Anda di halaman 1dari 21

1 Mª EMILIA GARCÍA PAZ

PABLO GUIMERÁNS SANJORGE


ÍNDICE

1.- CONTEXTO HISTÓRICO-CULTURAL


1.1.- Contexto internacional e renovación cultural en occidente páx. 3
1.2.- Contexto en España e a movida madrileña páx. 5
1.3.- Transformacións políticas e culturais en Galicia páx. 7

2.- ATLÁNTICA E O ATLANTISMO


2.1.- Orixes e evolución de Atlántica páx. 9
2.2.- Particularidades páx. 13
2.3.- Autores páx. 14

3.- OUTRAS PROPOSTAS A PARTIR DE ATLÁNTICA


3.1.- Antón Reixa páx. 17
3.2.- Manuel Rivas páx. 19

2
CONTEXTO HISTÓRICO-CULTURAL

A década dos oitenta quizais sexa unha das máis transcendentais e míticas no
ámbito político-cultural para varias xeracións de homes e mulleres na actualidade. Os que
a viviron recórdana como anos de cambio, ruptura e mesmo rebeldía, e os que non
remóntanse a estes anos con grande interese e na procura de elementos que agora
recobran importancia e mesmo son tendencia na moda e no comportamento. Para
entendermos o proceso de renovación cultural que se está a levar a cabo neses anos en
Galicia é preciso coñecer tamén o entorno, pensamento e circunstancias europeas e
universais no que se moven os artistas e creadores autóctonos. No Estado español estamos
a vivir a culminación do proceso de transición democrática, etapa finalizada coa chegada
dos socialistas ao poder. Mentres tanto, fóra das nosas fronteiras e en tan só 10 anos
asistimos a anos de máxima tensión entre os bloques, anos de relaxación propia da Glasnot
e Perestroika e finalmente a unha insólita desintegración do bloque soviético.

CONTEXTO INTERNACIONAL E RENOVACIÓN CULTURAL EN OCCIDENTE.

A década dos 80 foron anos fortemente convulsos no plano internacional polas


guerras en Oriente Medio de Irán e Irak, a guerra afgano-soviética, a guerra do Líbano en
1982, o bombardeo de Libia en 1986 ou a primeira Intifada na Franxa de Gaza e
Cisxordania. A crise do bloque comunista púxose de manifesto con sucesos como as
protestas de Tiananmen de 1989, a “Revolución do Terciopelo” en Checoslovaquia ou o
derrocamento do réxime de Ceausescu en Rumanía, mentras que na Unión Sovietica de
Gorbachove se empezaban a desenvolver as primeiras políticas reformistas e de apertura
(Perestroika e Glasnot) que rematarían coa desintegración do Pacto de Varsovia en 1989 e
polo tanto co fin da Guerra Fría.

No plano económico temos que mencionar o crecemento extraordinario de novas


economías como as do sueste asiático ou a crecente liberalización económica sufrida en
países da Europa do Este co debilitamento dos réximes comunistas. Xapón e Alemaña
Occidental serán os países desenvolvidos que máis crecerán nesta década, mentres outras
economías como a dos Estados Unidos e do Reino Unido, baixo os gobernos de Reagan e
Margaret Tatcher, adoptarán políticas económicas fortemente neoliberais. Os países en
desenvolvemento en todo o mundo enfrontaranse non obstante a grandes dificultades

3
económicas e sociais, xa que sufrirán múltiples crises provocadas pola débeda externa,
requirindo moitas destas economías solicitar asistencia financeira do Fondo Monetario
Internacional e do Banco Mundial. Etiopía foi testemuña neste eido dunha fame xeralizada
a mediados dos oitenta que obrigou a inxentes esforzos por parte da comunidade
internacional.

Outros sucesos salientables nesta década foron a aparición da SIDA, facéndose


pública a súa existencia por primeira vez en 1981. Esta enfermidade converterase nunha
pandemia que causará estragos de enormes proporcións a nivel mundial durante toda a
década, feito que terá gran incidencia tamén no mundo da arte e da cultura. A
transformación tecnolóxica e electrónica terá tamén un gran impulso nestes anos coa
aparición dos primeiros ordenadores persoais (IBM, 1981), videoxogos e co avance de
tecnoloxías como Internet que revolucionarán a cultura, industria e forma de
comunicarnos ata os nosos días

No ámbito cultural non é posíbel falar de arte española nin galega nos anos 80 sen
facer mención ao horizonte internacional neste campo, que estará profundamente
marcado polo cosmopolitismo, secularismo, pluralismo e anti-dogmátismo. Só hai que
pensar no alcance que tiveron movementos como o Novo Expresionismo Alemán ou a
Transvangarda italiana no noso país, ou tamén na eclosión expositiva, do galerismo,
coleccionismo e do mercado estilístico en xeral, con novas institucións e feiras de arte que
empezaron a crearse a nivel Europeo e estatal como puntos de intercambio de
coñecemento entre artistas e tendencias internacionais.

