centro (ROC) de que se trate, estarase ao disposto na Lei 40/2015 no
relativo á convocatoria, quórum, orde do día, maioría para a adopción de acordos e actas
(artigos 17 e seguintes).

Cítanse de seguiso algúns aspectos que acostuman ser obxecto de consulta:

a) Convocatorias

Segundo o art. 17.3, salvo que non resulte posible, as convocatorias serán remitidas aos
membros do órgano colexiado a través de medios electrónicos, facendo constar na
mesma a orde do día xunto coa documentación necesaria para a súa deliberación cando
sexa posible.

11
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !

b) Asuntos das sesións

O art. 17.4 dispón que non poderá ser obxecto de deliberación ou acordo ningún asunto
que non figure incluído na orde do día, salvo que asistan todos os membros do órgano
colexiado e sexa declarada a urxencia do asunto polo voto favorable da maioría. Agás
neste extremo, non poderá ser, pois, obxecto de votación ningún asunto que poida xurdir
no apartado de Rogos e preguntas.

c) Contidos das actas

Segundo o art. 18.1, na acta figurará o seguinte: asistentes, a orde do día da reunión, as
circunstancias do lugar e tempo en que se celebrou, os puntos principais das
deliberacións, así como o contido dos acordos adoptados.

Por solicitude dos respectivos membros do órgano, o voto contrario ao acordo adoptado,
a súa abstención e os motivos que a xustifiquen ou o sentido do seu voto favorable.

Así mesmo, calquera membro ten dereito a solicitar a transcrición íntegra da súa
intervención ou proposta, sempre que aporte no acto, ou no prazo que sinale a persoa
que o preside, o texto que se corresponda fielmente coa súa intervención, facéndose así
constar no acta ou uníndose copia á mesma.

Os membros que discrepen do acordo maioritario poderán formular voto particular por
escrito no prazo de dous días, que se incorporará ao texto aprobado.

d) Aprobación da acta

No art. 18.2 disponse que a acta de cada sesión poderá aprobarse na mesma reunión ou
na inmediata seguinte. O Secretario elaborará a acta co visto bo do presidente ou
presidenta e remitiraa a través de medios electrónicos, aos membros do órgano
colexiado, que poderán manifestar polos mesmos medios a súa conformidade ou reparos
ao texto, a efectos da súa aprobación, considerándose, en caso afirmativo, aprobada na
mesma reunión

2.1.2 Órganos unipersoais

Están conformados pola persoa responsable da dirección e, segundo o tipo de centro,


pola persoa responsable da xefatura de estudos, a secretaría e, se é o caso, a
vicedirección e cantos outros cargos determinen as Administracións educativas. Estes
órganos unipersoais constitúen o equipo directivo que, segundo establece o art.131 da
LOE, é o órgano executivo de goberno dos centros públicos.

12
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !
2.1.3 Órganos de coordinación docente

O art. 119 da LOE establece que, ademais de participar no Claustro, o profesorado


participará na toma de decisións pedagóxicas que corresponden aos órganos de
coordinación docente e aos equipos de profesores e profesoras que impartan clase no
mesmo curso.

Estes órganos de coordinación aos que se refire a LOE, non están definidos nesta Lei, xa
que as Administracións Educativas teñen competencias para regular o funcionamento dos
órganos de coordinación docente e de orientación, e potenciar os equipos de profesores
que impartan clase no mesmo curso, así como a colaboración e o traballo en equipo dos
profesores que impartan clase a un mesmo grupo de alumnos. Os únicos órganos de
coordinación docente establecidos pola LOE son os departamentos de coordinación
didáctica, que se encargarán da organización e desenvolvemento das ensinanzas propias
das materias ou módulos que se lles encomenden, segundo se dispón no art. 130.

Así, cada Administración Educativa ten establecidos, nos respectivos Regulamentos de


Organización e Funcionamento dos centros docentes (ROC), órganos de
coordinación docente que varían en función da tipoloxía do centro e das ensinanzas que
nel se imparta. Se ben é habitual que en todos os centros existan, polo menos, os
seguintes órganos de coordinación:

− Departamentos de coordinación didáctica. Son equipos de traballo organizados


para lograr os obxectivos establecidos na súa Programación Didáctica, no Proxecto
Educativo e na Programación Xeral Anual. O seu funcionamento debe basearse na
interacción dos seus membros, que colaborarán coordinadamente nas funcións
que este órgano ten encomendadas no ROC do seu tipo de centro.

− Comisión de coordinación pedagóxica, ou órgano colexiado similar, na que a


dirección e as persoas responsables da xefatura ou coordinación de
Departamentos didácticos, dos grupos de nivel, etc. segundo o tipo de centro de
que se trate, elaboran directrices para o desenvolvemento coordinado da propostas
curriculares, velan pola súa coherencia e elevan ao Claustro propostas que
garantan o tratamento ordenado e coordinado de todos os aspectos ligados á
actividade docente, nos seus aspectos de diagnóstico, planificación, execución e
avaliación, incluídas nesta a dos propios procesos educativos e os seus resultados.

− Titorías, mediante as que un titor/a responsable dun grupo clase, coordina o labor
de todo o profesorado que imparte ensinanzas nel. A función de titoría dos
alumnos/as está considerada, entre outras, no art. 91 da LOE relativo ás funcións
do profesorado.

13
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !

− Equipos de ciclo ou de nivel, que coordinan as ensinanzas que se imparten nos


diferentes grupos dun mesmo ciclo ou nivel.

− Equipos docentes, que imparten docencia a un mesmo grupo de alumnos e


alumnas polo que deben coordinarse na toma de decisións importantes como son,
por exemplo, a promoción de curso do alumnado (LOE art. 21 e 28), a proposta de
incorporación a un programa de mellora da aprendizaxe (LOE art. 27) ou á
Formación Profesional Básica (LOE art. 30, ou o informe favorable para que se
poida repetir un dos cursos do Bacharelato unha segunda vez (LOE art. 36.2).

− E outros órganos de coordinación que as Administracións Educativas consideren


oportunas para a dinamización da lingua propia da súa Comunidade ou para
garantir a coordinación máis adecuada no tipo de centro ao que corresponda o
Regulamento.

O procedemento de nomeamento do profesorado responsable dos equipos de


coordinación docente, e a composición destes está establecido nos distintos ROC.

2.2 Órganos de representación

O art. 119 da LOE establece a posibilidade de que os pais e nais, e o alumnado participen
tamén no funcionamento dos centros a través das súas asociacións. E insta ás
Administracións educativas a favorecer a información e a formación dirixida a estes
colectivos.

2.2.1 Asociación de pais e nais (ANPA)

No art. 116.3 da LOE resérvase un posto no Consello Escolar a un


representante dos pais e nais designado pola asociación máis
representativa do centro. Calquera outra competencia estará,
normalmente, establecida no ROC que lle corresponda a cada
centro docente.

En Galicia, as ANPA poden facer propostas das que salientaremos as relativas aos
proxectos do centro e á realización de actividades extraescolares, e teñen o dereito de
recibir información e a utilizar as instalacións do centro nos termos que estableza o
Consello Escolar e a lexislación vixente.

14
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !

2.2.2 Xunta de delegados

O art. 119 da LOE considera a participación do alumnado no funcionamento dos centros,


a través dos seus delegados de grupo e curso, así como dos seus representantes no
Consello Escolar. Dereito que corresponde desenvolver ás Administracións Educativas e
cuxo procedemento acostuma vir recollido nos diferentes Regulamentos orgánicos dos
centros docentes. Con carácter xeral, o habitual é que cada grupo de alumnos/as elixa un
alumno ou alumna delegado/a que, a partir da ESO, se integra e representa ao grupo na
Xunta de delegados/as do centro. E que esta teña recoñecidas funcións de participación,
mediante propostas elevadas aos distintos órganos de goberno e de coordinación
docente.

En Galicia, as competencias das xuntas de delegados/as están establecidas nos distintos


ROC nos seguintes apartados:

Título VII do ROC de Institutos.

Título V do ROC de Centros Públicos Integrados.

Título IV do ROC das EE.OO.II.

Título IV do ROC de Conservatorios.

Título IV do ROC das Escolas de Arte e Superiores de Deseño.


15
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !

B) Imaxe institucional, colaboración e promoción


externa do centro

A imaxe é o conxunto de trazos que caracterizan a unha persoa ou entidade perante a


sociedade. Estes trazos recíbense como comunicacións directas ou indirectas e son
percepcións que conforman as crenzas e asociacións que posúen as persoas ou
colectivos respecto de persoas, institucións, produtos ou servizos. Así, a imaxe que un
centro educativo emite, voluntaria ou involuntariamente, de xeito directo ou indirecto,
produce un xuízo de valor en quen a percibe, e un grao de aceptación ou de rexeitamento
respecto desa imaxe que o centro educativo xera. Esta percíbese de xeito individual pero
compártese de xeito colectivo, xerando unha opinión pública.

1. O centro como institución, colaboración e promoción


externa

Os centros educativos xeran, pois, unha imaxe pública que é, á súa vez, o resultado da
suma de varias imaxes que este proxecta, e que Gordoa (2002) cualifica como física,
profesional, verbal, visual, audiovisual e ambiental.

A imaxe física xérase por todos os membros do centro, a saber, profesorado, persoal non
docente e alumnado e mesmo as familias. Porén unha das impresións físicas máis
influentes na percepción das persoas procedentes tanto do medio exterior ao centro
coma interior, é a da persoa que está ao cargo da dirección, pois como representante do
centro educativo transmite unha imaxe física que inclúe desde a forma de dirixirse aos
demais, ata a de vestir ou de actuar en diferentes situacións.

A imaxe profesional xérase por todas as persoas que traballan no centro educativo, pero
cada unha delas xera, á súa vez, unha imaxe profesional que afecta a toda a institución. A
imaxe profesional está ligada a toda a actividade do centro e refírese non só á actividade
docente, senón tamén a aspectos tan sinxelos como a forma de dirixirse ao alumnado, de
atender ás familias ou de contestar o teléfono.

A Imaxe verbal refírese á percepción que xera o centro educativo nos seus grupos meta,
comunicándose con eles, xa sexa de forma oral ou escrita. Neste apartado cómpre
destacar a importancia de que existan no centro protocolos e formas de comunicación (de
novas, convocatorias, ausencias, programas, etc.) tanto externa como interna que reúnan
o nivel de formalidade, afabilidade e comprensibilidade necesarios para cada destinatario

A Imaxe audiovisual está asociada aos medios audiovisuais de comunicación para dar a
coñecer o centro educativo, como son a páxina web do centro e as redes sociais.

16
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes
! ! Formación para a función directiva
A Imaxe visual fai recoñecible a Institución fronte a outras moitas organizacións, mediante
logos ou cores corporativas, como no caso dos Centros Integrados de FP en Galicia.

A Imaxe ambiental refírese aos escenarios que ofrece o centro e que perciben os cinco
sentidos das persoas: a iluminación, mobiliario, artigos decorativos, carteis, olores, entre
outros; de aí a conveniencia de que centro se perciba como un entorno agradable, con
decoracións axeitadas ás idades do alumnado e ás ensinanzas que nel se imparten; con
lugares adecuados para recibir aos pais e nais, e ao alumnado, evitando móbeis
deteriorados, mesas sobrecargadas de papeis e desordenadas, etc. Os locais aireados,
limpos e sen olores molestos son esenciais para trasladar unha imaxe de pulcritude
esencial nun centro educativo. Igualmente, conforma un entorno educativo agradable a
exposición ordenada de carteis e obxectos e produtos que informen das actividades do
centro e dos traballos que nel realiza o alumnado, ao tempo que significan o
recoñecemento institucional das tarefas levadas a cabo por este e polo su profesorado.

En todo caso, os centros educativos proxectan unha imaxe de si mesmos, voluntaria ou


involuntariamente, polo que resulta esencial crear unha imaxe pública favorable ou
manter e mesmo mellorar a existente.

2. O plan de comunicación dun centro educativo:


comunicación interna e externa

O procedemento para crear, manter ou mellorar a imaxe pública do centro constitúe un


medio de comunicación, polo que se necesita un plan e unha metodoloxía nos que estea
involucrada toda a comunidade educativa xa que, como vimos, a imaxe dun centro
educativo está constituída pola suma de todas as persoas que, dunha ou doutra maneira,
traballan nel.

17
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes
! ! Formación para a función directiva
Cómpre ter, pois, en consideración, en primeiro lugar, cales son os obxectivos, a mensaxe
e os medios ou canles para chegar aos destinatarios da comunicación e, en segundo
lugar, que tanto uns coma outros serán diferentes dependendo do grupo de interese ou
meta considerado.

É importante diferenciar entre a comunicación interna e a externa. Esta, como o seu


propio nome indica, está destinada a persoas alleas á comunidade educativa do centro
docente, á calquera persoa interesada da sociedade en xeral, mentres que no caso da
comunicación interna esta está destinada á comunidade educativa do centro docente.

Os obxectivos dunha e doutra comunicación son necesaria e esencialmente diferentes,


debido aos intereses e características dos seus destinatarios. E mesmo na comunicación
interna os obxectivos serán diferentes segundo se trate de comunicación entre iguais,
dentro de cada colectivo: profesorado, alumnado e familias, directamente ou mediante a
ANPA, ou se trate de comunicación entre membros dos diferentes colectivos,
especialmente entre profesorado e alumnado, por unha parte, e familias e profesorado,
pola outra.

Igualmente, débese procurar que ambos tipos de comunicación se desenvolvan de modo


organizado e dean unha imaxe real do centro educativo.

