Anda di halaman 1dari 3

20/9/2017 Friol: algo máis que pan e queixo...

: A canción da Ramada

A canción da Ramada
Da man do profesor Fidalgo Santamariña, (falecido hai dous anos) e do seu traballo de
investigación Antropología de una parroquia rural , do que xa publicamos outras
cantigas en anteriores entradas, achegamos esta que titula "A canción da Ramada".
Nela reflíctese a burla que se lle fai a un pretendente de fóra da parroquia.
Ben sabedes que A Ramada é un lugar da parroquia de Trasmonte; aparecen tamén no
romance outros lugares da mesma: Bouzaboa, A Muraza, A Devesa.
O pretendente foráneo pertence á parroquia de Anxeriz, ao lugar de Ferreira, nome co que
é citado na burlesca historia.
se narra como un joven foráneo no sólo fracasa repetidamente en su
Escribía Fidalgo: "..
intento de conquistar a la joven trasmonteña , sino que aparece burlado por la joven y sus
pretendientes locales".
A xeografía da nosa comunidade está chea de romances e cantigas que manifestaban o
escaso gusto polo foráneo. Mesmo había (hai) pequenos romances desprezativos sobre membros doutras aldeas da
mesma parroquia. Lembramos algunha recollida nos Ancares nos anos noventa e que poñían cualificativos nada
ortodoxos.
Esta di así:
Últimos días de Navidad
en vísperas do ano novo,
chegou Ferreira a Trasmonte
levou un pase coma un toro.
Foi á romaría a Taín
e baixou coa da Ramada,
o máis que puido chegar
foi á cantina a Muraza.
Ó apartar da carreteira
presentóuselle Xulián
quitoulla de diante os ollos
quedou solo coma un can.
O Xulián seguiu con ela
iba rindo coma un tolo
e el quedou na Muraza
orneando coma un burro
Ela, e amais os rapaces,
marchaban por alí abaixo
dicindo que iban quedarse
na Bouzaboa de Abaixo.
E el saleu da Muraza
de alí a un bo pedazo
correndo polo camiño
parecía un desesperado.
Ö chegar a Bouzaboa
prendérono no portal
e saleu o tío José
darlle toxos por pisar.
E de alí a dúas horas
pola influencia dun primo
foi Casilda abrirlle a porta
e meteuno no pasillo.
Estivo alí un pedaciño
co frío estaba temblando,
foi Casilda da Ramada
abrirlle a porta do cuarto.
E subíronlle unha vela
metida nun candelero
porque o burro de Ferreiras

http://terrasdefriol.blogspot.com.es/2014/02/a-cancion-da-ramada_2.html 1/3
20/9/2017 Friol: algo máis que pan e queixo...: A canción da Ramada

ás escuras tiña medo.


E iba, de onde a vela
pra onde a ventá do cuarto,
o que o vía desde abaixo
mesmo parecía un canario.
Volvía desde á ventana
pró sitio do candeleiro
paseando pola sala
parecía un camareiro.
E pasou ó outro cuarto
andando moi amodiño
marchitou aquelas flores
que había no balconciño.
E cando marchou Xulián
cansado de estar con ela;
foi el e botouse a escape
e asomouse a la escalera.
Foi Josefa da Ramada
e, por ser tan animal
baixouno pola escaleira
collido polo ramal.
Pasouno pa tras do lume
porque tiña moito frío
e despois de dez minutos
xa ruxía coma un lisco.
Levantouse Encarnación
e sentouse xunto del
e el deu en ventear
porque olía como o mel.
E díxolle Encarnación:
As de ter que te marchar
que fas peso nesta casa
xa nos queremos deitar.
E levantouse o Ferreiras
de caras a súa casa
pa volver ó outro día
pa xunto das da Ramada.
E volveu ao outro día
e traía moita présa
cando chegou á Ramada
encontrouna con Devesa.
Díxolle Devesa a ela:
Estache o burro alí enriba
vai quitarlle os aparellos
e bótao na chafarina.
Foi entón Encarnación
decirlle á esquina da casa:
has de ter que te marchar
que agora estou ocupada.
Respondeulle o Pepe a ela:
ti non cres no que eu che digo
veño aquí todas as noites
e non vés estar conmigo.
E díxolle Encarnación:
márchate, vén outro día
en que non teña a ninguén
que eso é a túa alegría.
Foise el por alí abaixo
http://terrasdefriol.blogspot.com.es/2014/02/a-cancion-da-ramada_2.html 2/3
20/9/2017 Friol: algo máis que pan e queixo...: A canción da Ramada

marchaba moi aburrido


cando chegou á Muraza
consolouse cun cuartillo.
Corres moito prá Ramada
coido que te has de cansar
porque ao cabo da conta
nunca nada has de lograr.
Sempre que vai prá Ramada
anque o teñan detrás
o burriño de Ferreiras
aínda lles leva mazás.
Se vai moito prá Ramada
vai sufrir unha ruína
non solo llas leva a ela
tamén llas leva a Balbina.
Aquí remata esta historia
do burriño de Ferreira
se todas lle fan así
non atopa quen o queira.

Publicado por Friol

http://terrasdefriol.blogspot.com.es/2014/02/a-cancion-da-ramada_2.html 3/3

Anda mungkin juga menyukai