O neoliberalismo avanza sen trabas tamén no mundo da arte, quedando patente que
a linguaxe de mercado e de marketing se introduce ferozmente neste mundo no que
debería primar a orixinalidade e a transgresión. A cultura pasa agora a ser produto
cultural (“a vangarda é o mercado”, segundo A. Onito Oliva), e cultura de masas ou de
espectáculo. A denominada “crise de valores” da intelectualidade plásmase na
imposibilidade de calquera tipo de rebelión ante esta situación, e a continua referencia á
“morte da arte” que preludian certos intelectuais, que alleos ao compromiso con calquera
causa utópica, refúxianse no pracer que produce a arte pola arte. Os Estados Unidos son o
maior exemplo deste “supermercado da arte”, con Andy Wahol e a súa The Factory no
Soho neoiorquino exercendo a colonización estilística no resto do occidente dende os anos

4
60. Europa constitúese non obstante nunha “reserva espiritual” con certa primacía cultural
aínda conservada, á que recurirán os artistas americanos constantemente en busca de
novos referentes do pasado. O neoexpresionismo alemán promoverá a recuperación do
esplendor creativo da Alemaña de comezos de século basicamente no eido pictórico ,
nunha sorte de eclecticismo culturalista transversal que recollerá a tradición romántica, a
centroeuropea e en xeral a da toda a historia da arte. En Italia terá gran importancia a
Transvangarda italiana promovida na Bienal de Venecia de 1980 por Bonito Oliva, en
contraposición á arte povera italiana dos anos 70.

A cultura pop da que xa falamos terá como principal medio de diseminación a


televisión e a radio, novos instrumentos de diseminación artística que popularizarán sen
dúbida tamén outras novidades da cultura popular. Na música cobrará gran importancia o
movemento New Wave, con gran influenza tamén no comportamento e nas artes plásticas,
así como a música electrónica (polo impulso nos avances tecnolóxicos da época como os
sintetizadores, gravadores dixitais e computadoras) ou o heavy metal. Nestes anos créase
tamén a canle de televisión MTV, popularizándose o videoclip moderno e dándose a
coñecer artistas internacionais da talla de Michael Jackson, Madonna ou David Bowie,
celebridades que serán referentes tamén no propio mundo da moda, onde marcarán
tendencia. En canto á Séptima Arte encontrámonos con Hollywood e a súa industria
focalizada na audiencia de masas e o auxe das técnicas informáticas e de efectos especiais.
Steven Spielberg e Woody Allen serán os máximos representantes no mundo do mercado e
no cine de autor estadounidense, mentras en Europa destacan cineastas como Bertolucci,
Louis Malle, W. Wenders ou Pedro Almodovar.

CONTEXTO EN ESPAÑA E A MOVIDA MADRILEÑA.

A transición cara a democracia vaise consolidar no Estado español ao verse


superado o intento de golpe de estado de 1981 e tras eleccións de 1982 coas que o Partido
Socialista de Felipe González accede ao goberno. España recupera o pulso e o terreo
perdido durante esta década no plano internacional firmándose o protocolo de adhesión á
OTAN en 1982, facendo ingreso na Comunidade Económica Europea en 1986, ou
celebrándose numerosos eventos como o Mundial de Fútbol en 1982 e as Olimpiadas de
Barcelona ou a Exposición Universal xa no 1992. En contraposición, ETA continuará a súa
actividade terrorista con novos atentados e masacres, tanto contra exército e forzas de

5
seguridade como contra poboación civil (como no atentado a un Hipercor en Barcelona no
ano 1987), feitos que conmocionarán fortemente á sociedade española.

No plano cultural a
chamada movida madrileña
significará un estandarte do
instante inmediatamente
posterior á transición
democrática española, unha
expresión artística que
acabará por definir unha das
tramas culturais máis
importantes, influíntes, e
polo tanto decisivas no plano
Camerino da sala Marquee, febreIro de 1981. De esquerda a dereita: social das últimas décadas. A
Canut, Alaska, Eduardo Benavente, Fabio de Miguel (McNamara),
Berlanga, Pablo Sela e Juan Costus. Abaixo: Furia, Juan Pérez de movida madrileña mitifícase
Ayala, Ana Curra e Javier Benavente.
tamén pola natureza da
mesma e pola súa singularidade. Representa as ganas de liberdade persoal tras a morte de
Franco, a europeización (recordemos o cambio estético e estilístico que representa o punk
británico exportado a todo o mundo), a perda de complexos, a modernidade e tamén a
ilusión pola situación política do momento coa viraxe a un goberno de esquerdas no noso
país, algo impensable dende había máis de 40 anos. Segundo Pedro Almodovar, máximo
exponente no ámbito do cine, nos anos 80 existe “un momento en que de pronto la gente
pierde el miedo a la policía, a los vecinos, a la propia familia, al ridículo y a uno mismo” 1.