Así, como paso previo á elaboración do plan de comunicación, cómpre definir os


obxectivos da comunicación entre os distintos grupos de interese. A continuación haberá
que identificar e establecer as canles para comunicarse, os contidos da comunicación, e o
nivel de alcance destes.

2.1 A comunicación interna

Segundo expón a publicación da Xunta de Galicia en http://www.igape.es/images/crear-


unha-empresa/ManuaisdeXestion/10_planComunicacion_cas.pdf, a comunicación interna
céntrase no capital humano. É un proceso comunicacional onde se integran os dirixentes
dunha organización con todos os niveis de traballadores/as da mesma.

O principal obxectivo da comunicación interna é implicar no proxecto da organización a


todos os seus membros. Trátase de crear un clima de traballo cordial e de confianza, no
que todas as persoas que traballan no centro docente teñan a información necesaria e
suficiente para coñecer o que acontece no centro e, se é o caso, participar coas súas
propostas na definición de plans e proxectos. Resulta esencial que o proceso de
comunicación interna non se entenda como un proceso nunha única dirección, xa que
este debe ser un proceso bidireccional no que se contemple a participación de ambas
partes. Esta retroalimentación contribuirá a que a comunidade educativa se sinta partícipe

18
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes
! ! Formación para a función directiva
dos proxectos do centro e a crear un bo clima de traballo. O que repercutirá
necesariamente na imaxe que o centro proxecta ao exterior.

Sánchez Paunero (2018) considera que este tipo de comunicación serve para establecer
un conxunto de programas coherentes que inclúan cada un dos circuítos de comunicación
transversal (emisor, destinatario, contido da mensaxe e medio ou canal) facendo a
comunicación máis áxil e adecuada ás necesidades da organización.

Os sistemas da comunicación interna poden ser formais e informais. Nos centros


docentes pode haber certa tendencia a utilizar estes últimos, se ben estes sistemas non
aseguran a información necesaria nin a posibilidade de revisión, o que provoca rumores
ao non recoller completamente as necesidades de información dos destinatarios. Por
outra parte, un sistema de comunicación interna moi formal pode ser percibido como
prepotente e distante. En consecuencia hai que diferenciar obxectivo, contido, emisor e
destinatarios da comunicación para identificar a canle ou medio de comunicación e o nivel
de formalidade máis adecuados.

A comunicación circula e flúe a través de múltiples circuítos e canles, sexan de carácter


unidireccional ou bidireccional, polo que é esencial establecer un plan estratéxico de
comunicación interna que considere tanto os circuítos de circulación, que se enumeraron
máis arriba, como os medios ( taboleiro de anuncios, correo electrónico, distribución in
situ, intranet, Departamentos…) e os soportes procedimentados (xornadas informativas,
follas informativas, vídeos, revistas, boletíns, manual de acollida, etc..). Sánchez Paunero
insiste en que a miúdo a comunicación interna está descoidada, aínda que a
comunicación coa comunidade educativa é un proceso de gran importancia, pois
concíbese como un proceso vital e eficaz para fomentar a aprendizaxe da organización, o
cambio e mellora da mesma, e o sentimento de pertenza á organización.

Ferramentas de comunicación e información para a comunicación


interna

Existen moitos medios e canles para a comunicación interna, xa sexan escritos, orais ou
tecnolóxicos. A dirección debe considerar aqueles que mellor se adapten ás necesidades
de comunicación do seu centro, e á súa capacidade tecnolóxica e recursos humanos.

As canles escritas son as máis tradicionais pero non por iso teñen que ser menos
efectivas. A revista do centro, o manual de acollida, a realización de enquisas, a caixa de
correos para suxestións ou os comunicados, son algúns exemplos eficaces de canles
escritas.

19
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes
! ! Formación para a función directiva
As canles orais, como as reunións, xa sexan persoais ou grupais, permiten o contacto
físico, visual e/ou auditivo entre os diferentes interlocutores e son moi importantes para
manter relacións humanas próximas, se ben cómpre sinalar que algunhas delas non
deixan evidencias do seu contido, agás en actas, se é o caso.

As canles tecnolóxicas, abren novas posibilidades á comunicación interna. Este tipo de


ferramentas constitúe o grupo máis amplo e variado, que vai desde o uso do teléfono ata
o correo electrónico, a intranet, o blog interno, o correo electrónico, o chat interno, as
redes sociais, google drive, google calendar, aulas virtuais coma Moodle, e un longo
etcétera. As Normas de Organización e Funcionamento (NOF) son o instrumento
adecuado para regular o uso das canles tecnolóxicas e, se é o caso, dos dispositivos
móbiles, así como o correcto funcionamento dos contornos virtuais de aprendizaxe.

2.2 A comunicación externa

Neste tipo de comunicación, dirixido a persoas alleas á comunidade educativa do centro,


os centros docentes afástanse do que no ámbito da empresa significa a comunicación
externa. Porén si que coinciden na finalidade de informar y trasladar a través de contidos
unha boa imaxe da organización.

Normalmente a comunicación externa dos centros docentes está dirixida a

− Alumnado de idades que correspondan as ensinanzas que se imparten no centro.

− Familias.

− Familias da zona de escolarización, é dicir, que residen na área de influencia ou


limítrofes do centro.

− Centros e profesorado que imparten ensinanzas similares.

20
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !

Ferramentas de comunicación e información para a comunicación


externa

A canle por excelencia deste tipo de comunicación é a páxina web do centro, o contido
desta exponse normalmente cun rexistro lingüístico formal neutro, e organízase en
ámbitos ou campos de interese para o destinatario meta:

1. Información básica xeral sobre o centro:

− Oferta e servizos educativos,

− Organigrama dos responsables do centro,

− Número de liñas e de profesorado,

− Acordos de colaboración con outros centros, ou con empresas para a realización


da FCT,

− Proxectos e programas nos que participa o centro,

− Calendario Escolar,

− Actividades complementarias e extraescolares,

− Caixa de correos para solicitar información.

2. Información sobre os documentos organizativos e pedagóxicos:

− Proxecto Educativo de centro e os proxectos que o conforman: Plan Lector,


Proxecto lingüístico, Plan de Convivencia…

− Programación Xeral Anual.

3. Información sobre os equipos de nivel ou os departamentos

− Programacións Didácticas,

− Calendario de exames, entre outras.

En todo caso, tanto nos procesos e canles de comunicación interna coma externa,
estarase ao establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección
de Datos de Carácter Persoal e no Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro, que
a desenvolve, principalmente no relativo aos os datos e documentos gráficos do
alumnado menor de idade (ver modulo I e protocolo de protección de datos en http://
www.edu.xunta.gal/portal/es/node/18676).

21
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !

C) A participación da comunidade educativa

O traballo a prol da construcción de comunidades educativas nos centros esixe de


mecanismos de participación encamiñados a unha sociedade máis democrática,
asentadas nunha cidadanía activa e responsable. Ademais da diversa lexislación, como a
propia LOE ou os ROC, que establecen e delimitan os ditos mecanismos, é importante
sinalar a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade
educativa. No marco desta lei, e do Decreto 8/2015, do 9 de xaneiro, que a desenvolve,
vincúlase a participación de toda a comunidade educativa, e moi especialmente das
familias, na vida do centro e na súa organización e funcionamento como parte dunha
mellora da convivencia. Os pormenores desta cuestión serán abordados no Módulo VI
dada a súa especificidade para a nosa Comunidade.


22
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !

D) Funcións e responsabilidades da dirección e equipo


directivo

1. A función directiva

O estudo TALIS da OCDE. Informe español (2009) recoñece dous modelos de dirección
escolar, o pedagóxico e o administrativo, que están conformados por tres ámbitos de
dirección no caso do primeiro, e por dous neste último.

a) A dirección pedagóxica ou educativa: caracterízase por accións dirixidas a fixar os


obxectivos do centro e o desenvolvemento do currículo, e a apoiar ou mellorar a
formación do profesorado. Abrangue tres áreas ou ámbitos principais de
responsabilidade, considerados cruciais para que a dirección logre mellorar os resultados
do alumnado:

1. Elaboración e xestión dos obxectivos do centro, e desenvolvemento do currículo.

2. Realización de accións dirixidas a mellorar a formación do profesorado.

3. Supervisión directa da actividade docente do profesorado.

Esta xestión, focalizada no logro das metas escolares, pon a énfase directa en
asegurarse que a actividade do profesorado nas aulas teña como obxectivo lograr as
ditas metas. Estes directores/as esfórzanse en garantir que se leva a cabo
convenientemente a responsabilidade de coordinación do currículo. Tamén tenden a
utilizar os niveis de logro do alumnado e os resultados das probas para propoñer metas e
promover melloras no desenvolvemento do currículo.

Este modelo utiliza, pois, os resultados académicos do alumnado para revisar os


obxectivos do centro, propoñer novas metas e axustar o desenvolvemento do currículo ás
necesidades identificadas e ás metas previstas.

b) A dirección administrativa: caracterízase pola xestión dos procedementos


administrativos e distínguese por accións destinadas a) a favorecer a participación e a
asunción de responsabilidades por parte de toda a comunidade educativa (familias,
profesorado e alumnado) e b) a realizar a xestión da rendición de contas ante as partes
interesadas. Abrangue dúas áreas ou ámbitos principais de responsabilidade:

1. A supervisión para garantir:

a) O cumprimento das instrucións e dos enfoques de ensinanza aprobados pola


Administración educativa.

23
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !
b) O logro dos obxectivos por parte do profesorado.

c) A comunicación coas familias para favorecer a súa participación.

2. A xestión de normas e trámites administrativos, que implica:

a) O seguimento do cumprimento das normas.

b) planificación da organización pedagóxica (horarios e planificación das clases).

c) A creación dun ambiente de disciplina e dun clima positivo de traballo no centro,


que favorezan o exercicio docente.

O estudo TALIS insiste en que estes modelos non son mutuamente excluíntes e que se
requiren elementos de ambos os dous para alcanzar unha dirección escolar eficaz.

Así, vemos que a xestión dos centros educativos é o conxunto de accións desenvolvidas
segundo modelos non excluíntes de dirección mediante as cales esta desenvolve as
actividades que conforman o servizo educativo, seguindo fases propias de todo proceso
administrativo nas que todos os expertos en organización escolar coinciden: identificar
necesidades e metas, planificar, organizar, coordinar, dirixir, controlar e avaliar. Para que
se leve adiante este proceso, a LOE-LOMCE potencia o exercicio da función directiva,
dotando aos directores/as dunha potente autonomía de xestión. Aspecto que se evidencia
tanto nas competencias da dirección, establecidas no art. 132, como no seu
procedemento de selección.

1.1 Selección e o nomeamento da Dirección dos centros


docentes públicos

A LOMCE modifica os artigos 133, 134 e 135 da LOE, relativos aos requisitos para ser
persoa candidata á dirección dos centros docentes e o procedemento de selección. No
artigo 135 establécese que a selección será realizada por unha comisión constituída, por
unha banda, por representantes das Administracións educativas, e pola outra, nunha
proporción maior do trinta e menor do cincuenta por cento, por membros do Consello
Escolar e do Claustro do centro docente. Este último colectivo debe supor, polo menos, o
cincuenta por cento dos representantes do centro.

A selección da dirección baséase en diferentes aspectos: méritos académicos e


profesionais acreditados polo profesorado aspirante, experiencia e valoración positiva do
traballo previo desenvolvido como cargo directivo, labor docente e valoración do proxecto
de dirección. A existencia dun proxecto propio de dirección non debe levar a pensar que a
dirección dun centro pode ter uns obxectivos ou propostas que se opoñan aos intereses
ou necesidades do centro para o que presenta a súa candidatura, xa que, en primeiro

24
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes
! ! Formación para a función directiva
lugar, na comisión de selección están representados os seus órganos de goberno, e as
persoas candidatas deben ter aprobado o seu proxecto de dirección para poder ser
elixidas e, en segundo lugar, logo de ser nomeada, para levar adiante as accións que
conforman a súa xestión, a dirección dun centro debe contar cos órganos de goberno e
participación que, no ámbito das súas respectivas competencias, poden contribuír ao
desenvolvemento das distintas fases do proceso de goberno e, especialmente, á
definición e identificación de retos e oportunidades de desenvolvemento estratéxico da
tarefa educativa, e á avaliación do contexto, dos procesos e dos resultados do centro, e
mesmo revogar á dirección.

Os supostos de ausencia de persoas candidatas á dirección ou que non superen o


proceso de selección, non está considerado na LOE, polo que cada Administración
Educativa ten establecido o seu propio procedemento de nomeamento. En Galicia, son
oídos o Claustro e o Consello Escolar, e o nomeamento prodúcese por un período de
dous anos, entre o profesorado que reúna os requisitos establecidos na normativa anual
de convocatoria.

1.2 Competencias do director ou directora

O art. 132 da LOE-LOMCE establece as competencias do director/a, se ben seguen


vixentes aquelas competencias establecidas nos Regulamentos Orgánicos dos centro
(ROC) que non contraveñan as dispostas na LOE. As competencias do director/a
abranguen diferentes ámbitos de xestión:

1.2.1 De representación

a) Ostentar a representación do centro, representar a Administración Educativa nel


e facerlle chegar a esta as formulacións, aspiracións e necesidades da
comunidade educativa.