O momento cumbre da movida madrileña pode establecerse no maio de 1981, no


Concerto de Primavera organizado pola Asociación Cultural Arquitectura da Universidade
Politécnica de Madrid, onde actuaron grupos como Nacha Pop, Mamá, Secretos, Rubi y los
Casinos, Tótem, Alaska y los Pegamoides, Modelos, Flash Strato o Farenheit 451. Aínda
que o ambito da música foi o máis representativo, a movida tamén trouxo grandes cambios
e novas vertientes no cine (con Pedro Almodovar o Iván Zulueta), na literatura (a
Narrativa de la Posmodernidad, entorno ao Círculo de Bellas Artes de Madrid, con
autores como Vicente Molina Foix, Gregorio Morales ou José Antonio Gabriel y Galán), na
1
EL MUNDO MAGAZINE. Madrid, 2002, núm.155. Disponible
en<http://www.elmundo.es/magazine/2002/155/1031852053.html>

6
fotografía (traballos de Alberto García Alix) e na pintura (Ceesepe, El Hortelano, Miguel
Trillo, Miquel Barceló, ou Antoni Tàpies, coas máis independientes e diversas corrientes
artísticas: nova figuración, abstración ou expresionismo).

TRANSFORMACIÓNS POLÍTICAS E CULTURAIS EN GALICIA

Os cambios en Galiza veñen da man das transformacións e acontecementos no


resto do Estado e da propia conxuntura local. En 1981 entramos na etapa da autonomía,
coa aprobación do Estatuto galego e a posta en funcionamento da Xunta de Galicia
gobernada pola dereita. A Lei de Normalización Lingüística apróbase en 1983, un ano
despois trasládanse os restos de Castelao ao Panteón dos Galegos Ilustres de Compostela e
en 1985 ponse en marcha a TVG. En 1987 Xerardo Fernández Albor deixa o goberno tras
unha moción de censura en prol do socialista Fernando González Laxe nun goberno
tripartito con Coalición Galega e o Partido Nacionalista Galego. O nacionalismo empezaba
a acadar cotas de poder e influencia na sociedade galega nun momento de certo
escepticismo político e
nun contexto de forte
crise social e económica
(con altas taxas de paro e
unha forte reconversión
naval que afectará sobre
todo a cidades como
Vigo, núcleo onde se
desenvolverá a chamada
movida viguesa).

Efectivamente,
xunto á movida
madrileña e en paralelo
desenvolveuse na cidade
olívica un movemento de
renovación estética e
musical. En clubs como
Angara, Satchmo, O

7
Cerne da Devoura ou El Kremlin empeza a pincharse música New Wave e a nova
sensación madrileña baseada no Tecno-punk ao tempo que comezan a formarse novos
grupos efémeros na súa duración pero con gran repercusión na vida nocturna daquel Vigo
en total decaemento. Bar, TrenVigo, Siniestro Total, Golpes Bajos, Os Resentidos
(liderados por Antón Reixa) Aerolíneas Federales ou Semen up son algunhas desas bandas
que se basean na diversidade estilística, na posmodernidade e na falta de compromiso
social para conformar o que será un dos principais núcleos de renovación musical en toda
a península.

Paralelo a isto encontrámonos un novo panorama no mundo literario con creadores


atraídos polas claves primitivistas e neoexpresionistas alleos ao debate político. Atlántica e
os traballos de Menchu Lamas, Antón Patiño, Lamazares, Xosé Freixanes ou Ánxel Huete
represennta neste eido o genius loci galego. No ambito escultórico e pictórico
encontrámonos cos traballos de Tono Carbajo, Darío Basso, Isaac Pérez Vicente, Francisco
Leiro, Din Matamoro ou Jorge Barbi.

No marco da autonomía e coa posta en marcha da Xunta de Galicia, algunhas


institucións públicas empezarían a desenvolver programas dinamizadores para sector
artístico. Neste eido destacaron principalmente dúas experiencias: a Bienal da Arte da
Deputación de Pontevedra e a Sección de Artes Plásticas da Xunta de Galicia. A primeira
delas satisfarase dun pulo transformador a partir de 1982 coa súa profesionalización,
convertendo á cidade do Lérez nun centro punteiro onde acudían artistas críticos e
coleccionistas de todas as tendencias do panorama español e internacional. En 1984 crease
na Consellería de Educación e Cultura unha Sección de Artes Plásticas para impulsar a
proxección da arte galega no exterior, a sensibilización interna das artes plásticas e para
crear unha serie de axudas a creadores e entidades. A nova crítica, a creación de
numerosas galerías e salas de artes (como Abside, Giannini e Finisterrae na Coruña, a
Galería Novecento ou a Abel Lepina en Vigo, Labirinto en Pontevedra, e as salas Torques,
Matisse e Sargadelos en Compostela) e a posta en marcha dun incipiente mercado
artístico supuxo unha dinamización e impulso que nunca antes se vira no sector artístico
galego.

8
ATLÁNTICA E O ATLANTISMO

Aínda que non se poida tomar a Atlántica como referente exclusivo da renovación
dos oitenta, xa que caeriamos nun concepto simplificador, si hai que facer fincapé na
trascendencia que vai ter en forma dunha nova xeración que entra en xogo a principios de
esta década en Galicia.

Se nun principio, o estímulo que moveu a un grupo se artistas a formular novas


sobre a actividade plástica no contexto galego foi o afán de renovación do devandito
contexto dentro da dinámica clásica dos factores xeracionais, co factor engadido dun clima
favorable derivado da ansia de modernidade vía transición democrática, o certo é que, a
medida que os feitos transcendían e as expectativas aumentaban, o aluvión de voces
protagonistas e doutrinas fundacionais fixeron derivar o termo Atlántica no concepto de
Atlantismo. Este discurso teórico que retomaba as particularidades de Galicia apoiouse nas
lecturas de Risco, a Xeración Nós ou Luís Seoane, conectando deste xeito co movemento
dos Renovadores- Laxeiro, Colmeiro, Torres…-, coa idea romana de Finis Terrae e a
oposición entre Atlántico e Mediterráneo.

No libro de X. Antón Castro, Expresión Atlántica. Arte galega dos 80, en 1985,
recóllese unha serie de paradigmas que van rexer esa identidade que o grupo da Atlántica
estaba a buscar: a coexistencia de factores nacionalistas-cosmopolitas, a relación tradición-
modernidade, as relecturas de sensibilidades próximas ó Románico e ó Barroco, as
disquisicións arredor do celtismo e da prehistoria; a recuperación dunha vea
antropolóxica, o primitivismo, a saudade, o expresionismo, o romanticismo; a imaxinación
trascendente e fabuladora, unha noción pola arte canalizada mediante o pracer de pintar e
da talla directa da escultura popular galega acompañados dunhas doses altas de
individualismo dos artistas galegos.

ORIXES E EVOLUCIÓN DE ATLÁNTICA

A idea da Atlántica xerouse en Vigo nos derradeiros anos dos anos 70, trala viaxe a
New York dos artistas Anxel Huete, Menchu Lamas, Guillermo Monroy e Antón Patiño,
contando o nacemento desta inciativa co apadriñamento de Román Pereiro, amante e
coleccionista de arte na cidade viguesa, quen cumpriu un labor de mecenádego que sería

9
fundamental para o desenvolvemento do proxecto. Vai ser a cidade estadounidense onde
visiten o Museo de Arte Moderna, MOMA, onde admiran as obras dos abstractos
americanos coma Pollock, Rothko, Motherwell ou De Kooning. A orixe da Atlántica foi
vertixinosa xa que hai que ter en conta que esa primeira viaxe en Nova York realizouse en
primavera e que en verano estábase a realizar esa primeira mostra.

Vai a ser nunha xuntanza mantida con Román Pereiro abordouse o definitivo
bautismo da experiencia, chegándose o nome de Atlántica. Antes de decantarse por ese
nome había uns presupostos previos, nos que se falou nun principio, como unha certa
parodia, o nome de presentar un nome alternativo ao de “Escola do Pacífico”, de quen
coñeceran obras durante a súa viaxe a América. Máis se o nome final de Atlántica
realizouse en feminino foi porque parecía menos evidente a súa vinculación coa dimensión
real do océano.

Naquel momento fundacional foi moi importante, pois, a viaxe a América e todas
esas connotacións en relación coa Escola do Pacífico e o puxante expresionismo e action
painting transoceánicos. Pero tamén estaba a hubicación atlántica, de mar aberto,
conectado coa aventura, aínda que tomada nun sentido mítico. Outro feito importante era
o intento consciente de conexión e inserción do discurso galego no estatal, presidido este
naquela época pola movida dos oitenta.

A pesar de estar iniciada esta corrente no núcleo de Vigo, uniranse despois cos
membros do grupo coruñés Galga. De este xeito Atlántica constitúese dende o seu
nacemento nun movemento nutrido de creadores.

Nun documento publicado por Xavier Seoane no seu libro Reto ou rendición
recóllese baixo o encabezamento “Atlántica. Texto programático, Baiona, agosto-setembro,
1980” recolle as razóns básicas do seu nacemento e que a continuación relatamos:
ATLÁNTICA es una sociedad formada por intelectuales y artistas y su objeto
básico es la promoción y divulgación de las últimas tendencias de las Artes Plásticas en
Galicia.
Está abierta a todos aquellos que no difieran básicamente de sus criterios estéticos
(apertura y dinamismo estético)

10
Objetivo:
- Promoción y divulgación de las últimas tendencias del arte gallego en Galicia y
fuera de ella, considerando todos los lenguajes de expresión plástica (pintura escultura,
arquitectura, cerámica, fotografía, vídeo, poesía virtual…)
- Contribución a la formación del arte actual.
- Difusión del arte de otros pueblos de Galicia.
- Realización de exposiciones monográficas de autores de máximo relieve.
- Organizacón anual de una muestra de arte que se convierta en el exponente de
las últimas manifestaciones de la creatividad gallega, tanto de artistas de renombre
como de las últimas generaciones.
– Perspectivas de la creación de un museo de vanguardia que acoja
primordialmente las últimas tendencia de las Artes Plásticas.