1.2.2 De dirección e coordinación

b) Dirixir e coordinar todas as actividades do centro, sen prexuízo das


competencias atribuídas ao Claustro de profesorado e ao Consello Escolar .

c) Exercer a dirección pedagóxica.

e) Exercer a xefatura de todo o persoal adscrito ao centro.

g) Coordinar a elaboración do Proxecto Educativo do centro e da Programación


Xeral Anual, de acordo coas directrices e criterios establecidos pola Administración
Educativa e polo Consello Escolar, e coas propostas formuladas polo Claustro e

25
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !
outros órganos de participación, responsabilizándose co equipo directivo da súa
redacción e velando pola súa correcta aplicación.

i) Convocar e presidir os actos académicos e as sesións do Consello Escolar e do


Claustro do profesorado do centro e executar os acordos adoptados, no ámbito
das súas competencias.

l) Aprobar os proxectos e as normas aos que se refire o capítulo II do título V da


LOE (Proxecto Educativo, Proxecto de xestión e Normas de Organización e
Funcionamento do centro.)

m) Aprobar a Programación Xeral Anual do centro, sen prexuízo das competencias


do Claustro do profesorado, en relación coa planificación e organización docente.

o) Fixar as directrices para a colaboración, con fins educativos e culturais, coas


Administracións locais, con outros centros, entidades e organismos.

r) Facilitar a adecuada coordinación con outros servizos educativos da zona.

1.2.3 De liderazgo

c) (...) promover a innovación educativa e impulsar plans para a consecución dos


obxectivos do Proxecto Educativo do Centro.

g) Impulsar a colaboración coas familias, con institucións e con organismos que


faciliten a relación do centro

f) Favorecer a convivencia no centro, garantir a mediación na resolución dos


conflitos (...)

p) Promover e impulsar as relacións do centro coas institucións do seu contorno.

1.2.4 De control

d) Garantir o cumprimento das leis e demais disposicións vixentes.

f)(...) impoñer as medidas disciplinarias que correspondan aos alumnos.

1.2.5 De réxime económico e administrativo

d) Visar as certificacións e documentos oficiais do centro.

j) Realizar as contratacións de obras, servizos e subministros, así como autorizar


os gastos de acordo co orzamento do centro, ordenar os pagos e visar as

26
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes
! ! Formación para a función directiva
certificacións e documentos oficiais do centro, todo iso de acordo co que
establezan as Administracións Educativas.

n) Decidir sobre a admisión de alumnos e alumnas, con suxeizón ao establecido


na LOE-LOMCE e disposicións que a desenvolvan.

ñ) Aprobar a obtención de recursos complementarios de acordo co establecido no


art.122.3 da LOE-LOMCE.

1.2.6 De proposta de nomeamentos

k) Propoñer á Administración Educativa o nomeamento e cese dos membros do


equipo directivo, previa información ao Claustro e ao Consello Escolar do centro.

Normalmente, en todos os ROC estará contemplada a función de nomeamento


das distintas coordinacións que existan no centro de acordo co procedemento
establecido en cada Regulamento.

1.2.7 De información

Nos Regulamentos estará igualmente contemplada algunha función relacionada


con proporcionar a información que lle sexa requirida polas autoridades educativas
competentes e facilitar a información sobre a vida do centro aos distintos sectores
da comunidade escolar. Ademais, esta función está implícita na obrigatoriedade da
publicidade dos proxectos do centro, como veremos no apartado correpondente.

1.2.8 De colaboración coa Administración

o) Fixar as directrices para a colaboración, con fins educativos e culturais, coas


Administracións locais, con outros centros, entidades e organismos.

Nos ROC de Galicia está establecida unha función de colaboración na valoración


da función pública docente e, en xeral, nos plans de avaliación interna e externa.

1.3 Cesamento de funcións

Segundo o disposto no art. 138 da LOE, o cesamento do director/a producirase nos


seguintes supostos:

a) Finalización do período para o cal foi nomeado e, de ser o caso, da súa


prórroga.

b) Renuncia motivada aceptada pola Administración Educativa.

27
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !
c) Incapacidade física ou psíquica sobrevida.

d) Revogación motivada, pola Administración Educativa competente, por iniciativa


propia ou por proposta motivada do Consello Escolar, por incumprimento grave
das funcións inherentes ao cargo de director/a. En todo caso, a resolución de
revogación emitirase tras a instrución dun expediente contraditorio, logo de
audiencia ao interesado e oído o Consello Escolar.

As Administracións Educativas teñen establecido o seu propio procedemento de


nomeamento dun director ou directora, cando se produza o cesamento do director ou
directora con anterioridade ao remate do seu mandato, por calquera das causas
enumeradas máis arriba. En todo caso deberá ser un profesor ou profesora funcionario
cuxo nomeamento non excederá un período máximo de catro anos.

En Galicia, en particular, o nomeamento do director/a está regulado mediante o Decreto


29/2007, do 8 de marzo (DOG do 12) e nel limítase a dous anos o nomeamento
extraordinario da dirección, como xa se verá no módulo específico da comunidade
autónoma galega número VI. No art. 137 da LOE, pola contra especifícase que o
nomeamento extraordinario de director/a pode chegar a catro anos.

2. Competencias do resto de cargos do equipo directivo

Como vimos anteriormente, o equipo directivo está integrado pola persoa responsable da
dirección, e cantos cargos determinen as Administracións Educativas ás que corresponde
o establecemento das súas funcións. Estas deben estar consideradas nos distintos ROC.
Sí establece a LOE, no seu art.13, que os distintos cargos traballarán de forma
coordinada no desempeño das funcións legalmente establecidas, conforme ás instrucións
da dirección.

En todo caso, os cargos con que conta a maioría dos centros docentes son:

2.1 Xefatura de estudos

Con carácter xeral, as súas competencias, dispostas no ROC correspondente ao seu tipo
de centro docente, están referidas á garantía da execución das actividades académicas e
de orientación, nos seus ámbitos tanto de coordinación da actividade docente, como de
organización.

2.2 Secretaría

Igual ca xefatura de estudos, as súas competencias están dispostas no ROC


correspondente ao seu tipo de centro docente, e están referidas á súa xestión
28
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes
! ! Formación para a función directiva
administrativa e económica polo que xestiona e controla o persoal de administración e
servizos seguindo as instrucións da persoa responsable da dirección, ocúpase de levantar
a acta das reunións e de dar fe dos acordos adoptados, e adoita ter a función de difundir
a información sobre normativa, disposicións legais ou asuntos de interese xeral.

3. Nomeamento e cesamento dos cargos directivos

É competencia da persoa responsable da dirección, previa comunicación ao Claustro de


profesores e ao Consello Escolar, formular a proposta de nomeamento e cesamento á
Administración Educativa dos cargos directivos de entre o profesorado con destino no
centro.

En todo caso, todos os membros do equipo directivo cesan nas súas funcións ao remate
do seu mandato ou cando se produza o cesamento da persoa responsable da dirección.

4. Competencias dos órganos de participación e goberno dos


centros

A LOE concibe a participación como un valor básico para a formación de cidadáns


autónomos, libres, responsables e comprometidos e, por iso, debe garantirse a
participación da comunidade, composta polo alumnado, o persoal docente e non docente
e as familias, cando cumpra, na organización, o goberno, o funcionamento e a avaliación
dos centros educativos, tal como establece no seu título V.

As competencias dos órganos colexiados de goberno, no caso do Consello Escolar e do


Claustro, están establecidas na LOE e nos Regulamentos orgánicos dos centros,
prevalecendo sobre estes as competencias establecidas nesta Lei orgánica. Os órganos
colexiados de goberno formulan propostas, fixan directrices, avalían, analizan e valoran,
Con carácter xeral, a aprobación de proxectos e normas é competencia do director, agás
nos casos seguintes: as EASD das que a Xunta da Escola aproba o proxecto xeral de
orzamento e a súa execución; os CIFP dos que o Consello Social aproba o orzamento e o
balance anual; e o Claustro de todos os centros, que aproba a concreción do currículo e
todos os aspectos educativos dos proxectos e da Programación Xeral Anual.

4.1 Competencias do Consello Escolar

As competencias do Consello Escolar, nos centros en cuxa estrutura organizativa estea


establecido polo seu Regulamento, están recollidas no art. 127 da LOE-LOMCE e
comprenden os seguintes ámbitos:

29
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !
1. Os documentos organizativos e de xestión:

a) Avaliar o Proxecto Educativo, o Proxecto de xestión e as Normas de


Organización e Funcionamento (NOF).

b) Avaliar a Programación Xeral Anual do centro, sen prexuízo das competencias


do Claustro do profesorado, en relación coa planificación e organización docente.

2. A elección e nomeamento de cargos directivos:

c) Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados


polos candidatos/as.

d) Participar na selección do director/a do centro, nos termos que a Lei Orgánica


establece,

▪ Ser informado do nomeamento e cese dos demais membros do equipo


directivo.

▪ Propoñer a revogación do nomeamento do director/a, previo acordo dos


seus membros, adoptado por maioría de dous terzos.

3. A convivencia no centro:

f) Coñecer a resolución de conflitos disciplinarios e velar por que se ateñan á


normativa vixente. Cando as medidas disciplinarias adoptadas polo director
correspondan a condutas do alumnado que prexudiquen gravemente a
convivencia do centro, o Consello Escolar, a instancia de pais, nais ou titores
legais, poderá revisar a decisión adoptada e propoñer, no seu caso, as medidas
oportunas.

g) Propoñer medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro, a


igualdade entre homes e mulleres, a igualdade de trato e a non discriminación
polas causas a que se refire o artigo 84.3 da LOE, a resolución pacífica de
conflitos, e a prevención da violencia de xénero.

4. Os recursos do centro:

h) Promover a conservación e renovación das instalacións e do equipo escolar e


informar a obtención de recursos complementarios, de acordo co establecido no
artigo 122.3 (os centros docentes públicos poderán obter recursos
complementarios, logo de aprobación do Consello Escolar, nos termos que
establezan as Administracións Educativas, dentro dos límites que a normativa
vixente establece. Estes recursos non poderán provir das actividades levadas a

30
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes
! ! Formación para a función directiva
cabo polas asociacións de pais e de alumnos en cumprimento dos seus fins e
deberán ser aplicados aos seus gastos, de acordo co que as Administracións
Educativas establezan).

5. A colaboración externa:

i) Informar as directrices para a colaboración, con fins educativos e culturais, coas

Administracións locais, con outros centros, entidades e organismos.

6. A calidade educativa:

j) Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento


escolar e os resultados das avaliacións internas e externas nas que participe o
centro.

k) Elaborar propostas e informes, a iniciativa propia ou a petición da


Administración competente, sobre o funcionamento do centro e mellóraa da
calidade da xestión, así como sobre aqueloutros aspectos relacionados coa
calidade da mesma.

7. A admisión de alumnado:

e) Informar sobre a admisión de alumnos/as con suxeición ao establecido na LOE/


LOMCE e disposicións que a desenvolvan.

Táboa 1. Resumo das atribucións do Consello Escolar agrupadas

− a obtención de recursos complementarios de acordo co


Aprobar
establecido no artigo 122.3 LOE-LOMCE.
− o Proxecto Educativo.

− o Proxecto de xestión.
Avaliar
− as Normas de Organización e Funcionamento.

− a Programación Xeral Anual.

31
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !
− as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección
presentados polos candidatos,

Coñecer − a resolución de conflitos disciplinarios,

− o nomeamento (antes da súa proposta) e cesamento dos


demais membros do equipo directivo.

− as medidas disciplinarias adoptadas polo director/a en


Revisar (a instancia
relación a condutas do alumnado que prexudiquen
de pais ou titores)
gravemente a convivencia do centro.

− por que as medidas disciplinarias se ateñan á normativa


Velar
vixente.
− a revogación do nomeamento do director, previo acordo
dos seus membros, adoptado por maioría de dous terzos.

− as medidas oportunas en relación coas medidas


disciplinarias adoptadas polo director/a en relación a
condutas do alumnado que prexudiquen gravemente a
convivencia do centro, o Consello Escolar, a instancia de
pais ou titores.
Propoñer
− medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no
centro, a igualdade entre homes e mulleres e a resolución
pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal,
familiar e social,

− medidas sobre o funcionamento do centro e mellora da


calidade da xestión, e aqueloutros aspectos relacionados
coa calidade da mesma.
− na selección do director do centro nos termos se
Participar
estableza.

− sobre a admisión de alumnos con suxeición ao establecido


Informar
na LOE e disposicións que a desenvolvan.
− a conservación e renovación das instalacións e equipo
Promover
escolar

32
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !
− para a colaboración, con fins educativos e culturais, coas
Fixar directrices Administracións locais, con outros centros, entidades e
organismos.
− o funcionamento xeral do centro.

− a evolución do rendemento escolar.


Analizar e valorar
− os resultados das avaliacións internas e externas nas que
participe o centro.

− sobre o funcionamento do centro e mellora da calidade


Elaborar informes da xestión, aqueloutros aspectos relacionados coa
calidade da mesma.

GALICIA
a programación das actividades escolares
complementarias (art.44 ROC IES).

Calquera outra que Aprobar o proxecto de centro plurilingüe (art.3 ORDE do 12 de


lle sexa atribuída maio de 2011 (DOG20-05-11) e de seccións bilingües
pola Administración (art.13.2 ORDE do 12 de maio de 2011
educativa. (DOG20-05-11).
o Proxecto Lingüístico (art.14 Decreto79/2010).
Avalíar

4.2 Competencias do Claustro

As competencias do Claustro están establecidas no art. 128 da LOE-LOMCE. E


comprenden os seguintes ámbitos educativos:

1. As ensinanzas e os documentos organizativos:

a) Formular ao equipo directivo e ao Consello Escolar propostas para a


elaboración dos proxectos do centro e da Programación Xeral Anual.

b) Aprobar e avaliar a concreción do currículo e todos os aspectos educativos dos


proxectos e da Programación Xeral Anual.

c) Fixar os criterios referentes á orientación, titoría, avaliación e recuperación dos


alumnos.