ATLÁNTICA 80: Primeras manifestación anual del grupo ATLÁNTICA


- Se celebrará en Bayona la Real del 14 de agosto al 14 de septiembre del presente
año.
- Abarcará pintura, escultura y arquitectura.
- Se celebrará en la Casa de la Cultura, antiguo Hospital de Caridad.
- El criterio para la invitación de autores estuvo este año, por urgencia de tiempo,
a cargo de la directiva de Atlántica, que se ha basado más en la obra última de los
autores que en sus años de profesionalidad.
- En próximas ediciones se efectuarán la invitación después de detenido estudio a
lo largo del año de las exposiciones de toda Galicia, comentarios de las crítica e
intercambio de criterios entre todos los miembros del grupo Atlántica, apoyándose
siempre en la trayectoria creativa del artista en el último año.
- Durante la celebración de la muestra habrá mesas redondas sobre temas de arte
así como la discusión crítica de la propia muestra, interviniendo tanto los participantes
como ajenos a la muestra.
- Conferencias sobre cultura y arte en Galicia por personalidades de renombre.
– Coloquio sobre la Crítica del Arte en Galicia.

Será en agosto de 1980 cando a Atlántica faga a súa presentación cunha exposición
na que participan vintetrés artistas e catro equipos de arquitectos. Entre os pintores
estaban entre outros: Correa Corredoira, Xosé Freixanes, Anxel Huete, Menchu Lamas,

11
Antón Lamazares, Antón Patiño, Manuel Ruibal ou Vidal Souto. En canto os escultores
atopamos a Ignacio Basallo ou Díaz Fuentes e por mencionar entre os arquitectos estaban
Iago Seara ou Felipe Peña.

Posteriormente exporán en Vigo (1981), Madrid (1981), Salvaterra do Miño (1982) e


Santiago de Compostela (1983), onde se unirá o grupo Francisco Leiro.

Román Pereiro, exercendo xa coma presidente de Atlántica, declara no catálogo da


exposición de Baiona2: “Atlántica considera necesario que se escoite este grito de
afirmación da actual realidade plástica galega, e trata de coordinar na presente mostra
o esforzo creativo individual co noso colectivo sociocultural(…)”

En canto a evolución cabe salientar que de xeito ríxido a Atlántica remata en 1983
coa última exposición en Santiago de Compostela, e cada artista a partir dese momento
iniciarán camiños de xeito individual. Pero a pesar disto os seus obxectivos e os seus froitos
permaneceron na potenciación de novos artistas e sucesivas mostras colectivas, que
recoñeceron a súa forza innovadora (Nova xeración Artistas lucenses, Imaxes dos oitenta
desde Galicia, A toda tela…), realizadas xa estas últimas polo goberno autónomo.

A hora de falar da arte galega actual, non hai dúbida de que compre falar dun antes
e dun despois de Atlántica. Se a posteriori, a pesar dos avances indudábeis que se
produciron a todos os niveis dentro da arte galega actual, non calou como se esperaba os
preceptos da Atlántica foi por non existir unha mentalidade tanto na sociedade como nas
clases dirixentes e economicamente privilexiadas para comprender a trascendencia que
pode ter a nivel cultural e social, pero tamén a nivel económico e mesmo político, unha arte
propia certamente puxante.

De todos xeitos, a experiencia de Atlántica marcou os seus compoñentes. Para


Manuel Moldes, o balance da experiencia resultou moi positivo, e o feito de que logo os
participantes teren seguido cada un a súa particular traxectoria non é máis que unha
consecuencia lóxica – e tamén positiva- do proceso:

2
SEOANE RIVAS, X., Reto ou rendición: (unha aproximación aos presupostos teóricos e creativos da arte
galega); Sada (A Coruña), Ed. Do Castro, 1994; páx. 92

12
“Estes tres ou catro anos de Atlántica foron alegres, creativos e mesmo divertidos.
Os que participamos activamente no colectivo Atlántica vivimos unha experiencia que
non esqueceremos. Como aportación ao panorama galego, puxeron-se as bases do que
veu despois. Agora, desde a nosa perspectiva actual, as cousas foron-se decantando dun
xeito más individual, a xente madurou, abriu camiños…Entre todos penso que se chegou
a que a arte galega teña o seu peso específico dentro do panorama estatal, e estamos
comezando a abrir fronteiras no contexto internacional. Nunca pasou nada parecido en
Galiza”

PARTICULARIDADES

En canto as liñas estéticas e creativas fundamentais deste grupo era moitas e


plurais, e isto sen dúbida dificulta as sistematizacións que se ían a realizar a posteriori,
máis aínda se temos en conta que hai creadoras que sistematizaban na súa obra elementos
de dúas ou máis tendencias, quizais como anticipo do eclecticismo que se iría xerar
despois. Xa desde o principio a pluralidade de tendencias dexouse notar. Nela aparecían
representados case todos os rexistros creativos do momento pero o peso máis forte
levárona as tendencias abstractas e en concreto a influencia do expresionismo abstracto da
grande escola americana (sen dúbida tomado isto na viaxe a Nova York). Esta influencia da
abstracción definiuse por un cariz primitivista, de orientación antropolóxica, feito que
retomaba mitos ancestrais e esquemas figurativos emparentados coa tradición popular,
máis pagá que relixiosa, e con presupostos estilísticos que parecían reactualizar o románico
ou o barroco. Estas características formais e discursivas estiveron moi presentes entre un
bo número dos representantes da Atlántica- o outro amplo sector participou das correntes
da abstracción de influencias norteamericana e catalá e, dun xeito similar, outros artistas
de traxectorias independentes tamén acudiron a fabulacións e relatos entroncados coa
iconografía autóctona e as vivencias da paisaxe galega, dentro do clima global, isto é,
internacional, de recuperación da pintura na faceta máis cálida e humanista.

Sería máis tarde cando moitos destes artistas militantes na abstracción irían
tendendo a figuración de filiación expresionista a través do novo expresionismo alemán, a
transvangarda, os novos salvaxes…pero a introdución de elementos figurativos nalgúns
deles derivarían nun ámbito simbólico ou emblemático.

13
AUTORES

Ímonos centrar aquí nos principais representantes da corrente Atlántica en canto en


tanto á renovación que produciron na arte galega da época e centrándonos na súa
produción entre os anos 1980 e 1983 aproximadamente. É nesta etapa cando se leva a cabo
a nova corrente aínda que despois estes autores irán evolucionando a unha arte propia e
fora as veces dos preceptos da Atlántica. Analizaremos os pintores máis importantes e
despois no campo escultórico ó máximo expoñente da escultura contemporánea galega,
Francisco Leiro

A) Pintura

Antón Patiño (Monforte, 1957) é tal vez o artista


máis representativo dentro desta nova proposta na arte
galega de comezos dos anos oitenta. Vaise formar en Vigo e
en Madrid e vai ser un dos organizadores da exposición na
praza da Princesa la cidade olívica. Na súa evolución
artística apreciase o desenrolo nuns comezos da
investigación conceptual pero logo da mencionada viaxe a
Nova York e o nacemento de Atlántica cando a súa obra se
deixe influír por unha figuración primitivista en grandes
formatos moi próximo o graffitti. Na produción artística de
esta época son salientables series como Recortes vexetais
ou Dornas. A característica fundamental da súa pintura é a
de ser feita a machazos, cun contido de axitación popular
Antón Patiño, Testa deitada, 1985
coincidindo cunha recuperación da linguaxe expresionista
propia da liña máis dura dos renovadores.

Juan Manuel Bonet Correa definía así o papel de Antón Patiño na Atlántica:
“Antón Patiño é a cabeza visible, e tamén a cabeza pensante, de Atlántica”

Os comezos de Menchu Lamas (Vigo, 1954) teñen bastantes similitudes cas do seu
compañeiro Antón Patiño. Sen embargo, as súas formulacións artísticas participan dunha
obstinación pictórica máis contundente con respecto a autonomía da imaxe. As súas

14
primeiras pinturas, recollidas nas series como Escaleiras, Táboas de pasar o ferro ou
Abanos ou Aspas subordinan a anécdota temática cotiá ó puro exercicio da cor e da
composición, á eficacia duns cadros que foron evolucionando sobre os temas figurativos
animais ou humanos. A ambigüidade dos seus personaxes cae tamén baixo o influxo da
lúa, un dos temas máis recorrentes da súa produción. Xa na segunda metade dos anos
oitenta os seus cadros oriéntanse cara a posicións máis enigmáticas como fragmentos de
muros ou lúas, reducindo as formas e potenciando máis o fondo pictórico.

A integración afectiva de Guillermo Monroy (Vigo,


1954-1982) fixo que os seus compañeiros se implicasen
máis aínda no proxecto da Atlántica e como consecuencia o
seu falecemento ós 28 anos, supuxo un duro golpe para o
grupo. Na súa obra destaca o carácter eminentemente
cromático e diluído pero a vez nervioso, cunha influencia
clara a os seus artistas predilectos: Matisse e De Kooning
que vira nas súas viaxes a París e Nova York. Entre a súa
produción destaca as series como Escribas e Ventás.

Antón Lamazares (Maceira, Lalín, 1954) foi bolseiro Guillermo Monroy, Dous homes con
peto, 1981
da Deputación de Pontevedra e do Concello de Lalín durante
1976 e 1978. A súa obra inicial caracterízase por unha figuración propia dun bosque
animado, como saída dunha fábula humana pero tamén cunha certa retranca galega. O
largo da década dos oitenta o interese pola materia pictórica, as superficies ou as texturas
orixinarán cadros con grandes incisións brillantes e vernizadas, con incisións, signos ou
outros trazos gráficos.

A formación de Xosé Freixanes (Pontevedra, 1953) desenvolveuse nas facultades de


Belas Artes de Bilbao e Madrid complementadas con diversas viaxes que vai a realizar por
Europa aínda que tamén se vai a interesar por outras civilizacións. Este interese vaise a ver
na repercusión que van ter as súas estadías en África. Nos seus comezos destaca a
inspiración expresionista mediante unha figuración sobrecargada, pero vai ser cando
comece a participar na Atlántica cando a luminosidade da súa cor se sitúe preto da órbita
do fauvismo. Entre a súa produción destaca Bañista (1982), Cazador de elefantes (1984)
ou Camiño de Santidade (1985).