33
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes
! ! Formación para a función directiva
d) Promover iniciativas no ámbito da experimentación e da investigación
pedagóxica e na formación do profesorado do centro.

2. Os órganos de goberno:

e) Elixir aos seus representantes no Consello Escolar do centro e participar na


selección do director.

f) Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados


polos Candidatos/as.

3. A calidade do centro:

g) Analizar e valorar:

o o funcionamento xeral do centro,

o a evolución do rendemento escolar,

o e os resultados das avaliacións internas e externas nas que participe o


centro.

4. A convivencia:

h) Informar as Normas de Organización e Funcionamento do centro (NOF).

i) Coñecer a resolución de conflitos disciplinarios e a imposición de sancións e


velar por que estas se ateñan á normativa vixente.

j) Propoñer medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro.

Táboa 2. Resumo das atribucións do Claustro agrupadas

− propostas para elaboración dos proxectos do centro e da

Propoñer Programación Xeral Anual,

− medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro.

Fixar − a concreción do currículo.

− todos os aspectos educativos dos proxectos e da

Aprobar Programación Xeral Anual,

− a concreción do currículo.

34
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !

− todos os aspectos educativos dos proxectos e da

Avaliar Programación Xeral Anual,

− a concreción do currículo.

− orientación,

Fixar criterios en − titoría,

− avaliación e recuperación dos alumnos.

− no ámbito da experimentación e da investigación pedagóxica,


Promover
iniciativas − na formación do profesorado do centro.

− as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección


presentados polos candidatos/as,
Coñecer
− a resolución de conflitos disciplinarios e a imposición de
sancións.

Velar − imposición de sancións se ateñan á normativa vixente.

− sobre as Normas de Organización e Funcionamento do


Informar
centro.

− funcionamento xeral do centro,

− a evolución do rendemento Escolar,


Analizar
− os resultados das avaliacións internas e externas en que
participe o centro.

− o funcionamento xeral do centro,

− a evolución do rendemento Escolar,


Valorar
− os resultados das avaliacións internas e externas en que
participe o centro.

− os seus representantes no Consello Escolar do centro e


Elixir participar na selección do director/a nos termos establecidos
pola normativa.

35
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !

GALICIA

− a lingua materna predominante entre os alumnos


e alumnas, así como a lingua ambiental.(ROC
Determinar CEIP) de acordo cos criterios establecidos no
Calquera outra
proxecto lingüístico,
que lle sexa
atribuída pola − as materias que serán impartidas en galego para
Administración garantir o equilibrio entre as linguas.
educativa ou − o procedemento que permita determinar de xeito
polas individualizado o coñecemento da lingua materna
respectivas dos alumnos e alumnas (ART. 47 ROC CEIP).
normas de Aprobar
− os criterios pedagóxicos para a elaboración dos
organización e horarios dos alumnos (art. 34 e 47 ROC CEIP
funcionamento art. 10 ROC CPI e art. 47 e 31 ROC IES).
(ROC) − a planificación xeral das sesións de avaliación e
cualificación(art. 10 ROC CPI e art.47 ROC
CEIP).
− a planificación xeral das sesións de avaliación e
cualificación e calendario dos exames ou probas
extraordinarias.(art. 47 ROC IES).

36
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !

E) Estruturas de planificación e coordinación

Os centros docentes posúen estruturas de planificación e coordinación que difiren en


función do tipo de centro de que se trate. Así, nos colexios de Educación Primaria a
estrutura está conformada de tal xeito que o profesorado poida coordinar o currículo do
alumnado que cursa o mesmo nivel. Anteriormente organizado en ciclos, na actualidade a
LOE-LOMCE organiza o currículo por cursos, polo que as estruturas de planificación e
coordinación deben adaptarse a esta nova organización da etapa. Pola súa parte, os
centros de imparten outras ensinanzas, ben sexan de Educación Secundaria, Formación
Profesional, de idiomas ou artísticas, basean a súa estrutura en departamentos das
distintas materias, idiomas, áreas ou familias profesionais, e a súa coordinación interna
refírese á súa especialidade.

As funcións dos equipos de nivel e dos Departamentos didácticos están recollidas nos
respectivos ROC segundo o tipo de centro, así como as funcións da persoa coordinadora
ou da persoa responsable da xefatura de cada Departamento.

A función de coordinación entre os distintos responsables é competencia da xefatura de


estudos, se é o caso.

Estas estruturas de planificación e coordinación quedarían encerradas en si mesmas sen


a existencia dunha coordinación na que se aborde en cada centro, polo menos, o
seguimento xeral dos seus proxectos e plans. Así, en Galicia, nos ROC dos Centros
Integrados de FP e nas Escolas de artes plásticas e deseño está regulada a periodicidade
das reunión entre as diferentes áreas, e no resto dos centros: colexios que imparten
Educación Infantil e Primaria, IES, EE.OO.II e Conservatorios Elementais e Profesionais
de Música e de Danza, está establecida unha Comisión de Coordinación Pedagóxica
(CCP).

1. A Comisión de Coordinación Pedagóxica (CCP)

Como o seu propio nome indica, esta comisión ten unha función expresa de coordinación
e está conformada polo conxunto de persoas designadas no ROC respectivo para
realizar unha determinada labor en representación dun colectivo: todo profesorado, e está
presidida pola persoa responsable da dirección.

Vemos pois que a CCP é unha estrutura de coordinación cuxa función é asegurar a
coherencia entre todos os proxectos e plans de centro, desde o Proxecto Educativo ata as
Programacións Didácticas ou, se é o caso, o Plan de Acción Titorial, evitando o seu

37
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes
! ! Formación para a función directiva
desenvolvemento parcelado e inconexo, e dotando ás accións docentes de directrices de
actuación que deben ser trasladadas aos claustros para a súa aprobación.

As competencias da Comisión de Coordinación Pedagóxica (CCP) están igualmente


establecidas nos distintos ROC de cada tipo de centro. En todo caso, as súas funcións

a. están referidas á elaboración das Programacións Didácticas, ao plano de


orientación académica e profesional, e de acción titorial, ás adaptacións
curriculares e ao deseño das avaliacións internas,

b. consisten en propoñer, elaborar directrices, asegurar a coherencia dos


proxectos, plans e programacións, e velar polo cumprimento dos acordos de
orde pedagóxico adoptados en claustro,

c. están diferenciadas axustando as súas funcións ás ensinanzas xerais ou de


réxime especial que imparta cada centro.

2. Documentación institucional dos centros docentes

Como vimos anteriormente, a LOE-LOMCE establece no artigo 120 a autonomía


pedagóxica, de organización e de xestión dos centros docentes. Esta autonomía reflíctese
nos seguintes documentos que os centros docentes deben elaborar, aprobar e executar.

Figura 2. Documentación institucional dos centros

PEDAGÓXICA ORGANIZATIVA DE XESTIÓN

• Proxecto educativo • Programación Xeral • Proxecto de xestión


(PEC) e proxectos Anual (PXA)
e plans que o • Normas de
conforman Organización e
• Programacións Funcionamento
Didácticas (NOF)

MEMORIA FINAL ANUAL

1. O Proxecto Educativo de centro (PEC), establecido no art. 121 da LOE, dota ao


centro docente dun carácter propio. Nel recóllense os valores, os obxectivos e as
prioridades de actuación, para o que se deberá ter en conta as características do contexto
social, cultural e económico do centro; a forma de atención á diversidade do alumnado e a
acción titorial, así como o Plan de Convivencia, respectando o principio de non
discriminación e de inclusión educativa como valores fundamentais, así como os

38
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes
! ! Formación para a función directiva
principios e obxectivos establecidos na LOE-LOMCE. Igualmente, incorpora a concreción
dos currículos establecidos pola Administración Educativa, o tratamento transversal nas
áreas, materias ou módulos da educación en valores e outras ensinanzas. Está pois
conformado por proxectos e plans que se exporán no apartado seguinte.

2. As Normas de Organización e Funcionamento (NOF), establecidas no art. 122 da


LOE, é un documento institucional fundamentado no Plan de Convivencia e no Proxecto
Educativo do que forma parte, cuxas liñas xerais inspiran o seu desenvolvemento. Como
o seu nome indica, é un conxunto de normas relativas á organización e ao funcionamento
do centro. O seu obxectivo fundamental é desenvolver relacións positivas entre os
diferentes membros da comunidade educativa para lograr un clima escolar axeitado que
facilite o logro dos obxectivos educativos e o éxito escolar. Deben incluír normas que
garantan o cumprimento do Plan de Convivencia. A súa estrutura e elementos básicos
poden estar regulados polas distintas Administracións Educativas. En todo caso, deben
respectar os dereitos de todos os membros da comunidade educativa establecidos na
diversa normativa vixente.

3. A Programación Xeral Anual (PXA), disposta no art. 125 da LOE, encomenda aos
centros educativos a elaboración, ao principio de cada curso, dunha programación que
recolla todos os aspectos relativos á organización e funcionamento do centro, incluídos os
proxectos, o currículo, as normas, e todos os plans de actuación de carácter anual
acordados e aprobados. Trátase pois dun plan anual no que se recollen a) os obxectivos
específicos que o centro se propón conseguir no curso académico, como concreción dos
obxectivos, finalidades e valores expostos no Proxecto Educativo, b) as medidas que se
van desenvolver para a súa consecución, c) os recursos previstos para o efecto e d) o
Plan xeral de avaliación do centro.

A estrutura, prazos e elementos deste documento organizativo están indicados nos ROC
de cada tipo de centro. En Galicia están recollidos nas distintas ordes que desenvolven os
ROC.

4. O Proxecto de xestión. Segundo o art. 123 da LOE, os centros públicos deben


expresar a ordenación e utilización dos seus recursos, tanto materiais como humanos, a
través da elaboración do seu Proxecto de xestión, nos termos que regulen as
Administracións Educativas. Estas poden delegar nos órganos de goberno dos centros
públicos a adquisición de bens, contratación de obras, servizos e subministracións. Esta
autonomía de xestión debe estar de acordo co Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de
xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das Administracións
Públicas.

39
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !

5. A Memoria Anual

A avaliación da PXA, en relación coa planificación e organización docente, é competencia


do Consello Escolar; e, en relación aos aspectos educativos, é competencia do Claustro.
A este lle compete igualmente a avaliación tanto dos distintos proxectos que conforman o
PEC como da actividade docente e dos resultados acadados.

Esta avaliación preséntase normalmente nunha Memoria Anual do centro, segundo


estrutura, axentes, prazos, etc. que cada Administración Educativa teña establecido. En
Galicia, están recollidos nas ordes que desenvolven os ROC de cada tipo de centro.

3. A planificación dos documentos institucionais de centro

Segundo Henry Mintzberg (2012) a planificación é a ponte entre a situación actual,


diagnóstico, e a situación desexada. E débese deseñar a longo e a medio ou curto prazo.
Así, considerando as características e función de cada documento institucional, o centro
debe levar a cabo dous tipos de planificación diferenciada no exercicio da súa autonomía
pedagóxica, organizativa e de xestión

1. Unha planificación estratéxica, a longo prazo, que poña a énfase na procura de


obxectivos no tempo, inclúa visión de futuro, valores corporativos, obxectivos e
estratexias. O que se concreta no Proxecto Educativo de Centro (PEC).

2. Unha planificación táctica, a medio prazo, anual. Responde ás preguntas que,


como, cando, quen, onde e con que. E desagrega o plan estratéxico en programas
ou proxectos específicos. O que se concreta, entre outros plans e proxectos que
conforman o PEC, en:

− A Programación Xeral Anual (PXA)

− As Programación didácticas (PD)

− O Proxecto de xestión

− Os distintos proxectos e plans de carácter anual que veremos no seguinte


apartado.

40
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !

F) Xestión do centro como organización educativa:


modelos curriculares, formación docente, innovación
educativa, traballo en redes

1. A Concreción curricular

A concreción dos currículos establecidos pola Administración educativa, que corresponde


fixar e aprobar ao claustro, forma parte do Proxecto Educativo de centro, tal como se
dispón no art. 121 da LOE.

A LOMCE deulle unha nova redacción ao artigo 6 da LOE e define o currículo como a
regulación dos elementos que determinan os procesos de ensino e aprendizaxe para
cada unha das ensinanzas:os obxectivos de cada ensinanza e etapa educativa; as
competencias, ou capacidades para aplicar de xeito integrado os contidos propios de
cada ensinanza e etapa educativa, e para lograr a realización adecuada de actividades e
a resolución eficaz de problemas complexos; os contidos, ou conxuntos de
coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que contribúen ao logro dos obxectivos
de cada ensinanza e etapa educativa, e á adquisición de competencias; a metodoloxía
didáctica, que abrangue tanto a descrición das prácticas docentes como a organización
do traballo dos/das docentes; os estándares e resultados de aprendizaxe avaliables; e os
criterios de avaliación do grao de adquisición das competencias e do logro dos obxectivos
de cada ensinanza e etapa educativa.

En consecuencia estes son os elementos do currículo de cada etapa sobre os que se


deben elaborar concrecións propias de cada centro docente.

− Obxectivos

− Contidos

− Competencias

− Criterios de avaliación

− Estándares de aprendizaxe avaliables

− Metodoloxía

Para a concreción destes elementos, unha guía xa clásica son as respostas ás preguntas
que, como e cando ensinar, e que, como e cando avaliar.