15
Manuel R. Moldes (Pontevedra, 1949) vai participar dende a súa cidade natal da
Atlántica. A pesar de que nun principio se aproxime á abstracción surrealista
posteriormente terá máis en conta un espírito narrativo, querendo contar historias reais e
interpretar o seu xeito unha lenda, ben sexa medieval- como en Presenzas de Alfonso X ou
a serie Batallas, de 1982- ben sexa popular relacionada coas vivencias dos personaxes que
habitan os seus cadros, algúns saídos dos relatos locais.

A pintura de Xavier Correa Corredoira (A Coruña, 1952) orientouse cara a figuración


libre e un pulo neoexpresionista a través de series ou homenaxes como: Work in progress,
os cristais dedicados a James Joyce ou Boxing Mach.
Outros artistas pertencentes á Atlántica son: Reimundo Patiño, Alberto Datas,
Rafael R. Baixeras, Xesús Vázquez, Alberte Permuy, Manuel Quintana Martelo, Vidal
Souto ou César Otero.

B) Escultura
Así como na pintura a corrente predominante foi o neoxpresionismo no ámbito da
escultura presentouse un panorama máis indefinido e plural. As correntes do minimalismo
americano ou o discurso do Land Art foron algunhas das pezas claves nas influencias da
escultura dos oitenta.

En Galicia o substrato da tradición segue a proxectar


unha produción vinculada a imaxinería popular. A talla directa
sobre o material é unha práctica común e a pedra e a madeira
son os materiais predilectos. En canto a escultores debemos
salientar a Silverio Rivas, Mon Vasco, Luis Borrajo, Ignacio
Basallo ou Paco Pestana. Pero se unha figura destaca entre
todos estas e Francisco Leiro.

Francisco Leiro (Cambados, 1957) fórmase en Santiago,


Barcelona e Madrid. Nos anos setenta comeza a súa produción
artística con obras de forma abstracta e orgánica que aproveitan
as influencias das erosións mariñas. Posteriormente a súa
produción irá evolucionando ata o ano 1982. Será aquí cando
Francisco Leiro, Salomé, 1982
arranque unha produción dirixida a consolidar uns sinais de

16
identidade propios . O interese suscitado pola obra de Leiro debido as exposicións de
Atlántica convértese nun fenómeno que acada dimensións internacionais: conforma unha
das imaxes de marca das propostas expresionistas, primitivas e salvaxes que ían definir
boa parte da arte española do momento. Vai ser a galería Montenegro, de Madrid, quen lle
sirva de plataforma para a difusión da súa produción. Os resultados deste furor
lembrábaos Antón Castro nun artigo publicado en 1985 na revista Lápiz 3: “Do ano 80 ó 84,
van saír do seu taller máis de cen esculturas con destino a coleccionistas, fundacións,
galerías e outras institucións que descubriron a xenial individualidade de Leiro e
quixeron dotar as súas coleccións dalgunha mostra do seu traballo. Non sen pena, o
escultor cambadés vía como as obras saían do estudio a medida que estaban
terminadas”.

Esta etapa vertixinosa vai dar como resultado algunhas das súas obras máis
emblemáticas: Eva, 1982; Parella, 1983 ou a impoñente Sansón derribando as columnas
do templo, de 1984. En todas elas maniféstanse os trazos básicos do seu traballo:
figuración expresionista e distorsionante na que conflúen o popular e o sarcástico no eido
do galego coas formulacións dos salvaxes alemáns (Lupertz, Baselitz, Immendorf), as
analoxías con Miguel Ángel ou as esculturas exipcias. A madeira trátase de forma directa,
acentuando máis aínda o seu carácter expresionista.
Na segunda metade da década dos oitenta afronta novas experimentacións,
abandonando os volúmenes modelados para investigar nos contrastes xeométricos á vez
que incorpora novos materiais. A finais da década trasládase a Nova York, onde segue
traballando na actualidade pero sen perder ese carácter autónomo e de vinculación con
Galicia que tanto lle caracteriza.

OUTRAS PROPOSTAS A PARTIR DE ATLÁNTICA

ANTÓN REIXA

Antonio Xavier Rodríguez Reixa (Vigo, 1957-) considerase actualmente unha das
maiores iconas da cultura galega. A súa traxectoria iníciase nos anos 70 ao rematar a
carreira de Filoloxía Galega, entrando en contacto coas vangardas poéticas do momento e
3
VV.AA, Galicia arte, t. XVI, Arte Contemporánea (I); A Coruña, Hércules, 1993; páx. 405

17
fundando o grupo de Comunicación Poética Rompente. Nesta etapa fai públicas máis de
setenta obras de poesía (entre elas o libro colectivo Silabario da turbina e As ladillas do
travesti ) e embarcase na docencia impartindo clases de lingua e literatura galega. Nos
anos 80 foi un dos maiores representantes da chamada movida viguesa co grupo Os
Resentidos (1982-1994), que terá continuidade na evolución musical galega nos anos 90 no
movemento coñecido como Rock Bravú.

Artista polifacético, participou tamén na produción de cinema (“O Lapis do


Carpinteiro”) e series de televisión como “Mareas Vivas”, así como no teatro, na radio e na
prensa (na actualidade é columnista do Xornal de Galicia).

O seu papel no grupo Os


Resentidos foi clave ao ser o
encargado das letras e da voz na
banda. Dous ex-membros de
Siniestro Total, Alberto Torrado
e Xavier Soto, que
posteriormente será substituído
por Xabier Debesa, serán os
compoñentes adicados á
guitarra, baixo, gaita e teclados.
Este grupo de pop-rock
conseguiu, baixo o selo
discográfico de Grabaciones
Accidentales, o fito histórico de
popularizar a primeira canción
en galego a nivel estatal co tema “Galicia Canibal”, amais de conseguir que o seu disco Jei
de 1990 fora elixido pola revista Rockdelux como o mellor disco español do ano.

Xa na etapa bravú e coa banda disolta, Reixa encamiñase a un novo proxecto


persoal coa creación de Nación Reixa, grupo vasco-galego de funk, rock e acid-jazz. O Rock
Bravú será considerado polos seus propios integrantes coma un rock sen capar e de aldea.
A parte de Antón Reixa, destacará tamén neste movemento o artista Xurxo Souto, lider e
vocalista do grupo Os Diplomáticos de Monte-Alto, e tamén outros como Os Herdeiros da

18
Crus, Kaos, Xenreira ou Skárnio. O movemento mesmo colleu transcendencia noutros
eidos coma o xornalístico e literario, coa identificación e apoio de autores como Santiago
Jaureguizar, Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas.

MANUEL RIVAS

Manuel Rivas Barrós é un xornalista, novelista, ensaísta e poeta galego nacido no


barrio coruñés de Monte Alto en 1957. A súa carreira artística comeza entorno aos anos 70
coa publicación dos seus primeiros artigos de opinión no “El Ideal Gallego”, fundando
tamén o grupo poético Loia en 1977. Considerase hoxe en día un dos escritores máis
importantes do panorama literario galego. A súa bagaxe creativa é ampla, con deceas de
libros escritos orixinalmente en galego pero
traducidos a múltiples idiomas pola súa
proxección internacional. Algunhas das obras
máis importantes deste prolífico autor son Un
millón de vacas, obra narrativa publicada en
1989, ¿Que me queres, amor?, libro co que
conseguiu en 1996 o Premio Nacional de
Literatura e que foi levado ao cine por José Luis
Cuerda coa adaptación “A lingua das
bolboretas”. Outra obra levada tamén á gran
pantalla neste caso por Antón Reixa foi O lapis
do carpinteiro, de 1998. A súa última novela, Os Manuel Rivas nos anos 80
libros arden mal, tamén acadou numerosos
premios así como críticas positivas.

En poesía destacan obras como Anisia e outras sombras, publicado en 1981 en


colaboración con Xavier Seoane, Ningún Cisne (1989) ou O Pobo da noite, antoloxía
poética de 1996. Comprometido con Galiza, escribiu numerosos artigos e ensaios
literarios coma Galicia, el bonsai Atlántico, publicado en 1989, no que repasa a situación
económica, social e mesmo lingüística do país 4. O autor considera nesta obra que Galicia é
o “cuarto trastero de España” e avoga pola constitución dunha “fronte atlántica”. Outros
ensaios son Toxos e Flores, co que conseguiu o Premio de Xornalismo de La Voz de Galicia

4
RIVAS, MANUEL; Galicia, el bonsai atlántico; Madrid, El País Aguilar, 1989., páxs 37-43.

19
en 1991, ou o recente A corpo aberto, publicado no 2008. A súa labor lévao a campos que
van máis alá do artístico, sendo socio fundador de Greenpeace España en 1984,
implicándose fortemente na creación da plataforma Nunca Máis tras o desastre do
Prestige en novembro do 2002, ou apoiando á plataforma Queremos Galego na súa
ofensiva contra a política lingüística da Xunta de Núñez Feijoo nesta última lexislatura.

20
BIBLIOGRAFÍA

– SEOANE RIVAS, X., Reto ou rendición: (unha aproximación aos presupostos


teóricos e creativos da arte galega); Sada (A Coruña), Ed. Do Castro, 1994

– VV.AA, Galicia arte, t. XVI, Arte Contemporánea (I); A Coruña, Hércules, 1993

– GUASCH, A.M; El arte del último siglo XX: del posminimalismo a lo multicultural;
Madrid, Alianza editorial, 2003

– RIVAS, MANUEL; Galicia, el bonsai atlántico; Madrid, El País Aguilar, 1989.

PABLO GUIMERÁNS SANJORGE


Mª EMILIA GARCÍA PAZ

21

Anda mungkin juga menyukai