41
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !

2. Niveis de concreción curricular

Segundo o establecido nos Reais Decretos de currículo, este ten diversos niveis de
concreción que parten dun primeiro nivel cuxos responsables son, inicialmente, o Estado
xa que corresponde ao Goberno o deseño do currículo básico, que garanta o carácter
oficial e a validez en todo o territorio nacional das titulacións; e, posteriormente, a partir
dese currículo básico, as Administracións Educativas poden complementar o currículo
axustándoo ás necesidades do seu contexto. No caso dos currículos de Educación
Primaria, ESO e Bacharelato, derivados da LOMCE, as Administracións Educativas poden
complementar contidos, realizar recomendacións de metodoloxía didáctica, fixar o horario
lectivo máximo, complementar os criterios de avaliación e deseñar o currículo das
materias de libre configuración autonómica.

O segundo nivel é competencia dos centros, que poden complementar os contidos de


todas as materias, configurar a súa oferta formativa e deseñar e implantar métodos
pedagóxicos e didácticos propios.

O terceiro nivel é competencia, inicialmente, dos equipos de profesores de nivel ou


materia que imparten esas ensinanzas. O que dará lugar a Programacións Didácticas de
ciclo, en Educación Infantil, de nivel en Educación Primaria ou de Departamento no resto
das ensinanzas. Posteriormente, a partir desas Programacións Didácticas, cada profesor/
a realizará a súa programación de aula axustándoa ás necesidades do contexto do seu
grupo-clase. De aí a necesidade de momentos de coordinación nos que, no seo dos
órganos de coordinación docente, os responsables de cada grupo de alumnos deban dar
conta da súa programación didáctica e da correspondencia desta co currículo concretado
na programación didáctica de ciclo, nivel, materia ou módulo correspondente.

Dado que cada Administración Educativa ten establecidos na súa normativa propia os
elementos que deben concretarse nas Programación didácticas de cada etapa ou
ensinanza, é á vista destes que cada centro deberá abordar o tratamento que
corresponda de cada elemento en cada nivel de concreción.

Táboa 3. Niveis de concreción curricular

1º NIVEL CURRÍCULO BÁSICO

2º NIVEL PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO

3º NIVEL PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

42
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes
! ! Formación para a función directiva
Así, no segundo nivel de concreción do currículo, que corresponde elaborar ao centro
docente e forma parte do PEC, deben incluírse aqueles aspectos que se levarán a cabo a
medio prazo e que abranguen actuacións de todo o profesorado.

No caso de Educación Primaria, ESO e Bacharelato deberanse concretar os elementos


seguintes:

As competencias clave, que deben ser concretadas nos distintos niveis de concreción
como calquera outro elemento curricular, entendéndoas como capacidades para activar e
aplicar de forma integrada os contidos propios de cada ensinanza e etapa educativa en
prácticas sociais e na resolución eficaz de problemas complexos propios de contextos
reais. A Orde ECD 65/2015, do 21 de xaneiro, pola que se describen as relacións
entre as competencias, os contidos e os criterios de avaliación da EP, ESO e
Bacharelato (BOE do 29) establece os aspectos que deben considerarse na concreción
das competencias:

− Perfil de competencia de cada área ou materia. Este perfil permitirá identificar


aquelas competencias que se desenvolven a través dela.

− Perfil de competencia do alumnado de cada curso. O conxunto de estándares de


aprendizaxe avaliables das diferentes áreas ou materias que se relacionan cunha
mesma competencia dá lugar ao perfil desa competencia.

− Procedementos e instrumentos de avaliación das CC.

− Acordos metodolóxicos de carácter xeral para o tratamento das competencias, pois


as concrecións metodolóxicas que require cada materia correspóndelle ao terceiro
nivel de concreción. Estes acordos deben tomar en consideración que tanto a
aprendizaxe como a avaliación das competencias clave están directamente
relacionadas co desempeño na resolución de problemas que simulen contextos
reais, para o que o alumnado debe mobilizar os seus coñecementos, destrezas,
valores e actitudes. En consecuencia, nestes acordos o centro pode establecer a
realización de proxectos, de maior ou menor envergadura, e coa periodicidade que
se considere, en todas as áreas e materias do currículo.

En relación coa avaliación, débense establecer acordos xerais que poidan ser
aplicables a todas as ensinanzas, incluídas as de Formación Profesional, sobre os
aspectos que seguen:

− Procedementos e instrumentos de avaliación dos estándares de aprendizaxe, ou


dos resultados de aprendizaxe no caso da FP.

− Criterios de promoción do alumnado.

43
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !

− Directrices para a organización das actividades de seguimento, de recuperación e


de avaliación das materias ou módulos pendentes.

− Directrices para o deseño da avaliación inicial e medidas individuais ou colectivas


que se poidan adoptar como consecuencia dos seus resultados.

− Mecanismos de revisión, de avaliación e de modificación das Programacións


Didácticas en relación cos resultados académicos.

− Indicadores de logro para avaliar o proceso do ensino e a práctica docente.

− Directrices para elaborar procesos de mellora.

− E todos aqueles aspectos de carácter xeral relacionados co desenvolvemento do


currículo e a avaliación e cualificación do alumnado.

Para o terceiro nivel de concreción en Galicia estarase ao disposto na normativa da etapa


e ensinanzas que imparta o centro docente:

Para a FP no Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación


xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia (DOG 12/07/2010) e
na aplicación informática específica para elaboración das PD.

Para ESO e Bacharelato na Resolución anual pola que se ditan instrucións para o
desenvolvemento do seu currículo.

Para a EP e EI na orde de calendario anual na que se establece os compoñentes das súa


PD.

Para o resto das ensinanzas, nas respectiva normas que desenvolven os seus ROC.

Porén, cómpre sinalar dous aspectos pola importancia que revisten en canto a garantir a
obxectividade da avaliación:

− A existencia e publicidade do grao mínimo de logro de cada estándar ou resultados


de aprendizaxe, no caso da FP.

− A existencia e publicidade dos criterios de cualificación, nos que cada instrumento


de avaliación, e as cualificacións de cada avaliación, teñan unha porcentaxe
establecida para decidir o total da cualificación parcial ou, no seu caso, final.

44
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !
3. Formación docente, innovación educativa e traballo en rede

A calidade da función docente é un dos factores determinantes na calidade dos sistemas


educativos, tal e como poñen de manifesto numerosos estudos.  Polo tanto, favorecer a
incorporación, permanencia e formación contínua de profesionais cualificados no sistema
educativo debe ser unha prioridade tanto dos procesos de formación inicial como de
acceso e permanente. Nesta labor resulta de suma importancia unha visión conxunta das
competencias profesionais docentes necesarias para o óptimo desempeño da súa labor. 

Así o Consello Europeo de maio de 2014 sobre a formación docente eficaz, baixo o título
"Conclusion on effective teacher education" (https://www.consilium.europa.eu/uedocs/
cms_data/docs/pressdata/en/educ/142690.pdf), establece que os sistemas deben
favorecer que o profesorado posúa e manteña as competencias relevantes que se
requiran para ser eficaces nas aulas de hoxe. Para isto é necesaria a previa identificación
das competencias profesionais que os e as docentes necesitan nas diferentes etapas das
súas carreiras.  

Este enfoque baseado en competencias permite artellar tanto a formación do profesorado


como os procesos de innovación educativa e o traballo en redes do profesorado,
facilitando a posta en valor das boas prácticas e os procesos de mellora continua no
desenvolvemento profesional docente, tal e como veremos no Módulo VI ao respecto da
nosa comunidade.

45
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !

G) Xestión do centro docente por proxectos

Un centro docente xestionado por proxectos amosa planificación na súa xestión, previsión
e organización de recursos, e coordinación das actividades docentes para o
desenvolvemento adecuado do servizo público educativo que o centro ofrece. Presenta
un talante proactivo e a comunidade educativa colabora coa dirección na elaboración das
metas e estratexias, e nel avalíase todo o traballo baseado nos proxectos para asegurar
que o que se está facendo é o mellor xeito de traballar para asegurar a calidade das
aprendizaxes, da ensinanza e das interaccións.

Os proxectos dun centro son os instrumentos arredor dos que se articula a súa xestión e a
actividade educativa. Son, pois, o instrumento de planificación e xestión que guía de
forma sistematizada o servizo educativo do centro docente, e o logro dos obxectivos do
que este se ten dotado no exercicio da súa autonomía para lograr a mellora das
aprendizaxes. Para iso, todo proxecto docente necesita da programación de estratexias,
do uso eficiente dos recursos materiais e humanos, e do compromiso dos seus axentes,
que no caso do Proxecto Educativo implica a todos os membros da comunidade
educativa.

Todo proxecto nace dunha necesidade que se identifica, sexa dun xeito directo, mediante
estratexias e técnicas específicas, sexa dun xeito indirecto, a través de informacións
recibidas por múltiples canles e emitidas por múltiples axentes. Identificada a necesidade,
establécense obxectivos para satisfacela, deséñanse accións para lograr os obxectivos e
identifícanse os recursos materiais e humanos que permitirán levar a cabo tales accións.

Así, xestionar un centro docente por proxectos implica que, no exercicio da súa
autonomía pedagóxica, de organización e de xestión, se formulen preguntas sobre os
seguintes aspectos, segundo información tomada de Cómo hacer proyectos en http://
www.bolunta.org/pdf/manual_proyectos.pdf.

- As características do seu contexto social e cultural, e das persoas destinatarias, e as


necesidades e oportunidades educativas e de formación que deles se poidan derivar.

- As aportacións que o seu servizo educativo pode ofrecer para cubrir as necesidades
identificadas, e as oportunidades que poden contribuír á súa calidade.

- Os obxectivos que se pretende conseguir.

46
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !

- A metodoloxía que se vai seguir, a saber, procedementos e técnicas (protocolos, tipos


de relación, etc.) que se van empregar para desenvolver o proxecto.

- As actividades que se van desenvolver para o logro de cada obxectivo.

- Os prazos de realización.

- Os recursos económicos, materiais e humanos necesarios para lograr os obxectivos


previstos.

- Os resultados que se espera obter.

- Os instrumentos para valorar a eficacia no logro dos resultados esperados, e a


eficiencia na realización adecuada do servizo educativo encomendado.

Os proxectos dun centro docente son, pois, os documentos que delimitan o que o centro
pretende lograr, modificar e mellorar, e detallan todos os aspectos que informan dos
destinatarios, axentes e responsables de cada actividade, de cómo se van levar a cabo e
de cómo se van avaliar os logros realizados.

Figura 3. Fases na elaboración de proxectos

Establecer Identificar as
propostas de necesidades do
mellora contexto

Avaliar procesos e Establecer uns fins


resultados identificando educativos para dar
puntos fortes e febles resposta ás necesidades

Establecer estándares Establecer unha


para avaliar os procesos metodologia para o logro
e os resultados dos fins propostos

Identificar os Diseñar accións


recursos Establecer prazos para a para lograr os
necesarios realización das fins
actividades / accións

47
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes
! ! Formación para a función directiva
En todo caso, calquera proxecto debe cumprir cos seguintes características:

- claridade, redactado nunha linguaxe comprensible para todos os seus


destinatarios.

- precisión, explicando o necesario de forma rigorosa,

- coherencia, relacionando ben todas as súas partes e outros proxectos que o


conformen,

- concisión, dicindo só o esencial.

1. Os Proxectos institucionais dos centros docentes

Como vimos anteriormente, o Proxecto Educativo de Centro está conformado, á súa vez,
por proxectos e plans establecidos a longo prazo polo que os seus obxectivos,
metodoloxías e accións deben desenvolverse progresivamente, con carácter anual. Neste
caso pasan a formar parte da Programación Xeral Anual do centro. Incluímos a
continuación un esquema de cada un deles (figura 4 e 5) coa normativa de referencia e
componentes de cada uno (táboa 4).

Figura 4. Proxecto Educativo de Centro

PEC

Plan Xeral Proxecto


Plan de
Proxecto Concrección de Atención Plan de Proxecto de
Acción
Linguístico Curricular á Convivencia Lector Educación
Titorial
Diversidade Dixital

Plan anual Plan anual Plan anual Plan Plan


que se que se que se anual anual
NOF
achega na achega na achega na achegado achegado
PXA PXA PXA na PXA na PXA

Plan anual Plan


Programa- Plan Anual Plan
de anual de
cións de atención á Anual de
activida- Acción
Didácticas diversidade Lectura
des para Titorial
potencia-
ción do
uso do
galego

48
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes
! ! Formación para a función directiva
Figura 5. Programación Xeral Anual

PXA

Plan anual de
actividades Plan anual
Programa- Plan anual
de de atención Plan anual Proyecto de
cións de Acción
potenciación á de lectura xestión
Didácticas Titorial
da lengua diversidade
galega

Táboa 4. Esquema da normativa estatal e autonómica componentes do PEC e da PXA

PXA1
PEC

COMPONENTES Norma que o establece COMPONENTES Norma que o establece

A concreción anual do
proxecto educativo do Orde 22/09/1997, art. 3.4
centro
Decreto 374/1996, do
PROXECTO Decreto 79/2010, do 20 de maio, Plan anual de 17 de outubro, art. 64.4.
LINGÜÍSTICO para o plurilingüismo, art. 14.1 actividades Decreto 324/1996, do 26
de xullo, art.83.4
Decreto 324/1996, do 26
CONCRECIÓN Programacións de xullo, art.94.3
LOE. art. 121.1
CURRICULAR didácticas Decreto 374/1996, do
17 de outubro, art. 91.3

ATENCIÓN Á LOE. art. 121.1 Decreto 229/2011, art.


concrecións anuais
DIVERSIDADE Decreto 229/201, art. 11.2 11.4
Decreto 324/1996, do 26
de xullo.
Plan anual de acción
ACCIÓN TITORIAL LOE. art. 121.1 Decreto 374/1996, do
titorial
17 de outubro, art. 77.b
art. 91.2
LOE. art. 121.1
PLAN DE
Lei 4/2011. art. 10. LOE art.124.1
CONVIVENCIA
Decreto 8/2015, art.11.2
Decreto 374/1996, do
17 de outubro.art. 87.e (RRI)
NOFC
Decreto 324/1996, do 26 de
xullo, art. 90.e
Decreto 86/2015 art.38.1 Decreto 86/2015 art.38.2
PROXECTO
Decreto 105/2014, do 4 de Plans anuais de lectura Decreto 105/2014, do 4
LECTOR
setembro, art. 18.1 de setembro, art. 18.2
PROXECTO DE Decreto 86/2015 art.39.4
EDUCACIÓN Decreto 105/2014, do 4 de
DIXITAL setembro, art. 19.4

49
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !

1) Os centros educativos elaborarán ao principio de cada curso unha Programación Xeral Anual (PXA) que
recolle tódolos aspectos relativos á organización e funcionamento do centro, incluidos os proxectos, os
currículos, as normas, e tódolos plans de actuación acordados e aprobados. Artigo.125 da LOE-LOMCE

2. Proxectos e plans que forman parte do Proxecto Educativo

O proxecto Educativo está conformado por apartados, que recollen a análise do contexto,
os obxectivos, os valores e medidas específicas para promover estilos de vida saudables,
e unha serie de plans e proxectos que poden diferir dunhas Administracións Educativas a
outras.

2.1 Proxecto Lingüístico de Centro (PLC)

En España todas as CC.AA teñen establecido un Proxecto Lingüístico de Centro (PLC)


que forma parte do Proxecto Educativo.Trátase dun documento de carácter institucional
no que se expón a planificación de todos aqueles aspectos relacionados coa ensinanza e
o uso das linguas, tanto no relativo á decisión respecto da lingua en que se impartirán
determinadas materias ou módulos que non estean xa establecidos pola normativa
correspondente, como a estratexias de dinamización ou a aspectos metodolóxicos e
outros que permitan levar a cabo o currículo integrado de todas as linguas que se
imparten no centro, e así darlle coherencia e coordinación á súa ensinanza, e facilitar a
súa aprendizaxe.

En Galicia, o currículo integrado de todas as linguas, tamén denominado tratamento


integrado de linguas (TIL) debe concretar medidas que incluirán, polo menos, acordos
sobre criterios metodolóxicos básicos de actuación en todas as linguas, acordos sobre a
terminoloxía que se vaia empregar, e o tratamento que se lles dará aos contidos, aos
criterios de avaliación e aos estándares de aprendizaxe similares en cada materia
lingüística, de xeito que se evite a repetición dos aspectos comúns á aprendizaxe de
calquera lingua.

O Proxecto Lingüístico de Centro inclúe, igualmente, as decisións de carácter profesional


relativas á ensinanza e aprendizaxe das linguas nas aulas, e tamén aquelas que
consideran outros contextos comunicativos do centro escolar, como son as actividades
complementarias e extraescolares.

Neste ámbito organizativo, cada Comunidade Autónoma ten a súa propia normativa. En
Galicia, o art. 14 Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino
non universitario de Galicia (DOG do 25) establece os elementos e decisións que debe
conter o PLC, ao tempo que dispón que serán en galego as relacións mutuas e internas

50
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes
! ! Formación para a función directiva
como as que manteñan os centros coas administracións territoriais e locais galegas e
coas demais entidades públicas e privadas, así como as actuacións administrativas de
réxime interno dos centros docentes, agás no referido a comunicacións con outras
comunidades autónomas e cos órganos da Administración do Estado radicados fóra da
comunidade autónoma, en que se utilizará o castelán.

En canto ás áreas ou módulos que deben impartirse en galego son os seguintes:

Táboa 5. Áreas e módulos que deben impartirse en galego e castelán

Galego Castelán
Ciencias da Natureza
Matemáticas
Ciencias Sociais
Educación
Primaria (art. 6)
O resto de materias de cada curso na mesma porcentaxe de horas
semanais.
As linguas na súa lingua respectiva.

Galego Castelán

Sociais, Xeografía e
ESO (art.7) Historia, Ciencias da Matemáticas, Tecnoloxías Física e
Natureza, Bioloxía e Química.
Xeoloxía,

Oferta equilibrada na mesma porcentaxe, en galego e en castelán,


Bacharelato
de materias comúns, de modalidade e optativas.
(art.8)

Oferta equilibrada de materias e módulos en galego e en castelán


FP e ensinanzas
artísticas e
deportivas. En todos os módulos garantirase que o alumnado coñeza o
(art.9) vocabulario específico nas dúas linguas oficiais.

Ensinanzas de
O desenvolvemento das ensinanzas debe asegurar que o alumnado
persoas adultas
acade a competencia lingüística propia do nivel nas dúas linguas
(art.10)
oficiais.

Ensinanzas de
materias en A impartición de materias en lingua(s) estranxeira(s) pode chegar
linguas ata un máximo dun terzo do seu horario lectivo semanal en lingua(s)
estranxeiras estranxeira(s).
(art. 21)

51
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !

Segundo o devandito Decreto 79/2010, o PLC debe revisarse cada catro cursos
escolares, e remitirse á inspección. Nel debe constar, polo menos,

a) A decisión do centro educativo de Educación Primaria, Educación Secundaria


Obrigatoria e Bacharelato.

b) As medidas adoptadas para que o alumnado que non teña o suficiente dominio
das linguas poida seguir con aproveitamento as ensinanzas en Educación
Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato que se lle imparten.

c) Nos centros que imparten Formación Profesional Específica, Ensinanzas


Artísticas e Deportivas, e Ensinanza de Persoas Adultas, os procedementos que
aseguren que o alumnado acade a competencia lingüística propia do nivel en
ambas as dúas linguas oficiais.

d) Os obxectivos xerais e as liñas de actuación deseñadas polo centro para o


fomento da lingua galega.

O PLC redáctase por unha comisión nomeada polo equipo directivo, oída a Comisión de
Coordinación Pedagóxica. E forman parte dela, como mínimo, os xefes/as dos
departamentos de linguas, se é o caso, e o coordinador(a) do Equipo de Dinamización da
Lingua Galega.

Segundo o establecido nos distintos ROC, anualmente debe elaborarse o Plan de


actividades para a potenciación do uso da lingua galega, que se achega á PXA. Nel
recollerase a relación, secuenciada e temporalizada, de actividades programadas para o
curso nas que se concretan os obxectivos previstos para potenciar a presenza da
realidade galega e dinamizar o uso da nosa lingua.

2.2 As Normas de Organización e Funcionamento (NOF)

As distintas Administración Educativas establecen os elementos e características das


NOF dos centros docentes, que deben incluír as normas que garantan o cumprimento do
Plan de Convivencia, tal como establece o art.124 da LOE-LOMCE.

En Galicia, a ordenación deste documento está recollido nos art. 18 a 20 do devandito


Decreto 8/2015, no que se establece que serán públicas e que os centros docentes
facilitarán o seu coñecemento por parte de todos os membros da comunidade
educativa.

52
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !
Igualmente, deben recoller:

a) a organización dos espazos e dos tempos,

b) a distribución dos recursos, para favorecer unha convivencia positiva no centro


educativo,

c) os procedementos de comunicación ás familias das faltas de asistencia do


alumnado ás clases,

d) as correspondentes autorizacións ou xustificacións para os casos de ausencia


cando estes ou estas sexan menores de idade non emancipados/as.

e) As normas de convivencia que, á súa vez, concretarán

i) os dereitos e deberes do alumnado,

ii) as condutas contrarias que se consideran á convivencia,

iii) as correccións que correspondan polo seu incumprimento, de acordo co


previsto na Lei 4/2011 e neste decreto.

f) A prohibición do uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos como


mecanismo de comunicación durante os períodos lectivos. Excepcionalmente, os
centros poderán establecer normas para a correcta utilización como ferramenta
pedagóxica.

As normas de convivencia poderán incluír previsións sobre a vestimenta do alumnado no


centro docente ou a maneira de presentarse neste.

2.3 Plan Xeral de Atención á Diversidade

O art. 121 da LOE-LOMCE establece que o PEC recollerá a forma de atención a la


diversidade. E considera a atención á diversidade como principio fundamental que debe
rexer todo o ensino básico, co obxectivo de lle proporcionar a todo o alumnado unha
educación adecuada ás súas características e necesidades. Na Educación Primaria
ponse a énfase na atención á diversidade do alumnado e na prevención das dificultades
de aprendizaxe, actuando tan pronto como estas se detecten. Na Educación Secundaria
Obrigatoria combínase o principio dunha educación común coa atención á diversidade do
alumnado, permitíndolles aos centros a adopción das medidas organizativas e
curriculares que resulten máis adecuadas ás características do seu alumnado, de maneira
flexible e en uso da súa autonomía pedagóxica, razón pola que se poden establecer
Programas de Mellora da Aprendizaje e do Rendemento (PEMAR) e Programas de
Cualificación Profesional Básica (FPB). A atención á diversidade rexe, igualmente, as
53
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !
propostas pedagóxicas dos centros docentes, nesta etapa de Educación Secundaria
Obrigatoria, que, segundo establece o art. 26.1, deben arbitrar métodos que teñan en
conta os diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado. Así, a escolarización do
alumnado que presenta necesidades educativas especiais só se levará a cabo cando as
súas necesidades non poidan ser atendidas no marco das medidas de atención á
diversidade dos centros ordinarios, tal como dispón o art.74.1

Pola súa parte, o Bacharelato comprende tres modalidades diferentes, organizadas de


modo flexible, en distintas vías e opcionalidade de materias que permiten a elección do
alumnado.

En Galicia, o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, regula a atención á diversidade


(DOG do 21). Nel ordénase o Plan de atención á diversidade, que é o documento
destinado á articulación en cada centro docente das medidas de atención á diversidade.

2.3.1 As medidas de atención á diversidade

Son aquelas actuacións, estratexias e/ou programas destinados a proporcionar unha


resposta axustada ás necesidades educativas do alumnado. Estas medidas clasifícanse
en ordinarias e extraordinarias e estarán recollidas no Plan Xeral de Atención á
Diversidade e nas concrecións anuais de dito plan ( ver. art.7 do Decreto 229/2011).

2.3.2 Responsables da elaboración do Plan Xeral de Atención á


Diversidade

Os departamentos de orientación son os responsables de elaborar, de acordo coas


directrices da Comisión de Coordinación Pedagóxica e as achegas dos departamentos e/
ou equipos de nivel en Educación Primaria, a proposta do Plan Xeral de Atención á
Diversidade, que trasladarán ao equipo directivo e se incorporará, se é o caso, ao
Proxecto Educativo de Centro.

2.3.3 Plan Anual de Atención á Diversidade

Ao comezo de cada curso escolar, os departamentos de Orientación dos centros deben


elaborar a proposta da concreción anual do Plan Xeral de Atención á Diversidade, que
debe formar parte da Programación Xeral Anual.

Igualmente, ao remate de cada curso, de acordo cos datos do proceso de seguimento e


avaliación, o Departamento de Orientación debe elaborar a correspondente memoria do
Plan Xeral de Atención á Diversidade, e establecer, de ser o caso, as pertinentes
propostas de mellora. Esta memoria incorporarase á memoria do Departamento de
Orientación e, en consecuencia, á Memoria Anual do centro.

54
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !
2.3.4 Estrutura do Plan Xeral de Atención á Diversidade

A estrutura do Plan está establecida no art.12 do Decreto 229/2011, como segue:

a) Xustificación baseada no contexto.

b) Identificación e valoración das necesidades.

c) Determinación dos obxectivos.

d) Descrición das actuacións, medidas e/ou programas para a atención á diversidade.

e) Determinación dos criterios para a organización e distribución dos recursos e a


aplicación das medidas propostas.

f) Concreción das actuacións dos distintos profesionais en relación coas medidas


deseñadas para o centro.

g) Mecanismos de coordinación e colaboración internos, así como con outras etapas


educativas e cos centros adscritos ou de adscrición.

h) Canles de colaboración coas nais, pais ou titores e titoras legais do alumnado e


cos diferentes servizos externos ao centro.

i) Protocolos para a solicitude e/ou autorización das medidas extraordinarias.

j) Procesos de seguimento, avaliación e mellora do plan.

2.4 Plan de Acción Titorial (PAT)

A acción titorial é o conxunto de accións educativas que se deseñan explicitamente e se


realizan no centro educativo para favorecer no alumnado a aprendizaxe, a integración de
coñecementos e experiencias, a socialización, a toma de decisións e o desenvolvemento
da súa personalidade (Nuria Giné. 1996:10)

O art. 121 da LOE establece que a acción titorial debe formar parte do PEC. E o art. 191
alínea c) recolle, entre as funcións do profesorado, sen diferenciar etapa nin ensinanzas
que imparta, a titoría do alumnado, a dirección e a orientación da súa aprendizaxe e o
apoio no seu proceso educativo, en colaboración coas familias -loxicamente neste caso
trátase de alumnado menor de idade-. O art.129 outórgalle ao claustro a competencia de
fixar os criterios referentes á titoría. E nos ROC dos centros docentes galegos é
competencia da CCP a proposta de directrices para a elaboración do Plan de Acción
Titorial (PAT).

55
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes
! ! Formación para a función directiva
O PAT, coma os demais plans e proxectos, debe contribuír ao logro dos obxectivos
propostos no PEC, e neste débense establecer os criterios inspiradores da acción titorial.
En Galicia, a súa elaboración é competencia do Departamento de orientación, segundo
establece o art. 6 do Decreto 120/1998, do 23 de abril, polo que se regula a
orientación nesta Comunidade.

O PAT anual concreta os axentes responsables da acción titorial; determina os momentos


en que se realiza, en relación coas finalidades prioritarias de cada período da vida;
especifica as actividades que se van desenvolver, xunto cos materiais necesarios, e
determina as medidas de coordinación que, en Galicia, é competencia da xefatura de
estudos.

2.5 Proxecto lector

O art. 2 da LOE ordena aos poderes públicos prestar unha atención prioritaria ao
conxunto de factores que favorecen a calidade do ensino e, en especial, entre outros, ao
fomento da lectura e ao uso de bibliotecas. O art. 157 establece, entre os recursos para a
mellora das aprendizaxes e apoio ao profesorado, a posta en marcha dun plan de
fomento da lectura por parte das Administracións Educativas.

En consecuencia co establecido na LOE, os Decretos de currículo, tanto de Educación


Primaria como de Educación Secundaria, (ver art. 18 do Decreto 105/2014, do 4 de
setembro e art. 38 do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, respectivamente) establecen a
inclusión no Proxecto Educativo dun Proxecto Lector ou programa de centro de
promoción da lectura, no que se integren as actuacións destinadas ao fomento da lectura,
da escritura e das habilidades no uso, no tratamento e na produción da información, en
apoio da adquisición das competencias clave.

Do mesmo xeito que o Plan Anual de Atención á Diversidade, a concreción anual do


Proxecto Lector, o Plan Anual de Lectura, forma parte da Programación Xeral Anual.

56
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes
! ! Formación para a función directiva
Non está establecido a estrutura nin os elementos do Proxecto Lector, se ben a
Administración Educativa galega ten publicada unha proposta de guión en http://
www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/files/Guion_tipo_1.pdf

Á hora de deseñar e desenvolver o Proxecto Lector de centro, a biblioteca escolar xoga


un papel esencial, pois contribúe non só ao fomento da lectura, da escritura e das
habilidades no uso, tratamento e produción da información, senón tamén a revitalizar as
prácticas educativas e a vida cultural dos centros, e á innovación pedagóxica. Así,
anualmente a Administración Educativa galega publica unha convocatoria para adherirse
ao Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos (ver en https://
www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180509/AnuncioG0164-300418-0008_gl.html a
Orde do 23 de abril de 2018 pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas
escolares para o curso 2018/19).

2.6 Proxecto de Educación Dixital

Os centros docentes que desenvolvan o currículo nun contorno dixital, teñen que elaborar
un Proxecto de Educación Dixital que debe contar coa aprobación da Consellería con
competencias en materia de educación, segundo o procedemento que se estableza. (ver
art. 19.4 do Decreto 105/2015 e art. 39.4 do Decreto 86/2015).

Con anterioridade aos currículos establecidos como desenvolvemento da LOE-LOMCE,


en Galicia, o Proxecto Educativo incluía a obrigatoriedade de que os centros contasen
cun Plan de integración das Tecnoloxías da Información e a Comunicación. Se ben este
plan xa non aparece recollido, parece sensato e conveniente que os centros teñan
deseñado un Plan de integración das TIC que as incorpore como un recurso metodolóxico
máis aos procesos de ensino-aprendizaxe, e como evidencia da adaptación á realidade e
para o mellor aproveitamento das posibilidades que as tecnoloxías da información e a
comunicación ofertan.

2.7 O Plan de Convivencia

É o documento no que se articula a convivencia escolar e as liñas xerais do modelo de


convivencia de cada centro docente. Este apartado desenvólvese no apartado seguinte.

57
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !

H) Convivencia escolar. Prevención de conflictos e


programas de mellora da convivencia. Estratexia de
boas prácticas

1. O Plan de Convivencia

A LOE, na redacción dada pola LOMCE, establece nos artigos 120 e 124 a autonomía
dos centros na elaboración das súas normas de convivencia. Este último artigo dispón
que os centros elaborarán un Plan de Convivencia no que se recollan todas as
actividades que se programen co fin de fomentar un bo clima de convivencia dentro do
centro escolar, así como a concreción dos dereitos e deberes do alumnado e das medidas
correctoras aplicables en caso de incumprimento das normas de convivencia.

O Plan de Convivencia, segundo a LOE-LOMCE, debe concretar:

-Os deberes dos alumnos e alumnas.

-As medidas correctoras aplicables en caso de incumprimento, tomando en consideración


a súa situación e condicións persoais. Estas medidas deben posuír as seguintes
características:

- Ter un carácter educativo e recuperador.

- Garantir o respecto aos dereitos do resto dos alumnos e alumnas.

- Procurar a mellora nas relacións de todos os membros da comunidade educativa.

- Ser proporcionadas ás faltas cometidas.

-Ter a consideración de moi graves e implicar a expulsión, temporal ou definitiva, do


centro perante condutas que atenten contra a dignidade persoal doutros membros da
comunidade educativa, que teñan como orixe ou consecuencia unha discriminación ou
acoso baseado no xénero, orientación ou identidade sexual, ou unha orixe racial, étnico,
relixioso, de crenzas ou de discapacidade, ou que se realicen contra o alumnado máis
vulnerable polas súas características persoais, sociais ou educativas.

-Ser inmediatamente executivas cando se trate de faltas leves.

En Galicia, todos os aspectos referentes ao Plan de Convivencia están regulados no


Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño,

58
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes
! ! Formación para a función directiva
de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia
escolar (DOG do 27) e nel sinálanse os elementos básicos do Plan:

a) obxectivos específicos que cómpre alcanzar,

b) normas que regulan a convivencia e as actuacións que se deben realizar neste


ámbito para a consecución dos obxectivos proxectados,

c) directrices básicas e actuacións, incluíndo a mediación na xestión dos conflitos,

d) medidas correctoras.

2. Funcións dos órganos de goberno e o Plan de Convivencia

Na normativa galega, os distintos órganos teñen asignadas diferentes funcións ou


competencias neste ámbito de actuación educativa.

2.1 Funcións do Consello Escolar (art.5 do Decreto 8/2015)

a) Elixir as persoas representantes da comisión de convivencia, de acordo co establecido


no artigo 6.2 deste decreto sobre composición, presidencia e procedemento de
nomeamento.

Esta comisión funcionará por delegación do Consello Escolar , realizando as funcións


establecidas no art. 3 do devandito Decreto.

b) Establecer directrices para a elaboración do Plan de Convivencia e das normas de


convivencia do centro.

c) Realizar anualmente o seguimento e a avaliación.

d) Propor actuacións en relación coa convivencia para todos os sectores da comunidade


educativa, especialmente as relacionadas coa resolución pacífica de conflitos.

2.2 Funcións do Claustro (art.7 do Decreto 8/2015)

a) Realizar propostas para a elaboración do Plan de Convivencia e das normas de


convivencia do centro.

b) Participar na avaliación anual da convivencia no centro, incidindo especialmente no


desenvolvemento do Plan de Convivencia.

c) Propor actuacións de carácter educativo, especialmente as relacionadas coa resolución


pacífica de conflitos.

59
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !
2.3 Funcións do equipo directivo (art.8 do Decreto 8/2015)

a) Realizar o desenvolvemento, seguimento, avaliación e revisión do Plan de


Convivencia, así como as demais competencias da comisión de convivencia, mentres
esta non estea constituída.

b) Impulsar as actividades previstas no Plan de Convivencia, así como velar pola


realización destas e polo cumprimento das normas de convivencia.

2.4 Funcións da persoa responsable da dirección (art.8 do


Decreto 8/2015 e seguintes)

a) Garantir as condicións para que exista no centro un adecuado clima escolar que
favoreza a aprendizaxe e a participación do alumnado.

b) Garantir o exercicio da mediación, a imposición de medidas correctoras e o


desenvolvemento dos procesos e procedementos que se establecen neste decreto.

c) Velar polo cumprimento das medidas correctoras por parte do alumnado.

2.5 Funcións do Órganos de coordinación docente


relacionadas co Plan de Convivencia (art. 9 do Decreto 8/2015)

Os órganos de coordinación docente, no seu ámbito de competencias, son responsables


de incorporar nas súas actuacións, concretamente nas concrecións curriculares, as
medidas e os acordos adoptados, de conformidade co que estableza o Plan de
Convivencia e as normas de convivencia do centro para asegurar a coherencia destas
concrecións co Proxecto Educativo do centro e a Programación Xeral Anual.

3. Prevención de conflictos e programas de mellora da


convivencia. Estrategia das boas prácticas

A mellora da convivencia, a resolución pacífica de conflictos, a visión restaurativa da


xustiza e, en xeral, a mellora do clima escolar a todos os niveis, é un obxectivo prioritario
na xestión de centros educativos e, ademais da normativa marco estatal, atopa un
prolífico sustento no noso desenvolvemento normativo autonómico. Deste
desenvolvemento derívase a creación e funcionamento do Consello para Convivencia
Escolar na Comunidade Autónoma de Galicia e a Estratexia Galega de Convivencia
2015-2020 (educonvives.gal) que veremos en detalle no Mödulo VI e na que se
establecen orientacións, protocolos e accións guía para acadar estes obxectivos
vinculados á convivencia inclusiva, democrática, pacífica e igualitaria.


60
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !

I) A avaliación dos centros e da práctica docente

Vimos anteriormente como a LOE-LOMCE pretende fomentar a calidade dos centros


docentes mediante, entre outros aspectos, o reforzo da súa autonomía e a potenciación
da función directiva. E establece que os centros docentes deberán presentar unha
planificación estratéxica que contemple obxectivos, previsión de resultados, medidas para
lograr os resultados esperados, así como o marco temporal e a programación de
actividades.Igualmente, establece que a realización das accións de calidade educativa
estará sometida a avaliación, é dicir, a rendición de contas polo centro docente.

No documento da Dirección Xeral de Avaliación e Cooperación territorial do Ministerio de


Educación e Formación Profesional sobre Supervisión dos procesos de ensinanza-
aprendizaxe e os seus resultados (2012-13), concíbese a avaliación como o proceso que
permite obter datos e información da organización e funcionamento dos centros, analizar
e valorar os procesos e resultados da acción educativa e tomar as decisións para
promover mellora. Os estudos internacionais consideran factores relevantes de mellora da
calidade dos sistemas educativos tanto a avaliación externa dos centros docentes coma
a interna ou autoevaluación.

1. A avaliación dos centros docentes

Tal como expón Tiana (2018), cando os profesores avalían aos seus alumnos/as ou cando
un organismo ou axencia avalía o sistema educativo, adoptan un criterio de calidade
baseado especialmente nos resultados logrados polo alumnado, tanto máis canto se
outorgan cualificacións que implican niveis de logro.

Unha segunda aproximación ao concepto de calidade, consiste en considerar esta na súa


vertente de eficiencia, referida ao grado de adecuación entre os logros obtidos e os
recursos utilizados. Este é o criterio de calidade utilizado polos servizos de Inspección de
educación en Galicia nos procesos de avaliación externa dos IES que se está levando a
cabo desde 2011, e nos que se incorporan indicadores, por unha parte, sobre o grao de
satisfacción dos usuarios (familias e alumnado), tanto no referido ao á organización do
centro coma ao proceso de ensino e á súa transparencia, e pola outra, sobre o grao de
cumprimento das funcións do profesorado, dos equipos directivos e dos obxectivos e
accións establecidos nos proxectos de organización e planificación dos centros e a súa
publicidade. Pois referirse á calidade dunha organización complexa, como son os centros
docentes, necesita de varias aproximacións que inclúan a eficiencia, pero tamén a
satisfacción e a transparencia. Esta avaliación externa da Inspección de educación ten a
finalidade de identificar puntos fortes e febles do centro docente para, en consecuencia:
61
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !

− Mellorar a organización e funcionamento dos centros nos que se leve a cabo a


avaliación.

− Mellorar o rendemento do alumnado e, á súa vez, os seus resultados académicos.

− Asegurar a transparencia dos procesos de ensino e de avaliación e cualificación.

− Impulsar os procesos de avaliación interna dos centros e os procesos de mellora


continua.

− Difundir nos centros unha cultura avaliadora nos centros docentes.

Esta avaliación externa ten, polo tanto, a finalidade, entre outras, de promover e
normalizar a avaliación interna que se debe levar a cabo polos órganos colexiados de
goberno dos centros docentes. Lembremos que entre as competencias do Claustro e do
Consello Escolar están as seguintes.

Por parte do Consello Escolar:

j) Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento


escolar e os resultados das avaliacións internas e externas nas que participe o centro.

k) Elaborar propostas e informes, a iniciativa propia ou a petición da Administración


competente, sobre o funcionamento do centro e mellóraa da calidade da xestión, así
como sobre aqueloutros aspectos relacionados coa calidade da mesma.

Por parte do Claustro:

g) Analizar e valorar:

− o funcionamento xeral do centro,

− a evolución do rendemento escolar,

− e os resultados das avaliacións internas e externas nas que participe o centro.

A avaliación convértese, así, nun valioso instrumento de seguimento e de valoración dos


resultados obtidos e de mellora dos procesos que permiten obtelos. Por ese motivo,
resulta imprescindible establecer procedementos de avaliación dos distintos ámbitos e

axentes da actividade educativa, alumnado, profesorado, e centro, amosando un


compromiso de transparencia e rendemento de contas da situación existente, e de
recoñecemento e posta en valor dos logros acadados.

62
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !

2. A avaliación da práctica docente

A necesidade de avaliación interna do profesorado dos centros docentes está


directamente relacionada coa súa autonomía pedagóxica e convértese nun proceso
interno de reflexión sobre a práctica educativa que debe integrarse con normalidade na
xestión do centro como un instrumento de mellora, contribuíndo así á creación dunha
cultura de calidade educativa.

Cando se implementa un proceso de avaliación é importante ter claro tanto que se vai
avaliar, como a función e finalidade da avaliación. Estes aspectos deben quedar ben
expresados para que a avaliación da práctica docente se perciba como unha
oportunidade de crecemento e mellora, e non como unha ameaza.

Así, a función da avaliación interna da práctica docente é a mellora das aprendizaxes do


alumnado, e a súa finalidade identificar puntos fortes e febles desa práctica, que permitan
deseñar procesos de cambio cara á súa mellora.

Na fase de planificación da avaliación interna, débese definir o ámbito ou obxecto de


avaliación, de tal maneira que todo o profesorado entenda por igual os ámbitos que
abrangue a práctica docente, e se establezan, no marco do Proxecto Educativo,
indicadores de calidade aceptados, que reflictan as prácticas docentes sobre: que, como
e cando se ensina; que como e cando se avalía ao alumnado. En relación a ensinar, que
está referido aos contidos, competencias e estándares, como á metodoloxía, que
incorpora a organización de contidos (por unidades didácticas, por proxectos, por centros
de interese…), o tipo e duración das actividades, o tipo de agrupamentos do alumnado, a
organización dos espazos etc; e cando refírese á temporalización da programación
didáctica. En relación a avaliar, que está referido aos contidos, competencias e
estándares; como aos procedementos e instrumentos utilizados para avaliar; e cando aos
momentos de avaliación (cando se observa, se pasan probas etc).

Igualmente, débese decidir que instrumentos se utilizarán (listas de cotexo, escalas de


valoración, rúbricas etc).

En canto aos momentos en que debe realizarse a avaliación interna da práctica docente,
non hai periodicidade establecida nos ROC, se ben, xa que, despois de cada avaliación,
os ciclos, equipos de nivel e departamentos analizan os resultados escolares, pode
aproveitarse este momento para reflexionar nun contexto de coavaliación sobre as
actividades, recursos, procedementos e instrumentos de avaliación, etc., extraer
conclusións e facer propostas para reconducir, se é o caso, o proceso de ensino-
aprendizaxe.

63
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !

En todo caso, en Galicia a normativa referida ás Programacións Didácticas das distintas


ensinanzas e etapas establece un apartado de indicadores de logro para avaliar o
proceso do ensino e a práctica docente, e outro de mecanismos de revisión, de
avaliación e de modificación das Programacións Didácticas en relación cos resultados
académicos e con procesos de mellora. E, tal como establece a normativa de
desenvolvemento dos ROC, ao remate do curso, deben analizarse os resultados
escolares acadados, extraer conclusións e, logo de realizar o profesorado a súa
autoavaliación e, se é o caso, a coavaliación da práctica docente, facer propostas para
promover a mellora dos resultados. Esta análise debe incluírse na Memoria Anual, e as
propostas de modificación e mellora ser incorporadas á Programación Didáctica do curso
seguinte.

64
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !

L) Bibliografía

‣ Antúnez, S. (1996). Proxecto Educativo de Centro. Santiago de Compostela: Xunta de

Galicia.Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

‣ Gairín, J. (1996). La Organización Escolar: Practica y Fundamentos. Barcelona:

Editorial Grao.

‣ Giné, N. (1996). Acción Titorial. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Consellería

de Educación e Ordenación Universitaria.

‣ Gordoa, V. (2002). El Poder de la Imagen Pública. México: Grijalbo.

‣ Mintzberg, H. (2012). La estructuración de las organizaciones. Barcelona: Editorial

Ariel.

‣ Sánchez Paunero, D. (2018). Plan de Comunicación Interna. UNED Ed. 1. Consultado

en http://sugestion.quned.es/conocimiento/ficha/def/PCI (consultado o 10 de setembro


de 2018)

‣ Ministerio de Educación (2009). TALIS (OCDE). Estudio internacional sobre la

enseñanza y el aprendizaje. Informe Español 2009. Consultado en http://


www.mecd.gob.es/dctm/ievaluacion/internacional/pdf-imprenta-25-oct-2010-estudio-
talis.pdf?documentId=0901e72b805449dd (consultado o 3 de setembro de 2018)

‣ Tiana, A. (2006). La evaluación de la calidad de la educación : conceptos, modelos e

instrumentos. En https://www.researchgate.net/publication/
39217293_La_evaluacion_de_la_calidad_de_la_educacion_conceptos_modelos_e_ins
trumentos (consultado o 15 de setembro de 2018)

65
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !

M) Lexislación

Regulamento orgánico dos centros docentes galegos

CEIP, CEP e EEI

‣ Decreto 374/1996, do 17 de outubro. Regulamento orgánico das escolas de educación

infantil e dos colexios de educación primaria (DOG 21/10/96)

‣ Orde do 22 de xullo de 1997 pola que se regulan determinados aspectos de

organización e funcionamento das escolas de educación infantil e dos colexios de


educación primaria (DOG. 02/09/97). Modificación parcial desta orde (adscrición
funcional e horarios) (DOG 06/07/2010)

Centros Públicos Integrados (CPI)

‣ Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro, polo que se implantan e regulan os centros públicos

integrados de ensinanzas non universitarias (DOG 26/01/99)

‣ Orde do 3 de outubro de 2000 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento

do Decreto 7/1999 polo que se implantan e regulan os centros públicos integrados de


ensinanzas non universitarias (DOG 02/11/200). Modificación parcial desta orde
(adscrición funcional e horarios) (DOG 06/07/2010)

IES

‣ Decreto 324/1996 polo que se aproba o Regulamento orgánico dos IES (DOG

09/08/96)

‣ Orde do 1 de agosto de 1997 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do

Decreto 324/1996 polo que se aproba o Regulamento orgánico dos IES (DOG.
02/09/97). Modificación parcial desta orde (distribución de grupos e horarios) (DOG
06/07/2010)

66
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !

CIFP

‣ Decreto 77/2011, do 7 de abril, polo que se establece o regulamento orgánico dos

centros integrados de formación profesional (DOG 10/05/2011)

‣ Orde do 29 de xullo de 2011 pola que se desenvolve o Decreto 77/2011, do 7 de abril,

polo que se establece o Regulamento orgánico dos centros integrados de formación


profesional competencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
(DOG 08/08/2011). Corrección de erros en (DOG 12/08/2011)

EOI

‣ Orde do 5 de agosto de 2011 pola que se desenvolve o decreto 189/2010, do 11 de

novembro, polo que se establece o regulamento orgánico das escolas oficiais de


idiomas da comunidade autónoma de Galicia, e se regula a organización e o acceso ás
ensinanzas de idiomas de réxime especial (DOG 18 /08/2011)

CMUS

Toda a súa normativa de aplicación está publicada en http://www.edu.xunta.gal/portal/


sites/web/files/normativa_ensinanzas_de_musica06092018.pdf

‣ Decreto 223/2010, do 30 de decembro, polo que se establece o regulamento orgánico

dos conservatorios elementais e profesionais de música e de danza de Galicia (DOG


19/01/2011)

‣ Orde do 4 de agosto de 2011 pola que se desenvolve o decreto 223/2010, do 30 de

decembro, polo que se establece o regulamento orgánico dos conservatorios


elementais e profesionais de música e de danza da comunidade autónoma de Galicia
(DOG 18/08/2011)

‣ Circular 15/2011 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación

Educativa, pola que se ditan instrucións para determinados aspectos do funcionamento


dos conservatorios elementais e profesionais de música e de danza do 30 de agosto de
2011, en http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/news/2011/07/21/
circular_15-2011_instruc_func_cmus.pdf

67
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !

EASD

‣ A normativa de artes plásticas e deseño está publicada en http://www.edu.xunta.gal/

portal/sites/web/files/normativa_ensinanzas_profesionais_aapp10092018.pdf

‣ A normativa das Ensinanzas superiores de Deseño está publicada en http://

www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/
normativa_ensinanzas_superiores_deseno10092018.pdf

‣ Decreto 61/2011, do 24 de marzo, polo que se establece o regulamento orgánico das

escolas de arte e superiores de deseño da comunidade autónoma de Galicia (DOG


06/04/2011)

‣ Orde do 8 de agosto de 2011 pola que se desenvolve o decreto 61/2011, do 24 de

marzo polo que se establece o regulamento orgánico das escolas de arte e superiores
de deseño da comunidade autónoma de Galicia (DOG 18/08/2011)

Plan de Convivencia

‣ Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa

(DOG 15/07/2011)

‣ Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño,

de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia


escolar (DOG 27/01/2015)

‣ Orientacións sobre o Plan de Convivencia en http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/

web/files/orientacions_plan_convivencia_galego_28_03_18.pdf

‣ Diagnose de convivencia 2015/20120 en http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/

files/estratexia_galega_convivencia_informe_resumo_diagnostico_final_.pdf

‣ Estratexia galega de convivencia escolar 2015/20 en http://www.edu.xunta.gal/portal/

sites/web/files/estratexia_galega_de_convivencia_escolar_galego_definitivo.pdf

‣ Protocolos da Consellería de cultura, Educación e O.U. en http://www.edu.xunta.gal/

portal/Educonvives.gal

68
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !

Proxecto Lingüístico

‣ Decreto 79/2010 para o plurilingüismo no ensino non universitario (DOG 25/05/2012)

Currículo integrado das linguas

‣ Art. dedicado aos principios metodolóxicos nos Decretos de currículo de EP, ESO e

Bacharelato.

Concreción Curricular

‣ EI. Decreto 330/2009 polo que se establece o currículo da educación infantil na

Comunidade Autónoma de Galiza (DOG 23/06/2009)

‣ E.P. Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da

educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 09/09/ 2014)

‣ Orde ECD/65/2015, de 21 de xaneiro, pola que se describen as relacións entre as

competencias, os contidos e os criterios de avaliación da educación primaria, a


educación secundaria obrigatoria e o bacharelato (BOE 20/01/2015)

ESO e BACHARELATO

‣ Real Decreto 1105/2014, do 26 de decembro, polo que se establece o currículo básico

da Educación Secundaria Obrigatoria e do Bacharelato (BOE 03/01/2015) (modificado


polo Real Decreto/lei 5/2016. Deroga o carácter académico das avaliacións finais (BOE
10/12/2016)

‣ Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación

secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galiza (DOG 29


de xuño 2015)

‣ Orde ECD/65/2015, de 21 de xaneiro, pola que se describen as relacións entre as

competencias, os contidos e os criterios de avaliación da educación primaria, a


educación secundaria obrigatoria e o bacharelato (BOE 20/01/2015)

69
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !
EOI

‣ Decreto 81/2018, de 19 de xullo, polo que se establece o currículo dos niveis básico

a1, básico a2, intermedio b1, intermedio b2, avanzado c1 y avanzado c2 das
ensinanzas de idiomas de réxime especial na Comunidade Autónoma de Galicia.

CMUS

‣ Decreto 203/2007, do 27 de setembro, polo que se establece o currículo das

ensinanzas profesionais de réxime especial de música (DOG do 31 de outubro de


2007)

‣ Real decreto 1577/2006, do 22 de decembro, polo que se fixan os aspectos básicos do

currículo das ensinanzas profesionais de música reguladas pola Lei orgánica 2/2006,
do 3 de maio, de educación (BOE do 20 de xaneiro de 2007). Modificado polo Real
decreto 1953/2009, do 18 dedecembro (BOE do 18 de xaneiro de 2010)

Plan Xeral de Atención á Diversidade

‣ Decreto 229/2011 do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do

alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galiza nos que se


imparten as ensinanzas establecidas na LOE (DOG 21/12/2011)

‣ Circular 8/2009 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación

Educativa, pola que se regulan algunhas medidas de atención á diversidade para


alumnado de ESO

‣ Orde do 6 de outubro de 1995 pola que se regulan as adaptacións do currículum nas

ensinanzas de réxime xeral (DOG 07/11/1995)

‣ Orde do 20 de febreiro de 2004 pola que se establecen as medidas de atención

específica ó alumnado procedente do estranxeiro (DOG 26/02/2004)

‣ Protocolos da Consellería de cultura, Educación e O.U. en http://www.edu.xunta.gal/

portal/Educonvives.gal

‣ Atención ao alumnado con altas capacidades intelectuais en: https://

www.edu.xunta.gal/centros/ceipisaacperal/system/files/sobredotacion.pdf

70
Módulo 2. Organización e xestión dos centros docentes Formación para a función directiva
! !
Plan de acción titorial

‣ Art. 5ºb) e 10b) da Orde do 24 de xullo de 1998, pola que se establece a organización e

funcionamento da orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de


Galicia regulada polo Decreto 120/1998 (DOG 31/07/1998) en https://
www.edu.xunta.gal/portal/es/diversidadeorientacion/1578/1579

Xestión económica

‣ Decreto 201/2003, do 20 de marzo, polo que se desenvolve a autonomía na xestión

económica dos centros docentes públicos non universitarios (DOG 04/04/2003)


71
Módulo 2. 

Organización e xestión dos
centros docentes

Formación para
a función directiva

Anda mungkin juga menyukai